BASES E CONVOCATORIA DUN PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL PARA O EXERCICIO 2016 - Boletín Oficial de Pontevedra de 02-12-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 02/12/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

O Pleno da Corporación Provincial na súa sesión, ordinaria, do día 27 de novembro do ano 2015 adoptou, entre outros, este acordo:

6.6687.-APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016

Dada conta das 'Bases Reguladoras e Convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016'.

Considerando o establecido nos artigos 9.2 e 17 da Lei 38/2003, de 18 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o artigo 6.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG), sobre a esixencia dunhas bases reguladoras para o outorgamento de subvencións e do recollido nos artigos 9.3 e 23 da LXS e o 6.3 da LSG, que recollen a necesidade de proceder á súa convocatoria pública.

Vista toda a documentación relativa ó citado plan que obra no expediente; vistos os informes da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial; e visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno da Corporación Provincial acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos en contra do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON:

1º.-Aprobar, condicionadas á existencia de crédito suficiente logo da aprobación definitiva do Orzamento para o exercicio 2016 e á súa entrada en vigor, as Bases Reguladoras da Convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016', cuxo teor literal di como segue:

'BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DE CONCELLOS) 2016

O Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016 é un plan propio da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2016 que se elabora no marco do previsto no artigo 36.2.a da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, e nos artigos 32 e 33 do RDL 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, nas que se regula a obriga das deputacións de aprobar anualmente un Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal en cuxa elaboración deben participar os concellos da provincia.

O Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016 elabórase nun momento de cambio do ciclo económico no que a Deputación quere colaborar cos concellos na prestación integral dos servizos públicos segundo o seu tamaño e a súa poboación. Trátase, polo tanto, de garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipal, asegurando para o conxunto dos veciños unha prestación axeitada e íntegra dos servizos de competencia municipal pero desde a base dunha maior eficacia, eficiencia e coordinación, tal e como se dispón na Lei 7/1985, de 2 de abril.

Nesta nova etapa a Deputación de Pontevedra aposta por impulsar a xestión municipal, promovendo o desenvolvemento económico e a creación de emprego como bases fundamentais para o seu crecemento, especialmente dos máis pequenos, para o que é necesario garantir a sostibilidade financeira municipal para que poidan prestar os servizos e actividades da súa competencia, respectando o principio da autonomía local e concedendo unha ampla liberdade de decisión á hora de definir as prioridades de cada concello en función das súas necesidades reais e no marco xurídico competencial local. Por esta razón unifícanse os numerosos plans de subvencións existentes na Deputación de Pontevedra dirixidos a concellos, concedéndolles a flexibilidade suficiente para que sexan estes quen dispoñan, en base ás súas peculiaridades e necesidades, da capacidade de decisión necesaria para fixar as súas prioridades de financiamento e para destinar os recursos deste plan a paliar as necesidades máis urxentes, sen imposicións, aínda que con certas limitacións en aras dun mellor control e vixilancia do emprego dos recursos públicos.

Polo tanto, a ampla marxe de decisión que se lle concede ás entidades locais beneficiarias das axudas pretende ser estritamente respectuosa coa autonomía local e fundaméntase de acordo ó establecido na Carta Europea de Autonomía Local, que establece no seu artigo 9.7 que 'na medida do posible, as subvencións concedidas ás Entidades locais non deben ser destinadas ó financiamento de proxectos específicos' e continúa dicindo que 'a concesión de subvencións non deberá causar prexuízo á liberdade fundamental da política das Entidades locais, no seu propio ámbito de competencia.'

Por outra parte, o cambio de ciclo económico supuxo, entre outros aspectos, unha importante redución dos recursos económicos dos concellos, que nalgúns casos teñen serias dificultades para afrontar a realización de actividades e a prestación de servizos que, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións das súas comunidades veciñais, incluso en ocasións teñen serias dificultades para atender ós seus gastos correntes. Por iso, a finalidade do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016 debe ser tanto a de contribuír á realización dos investimentos e actividades necesarios para a efectiva prestación dos servizos municipais, favorecendo o crecemento económico e a creación de emprego, como axudar ó financiamento do gasto corrente no que incorren os concellos na súa actividade como xestores públicos.

Por último, en congruencia co principio de autonomía municipal consagrado nos artigos 137 e 140 da Constitución e que a Deputación de Pontevedra promove nos límites das súas propias competencias, a prol dunha maior axilidade e eficacia na execución das actuacións e investimentos e sempre dentro da cobertura de legalidade que contén a normativa legal aplicable, a contratación das actuacións subvencionables corresponderalle ós concellos. En todo caso, corresponderalle á institución provincial a contratación dos investimentos, cando lle sexa solicitado por aquelas entidades que carezan de capacidade de xestión e medios técnicos para asumila.

En relación ó exposto confecciónanse as seguintes bases reguladoras:

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Primeira. Obxecto

Estas bases e a convocatoria teñen por obxecto regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nestas bases e terán que ser de competencia municipal.

No marco destas bases, os concellos poderán libremente determinar a elección dos investimentos e actuacións subvencionables que desexen realizar, non obstante, se algún proxecto ou proposta de actuación non se axustase ó obxecto destas bases a Deputación poderá rexeitar dito proxecto. Nese caso, o concello poderá presentar unha nova proposta.

As axudas e subvencións deste plan poderán destinarse ás seguintes liñas nos termos recollidos na base 8ª:

- Liña 1. Investimentos.

- Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes.

- Liña 3. Actividades culturais, deportivas, actividades sociais, turísticas e medioambientais.

- Liña 4. Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

Segunda. Natureza xurídica

As axudas que se concedan ó abeiro desta convocatoria teñen a natureza xurídica de subvencións, de acordo cos criterios establecidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (en adiante LXS), e na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en adiante LSG).

O seu réxime xurídico adecuarase ó disposto nas anteriores normas, e no seu caso ó Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (en adiante TRLCSP); á Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (en adiante LRBRL); ó Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da LXS, (en adiante RLXS); á Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (en adiante LRXAP); ó Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (en adiante TRLRFL); Bases de execución orzamentarias vixentes en cada exercicio e demais normativa aplicable.

Terceira. Aprobación das bases

De acordo co establecido na base 16.3 das de execución do orzamento para o 2015 e cumprindo o establecido no artigo 17 da LXS o órgano competente para a aprobación destas bases é o Pleno da Deputación.

Cuarta. Beneficiarios

Poderán solicitar as axudas reguladas nestas bases os concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de dereito de ata 50.000 habitantes, segundo a correspondente certificación expedida polo Instituto Galego de Estatística (IGE) referida á última actualización do censo.

A colaboración para os concellos de máis de 50.000 habitantes, non beneficiarios neste Plan, instrumentalizarase a través de convenios de colaboración, para o cal se dotará o orzamento na correspondente aplicación orzamentaria.

Quinta. Financiamento e contía das subvencións

O Plan conta con catro liñas de subvención para os concellos que se financian con cargo ás dotacións orzamentarias das seguintes aplicacións:

- 16/942-9425-462.00 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Actividades).

- 16/942-9425-462.03 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos)..

- 16/942-9425-462.45 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Gastos correntes, amortización e pagamento de débedas).

- 16/942-9425-652.45 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Investimentos xestionados para concellos).

- 16/942-9425-762.45 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Investimentos).

A contía que se destina para financiar o presente plan ascende a corenta millóns (40.000.000) de euros e a contía individual asignarase de conformidade cos criterios e ponderacións establecidos na base seguinte.

Correspóndelle a cada concello libremente distribuír as contías individuais respectivas segundo as súas necesidades, con cargo ás distintas liñas de subvención e con respecto ós límites establecidos nestas bases.

Para as liñas de subvención 2, 3 e 4, cada concello poderá destinar unha porcentaxe máxima sobre a contía individual asignada, consonte coa seguinte distribución:

Liña de Subvención

Porcentaxe máxima

Límite máximo por liña

LIÑA 2

15 %

6.000.000,00 ¬

LIÑA 3

3,75 %

1.500.000,00 ¬

LIÑA 4

22,50 %

9.000.000,00 ¬

Da cantidade total que lle corresponda a cada concello poderán destinalo ás finalidades seguintes:

Con cargo á liña 1 (Investimentos) ata o importe mínimo que resulte de aplicar a porcentaxe do 58,75% á cantidade total que lle corresponde ó concello.

Con cargo á liña 2 (Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes), ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 15% á cantidade total que lle corresponde ó concello.

Con cargo á liña 3 (Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas, medioambientais), ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 3,75% á cantidade total que lle corresponde ó concello.

Con cargo á liña 4 (Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais), ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 22,50% á cantidade total que lle corresponde ó concello.

As cantidades que os concellos non utilicen das liñas 2, 3 e 4, poderanas utilizar para facer investimentos (liña1).

Sexta. Criterios obxectivos de outorgamento das subvencións

e p onderación dos mesmos así como criterios para a determinación

das contías individuais

O plan dótase cun importe fixo de corenta millóns (40.000.000) de euros, dos que dezaseis millóns (16.000.000) de euros repartiranse de forma lineal entre os concellos da provincia que se adhiran a este plan, correspondéndolle a cada un deles douscentos sesenta e seis mil seiscentos sesenta e seis con sesenta e sete euros (266.666,67) euros.

A cantidade restante, vinte e catro millóns (24.000.000) de euros, repartirase da forma seguinte:

Habitantes

Grupo 1

0-10.000

Grupo 2

10.001-20.000

Grupo 3

20.001-50.000

Porcentaxe

30 %

40 %

30 %

Cantidade por grupo

7.200.000 ¬

9.600.000 ¬

7.200.000 ¬

Total

24.000.000 ¬

Ó grupo 1, ata 10.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 30%, polo que lle corresponden sete millóns douscentos mil (7.200.000) euros. Ó grupo 2, de 10.001 a 20.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 40%, polo que lle corresponden nove millóns seiscentos mil (9.600.000) euros. Por último, ó grupo 3, formado por 7 concellos de entre 20.001 e 50.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 30%, polo que lle corresponden sete millóns douscentos mil (7.200.000) euros.

Estas cantidades repartiranse entre o número de concellos que forman o grupo en proporción ó 60% da poboación, 20% de núcleos de poboación e ó 20% da superficie.

Para estes efectos a poboación do concello a considerar será a última publicada polo IGE na data de publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

En consecuencia, cada concello coñecerá as cantidades que lle corresponden dentro dos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación destas bases no BOPPO. Ademais de recibiren a correspondente notificación poderán ser informados dirixíndose ó Servizo de Cooperación.

Sétima. Compensación de débedas

Xunto coa cantidade que lle corresponde a cada concello, a Deputación comunicaralle a relación de débedas que teña coa Deputación na data de publicación destas bases, co fin de que as que paguen antes de presentar as solicitudes; en caso de non facelo, os concellos solicitarán subvención polo importe neto, e a Deputación procederá de oficio á detracción das mesmas ata a totalidade da débeda.

Oitava. Finalidades subvencionables

Os concellos presentarán as solicitudes de subvención para as distintas liñas acompañando para cada solicitude a documentación necesaria sinalada na base seguinte.

Serán subvencionables as finalidades que se indican a continuación para cada unha das liñas seguintes:

- Liña 1. Investimentos

Os investimentos subvencionables con cargo a esta liña poderán ser:

Investimentos que teñan un orzamento igual ou superior a vinte mil (20.000,00) euros, incluído o IVE, agás no caso exclusivo de subministracións que constitúan un investimento por si mesmas, no que se admitirán orzamentos por un importe inferior. Estas subministracións poderán destinarse, entre outros a instrumentos musicais, material turístico, deportivo, cultural, desfibriladores e calquera outra clase de subministración. O resto das subministracións, que non constitúan un investimento por si mesmas, que supoña a mellora ou creación dun ben novo, deberán integrarse nun proxecto de investimento.

- Proxectos:

Os concellos encargarán a redacción dos proxectos correspondéndolles asumir o seu custo. No caso de non poder sufragaren o seu custo con cargo ós seus fondos por motivos orzamentarios ou porque de asumilo lles causase un notorio prexuízo, poderán incluílos dentro dos gastos da inversión solicitada, sempre que se xustifique de maneira motivada e expresa. O contido dos proxectos deberase axustar ó establecido no artigo 123 do TRLCSP, debendo identificarse cada investimento cun proxecto técnico, do que presentarán o orixinal e unha copia en formato dixital, e que debe redactarse segundo o devandito artigo. Asemade deberán cumprir a normativa en materia de accesibilidade, seguridade viaria e calquera outra que lle sexa de aplicación. Na redacción dos proxectos de obra débese ter en conta que a porcentaxe de gastos xerais será do 13% e o beneficio industrial o 6%. Os autores do proxecto deberán ser técnicos competentes da materia obxecto do proxecto.

No caso de tratarse dun contrato menor de obras deberase incluír o seu orzamento, sen prexuízo de que deba elaborarse un proxecto cando as normas específicas o requiran e de modo especial se afecta á estabilidade, seguridade ou estanquidade da obra (artigo 111 do TRLCSP).

O concello poderá solicitar, sempre que cumpra os requisitos do TRLCSP, a execución da obra directamente polo sistema de administración. Neste caso o orzamento de execución do investimento será o de execución material e incrementarase, no seu caso, ata a porcentaxe necesaria para atender as percepcións que poidan ter lugar polo traballo ou xestión dos empresarios colaboradores, ás que se refire o artigo 176.1 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, incluíndo, como partida independente, o IVE que corresponda.

A Deputación procederá, en todo caso, á supervisión e ó control dos proxectos, tendo especialmente en conta os prezos das distintas unidades.

- Aprobación dos proxectos e outorgamento de licenzas:

Os proxectos deben ser aprobados polo órgano competente do concello. Se a obra necesitase, pola súa situación ou característica, permisos ou autorizacións doutros organismos, será o concello quen as solicite.

No caso de subministracións achegarase memoria que describa con detalle os mesmos e inclúa uns pregos técnicos co fin de coñecer as características técnicas dos bens, así como un orzamento detallado, que inclúa entre outros, cantidades, prezos unitarios e IVE.

- Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes

Serán subvencionables as seguintes tipoloxías de gasto:

- Amortización do endebedamento con entidades financeiras.

- Pagamento de débedas a acredores de investimentos.

- Pagamento de débedas a acredores de gastos correntes.

- Gasto corrente novo.

Entre os gastos correntes subvencionables poderán incluírse os gastos de funcionamento dos servizos de subministración de auga potable, de rede de sumidoiros, limpeza viaria, recollida domiciliaria de lixo, alumeado público, mantemento dos accesos ós núcleos de poboación, mantemento de parques públicos, conservatorios, escolas de música, e escolas deportivas de titularidade municipal, e aqueles outros que estean directamente asociados ó funcionamento dos servizos de competencia municipal.

Concretamente poderán incluírse os gastos que de seguido se detallan:

- Bens e servizos correntes.

- Intereses de préstamos asociados directamente ó servizo.

- Achegas municipais a entes supramunicipais ou outros que realizan o servizo.

- Liña 3. Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais

Son subvencionables as actividades que realicen directamente os concellos, agás as subvencións, que se enmarquen nas seguintes tipoloxías, sempre e cando teñan un orzamento mínimo de mil (1.000,00) euros, IVE incluído, e que estea proxectado que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do exercicio 2016.

- Liña 3.1. As que contribúan ó desenvolvemento cultural, educativo e social das persoas do municipio ou que teñan relación con estes. En xeral, o tipo de actividades susceptibles de subvención son as que deseguido se relacionan:

I.-De difusión cultural, favorecedoras da extensión e divulgación da cultura: proxeccións de cine e vídeo, representacións teatrais, música, folclore e tradición, viaxes estritamente culturais dun ou máis días de duración e outros eventos semellantes.

II.-Artísticas, favorecedoras da creatividade e da iniciativa cultural: fomento dos grupos de teatro e musicais, creacións literarias como revistas (culturais, científicas, etc.), recitais, concursos sobre literatura ou outras.

III.-Lúdicas, favorecedoras do esparexemento e do lecer: festexos tradicionais folclóricos ou semanas culturais, entre outras.

IV.-Formativas, favorecedoras da promoción educativa, cultural e profesional das persoas do municipio/entidade local: cursos de formación xeral, ciclos culturais, conferencias socioculturais, encontros e xornadas de estudo, entre outras.

V.-Gastos de funcionamento de conservatorios e escolas de música de titularidade municipal (gastos de funcionamento e profesorado).

VI.-Calquera outra actividade cultural semellante ás anteriores.

- Liña 3.2. As que contribúan ó desenvolvemento e promoción do deporte dentro da provincia de Pontevedra. En xeral, o tipo de actividades que se detallan a continuación:

I.-Organizativas de eventos deportivos puntuais, como campionatos, ligas, e outras.

II.-Participativas en eventos deportivos, de carácter puntual e extraordinario.

III.-De fomento deportivo, sendo a súa finalidade a promoción, fomento e formación deportiva con carácter específico ou inespecífico.

IV.-Gastos de funcionamento de Escolas deportivas de titularidade municipal (gastos de funcionamento, monitores e profesorado).

V.-Calquera outra actividade deportiva semellante ás anteriores.

- Liña 3.3. As que contribúan ó desenvolvemento no ámbito social, a paliar situacións de emerxencia social e á mellora dos servizos sociais comunitarios, básicos, específicos e especializados, poñendo especial atención na igualdade, na axuda no fogar, na loita contra a violencia de xénero, na inclusión social, na atención á dependencia, no voluntariado social, no apoio a colectivos e familias necesitadas, como nos discapacitados, nos nosos maiores, na infancia e na xuventude, en hábitos saudables e na loita contra as drogodependencias, na inmigración, en situacións de emerxencia social e, en xeral, calquera outra área ou sector de carácter social que teña cabida dentro do concepto de servizos sociais. En xeral, o tipo de actividades susceptibles de subvención son as que deseguido se relacionan:

I.-As dirixidas a persoas en risco de exclusión social: inmigrantes, discapacitados, persoas maiores, vítimas da violencia de xénero, infancia e xuventude ou outros.

II.-As destinadas a promover hábitos saudables e a prevención, o tratamento e a reinserción das drogodependencias e toxicomanías.

III.-As que teñan por obxecto a valoración e a detección dunha situación de emerxencia social ou de urxentes necesidades sociais, así como a prestación de servizos de orientación, asesoramento e/ou asistencia para paliar os seus efectos.

IV.-As formativas, divulgativas e/ou de promoción de carácter social.

V.-Calquera outra actividade de carácter social semellante ás anteriores que teña por obxecto desenvolver servizos sociais comunitarios, básicos ou específicos, e/ou especializados.

- Liña 3.4. As que contribúan ó desenvolvemento turístico do municipio beneficiario, dos seus recursos turísticos ou que teñan relación con estes. De modo xeral actividades que contribúan á promoción turística na provincia, e entre outras:

I.-De promoción turística, favorecedoras da extensión e divulgación do turismo: mostras ou feiras de turismo, participación en eventos divulgativos en medios de comunicación, ou congresos e exposicións.

II.-De promoción mediante a elaboración de materiais gráficos, audiovisuais, guías, revistas, folletos, libros ou similares.

III.-Festas de interese turístico, carácter histórico ou singular, e en xeral manifestacións de carácter cultural como instrumento de promoción turística.

IV.-Calquera outra actividade de promoción turística semellante ás anteriores.

- Liña 3.5. Actividades que contribúan ó desenvolvemento e sensibilización medioambiental e educativo das persoas do municipio ou que teñan relación con estes. En xeral, o tipo de actividades susceptibles de subvención que deseguido se relacionan:

I.-De difusión dos valores e da educación medioambiental: proxeccións de cine e vídeo, conferencias, exposicións, congresos, e similares.

II.-Obradoiros, cursos, programas educativos, en xeral actividades que favorezan o coñecemento e a relación co medio natural.

III.-De difusión dos valores medioambientais mediante a elaboración de materiais gráficos, audiovisuais, guías, revistas, folletos, libros ou similares.

IV.-Actividades de sendeirismo, itinerarios medioambientais, recuperación de espazos naturais, e en xeral actividades relacionadas desenvolvidas no exterior.

V.-Calquera outra actividade de sensibilización ou educación medioambiental semellante ás anteriores.

As solicitudes presentadas concretarán a tipoloxía das actividades a desenvolver, accións individuais que as integren, características e custes. A estes efectos serán subvencionables os gastos en subministracións, servizos ou persoal externo ós concellos necesarios para o desenvolvemento das actividades.

- Liña 4. Emprego para a conservación e funcionamento

de bens e servizos municipais

Será subvencionable a contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos mínimos de competencia municipal, de interese xeral e social, tendo en conta a normativa aplicable, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser prestados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa.

b) Favorecer na súa execución ou prestación a formación e as prácticas profesionais das persoas desempregadas que se van contratar.

c) Ser prestados ou executados no ámbito municipal.

d) Responder a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou o desempeño das súas competencias en termos razoables de eficacia e tendo en conta a crise económica.

e) Que esas necesidades afecten a sectores, funcións ou categorías profesionais prioritarios indispensables para poder satisfacer as necesidades básicas da vida persoal ou social dos particulares, de acordo coas circunstancias de cada momento ou lugar, ou necesarios para o benestar dos veciños e, tamén, os que permitan asegurar o funcionamento regular da propia entidade e dos seus órganos de goberno.

O número máximo de traballadores cuxa contratación é subvencionable con cargo a esta liña vén definida pola seguinte táboa:

Número de habitantes

Grupo 1

De 0 a 2.000

Grupo 2

De 2.001 a 5.000

Grupo 3

De 5.001 a 10.000

Grupo 4

De 10.001 a 20.000

Grupo 5

De 20.001 a 50.000

Número de traballadores

14

20

24

30

34

As mencionadas axudas ou subvencións irán destinadas a financiar a contratación laboral, en réxime de xornada parcial ou completa segundo as necesidades da contratación que determine cada concello. As axudas comprenden o custo salarial e a cotización á Seguridade Social, de persoas desempregados (calquera que sexa a categoría profesional) que reúnan os requisitos establecidos no parágrafo seguinte destas bases, co límite máximo do Salario Mínimo Interprofesional por traballador (importe proporcional ás horas traballadas). Os concellos poderán, no seu caso, complementar a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios que correspondan por categoría profesional.

Os traballadores que sexan contratados para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros), inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.

Os concellos beneficiarios da subvención solicitarán ós traballadores que necesiten mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas para o adecuado desempeño das funcións inherentes ós postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación.

Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o municipio do concello solicitante.

O concello beneficiario será quen realice a selección definitiva dos candidatos, de conformidade coa normativa aplicable, na forma prevista e segundo os criterios sinalados a continuación; tendo en conta que, en todo caso, os contratos deberán formalizarse no prazo e nos termos establecidos na resolución na que se concede a subvención. Para a selección daráselle preferencia por esta orde ós seguintes criterios:

a) As vítimas de violencia de xénero.

b) Os candidatos maiores de 45 anos.

c) Os candidatos que formen unha familia monoparental con fillos ó seu cargo.

d) Os candidatos con niveis de renda máis baixa.

e) Os candidatos con cargas familiares.

As entidades darán de alta na Seguridade Social as persoas contratadas no código de conta de cotización que corresponda.

No caso de que algún dos traballadores contratados renuncie ó contrato antes da súa finalización o concello poderá formalizar un novo contrato para substituír o anterior polo tempo restante.

Todos os contratos deben iniciarse a partir do 1 de xaneiro de 2016 e finalizar como máximo o 31 de decembro de 2016, sen que en ningún caso a subvencionabilidade dos contratos poida exceder este período.

A relación laboral xurdida entre a entidade beneficiaria e o traballador non vinculará á Deputación de Pontevedra.

CAPÍTULO II. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

Novena. Procedemento de concesión

O procedemento de concesión das subvencións previstas nestas bases é o de réxime de concorrencia non competitiva.

Décima. Solicitudes e documentación

As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación en Pontevedra, na súa sede de Vigo, no Servizo de Cooperación ou na páxina web www.depo.es.

As solicitudes deberán subscribilas o Alcalde ou Concelleiro Delegado, asumindo o compromiso de cumprir as condicións da subvención. A estes efectos achegarase certificado do secretario relativo ó cargo que desempeña.

As solicitudes presentaranse correctamente cubertas, unha por cada petición individual, especificando a súa denominación concreta, orzamento e importe da subvención solicitada. Cando se trate de subministracións inferiores a 20.000¬ e natureza similar deberán solicitarse conxuntamente. As solicitudes deberán ser aprobadas por acordo do órgano competente do concello, que indique expresamente a finalidade concreta e a cantidade que se solicita, achegándose este acordo ou unha certificación acreditativa do acordo de aprobación. A tal efecto, nun único acordo poderanse aprobar varias solicitudes, achegando nese caso unha copia por cada solicitude.

Calquera falsidade nos datos presentados dará lugar á perda da subvención concedida, ademais doutras medidas que para o caso poida arbitrar o organismo provincial.

No caso de defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base ou de incumprimento do previsto no artigo 70 da LRXAP, requiriráselle ó interesado que emende as faltas ou omisións no prazo máximo de 10 días hábiles, indicándolle que, de non o facer, se terá por desistido da súa solicitude, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada LRXAP.

Cando exista documentación que por algunha causa razoable e xustificada non poida ser achegada coa solicitude (por precisárense autorizacións sectoriais ou estar pendente de resolución cuestións relativas a augas, servidumes, etc.) presentarase, a ser posible, antes de que remate o procedemento de concesión de subvencións ou, necesariamente, antes de iniciar o trámite de xustificación da axuda económica concedida. Non se concederán subvencións se non obran no expediente de concesión todos os formularios e documentos preceptivos que se contemplan nas presentes bases.

Para cada unha das liñas de subvención deberá achegarse a seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada:

Liña 1. Investimentos:

- Proxecto técnico da actuación que se pretende levar a cabo (un exemplar en formato papel e outro en formato dixital, sendo responsable o solicitante da equivalencia entre ambos os documentos).

' Se a obra non require proxecto achegarase un documento técnico que conteña como mínimo:

- 1.Unha memoria detallada que describa claramente a actuación.

- 2.Un plano de situación e plano detallado da actuación.

- 3.As medicións e o orzamento da actuación.

' En caso de que o investimento non sexa unha obra os concellos deberán presentar unha memoria cuns pregos técnicos e un orzamento co IVE incluído e detallado.

- Replanteo do proxecto e certificación da dispoñibilidade dos terreos precisos para a súa normal execución.

- Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo I):

- Que a finalidade subvencionable é competencia municipal (artigo 7 LRBRL).

- Que se o concello obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención que financien o investimento.

- Que non consta ningunha resolución ou acordo de que o concello está incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas públicas.

- Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo II) o acordo do órgano competente do concello da aprobación da solicitude.

- Cando participe outra Administración pública no financiamento da actuación a entidade subvencionada presentará un certificado expedido polo funcionario público competente, no que se indiquen as achegas concedidas polo resto de organismos.

No caso de actuacións proxectadas sobre edificacións ou instalacións deberase acreditar a titularidade ou a cesión do ben en cuestión, achegando certificación en relación ó inventario ou mediante calquera outro documento con valor probatorio que acredite a titularidade ou a cesión do ben. A cesión terá que ser por dez anos se se trata dun ben que debe inscribirse no rexistro público correspondente, e de cinco nos demais casos. No suposto de investimento de competencia municipal realizado en estradas de titularidade doutra administración deberá contar coa autorización da correspondente administración ou ben tela solicitada.

Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes

- Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo I):

' Que a finalidade subvencionable é competencia municipal (artigo 7 LRBRL).

' Que se o concello obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención que financien o investimento.

' Que non consta ningunha resolución ou acordo de que o concello está incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas públicas.

- Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo II) o acordo do órgano competente do concello da aprobación da solicitude.

Asemade, en función da finalidade concreta solicitada dentro desta liña achegarase tamén:

' Amortización de débeda con entidades financeiras

- Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar:

' Que se a cantidade que se solicita ten débeda pendente de amortizar, indicando a entidade financeira e demais características da operación de crédito/préstamo cuxa débeda, total ou parcial, se pretende amortizar.

' Que a cantidade que se pretende amortizar é a que ten condicións económicas máis gravosas para o concello en termos económicos (comisións, tipos de xuros, etc.), e polo tanto resulta máis vantaxosa amortizala primeiro.

' Pagamento de acredores de investimentos

- Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar:

' A relación de acredores, indicando a súa correcta identificación e tamén a identificación das certificacións (facturas), expresando a data de expedición e a data de rexistro, número, resumo dos conceptos e importe coa repercusión do IVE no seu caso. Tamén se indicará o órgano que aprobou cada factura ou xustificante de gasto, así como que están pendente de pagamento.

' Que non existen ata o momento outros acredores que teñan preferencia para o pagamento das súas débedas.

' Pagamento de acredores de gasto corrente

- Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar:

' A relación de acredores, na que se indique a súa correcta identificación e tamén a identificación das certificacións (facturas) e se exprese a data de expedición e a de rexistro, o número, o resumo dos conceptos e o importe coa repercusión do IVE, no seu caso. Tamén se indicará o órgano que aprobou cada factura ou xustificante de gasto, xunto coa data dos mencionados acordos.

' Que as débedas que se relacionan están pendentes de aboamento. Así mesmo, acreditarase que non existen, na data de expedición da certificación, outros acredores que teñan preferencia para o pagamento das súas débedas.

' Gasto corrente novo

- Memoria descritiva e valorada dos gastos que se pretenden financiar, identificando a natureza do gasto de acordo co previsto na base oitava.

Liña 3. Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais

- Memoria explicativa da actividade a desenvolver, debidamente asinada polo representante, na que se especifique as accións concretas a desenvolver, medios e prazos para a súa execución. No caso de Conservatorios ou Escolas de Música achegarase ademais Relación de persoal docente e non docente e Declaración do número de alumnos matriculados no curso 2015-2016, detallado por especialidades ou materias.

- Orzamento da actividade a realizar reflectindo o IVE, detallado por conceptos e debidamente asinado polo representante.

- Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo I):

' Que a finalidade subvencionable é competencia municipal (artigo 7 LRBRL).

' Que se o concello obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención que financien o investimento.

' Que non consta ningunha resolución ou acordo de que o concello está incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas públicas.

- Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo II) o acordo do órgano competente do concello da aprobación da solicitude.

Liña 4. Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais

- Memoria global dos servizos que se van desenvolver, indicando o perfil e nº das persoas desempregadas que se van contratar, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros).

- Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo I):

' Que a finalidade subvencionable é competencia municipal (artigo 7 LRBRL).

' Que se o concello obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención que financien o investimento.

' Que non consta ningunha resolución ou acordo de que o concello está incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas públicas.

- Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar:

' O acordo do órgano competente do concello da aprobación da solicitude no que se determine o nº das persoas desempregadas que se van contratar e se solicite a subvención para a súa realización.

- Declaración responsable de que as contratacións de persoal se destinan a servizos de competencia municipal e que cumpren os requisitos esixidos nestas bases en canto á súa capacidade técnica e de xestión.

Undécima. Lugar e prazo de presentación

O prazo de presentación das solicitudes de subvencións que se acollan a este programa é:

- De tres meses, se se trata da Liña 1, investimentos.

- Dun mes, se se trata das Liña 2 Amortización, Pagamento de débedas e gastos correntes, Liña 3 Actividades Culturais, Deportivas, Sociais, Turísticas e Medioambientais; e Liña 4 Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

Estes prazos contaranse desde o seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

As solicitudes irán dirixidas á Presidencia da Deputación e presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo, nos rexistros do ORAL ou a través de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da LRXAP. No caso de presentarse a solicitude nun rexistro distinto da Deputación remitirase por fax copia da solicitude unha vez rexistrada onde conste data e lugar de presentación.

Décima segunda. Compatibilidade

As axudas serán compatibles con outras para a mesma finalidade, tendo en conta que o importe da subvención, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, supere o custo da finalidade subvencionada, de acordo co previsto no artigo 19.3 da LXS.

Para estes efectos, e de conformidade co disposto no artigo 14.1.d) da LXS e no artigo 33 do RLXS, unha das obrigas do beneficiario é a de lle comunicar á Deputación a obtención doutras subvencións ou axudas que financien as finalidades subvencionadas.

Todas as alteracións das condicións que se tiveron en conta para a concesión e, en todo caso, a concesión concorrente de axudas por calquera entidade pública ou privada, nacional ou internacional, poderá dar lugar á modificación da subvención outorgada.

Décimo terceira. Ordenación, instrución, procedemento e resolución

A instrución do procedemento de concesión de subvencións, que é o de concorrencia non competitiva, correspóndelle ó Servizo de Cooperación, quen realizará de oficio as actuacións que estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos expedientes. Asemade o órgano instrutor poderá solicitar todos os informes que considere convenientes e/ou necesarios para o correcto outorgamento das subvencións.

Unha vez efectuado o estudo de cada solicitude recibida, e en función da información dispoñible, elaborarase unha proposta de concesión da subvención para someter á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación segundo a natureza do investimento, no seu caso, e da fiscalización do Servizo de Intervención.

Décimo cuarta. Modificacións das resolucións de concesión das subvencións

Unha vez recaída a resolución de concesión, antes de que conclúa o prazo para a realización das actividades obxecto de subvencións e sempre e cando non se prexudiquen intereses de terceiros, poderase solicitar o cambio ou a modificación do seu contido se concorren circunstancias excepcionais, xustificando por escrito as causas que a fundamentan e axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria.

As circunstancias excepcionais que xustifican a modificación da concesión da subvención unicamente poden ser as seguintes:

- Falta de permisos, licenzas e autorizacións necesarias segundo a normativa aplicable en cada caso.

- Recibir anteriormente axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados que cubran o importe total ou parcial do gasto subvencionado.

- Ter prioridade o financiamento doutro gasto urxente e non contar con crédito suficiente para levalo a cabo.

- Algún impedimento que non permita a súa realización, sempre que se deba a circunstancias sobrevidas e non previsibles no momento de solicitude da subvención.

CAPÍTULO III. CUMPRIMENTO E XUSTIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES SUBVENCIONADAS POLOS BENEFICIARIOS

Décimo quinta. Obrigas dos beneficiarios

Os concellos beneficiarios de conformidade co disposto nestas bases estarán obrigados a cumprir coas obrigas que establece o artigo 11 da LSG, e en particular:

- A destinar o importe das subvencións outorgadas ó cumprimento total das finalidades que fundamentan a concesión das subvencións.

- A realizar as actuacións que fundamentan a concesión das subvencións nos prazos sinalados nestas bases.

- A someterse as actuacións de comprobación e control financeiro que determine a Deputación de Pontevedra, achegando canta información lle sexa requirida no prazo que estableza a Deputación.

- A designar o director das obras cando o concello sexa a entidade contratante, dándolle conta á Deputación. Calquera cambio de director técnico seralle igualmente comunicado a esta no momento de presentar a correspondente documentación xustificativa da subvención.

- O aboamento ás persoas contratadas dos salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e asumir a diferenza entre a cantidade subvencionada e os custos salariais e de Seguridade Social totais, de aplicarse o convenio colectivo propio do concello.

- A comunicación á Deputación das modificacións substantivas que afecten á realización da actividade que vaian desenvolver os traballadores contratados, así como das renuncias e novos contratos polo tempo restante, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións que se tiveron en conta para a concesión da subvención.

- A comunicación á Deputación da obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional.

- A cumprir as obrigas de publicidade que serán as seguintes:

' Darlle a adecuada publicidade ó financiamento por parte da Deputación para as actuacións subvencionadas.

' Facer constar en todas as accións de comunicación ou publicidade (carteis, folletos, programas, placas, cartas ou páxina web, entre outras) o apoio que dá a Deputación. Isto farase incluíndo o seu logotipo nun lugar visible.

' Acreditar a publicidade xunto coa primeira certificación, indicando as accións de comunicación realizadas, fotos e demais documentación que se considere necesaria.

' Incluír no prego de cláusulas ou documentación que rexe a contratación unha na que conste a obriga do contratista de poñer, desde o inicio das obras ata a súa total terminación, un cartel informativo indicando que se trata dunha obra subvencionada pola Deputación.

' Facerse cargo dos carteis das obras que se realicen.

- Debe darse o tratamento que lle corresponda á comunicación institucional da Deputación, a estes efectos na páxina web www.depo.es atópase o exemplo de tratamento que se lle debe dar á imaxe institucional da Deputación.

Para dúbidas e/ou aclaracións poderase contactar co Servizo de Comunicación Institucional do organismo provincial a través do correo electrónico comunicacion@depo.es ou do teléfono 986 804 100.

O incumprimento destas obrigas será causa de reintegro das subvencións concedidas con cargo a estas bases.

Décimo sexta. Subcontratación

A subcontratación prodúcese cando o beneficiario concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada. Permítese que se subcontrate a totalidade das actividades subvencionadas.

Décimo sétima. Aplicación de baixas e modificación do proxecto

De producirse baixas na adxudicación dos contratos o concello beneficiario deberallo comunicar á Deputación antes da súa aplicación. A existencia e importe da baixa determinarase coa certificación final. A baixa poderá aplicarse en calquera investimento, con independencia do seu importe.

Para a tramitación da baixa esixirase un proxecto ou memoria detallada no que se describa con claridade a actuación que se realizará, ademais do acordo correspondente. A súa tramitación realizarase conforme ó procedemento legalmente establecido.

Se durante a execución das obras xurde a necesidade de modificar o proxecto da obra o concello deberá tramitar o correspondente expediente de acordo co establecido na normativa de contratación, e redactar un proxecto modificado que deberá ser aprobado polo concello e pola Deputación. Non obstante, só se admitirán a trámite modificacións que se poidan financiar co importe das baixas de adxudicación.

As revisións de prezos, cando supoñan un incremento dos custos, correrán a cargo do crédito do concello, do mesmo xeito que os maiores custos que poidan xerar as prórrogas e suspensións temporais na execución dos contratos.

Décimo oitava. Xustificación da subvención

Todas as finalidades subvencionadas deben xustificarse totalmente antes das datas sinaladas segundo a natureza das distintas liñas de subvención, conforme se dispón nestas bases.

A xustificación da subvención realizarase, no seu caso mediante conta xustificativa, con achega de xustificantes de gasto, certificacións, facturas e demais documentación xustificativa, con arranxo ó previsto nesta bases.

O pagamento das subvencións efectuarase previa comprobación por parte dos servizos de Cooperación e Intervención, e servizos técnicos provinciais, no caso de proceder, de que se realizou o gasto para o fin e polo importe subvencionado e, ademais, de que se cumpriu coa finalidade e o obxecto da subvención, emitindo como resultado un informe con carácter previo á proposta de aprobación da xustificación. Así mesmo, poderanse solicitar informes a outros servizos da Deputación competentes en razón da materia.

As facturas deberán cumprir as esixencias establecidas na normativa vixente en cada momento, e de modo particular o disposto no Real Decreto 1619/2012, de 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

A documentación xustificativa que se debe achegar é a detallada a continuación:

Liña 1. Investimentos

Os investimentos, incluídos aqueles que se produzan como consecuencia da aplicación das baixas, deberán estar executados e xustificados, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2017.

Os concellos remitirán as certificacións de obras aprobadas polo órgano competente.

Non se tramitará ningunha certificación se non consta nesta Deputación toda a documentación necesaria relacionada deseguido:

- A certificación do acordo ou resolución de adxudicación do contrato.

- Nos casos nos que sexa obrigatorio, o contrato.

- O proxecto (soamente nos casos nos que a concesión da subvención se realice en base a unha memoria, anteproxecto, documento técnico e sexa necesaria a redacción dun proxecto construtivo completo conforme ás disposicións contempladas no artigo 123 do TRLCSP).

- O nomeamento do director técnico.

- A acta de replanteo, un certificado sobre a dispoñibilidade dos terreos e un certificado relativo á aprobación do proxecto (soamente naqueles casos nos que esta documentación non obre no expediente de concesión ó estar pendente a resolución de permisos, licenzas, servidumes, augas ou autorizacións sectoriais, etc. por parte doutra Administración).

- A acta de comprobación de replanteo, no caso de que sexa necesaria.

- Acordo municipal de aprobación da certificación de obra correspondente.

As certificacións de obras serán comprobadas polos servizos de Cooperación, Infraestruturas e Intervención da institución provincial.

Coa primeira e a última certificacións deberá acreditarse que o investimento se financia con fondos provinciais, mediante fotografías ou calquera outra proba gráfica que acredite a difusión.

Ó remate da obra e coa última certificación achegarase a correspondente acta de recepción no modelo normalizado que se atopa na páxina web desta Deputación e que se axustará ó disposto nos artigos 52 e 235 do TRLCSP, debendo estar os asinantes debidamente identificados. Na acta de recepción debe figurar a identificación de quen a asina, coa expresión do seu cargo.

Tamén se deberá acreditar que o concello non percibiu ningunha subvención doutras entidades para o financiamento do investimento ou, en caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes para a súa execución, indicar o detalle de cada unha delas, certificando que a suma total non supera o 100% do seu importe.

En todo caso, a Deputación, en virtude das facultades que ten atribuídas, resérvase as facultades de inspección e comprobación das obras.

Nos casos nos que contrate a Deputación, unha vez recibidas as obras e redactada a correspondente acta cederáselles o seu uso ós concellos respectivos, que se farán cargo dos gastos de explotación.

Mediante resolución presidencial ordenarase a entrega da acta de recepción dos investimentos ós concellos, xa que supón a saída do inmobilizado da esfera xurídico patrimonial da Deputación (pagamento da subvención), remitíndoa á Intervención para contabilizar a baixa no inmobilizado da institución provincial e ós concellos para que poidan contabilizar a entrada do seu inmobilizado. Na resolución presidencial deberanse facer constar os datos cuantitativos para a correcta contabilización da baixa na contabilidade da Deputación e a alta na contabilidade dos concellos (custo, dimensións e características, entre outras).

Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes

Para a xustificación das axudas concedidas con cargo a esta liña achegarase certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar:

- Que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou, no caso de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada.

- Que se realizou a finalidade para a que se concedeu a subvención.

- Que se lle deu difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación, indicando os medios onde se lle deu publicidade, e achegando no seu caso acreditación gráfica. A este respecto a Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non se procederá ó libramento desta.

- Asemade, en función da modalidade concreta dentro desta liña de subvención para a que solicitou a axuda, achegarase tamén:

Amortización de débeda con entidades financeiras

O pagamento farase anticipadamente unha vez que se aprobe a concesión da subvención. Posteriormente, deberase xustificar, no prazo dun mes, dende o cobro da subvención, e en todo caso antes do mes de decembro de 2016, a realización do referido pago mediante:

- Certificación do funcionario competente que acredite o pagamento da débeda.

Pagamento de acredores de investimentos

Tratándose dun gasto realizado, a subvención aboarase anticipadamente unha vez que se aprobe a súa concesión. Posteriormente, no prazo dun mes, dende o cobro da subvención, e en todo caso antes do mes de decembro de 2016, deberase xustificar a realización do pagamento a través de:

- Certificación do funcionario público competente que acredite a amortización ou pagamento realizado ós acredores, indicando a data de pago.

- Certificado expedido polo funcionario público competente de que a subvención se aplicou á finalidade proposta, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes.

Pagamento a acredores de gasto corrente

O pago farase anticipadamente unha vez que se aprobe a súa concesión. Posteriormente, no prazo dun mes, dende o cobro da subvención, e en todo caso antes do mes de decembro de 2016, a realización do pagamento a través de:

- Resolución ou certificación do acordo do órgano competente aprobando os pagamentos realizados ós acredores, indicando a data de pago.

- Certificado expedido polo funcionario público competente da aplicación á finalidade subvencionada, quedando a disposición da institución provincial para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes.

Gasto corrente novo

No caso do gasto corrente novo só procederá pagar a subvención despois de presentar a xustificación, que deberá achegarse antes do 31 de marzo de 2017, tal e como se establece deseguido:

- Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando acredor e documento, importe, data de emisión e, se é posible, a data na que se pagou).

- Certificado expedido polo funcionario público competente, de que os gastos que figuran na conta xustificativa se realizaron e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando a disposición do organismo provincial para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes.

Liña 3. Actividades culturais, educativas e sociais,

actividades deportivas e actividades sociais

Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade os beneficiarios deberán xustificalas no prazo de tres meses e, en todo caso, antes do día 31 de marzo do 2017.

Esixirase a xustificación do 100% do orzamento presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado aboarase a parte proporcional da subvención.

Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar directamente na institución provincial os seguintes documentos:

- Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, identificando acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou e información, no seu caso, das desviacións con relación ó orzamento que serviu de base á concesión (anexo conta xustificativa).

Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida.

- Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade da actividade, con expresa mención dos resultados obtidos, debidamente asinada polo representante.

- Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar:

' Que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou, no caso de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada.

' Que se realizou a actividade de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención e que os gastos que figuran na conta xustificativa se realizaron e se aplicaron á actividade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes.

' Que se lle deu difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación, indicando os medios onde se lle deu publicidade, e achegando no seu caso acreditación gráfica. A este respecto a Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non se procederá ó libramento desta.

O aboamento da subvención practicarase directamente á entidade local beneficiaria da subvención.

Liña 4. Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais

O pagamento da subvención farase efectivo da seguinte forma:

- O 50 % ó inicio da actividade (ou servizo), que se acreditará co documento acreditativo expedido polo órgano ou empregado público competente. Aboarase segundo o número de contratos formalizados ata esa data.

- O 50 % restante ó finalizar a metade do prazo de duración do contrato, previa achega de documento acreditativo expedido polo órgano ou empregado público competente sobre a continuidade da actividade na que se fagan constar o comezo, a identificación dos traballadores e as datas de inicio e fin do contrato.

Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos subvencionados a entidade beneficiaria, ademais do anterior, deberá presentar a través do Rexistro xeral da institución provincial a seguinte documentación xustificativa no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da finalización da actividade realizada:

- Memoria final sobre as actividades realizadas e práctica profesional adquirida polos traballadores contratados.

- Certificación de fin de servizo.

- Certificación expedida polo funcionario público competente, de que os gastos se realizaron e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando á disposición da Deputación para o seu exame os xustificantes correspondentes. Nesta certificación deberanse concretar as cantidades aboadas en concepto de salario e cotización empresarial á Seguridade Social e as cantidades deducidas na liquidación de cotas a ese mesmo organismo (modelo TC1), en concepto de incapacidade temporal dos traballadores contratados con cargo a esta subvención, cuxa contía deberá excluírse do cálculo do gasto total elixible realizado polo concello e que, no seu caso, dará lugar á obriga de reintegro á institución provincial.

CAPÍTULO IV. REINTEGRO

Décimo novena. Reintegro

Procederase ó reintegro das subvencións outorgadas de conformidade con estas bases nos termos fixados na normativa de subvencións e, de modo particular nos artigos 32 e seguintes da LXS.

CAPÍTULO V. RECURSOS

Vixésima. Recursos

Contra o acordo da aprobación destas bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da LRXAP ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo perante o correspondente xulgado de Pontevedra segundo o disposto no artigo 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, todo isto no prazo establecido no artigo 46 da citada lei, sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que se estime conveniente.

Anexos da convocatoria e modelos de presentación de documentación

Todos os anexos referidos nestas bases e os modelos normalizados para as solicitudes destas subvencións facilitaranse no Rexistro xeral desta Deputación, no Servizo de Cooperación ou a través da páxina web www.depo.es.'

2º.-Ordenar a publicación destas Bases e Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na web da Deputación de Pontevedra www.depo.es.

O que lle comunico a Vde. para o seu coñecemento e efectos, coa salvidade que establece o art. 206 do ROF.

Pontevedra, 30 de novembro do ano 2015.-O Secretario.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro) ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa e, todo iso, no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei.

Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente.

Empleo
Empleo y contratación
Deporte
Planes de obras
Turismo
Cultura
Cultura e idiomas
Actividades de servicios sociales
Actividad cultural
Educación
Promoción turística
Música
Formación
Servicios Sociales
Emergencia social
Literatura
Profesorado
Discapacidad
Inmigración
Eventos deportivos
Drogodependencia
Infancia
Inclusión social
Eventos
Educación ambiental
Congresos
Desfibriladores
Industrialización
Deporte
Dependencia
Promoción deportiva
Familia
Ciencia
Tercera edad
Voluntariado
Teatro
Medios de comunicación
Medio Ambiente
Contratación de desempleados
Familia monoparental