Bases da convocatoria do XI Premio 'Raíña Lupa' de Literatura Infantil e Xuvenil - Boletín Oficial de A Coruña de 22-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 22/03/2017 hasta ----
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

XI Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil

Coa vontade de fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo dos máis pequenos e de facer memoria desta personaxe de lenda vinculada ás terras de Compostela convócase o XI Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, de acordo coas seguintes

BASES

Primeira

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nos cinco anos anteriores a este e que presenten narracións en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil, inéditas e non premiadas en ningún outro premio ou certame.

Segunda

Establécese un premio dotado con 6.500 € , que poderá quedar deserto e ser concedido con carácter ex aequo. Neste caso, o seu importe repartirase proporcionalmente entre as persoas que resulten premiadas.

Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables.

A Deputación publicará a/s obra/s premiada/s, directamente ou a través doutra editorial, reservándose durante un prazo de dezaoito meses, que se contarán dende a data da concesión do premio, os dereitos de editala/s. Ademais entregará á persoa/s gañadora/s trinta exemplares.

Terceira

As obras serán de tema e extensión libres, observando as características propias da narrativa dirixida ao público infantil ou xuvenil, e poderán incluír elementos ilustrativos, gráficos, etc.

A presentación será feita, preferentemente, en formato dixital, por medio dun CD que incluirá na portada a seguinte inscrición: XI Premio Raíña Lupa , de Literatura Infantil e Xuvenil, título da obra e lema ou pseudónimo; o tratamento de texto será Word, OpenOffice ou PDF.

No caso de optar pola presentación en papel, as obras serán presentadas por duplicado, en exemplares separados, tamaño DIN A4, e impresos polas dúas caras, ademais deberán estar numerados, grampados ou encadernados.

A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada nun sobre á parte; no exterior do sobre figurará o título da obra e o lema ou pseudónimo da persoa que sexa a súa autora; no interior incluirase unha copia do NIF, o enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico e, ademais, unha declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi premiada, ata a data da súa presentación, en ningún outro certame ou premio.

Cuarta

O prazo de presentación de orixinais comezará o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o día 1 de xuño de 2017.

Os orixinais serán enviados á Deputación da Coruña, Avda. Porto da Coruña 2, 15003 A Coruña, indicando no sobre XI Premio Raíña Lupa , de Literatura Infantil e Xuvenil.

Quinta

O xurado estará presidido pola deputada-presidenta da Comisión de Cultura e Normalización Lingüística e formarán parte del cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito da literatura infantil e xuvenil nomeadas por ela.

As funcións de secretaría exerceraas o secretario da Corporación, ou a funcionaria ou funcionario en quen delegar.

A composición do xurado darase a coñecer, con anterioridade á súa reunión, no taboleiro e na páxina web da Deputación (www.dacoruna.gal), co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.

Sexta

Os participantes terán a obriga de comunicarlle á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.

O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art. 17 da Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público.

As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.

O xurado presentará a súa proposta á Presidencia da Deputación, que é o órgano competente para conceder o premio.

A decisión do xurado terá lugar no segundo semestre de 2017 e será comunicada a través do taboleiro de anuncios e da páxina web da Deputación www.dacoruna.gal

Se hai unha obra finalista, a plica correspondente poderá ser aberta pola persoa que exerza a secretaría do xurado co fin de que, se o seu autor ou autora o permite, poida darse a coñecer o seu nome.

Sétima

Non se devolverán os orixinais non premiados que, a partir do día seguinte á decisión do xurado, serán destruídos.

Oitava

A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

A Coruña, 14 de marzo de 2017.

O Presidente da Deputación

Valentín González Formoso

2017/2272

Infancia
Literatura
Gallego
Normalización lingüística
Cultura