Bases para a convocatoria pública de bolsas de estudo para o curso escolar 2018-2019 - Boletín Oficial de A Coruña de 07-06-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Becas
  • Plazo: Ver Detalles , 07/06/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

A corporación municipal en pleno, en sesión ordinaria de data 31 de maio de 2018, aprobou as bases para a convocatoria pública de bolsas de estudo para o curso escolar 2018-2019. A continuación, transcríbese integramente o texto das citadas bases, así como os anexos normalizados de solicitude da convocatoria:

BASES PARA A CONVOCATORIA PÚBLICA DE BOLSAS DE ESTUDO CURSO 2018-2019

PRIMEIRA.- Obxecto.

O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Cambre para a concesión de bolsas de estudo, para gastos de material escolar, libros de texto e uniformes escolares ou vestiario destinado á escolarización dos nenos e nenas ou necesaria para a formación para o curso 2018-2019, como acción de fomento destinada a familias con escasos recursos económicos e con fillos cursando o 2.º ciclo de educación infantil (4.º, 5.º e 6.º EI), educación primaria, bacharelato, formación profesional e educación secundaria de adultos (tal e como se especifica na base segunda desta convocatoria).

SEGUNDA.- Gastos subvencionables.

Serán subvencionables os gastos derivados da compra de libros de texto, material escolar e uniformes escolares segundo o curso ao que lle corresponda:

- Alumnado de 2.º ciclo de Educación Infantil: libros de texto, material escolar e uniformes escolares (de ser o caso) ou vestiario destinado á escolarización.

- Alumnado de Educación Primaria: uniformes escolares (de ser o caso) ou vestiario destinado á escolarización.

- Alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos: libros de texto e material escolar.

Non se considerará material escolar para os efectos das presentes bases os gastos de investimentos e a adquisición de aparatos de novas tecnoloxías tales como ordenadores, impresoras, tablets...

TERCEIRA.- Dotación orzamentaria.

Para o financiamento deste programa de axudas existe crédito por importe de 18.000,00 € , con cargo á aplicación orzamentaria 2018 326 48100 Becas de estudo e libros educación no actual orzamento municipal.

CUARTA.- Beneficiarios.

1.- Poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles que reúnan os seguintes requisitos:

1) Estar empadroado no Concello de Cambre con anterioridade á presentación da solicitude desta axuda (polo menos o alumno cun dos proxenitores).

2) Estar matriculado nun centro escolar público no curso escolar obxecto da convocatoria, para o curso para o que solicita a bolsa.

3) Convivir co solicitante da bolsa.

4) Pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual igual ou inferior a 9.000,00 € .

5) Presentar a solicitude da axuda no prazo establecido en modelo normalizado ao efecto, e achegar toda a documentación requirida.

6) Non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade ou prohibición para ser beneficiario de axudas segundo o disposto no artigo 13 da Lei xeral de Subvencións.

Quedan excluídos da presente convocatoria os alumnos que cursen educación secundaria obrigatoria e educación especial, durante o curso escolar obxecto da convocatoria.

Non poderán acollerse a esta convocatoria as persoas que perciban axuda do departamento de Servizos Sociais do Concello de Cambre ou doutras persoas públicas ou privadas para o mesmo concepto ou finalidade.

2.- As axudas poderán ser solicitadas polo representante legal, pai, nai ou titor do alumno ou alumna (que é o beneficiario da axuda).

QUINTA.- Renda per cápita anual familiar.

Enténdese por «renda per cápita anual familiar» o resultado de dividir a renda anual da unidade familiar polo número de membros que a integran.

Para os efectos desta convocatoria, a renda anual familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza. Os membros da unidade familiar que presenten declaración do imposto sobre a renda do 2017, para os efectos do cálculo da renda familiar, sumarán os recadros 415 (base impoñible xeral) e o 435 (base impoñible do aforro) da declaración.

Nos supostos de non efectuar declaración da renda no exercicio 2017, por non estar obrigado a elo, se terán en conta a suma dos rendementos do traballo, rendementos do capital mobiliario, ganancias patrimoniais sometidas a retención menos os gastos deducibles do traballo.

Para os efectos previstos nestas bases, considérase que conforman a unidade familiar:

- Os cónxuxes, parellas de feito, ou os titores legais.

- Menores de idade que convivan no mesmo domicilio.

- Solteiros menores de 26 anos que convivan no mesmo domicilio.

- As fillas e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles que reúnan os requisitos do punto anterior. Esta situación deberá acreditarse documentalmente mediante o correspondente xustificante de empadroamento.

No caso de falecemento dalgún dos proxenitores do alumno/a que convivisen con el/ela, deberá acreditarase a dita circunstancia mediante achega do certificado de defunción ou libro de familia onde conste tal feito.

No caso de separación legal, divorcio ou cando non existise vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai ou nai e tódolos fillos e fillas que convivan con un ou outro e, si é o caso, pola persoa que sexa parella de feito de calquera dos proxenitores que teña as fillas e fillos a cargo; non se considerará membro computable aquel deles que non conviva co beneficiario da bolsa.

A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que o determine ou convenio regulador onde conste a custodia do menor e onde conste o importe da pensión recibida polo que corresponda en relación a gastos de manutención e/ou outros. No seu caso, terase en conta tamén o importe percibido en concepto de pensión de alimentos do pai/nai que non conviva co alumno/a.

No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

No caso de nulidade, separación ou divorcio, o perceptor da axuda será o proxenitor que teña atribuída a custodia do menor de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza xudicial.

A separación de feito acreditarase mediante certificado de convivencia ou auto de medidas provisionais.

En aplicación do estipulado no artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, enténdese por familia monoparental o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña relación análoga á conxugal e os fillos ou fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

Para acreditar aqueles supostos nos que concorran circunstancias que modificaran a situación familiar existente no ano 2017, deberá documentarse o exercicio 2018 de toda a unidade familiar, aportando a seguinte documentación:

- En caso de separación ou divorcio: certificado de vida laboral positivo ou negativo, achegando fotocopia das nóminas da empresa liquidadas no exercicio 2018 que aparezan na vida laboral, ou certificado de empresa oficial onde conste o período de traballo e importes percibidos nese período.

- En caso de desemprego:

x Demandante de emprego con prestación: certificado de prestacións do SEPE no que se indiquen as prestacións que se perciben actualmente e os períodos correspondentes e/ou segundo proceda, certificado de haberes dos meses nos que se traballara.

x Demandante de emprego sen prestación: certificado do SEPE e certificado de vida laboral.

- En caso de viuvez, xustificante da pensión de viuvez e/ou certificado de vida laboral positivo ou negativo, achegando fotocopia das nóminas da empresa liquidadas no exercicio 2017 que aparezan na vida laboral ou certificado de empresa oficial.

SEXTA.- Solicitudes.

As solicitudes, formuladas no modelo normalizado, dirixiranse ao Alcalde, podendo presentarse en calquera dos rexistros do Concello de Cambre, ou por calquera das formas sinaladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación das solicitudes será do 3 ao 28 de setembro de 2018 do que se informará a través da publicación no Boletín Oficial da Provincia e de publicidade mediante trípticos informativos sobre a convocatoria.

SÉTIMA.- Documentación.

As solicitudes de subvención deberán presentarse no formulario de solicitude que figura como anexos nas presentes bases e que se facilitará en calquera dos rexistros do Concello, podendo descargarse na páxina web municipal (www.cambre.org) ou recollerse no departamento de Educación:

- Anexo I: solicitude.

- Anexo II: autorización, asinada por todos os membros da unidade familiar computables maiores de idade, para que o Concello de Cambre poida solicitarlle datos tributarios á Axencia tributaria relativos ao seu nivel de renda (IRPF), así como autorización do alumno maior de idade de comprobación de estar ao corrente coas súas obrigas tributarias.

- Anexo III: declaración xurada de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social do beneficiario, alumno/a maior de idade.

- Anexo IV: declaración do solicitante de que a unidade familiar non solicitou nin percibiu outra axuda para a mesma finalidade.

- Anexo V: autorización para solicitar datos á Administración educativa sobre a matrícula realizada no centro escolar no curso 2018-2019.

O formulario de solicitude deberá ir acompañado dos seguintes documentos que conforman a documentación propia do solicitante e/ou beneficiario da bolsa de estudo:

- Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte do solicitante e dos alumnos beneficiarios (cando por idade teñan obriga de telo).

- Fotocopia do libro de familia ou documentación que o substitúa.

- Certificado ou documento que acredite o número IBAN de conta bancario a nome do beneficiario, ou do solicitante se aquel non dispón de conta bancaria da súa titularidade.

- Fotocopia do certificado da matrícula escolar dos alumnos beneficiarios do curso escolar 2018-2019. Deberá presentarse unicamente por aqueles que non autoricen expresamente a cesión de datos ao Concello por parte da Administración educativa.

- Fotocopia ou orixinal de facturas xustificativas dos gastos realizados en concepto exclusivo de material escolar, libros de texto, uniformes escolares e vestiario, emitida a nome do beneficiario, solicitante (ou cónxuxe) da bolsa de estudo.

Deberá presentarse factura ou factura simplificada, na que deberán figurar, en todo caso, os seguintes datos:

x CIF, NIF ou NIE do establecemento.

x Datos do titular do establecemento.

x Data de expedición e número de factura.

x Data de realización da operación, se non é a mesma que a de expedición.

x Datos do beneficiario ou solicitante da bolsa de estudo (ou cónxuxe).

x Concepto do adquirido detallado.

x Prezo unitario de cada concepto e número de unidades adquiridas.

x Tipo impositivo, ou expresión IVE incluído .

x Importe total.

x Deberase acreditar o pago da factura ou ben constar na mesma a expresión PAGADO .

A factura deberá estar individualizada por beneficiario (alumno/a).

Os tiquets non terán validez como xustificantes válidos de gasto.

- Documentación acreditativa da renda dos membros da unidade familiar nos supostos de modificación da situación familiar existente no 2018 segundo o disposto na base quinta da convocatoria.

Se é o caso:

- Fotocopia do título de familia numerosa.

- Fotocopia da sentenza de separación ou divorcio, ou fotocopia do xustificante de viuvez onde conste o importe das pensión por gastos de manutención do menor ou outros.

- Fotocopia do certificado de minusvalía.

- Pensionistas: xustificante da pensión mensual e número de meses que a percibe.

- Perceptores do RISGA e RAI: xustificante da contía mensual actual e fotocopia do documento de notificación da concesión.

NOTA.- Os solicitantes deberán achegar só os orixinais dos documentos, xa que as fotocopias se fan no rexistro de entrada municipal no momento de presentar a documentación.

Poderase requirir polo concello calquera outra documentación complementaria á indicada que se considere necesaria para maior clarificación da situación acreditada ou compulsa da presentada se a copia simple presentada xera dúbidas de autenticidade.

Incorporarase de oficio ao expediente o volante de empadroamento no concello de Cambre.

OITAVA.- Revisión de solicitudes e subsanacións.

Rematado o prazo de solicitude, procederase á comprobación do cumprimento de requisitos e revisión da documentación.

Notificarase ao interesado a documentación a subsanar, se é o caso, e prazo para as subsanacións coa indicación de que, si esta non se producira, terase por desistido da súa solicitude, arquivándose previa resolución que deberá ser dictada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

NOVENA.- Valoración e resolución das solicitudes.

Para a valoración teranse en conta os ingresos anuais de todos os integrantes da unidade familiar.

A valoración realizarase, segundo o baremo seguinte:

a) Por pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual inferior ou igual a 2.500,00 € , 25 puntos.

b) Por pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita entre 2.500,01 € e 4.500,00 € , ambos incluídos, 15 puntos.

c) Por pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual entre 4.500,01 € e 9.000,00 € , ambos incluídos, 10 puntos.

d) Por cada membro da unidade familiar que presente algunha minusvalía, 3 puntos, por cada un deles.

e) Por ter o título de familia numerosa, 2 puntos.

f) Por pertencer a unha unidade familiar monoparental, 1 punto.

Seguidamente, o Concelleiro delegado da Área de Recursos Humanos, Servicios Sociais e Educación resolverá o outorgamento das bolsas, correspondéndolle ao Alcalde o recoñecemento das obrigas correspondentes, así como a aprobación do pagamento mediante transferencia bancaria.

DÉCIMA.- Número de bolsas e contía económica.

Concederanse 85 bolsas de estudo de 120,00 € cada unha, destinadas aos alumnos do 2.º ciclo de educación infantil, 66 bolsas de 50,00 € cada unha destinadas aos alumnos de educación primaria e 30 bolsas de 150,00 € cada unha destinadas aos alumnos de bacharelato, formación profesional e educación secundaria para adultos.

Outorgaranse aos beneficiarios que obteñan maior puntuación segundo o baremo exposto.

No caso de empate eliminaranse aqueles que teñan unha renda per cápita anual que sexa maior. Se fose o caso de bolsas sobrantes dunha das categorías, pasarían á categoría que máis solicitudes queden sen outorgar por falta de crédito automaticamente.

Se o importe de gasto validamente xustificado mediante facturas fora inferior ao importe da bolsa, a bolsa concederase e abonarase polo importe xustificado. Só se terán en conta, para os efectos de justificación do gasto realizado, os importes totais ou parciais nas facturas presentadas e emitidas por conceptos que constitúan obxecto de subvención na presente convocatoria, é dicir, material escolar, libros de texto e uniformes escolares ou vestiario destinado á escolarización.

Unha vez outorgadas as bolsas de estudio, procederase ao pagamento das mesmas en pago único.

UNDÉCIMA.- Obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios estarán obrigados a:

a) Someterse ás actuacións de comprobación do Concello e ás de control financeiro que corresponden á intervención municipal.

b) Comunicar ao Concello a concesión doutras subvencións concorrentes por parte doutras administracións ou entidades privadas para a mesma finalidade.

c) Conservar os documentos xustificativos de aplicación dos fondos concedidos durante o prazo de catro anos.

d) Proceder ao reintegro do percibido en exceso, en caso de incumprimento.

Para o suposto de alumnos ou alumnas menores de idade, responderán das obrigas derivadas da convocatoria os solicitantes da bolsa de estudio, en canto ostentan a patria potestade ou titoría do menor.

DUODÉCIMA.- Incorporación ao Rexistro publico de subvencións e publicación da subvención concedida.

En cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003 (LXS) e demais normativa de

desenvolvemento, os datos da subvención concedida e a identificación da persoa beneficiaria, serán remitidas á Intervención Xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), coa exclusiva finalidade prevista en dito precepto.

DÉCIMO TERCEIRA

Para o non previsto nestas bases, aplicaranse as normas xerais contidas nas bases de execución do orzamento xeral do Concello de Cambre para o exercicio 2018, o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no RD 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da antedita lei, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais normativa aplicable.

Cambre, 4 de xuño de 2018.

O Concelleiro da Área de Recursos Humanos, Servicios Sociais e Educación

Juan E. Rodríguez Vázquez

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

2018/4065

Escuelas
Educación
Material escolar
Alumnado
Libros de texto
Escolarización
Escuelas Infantiles
Formación profesional
Empresa
Familia
Formación
Empleo
Empleo y contratación
Sector del libro
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Discapacidad
Familia monoparental
Familia numerosa
Estudios
Tercera edad