Bases da convocatoria do XII Premio 'Castelao' de Banda Deseñada - Boletín Oficial de A Coruña de 22-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 22/03/2017 hasta ----
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

XII Premio Castelao de Banda Deseñada

Tendo en conta a significación do colectivo que traballa na creación en banda deseñada en Galicia, que é considerado o máis importante do panorama estatal, a Deputación da Coruña, sensible á significación que está a ter este sector da cultura galega, convoca o XII Premio Castelao de Banda Deseñada , de acordo coas seguintes:

BASES

Primeira.-

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas con este premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio ou certame.

As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dúas persoas autoras (unha como guionista e outra como debuxante).

Segunda.-

Establécense dous premios dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:

a) Para todo tipo de lectores

b) Especialmente dirixido ao lector infantil

As obras unicamente poderán presentarse a unha das dúas categorías.

Os premios poderán quedar desertos e ser concedidos con carácter ex aequo. Neste caso, os seus importes repartiranse proporcionalmente entre as persoas que resulten premiadas.

Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables.

A Deputación publicará a/s obra/s premiada/s, reservándose durante un prazo de dezaoito meses, que se contarán dende a data da concesión do premio, os dereitos de editala/s. Ademais entregará á/s persoa/s gañadora/s trinta exemplares.

Terceira.-

A temática das obras será libre e poderá tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.

O traballo será presentado por duplicado e en exemplares separados, numerados, grampados ou encadernados, da seguinte forma:

' O libro terá que estar rematado, tanto en guión como en debuxo.

' O formato deberá ser de mancha 26 x 19 cm, ou proporcional.

' O tamaño dos orixinais: mínimo DIN A4 e máximo DIN A3.

No caso de que a maiores o traballo se presente en soporte dixital, deberá figurar a tamaño final (26 x 29 cm) e en resolución de 300 ppp para color, 400 ppp para grises, ou 600 ppp para branco e negro, en soporte CD e formato TIFF.

' A extensión mínima será de 48 páxinas.

' Para a súa valoración enviaranse copias encadernadas en DIN A4 con calidade láser.

' Os orixinais seranlle requiridos ao gañador para o proceso de edición e de preparación da exposición.

Cada obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que se enviará un sobre á parte en cuxo exterior conste: XII Premio de Banda Deseñada Castelao , categoría na que se presenta, o título da obra ou o seu lema, así como o pseudónimo da persoa que sexa a autora da obra; no seu interior será incluída unha copia do documento de identidade, o enderezo, un teléfono de contacto, un correo electrónico, un breve currículo e unha declaración de que a obra é inédita e que non foi premiada, até a data de presentación, en ningún outro certame ou premio.

Ademais deberá achegar un escrito no que manifeste a súa conformidade coa cesión dos dereitos de edición da obra (incluídos os de publicación, distribución e explotación) por un prazo de dezaoito meses desde a data da concesión do premio.

No caso de autoría conxunta, ademais do documento anterior, deberá incluírse un documento explícito coa participación de cadaquén e a porcentaxe do premio pactada entre as persoas autoras e asinada por elas.

Cuarta.-

O prazo de presentación de orixinais comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o día 15 de xuño de 2017.

Os orixinais serán enviados á Deputación da Coruña, Avda. Porto da Coruña 2, 15003 A Coruña, indicando no sobre XII Premio Castelao de Banda Deseñada .

Quinta.-

O xurado estará presidido pola deputada-presidenta da Comisión de Cultura e Normalización Lingüística e formarán parte del cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito da banda deseñada, nomeadas por ela.

As funcións de secretaría exerceraas o secretario da Corporación, ou a funcionaria ou funcionario en quen delegar.

A composición do xurado darase a coñecer, con anterioridade á súa reunión, no taboleiro e na páxina web da Deputación (www.dacoruna.gal), co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.

Sexta.-

As persoas participantes terán a obriga de comunicarlle á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.

O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, e será necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art. 17 Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público.

As deliberacións serán secretas e delas será redactada a acta correspondente.

O xurado presentará a súa proposta á Presidencia da Deputación, que é o órgano competente para conceder o premio.

A decisión do xurado, que terá lugar no segundo semestre de 2017, será dada a coñecer por medio do taboleiro de anuncios e da páxina web da Deputación.

Se hai unha obra finalista, a plica correspondente á obra poderá ser aberta pola persoa que exerza a secretaría do xurado, co fin de que, se a súa autora, autor ou autores o permiten, poida ser dado a coñecer o seu nome.

Sétima.-

Non se devolverán as obras presentadas e non premiadas e, a partir do día seguinte ao da decisión do xurado, serán destruídas.

Oitava.-

A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

A Coruña, 14 de marzo de 2017

O Presidente da Deputación

Valentín González Formoso

2017/2265

Cultura
Gallego
Infancia
Exposiciones
Normalización lingüística