BASES DA CONVOCATORIA DO PREMIO ALDEA SINGULAR DO CONCELLO DE LALÍN 2015 - Boletín Oficial de Pontevedra de 03-12-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 03/12/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

O Concello de Lalín convoca o Premio Aldea Singular do Concello de Lalín 2015 segundo as seguintes bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o día 23 de novembro de 2015.

BASES QUE REXERÁN O CONCURSO DO PREMIO ALDEA SINGULAR

DO CONCELLO DE LALIN 2015

O Concello de Lalín a través das presentes bases, convoca o 'Premio Aldea Singular do Concello de Lalín 2015'.

1.-OBXECTO DA CONVOCATORIA

A través desta convocatoria trátase de premiar a aquela aldea ou parroquia do Concello de Lalín que destaque de modo notable na defensa e conservación da súa contorna natural, ambiental, do seu patrimonio histórico, cultural ou artístico, en iniciativas de impulso económico e social, dinamismo social e cultural, integración veciñal, etc, sempre que todo isto redunde en beneficio común.

2.-PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Poderán presentar candidatura as asociacións culturais, de veciños ou de calquera índole, sen ánimo de lucro, que estean constituídas nas distintas parroquias do Concello de Lalín, así como un grupo de veciños nun mínimo de tres que estean empadroados na parroquia para a que se presenta a candidatura.

A presentación de candidaturas ao abeiro destas bases supón a aceptación do contido íntegro das mesmas.

Os solicitantes deberán presentar a súa candidatura nun sobre pechado que levará escrito o nome do concurso, o da asociación ou o das persoas que presenta, e o titulo do proxecto.

Non se valorarán aquelas candidaturas que non sexan presentadas cumprindo cos requisitos e contidos que se establecen nas presentes bases. Ditas candidaturas serán excluídas por acordo expreso do xurado debidamente xustificado.

No sobre deberá incluírse a seguinte documentación:

- Presentación dos candidatos. Deberá indicarse que tipo de asociación presenta a candidatura ou o vencello das persoas coa parroquia, xunto coa seguinte documentación:

- No caso de Asociacións: CIF, estatutos, certificado dos cargos representativos e indicación da persoa que actúe como interlocutor no procedemento.

- No caso de grupo de veciños: copia dos DNI dos veciños que presenten a candidatura, certificados de empadroamento e indicación da persoa que actúe como interlocutor no procedemento.

- Memoria descritiva e razoada da candidatura que se presenta. Nela describiranse de xeito pormenorizado aquelas actuacións ou actividades relacionadas cos criterios de valoración recollidos na base 5 aos efectos de que o xurado poida valorar a candidatura. De xeito obrigatorio deberá realizarse unha descrición en relación a cada un dos criterio de valoración que se recollen na base 5. En concreto as cuestións relacionadas coa defensa, conservación e recuperación da súa contorna natural, ambiental, do seu patrimonio histórico, cultural ou artístico, en iniciativas de impulso económico e social, dinamismo social e cultural, integración veciñal, etc, sempre que todo elo redunde en beneficio común. A memoria deberá acompañarse de fotografías, folletos, anuncios, dossier de prensa ou calquera outro medio que se considere relevante ou necesario para a mellor descrición da candidatura.

- Memoria explicativa do investimento que a candidatura considera prioritario executar na súa aldea. Un investimento que non pode superar os 15.000 ¬.

As actuacións que se propoñan realizar deberán estar referidas a unha parroquia concreta e só se poderán presentar actuacións en espazos ou terreos de dominio público ou patrimonial. Os investimentos propostos deberán estar relacionados con obras de construción ou rehabilitación, limpeza, sinalización, recuperación de espazos, mellora de alumeado público ou aforro enerxético, mellora e/ou construción de saneamentos e canalizacións, etc.

Deberá acompañarse unha memoria na que se describen os beneficios para os veciños que terá a execución do proxecto. Deberá facerse unha descripción detallada dos posibles beneficios dende o punto de vista social, cultural, económico, turístico e de posta en valor do lugar.

As candidaturas deberán ser presentadas no Rexistro Xeral do Concello de Lalín no prazo concedido a tal efecto.

3.-PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

O prazo de presentación de candidaturas rematará o día 22 de decembro de 2015.

4.-XURADO

O xurado que valorará os proxectos presentados estará formado polos seguintes membros:

Presidente: será o Alcalde ou persoa na que expresamente delegue.

Vogais:

- O/A Concelleiro/a Delegado/a de Urbanismo.

- O/a Concelleiro/a Delegado/a de Facenda.

- O/A Concelleiro/a Delegado/a de Cultura.

- O/A Concelleiro/a Delegado/a de Medio Rural.

- Un técnico municipal do departamento de urbanismo: arquitecto ou arquitecto técnico.

- Dous profesionais independentes da arquitectura e/ou paisaxismo.

- Un artista de relevancia cultural.

- Un experto medioambiental.

Secretario: Un traballador municipal, que terá voz pero non voto.

Os membros do xurado non poderán presentar candidaturas nin formar parte de ningunha das asociacións que se presenten quedando, no seu caso, excluída dita candidatura.

5.-CRITERIOS DE VALORACIÓN

O premio outorgarase a unha soa candidatura que será a que obteña maior puntuación por parte do xurado. En caso de empate, decidirá o voto de calidade do presidente.

O xurado decidirá a concesión do premio a aquela candidatura que obteña maior puntuación de acordo cos seguintes criterios:

- A conservación urbanística e arquitectónica da aldea.

- A súa integración coa paisaxe e o coidado dos valores naturais da aldea.

- A actividade social e cultural da aldea.

- O proxecto de actuacións presentado e a súa relación cos valores do premio 'aldea singular'.

6.-FALLO E ENTREGA DA DISTINCIÓN

O fallo do xurado farase público o día 15 de xaneiro de 2016, día de San Amaro, no que tradicionalmente comenza o mes do cocido.

A distinción do premio entregarase o día da XLVIIIª Feira do Cocido, dentro dos actos oficiais de dita Feira.

O premio entregarase en acto público ao que deberán asistir os gañadores.

Lalín, 25 de novembro de 2015.-O Alcalde, Rafael Cuíña Aparicio.

Cultura
Cultura e idiomas
Medio Ambiente
Patrimonio cultural
Artes
Prensa
Turismo
Ferias