Bases da convocatoria do XII Premio 'Andrés Gaos' de Composición Musical - Boletín Oficial de A Coruña de 22-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 22/03/2017 hasta ----
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

XII Premio Andrés Gaos de Composición Musical

Coa finalidade de recoñecer o nome de tan insigne músico e compositor coruñés e de acrecentar a gran tradición musical da nosa provincia e do noso país, a Deputación da Coruña convoca o XII Premio Andrés Gaos de Composición Musical, de acordo coas seguintes:

BASES

Primeira.-

Poderán participar todas aquelas persoas, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame .

Segunda.-

Establécese un premio único dotado con 6.500 € , que poderá quedar deserto e ser concedido con carácter ex aequo. Neste caso, o seu importe repartirase proporcionalmente entre as persoas que resulten premiadas.

Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables.

A Deputación poderá producir e estrear a/s obra/s premiada/s no prazo de vinte e catro meses, que se contarán dende a data da concesión do premio, sen que isto supoña compensación económica adicional complementaria para a/s persoa/s autora/s.

A Deputación, resérvase o dereito da estrea no prazo indicado no parágrafo anterior, polo que a/s persoa/s autora/s non poderá/n programala/s nin autorizar a súa programación, antes de que o fixese a Deputación ou de que rematasen os vinte e catro meses, agás autorización expresa da Deputación.

No caso de que se realice a gravación ou edición da obra, deberá facerse constar que obtivo o XII Premio Andrés Gaos de Composición Musical.

Terceira.-

As obras serán de tema e extensión libres.

O modelo orquestral máximo para a execución das obras será o seguinte:

· 14 violíns I

· 12 violíns II

· 10 violas

· 9 violonchelos

· 6 contrabaixos

· 3 frautas

· 3 óboes

· 3 clarinetes

· 3 fagots

· 4 trompas

· 3 trompetas

· 3 trombóns

· 1 tuba

· 1 timbal + 3 percusionistas

· 1 arpa

· 1 piano

Poderá utilizarse un/unha solista vocal ou un/unha persoa solista instrumental.

As obras presentaranse preferentemente en formato dixital: CD que incluirá na portada: XII Premio Andrés Gaos de Composición Musical , o título da obra, e un lema, ou o pseudónimo da persoa que sexa a autora; o formato será PDF.

No caso de optar pola presentación en papel, os orixinais enviaranse por duplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A3, polas dúas caras, numerados, grampados o encadernados.

Cada obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que se enviará un sobre á parte en cuxo exterior conste: XII Premio Andrés Gaos de Composición Musical, o título da obra ou o seu lema, así como o pseudónimo da persoa que sexa a autora da obra; no seu interior será incluída unha copia do documento de identidade, o enderezo, un teléfono de contacto, un correo electrónico, un breve currículo e unha declaración de que a obra é inédita e que non foi premiada, até a data de presentación, en ningún outro certame ou premio.

Cuarta.-

O prazo de presentación de orixinais comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o día 15 de xullo de 2017.

Os orixinais serán enviados á Deputación da Coruña, Avda. Porto da Coruña 2, 15003 A Coruña, indicando no sobre XII Premio Andrés Gaos de Composición Musical.

Quinta.-

O xurado estará presidido pola deputada-presidenta da Comisión de Cultura e Normalización Lingüística e formarán parte del cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito musical, nomeadas por ela.

As funcións de secretaría exerceraas o secretario da Corporación, ou a funcionaria ou funcionario en quen delegar.

A composición do xurado darase a coñecer, con anterioridade á súa reunión, no taboleiro e na páxina web da Deputación (www.dacoruna.gal), co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.

Sexta.-

As persoas participantes terán a obriga de comunicarlle á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.

O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, e será necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art. 17 da Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público.

As deliberacións serán secretas e delas será redactada a acta correspondente.

O xurado presentará a súa proposta á Presidencia da Deputación, que é o órgano competente para conceder o premio.

A decisión do xurado, que terá lugar no segundo semestre de 2017, será dada a coñecer por medio do taboleiro de anuncios e da páxina web da Deputación.

Se hai unha obra finalista, a plica correspondente poderá ser aberta pola persoa que exerza a secretaría do xurado co fin de que, se o seu autor ou autora o permite, poida darse a coñecer o seu nome.

Sétima.

Non se devolverán as partituras presentadas que non sexan premiadas, e a partir do día seguinte ao da decisión do premio serán destruídas.

Oitava.-

A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

A Coruña, 14 de marzo de 2017

O Presidente da Deputación

Valentín González Formoso

2017/2269

Música
Normalización lingüística
Cultura