Bases para a convocatoria pública de bolsas de estudo curso 2017/2018 - Boletín Oficial de A Coruña de 05-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Becas
  • Plazo: Ver Detalles , 05/06/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

A corporación municipal en Pleno, en sesión ordinaria de data 25 de maio de 2017 aprobou as bases para a convocatoria pública de bolsas de estudo para o curso 2017/2018. A continuación, transcríbese integramente o texto das citadas bases, así como os anexos normalizados de solicitude da convocatoria:

BASES PARA A CONVOCATORIA PÚBLICA DE BOLSAS DE ESTUDO CURSO 2017/2018

PRIMEIRA.- Obxecto.

O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Cambre para a concesión de bolsas de estudo, para gastos de material escolar, libros de texto e uniformes escolares ou vestiario destinado á escolarización dos nenos e nenas ou necesaria para a formación para o curso 2017/2018, como acción de fomento destinada a familias con escasos recursos económicos e con fillos cursando o 2.º ciclo de educación infantil (4.º, 5.º e 6.º EI), educación primaria, bacharelato, formación profesional e educación secundaria de adultos (tal e como se especifica na base segunda desta convocatoria).

SEGUNDA.- Gastos subvencionables.

Serán subvencionables os gastos derivados da compra de libros de texto, material escolar e uniformes escolares segundo o curso ao que lle corresponda:

- Alumnado de 2.º ciclo de Educación Infantil: libros de texto, material escolar e uniformes escolares (de ser o caso) ou vestiario destinado á escolarización.

- Alumnado de Educación Primaria: uniformes escolares (de ser o caso) ou vestiario destinado á escolarización.

- Alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos: libros de texto e material escolar.

Non se considerará material escolar para os efectos das presentes bases os gastos de investimentos e a adquisición de aparatos de novas tecnoloxías tales como ordenadores, impresoras, tablets...

TERCEIRA.- Dotación orzamentaria.

Para o financiamento deste programa de axudas existe crédito por importe de 18.000,00 € , con cargo á aplicación orzamentaria 2017 326 48100 Becas de estudo e libros educación no actual orzamento municipal.

CUARTA.- Beneficiarios.

1.- Poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles que reúnan os seguintes requisitos:

1) Estar empadroado no Concello de Cambre con anterioridade á presentación da solicitude desta axuda (polo menos o alumno cun dos proxenitores).

2) Estar matriculado nun centro escolar público no curso escolar obxecto da convocatoria, para o curso para o que solicita a bolsa.

3) Convivir co solicitante da bolsa.

4) Pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual igual ou inferior a 9.000,00 € .

5) Presentar a solicitude da axuda no prazo establecido en modelo normalizado ao efecto, e achegar toda a documentación requirida.

6) Non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade ou prohibición para ser beneficiario de axudas segundo o disposto no artigo 13 da Lei xeral de Subvencións.

Quedan excluídos da presente convocatoria os alumnos que cursen educación secundaria obrigatoria e educación especial, durante o curso escolar obxecto da convocatoria.

Non poderán acollerse a esta convocatoria as persoas que perciban axuda do departamento de Servizos Sociais do Concello de Cambre ou doutras persoas públicas ou privadas para o mesmo concepto ou finalidade.

2.- As axudas poderán ser solicitadas polo representante legal, pai, nai ou titor do alumno ou alumna (que é o beneficiario da axuda).

QUINTA.- Renda per cápita anual familiar.

Enténdese por «renda per cápita anual familiar» o resultado de dividir a renda anual da unidade familiar polo número de membros que a integran.

Para os efectos desta convocatoria, a renda anual familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza. Os membros da unidade familiar que presenten declaración do imposto sobre a renda do 2016, para os efectos do cálculo da renda familiar, sumarán os recadros 392 (base impoñible xeral) e o 405 (base impoñible do aforro) da declaración.

Nos supostos de non efectuar declaración da renda no exercicio 2016, por non estar obrigado a elo, se terán en conta a suma dos rendementos do traballo, rendementos do capital mobiliario, ganancias patrimoniais sometidas a retención menos os gastos deducibles do traballo.

Para os efectos previstos nestas bases, considérase que conforman a unidade familiar:

- Os cónxuxes, parellas de feito, ou os titores legais

- Menores de idade que convivan no mesmo domicilio.

- Solteiros menores de 26 anos que convivan no mesmo domicilio.

- As fillas e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles que reúnan os requisitos do punto anterior. Esta situación deberá acreditarse documentalmente mediante o correspondente xustificante de empadroamento.

No caso de falecemento dalgún dos proxenitores do alumno/a que convivisen con el/ela, deberá acreditarase a dita circunstancia mediante achega do certificado de defunción ou libro de familia onde conste tal feito.

No caso de separación legal, divorcio ou cando non existise vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai ou nai e tódolos fillos e fillas que convivan con un ou outro e, si é o caso, pola persoa que sexa parella de feito de calquera dos proxenitores que teña as fillas e fillos a cargo; non se considerará membro computable aquel deles que non conviva co beneficiario da bolsa.

A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que o determine ou convenio regulador onde conste a custodia do menor e onde conste o importe da pensión recibida polo que corresponda en relación a gastos de manutención e/ou outros. No seu caso, terase en conta tamén o importe percibido en concepto de pensión de alimentos do pai/nai que non conviva co alumno/a.

No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

No caso de nulidade, separación ou divorcio, o perceptor da axuda será o proxenitor que teña atribuída a custodia do menor de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza xudicial.

A separación de feito acreditarase mediante certificado de convivencia ou auto de medidas provisionais.

En aplicación do estipulado no artigo 13 da Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, enténdese por familia monoparental o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña relación análoga á conxugal e os fillos ou fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

Para acreditar aqueles supostos nos que concorran circunstancias que modificaran a situación familiar existente no ano 2016, deberá documentarse o exercicio 2017 de toda a unidade familiar, aportando a seguinte documentación:

- En caso de separación ou divorcio: certificado de vida laboral positivo ou negativo, achegando fotocopia das nóminas da empresa liquidadas no exercicio 2017 que aparezan na vida laboral, ou certificado de empresa oficial onde conste o período de traballo e importes percibidos nese período.

- En caso de desemprego:

¡ Demandante de emprego con prestación: certificado de prestacións do SEPE no que se indiquen as prestacións que se perciben actualmente e os períodos correspondentes e/ou segundo proceda, certificado de haberes dos meses nos que se traballara.

¡ Demandante de emprego sen prestación: certificado do SEPE e certificado de vida laboral.

- En caso de viuvez, xustificante da pensión de viuvez e/ou certificado de vida laboral positivo ou negativo, achegando fotocopia das nóminas da empresa liquidadas no exercicio 2017 que aparezan na vida laboral ou certificado de empresa oficial.

SEXTA.- Solicitudes.

As solicitudes, formuladas no modelo normalizado, dirixiranse ao Alcalde, podendo presentarse en calquera dos rexistros do Concello de Cambre, ou por calquera das formas sinaladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación das solicitudes será do 17 agosto ao 15 de setembro de 2017 do que se informará a través da publicación no Boletín Oficial da Provincia e de publicidade mediante trípticos informativos sobre a convocatoria.

SÉTIMA.- Documentación.

As solicitudes de subvención deberán presentarse no formulario de solicitude que figura como anexos nas presentes bases e que se facilitará en calquera dos rexistros do Concello, podendo descargarse na páxina web municipal (www.cambre.org) ou recollerse no departamento de Educación:

- Anexo I: solicitude.

- Anexo II: autorización, asinada por todos os membros da unidade familiar computables maiores de idade, para que o Concello de Cambre poida solicitarlle datos tributarios á Axencia tributaria relativos ao seu nivel de renda (IRPF), así como autorización do alumno maior de idade de comprobación de estar ao corrente coas súas obrigas tributarias.

- Anexo III: declaración xurada de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social do beneficiario, alumno/a maior de idade.

- Anexo IV: declaración do solicitante de que a unidade familiar non solicitou nin percibiu outra axuda para a mesma finalidade.

- Anexo V: autorización para solicitar datos á Administración educativa sobre a matrícula realizada no centro escolar no curso 2017/2018.

O formulario de solicitude deberá ir acompañado dos seguintes documentos que conforman a documentación propia do solicitante e/ou beneficiario da bolsa de estudo:

- Fotocopia (compulsada) do DNI/NIE ou pasaporte do solicitante e dos alumnos beneficiarios (cando por idade teñan obriga de telo).

- Fotocopia (compulsada) do libro de familia ou documentación que o substitúa.

- Certificado do número IBAN de conta bancario a nome do beneficiario, ou do solicitante se aquel non dispón de conta bancaria da súa titularidade.

- Fotocopia (compulsada) do certificado da matrícula escolar dos alumnos beneficiarios do curso escolar 2017-2018. (Deberá presentarse unicamente por aqueles que estean matriculados en centros escolares fóra do termo municipal de Cambre, e por aqueles que non autoricen expresamente a cesión de datos ao Concello por parte da Administración educativa).

- Fotocopia (compulsada) ou orixinal de facturas xustificativas dos gastos realizados en concepto exclusivo de material escolar, libros de texto, uniformes escolares e vestiario, emitida a nome do beneficiario, solicitante (ou cónxuxe) da bolsa de estudo.

Deberá presentarse factura ou factura simplificada, na que deberán figurar, en todo caso, os seguintes datos:

x CIF, NIF ou NIE do establecemento.

x Datos do titular do establecemento.

x Data de expedición e número de factura.

x Data de realización da operación, se non é a mesma que a de expedición.

x Datos do beneficiario ou solicitante da bolsa de estudo (ou cónxuxe).

x Concepto do adquirido detallado.

x Prezo unitario de cada concepto e número de unidades adquiridas

x Tipo impositivo, ou expresión IVE incluído .

x Importe total.

x Deberase acreditar o pago da factura ou ben constar na mesma a expresión PAGADO .

A factura deberá estar individualizada por beneficiario (alumno/a)

Os tiquets non terán validez como xustificantes válidos de gasto.

- Documentación acreditativa da renda dos membros da unidade familiar nos supostos de modificación da situación familiar existente no 2017 segundo o disposto na base quinta da convocatoria.

Se é o caso:

- Fotocopia (compulsada) do título de familia numerosa.

- Fotocopia (compulsada) da sentenza de separación ou divorcio, ou fotocopia (compulsada) do xustificante de viuvez onde conste o importe das pensión por gastos de manutención do menor ou outros.

- Fotocopia (compulsada) do certificado de minusvalía.

- Pensionistas: xustificante da pensión mensual e número de meses que a percibe.

- Perceptores do RISGA e RAI: xustificante da contía mensual actual e fotocopia (compulsada) do documento de notificación da concesión.

NOTA.- Os solicitantes deberán achegar só os orixinais dos documentos, xa que as fotocopias se fan e compulsan no rexistro de entrada municipal no momento de presentar a documentación.

Poderase requirir polo concello calquera outra documentación complementaria á indicada que se considere necesaria para maior clarificación da situación acreditada.

Incorporarase de oficio ao expediente o volante de empadroamento no concello de Cambre.

OITAVA.- Revisión de solicitudes e subsanacións.

Rematado o prazo de solicitude, procederase á comprobación do cumprimento de requisitos e revisión da documentación.

Notificarase ao interesado a documentación a subsanar, se é o caso, e prazo para as subsanacións coa indicación de que, si esta non se producira, terase por desistido da súa solicitude, arquivándose previa resolución que deberá ser dictada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

NOVENA.- Valoración e resolución das solicitudes.

Para a valoración teranse en conta os ingresos anuais de todos os integrantes da unidade familiar.

Realizada a valoración, segundo o baremo seguinte, o Concelleiro delegado da Área de Recursos Humanos, Servicios Sociais e Educación resolverá o outorgamento das bolsas, correspondéndolle ao Alcalde o recoñecemento das obrigas correspondentes, así como a aprobación do pagamento mediante transferencia bancaria:

a) Por pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual inferior ou igual a 2.500,00 € , 25 puntos.

b) Por pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita entre 2.500,01 € e 4.500,00 € , ambos incluídos, 15 puntos.

c) Por pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual entre 4.500,01 € e 9.000,00 € , ambos incluídos, 10 puntos.

d) Por cada membro da unidade familiar que presente algunha minusvalía, 3 puntos, por cada un deles.

e) Por ter o título de familia numerosa, 2 puntos.

f) Por pertencer a unha unidade familiar monoparental, 1 punto.

DÉCIMA.- Número de bolsas e contía económica.

Concederanse 85 bolsas de estudo de 120,00 € cada unha, destinadas aos alumnos do 2.º ciclo de educación infantil, 66 bolsas de 50,00 € cada unha destinadas aos alumnos de educación primaria e 30 bolsas de 150,00 € cada unha destinadas aos alumnos de bacharelato, formación profesional e educación secundaria para adultos.

Outorgaranse aos beneficiarios que obteñan maior puntuación segundo o baremo exposto.

No caso de empate eliminaranse aqueles que teñan unha renda per cápita anual que sexa maior. Se fose o caso de bolsas sobrantes dunha das categorías, pasarían á categoría que máis solicitudes queden sen outorgar por falta de crédito automaticamente.

Se o importe de gasto validamente xustificado mediante facturas fora inferior ao importe da bolsa, a bolsa concederase e abonarase polo importe xustificado. Só se terán en conta, para os efectos de xustificación do gasto realizado, os importes totais ou parciais nas facturas presentadas e emitidas por conceptos que constitúan obxecto de subvención na presente convocatoria, é dicir, material escolar, libros de texto e uniformes escolares ou vestiario destinado á escolarización.

Unha vez outorgadas as bolsas de estudio, procederase ao pagamento das mesmas en pago único.

UNDÉCIMA.- Obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios estarán obrigados a:

a) Someterse ás actuacións de comprobación do Concello e ás de control financeiro que corresponden á intervención municipal.

b) Comunicar ao Concello a concesión doutras subvencións concorrentes por parte doutras administracións ou entidades privadas para a mesma finalidade.

c) Conservar os documentos xustificativos de aplicación dos fondos concedidos durante o prazo de catro anos.

d) Proceder ao reintegro do percibido en exceso, en caso de incumprimento.

Para o suposto de alumnos ou alumnas menores de idade, responderán das obrigas derivadas da convocatoria os solicitantes da bolsa de estudio, en canto ostentan a patria potestade ou titoría do menor.

DUODÉCIMA.- Incorporación ao Rexistro publico de subvencións e publicación da subvención concedida.

En cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003 (LXS) e demais normativa de desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da persoa beneficiaria, serán remitidas á Intervención Xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), coa exclusiva finalidade prevista en dito precepto.

DÉCIMO TERCEIRA

Para o non previsto nestas bases, aplicaranse as normas xerais contidas nas bases de execución do orzamento xeral do Concello de Cambre para o exercicio 2017, o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no RD 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da antedita lei, na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais normativa aplicable.

Cambre, 30 de maio de 2017.

O concelleiro delegado da Área de Recursos Humanos, Servizos Sociais e Educación

Juan Evaristo Rodríguez Vázquez

ANEXO I

SOLICITUDE BOLSAS DE ESTUDO CURSO ESCOLAR 2017/ 2018

SOLICITANTE (alumno/a maior de idade ou pai, nai, titor legal):

Nome e apelidos: _____________________________________________________________________________ DNI: _________________________,

Domicilio: ______________________________________________________________________________________________________________________

Municipio _________________________________, Provincia ______________________________________ Cód. postal _____________________________,

Teléf.: ____________________________________ Teléfono móbil: ______________________________________________________.

Nai/pai, segundo proceda, que non sexa o solicitante (no caso de non estar separado ou viúvo):

Nome e apelidos: ________________________________________________________ D.N.I.: _________________________________

Solicita a Bolsa de Estudo para o curso escolar 2017/2018 do Concello de Cambre para o /a alumno /a:

1) Nome e apelidos: _______________________________ Centro escolar: ______________________

Poñer o curso escolar e sinalar cun X o tipo de gasto para o que solicita a bolsa:

- Alumnado de 2.º ciclo de Educación Infantil: Curso: ______________

Libros de texto £ Material escolar £ Vestiario £

- Alumnado de Educación Primaria: Curso: ______________

Vestiario £

- Alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos: Curso: ______________

Libros de texto £ Material escolar £

2) Nome e apelidos:_______________________________ Centro escolar: _______________________

Poñer o curso escolar e sinalar cun X o tipo de gasto para o que solicita a bolsa:

- Alumnado de 2.º ciclo de Educación Infantil: Curso: ______________

Libros de texto £ Material escolar £ Vestiario £

- Alumnado de Educación Primaria: Curso: ______________

Vestiario £

- Alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos: Curso: ______________

Libros de texto £ Material escolar £

3) Nome e apelidos:_______________________________ Centro escolar:______________________

Poñer o curso escolar e sinalar cun X o tipo de gasto para o que solicita a bolsa:

- Alumnado de 2.º ciclo de Educación Infantil: Curso: ______________

Libros de texto £ Material escolar £ Vestiario £

- Alumnado de Educación Primaria: Curso: ______________

Vestiario £

- Alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos: Curso: ______________

Libros de texto £ Material escolar £

DOCUMENTACIÓN QUE ACHEGA:

P Anexo II: autorización de comprobación de datos tributarios.

P Anexo III: declaración xurada de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social.

P Anexo IV: declaración de non percibir a unidade familiar axuda ningunha para a mesma finalidade.

P Anexo V: autorización para solicitar datos sobre a matrícula do curso escolar 2017/2018.

P Certificado do número IBAN de conta bancario a nome do beneficiario, ou do solicitante se aquel non dispón de conta bancaria da súa titularidade.

Fotocopia compulsada dos seguintes documentos:

P DNI/NIE ou pasaporte do solicitante e dos alumnos beneficiarios.

P Libro de familia ou documentación que o substitúa.

P Facturas xustificativas dos gastos realizados individualizada por beneficiario.

P Título de familia numerosa.

P Sentenza de separación ou divorcio, ou fotocopia do xustificante de viuvez.

P Certificado de minusvalía.

P Certificado da matrícula escolar dos alumnos beneficiarios curso escolar 2017/2018 (só os matriculados nun centro escolar de fóra do termo municipal de Cambre ou aqueles que non autoricen expresamente a cesión de datos ao Concello por parte da Administración educativa).

P Outros ..........................................................................................................................

Cambre, _____ de _____________de 2017.

Asinado: ___________________

Sr. alcalde-presidente do Concello de Cambre (A Coruña)

ANEXO II

AUTORIZACIÓN PARA QUE O CONCELLO DE CAMBRE POIDA SOLICITAR DATOS Á AXENCIA TRIBUTARIA RELATIVOS AO NIVEL DE RENDA (IRPF)

A/s persoa/s abaixo asinante/s autoriza/n ao Concello de Cambre a solicitar da Axencia Estatal de Administración Tributaria información de natureza tributaria para o recoñecemento, seguimento e control da concesión de Bolsas de Estudo Concello de Cambre, sendo beneficiario ou posible beneficiario a persoa que figura no apartado A da presente autorización.

A presente autorización outórgase exclusivamente para os efectos do recoñecemento, seguimento e control da subvención mencionado anteriormente, e en aplicación do establecido pola disposición adicional cuarta da Lei 40/1998, que mantén a súa vixencia tras a entrada en vigor do Real decreto lexislativo 3/2004, polo que se aproba o texto refundido da lei do imposto sobre a renda das persoas físicas, e no artigo 95.1 k) da Lei 58/2003, xeral tributaria, que permiten, logo da autorización da persoa interesada, a cesión dos datos tributarios que precisen as administracións públicas para o desenvolvemento das súas funcións.

INFORMACIÓN TRIBUTARIA AUTORIZADA: datos que posúa a Axencia Tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio establecido na convocatoria de Bolsas.

A. DATOS DA PERSOA SOLICITANTE DA AXUDA DETALLADA QUE OUTORGA A AUTORIZACIÓN:

NOME E APELIDOS

NIF

SINATURA

B. DATOS DOUTROS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR DA PERSOA SOLICITANTE CUXOS INGRESOS SON COMPUTABLES PARA O RECOÑECEMENTO, SEGUIMENTO OU CONTROL DA AXUDA (só maiores de 18 anos):

PARENTESCO COA PERSOA SOLICITANTE

NOME E APELIDOS

NIF

SINATURA

Cambre, ___ de _________________ de 2017.

NOTA.- A autorización concedida pola persoa asinante pode ser revogada en calquera momento mediante escrito dirixido ao Concello de Cambre.

Esta autorización deberá cubrirse unicamente polo/a alumno/a e para o caso de que este/a sexa maior de idade

AUTORIZACIÓN PARA QUE O CONCELLO DE CAMBRE POIDA SOLICITAR DATOS Á AXENCIA TRIBUTARIA RELATIVOS AO CUMPRIMENTO DE OBRIGAS TRIBUTARIAS

A persoa abaixo asinante autoriza ao Concello de Cambre a solicitar da Axencia Estatal de Administración Tributaria información de natureza tributaria para o recoñecemento, seguimento e control da concesión das bolsas de estudo correspondentes ao curso escolar 2017/2018.

A presente autorización outórgase exclusivamente para o procedemento sinalado, e en aplicación do establecido pola disposición adicional cuarta da Lei 40/1998, que mantén a súa vixencia tras a entrada en vigor do Real decreto lexislativo 3/2004, polo que se aproba o texto refundido da lei do imposto sobre a renda das persoas físicas, e no artigo 95.1 k) da Lei 58/2003, xeral tributaria, que permiten, logo da autorización da persoa interesada, a cesión dos datos tributarios que precisen as administracións públicas para o desenvolvemento das súas funcións.

INFORMACIÓN TRIBUTARIA AUTORIZADA: datos que posúa a Axencia Tributaria do cumprimento das súas obrigas tributarias.

A. DATOS DA PERSOA SOLICITANTE DA AXUDA DETALLADA QUE OUTORGA A AUTORIZACIÓN:

NOME E APELIDOS: - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ?

NIF: - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ?

Cambre, ___ de ________________ de 2017.

SINATURA: - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ?

NOTA.- A autorización concedida pola persoa asinante pode ser revogada en calquera momento mediante escrito dirixido ao Concello de Cambre.

ANEXO III

DECLARACIÓN XURADA

Esta Declaración deberá asinarse unicamente polo/a alumno/a e para o caso de que este/a sexa maior de idade

Don/dona - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ?

con DNI - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? , de conformidade co establecido nas bases para a convocatoria pública de Bolsas de Estudo curso escolar 2017/ 2018 do Concello de Cambre,

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

Estar ao corrente das miñas obrigas tributarias e coa seguridade social.

Cambre, - ? ? de - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? de 2017.

Asdo.: - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ?

ANEXO IV

DECLARACIÓN XURADA DO SOLICITANTE

Don/dona - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ,

con DNI - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? , de conformidade co establecido nas bases para a convocatoria pública de Bolsas de Estudo curso escolar 2017/2018 do Concello de Cambre,

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

Que por parte de ningún dos membros da unidade familiar foi solicitada nin se percibiu axuda ningunha para a mesma finalidade e mesmo concepto.

Cambre, - ? ? ? de - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? de 2017.

Asdo.: - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ?

NOTA.- Non poderán acollerse a esta convocatoria as persoas que perciban axuda do departamento de Servizos Sociais do Concello de Cambre ou doutras persoas públicas ou privadas para o mesmo concepto ou finalidade.

ANEXO V

AUTORIZACIÓN PARA QUE O CONCELLO DE CAMBRE POIDA SOLICITAR DATOS Á ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA SOBRE A MATRÍCULA DO CURSO ESCOLAR 2017/2018

Don/dona - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ,

con DNI - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? , de conformidade co establecido nas Bases para a convocatoria pública de Bolsas de Estudo curso escolar 2017/2018 do Concello de Cambre,

autorizo ao Concello de Cambre a solicitar á Administración educativa da Xunta de Galicia información relativa ao centro escolar e curso no que está matriculado o/s alumno/s ou a/s alumna/s para os que se solicito a Bolsa de estudio correspondente ao curso escolar 2017/2018.

Cambre, - ? ? de - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? de 2017.

Asdo.: - ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ?

2017/4583

Escuelas
Educación
Alumnado
Material escolar
Libros de texto
Familia
Escuelas Infantiles
Escolarización
Formación profesional
Empresa
Empleo y contratación
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Empleo
Familia numerosa
Sector del libro
Formación
Estudios
Discapacidad
Familia monoparental
Tercera edad