Bases da convocatoria pública de subvencións para bonobús de estudantes universitarios 2016/2017 - Boletín Oficial de A Coruña de 19-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 19/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

Bases convocatoria pública de subvencións para bonobús de estudantes universitarios 2016/2017. Apertura prazo solicitude Bonobús Universitario

Mediante Resolución de Alcaldía 1018/2016 aprobáronse as bases de convocatoria pública de subvencións para o transporte de estudantes universitarios que cursen estudos no campus de A Coruña durante o curso 2016-2017:

BASES DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS AO TRANSPORTE DE ESTUDANTES UNIVERSITARIOS QUE CURSEN ESTUDOS NA CORUÑA DURANTE O CURSO 2016-2017

1.º.-OBXECTO.

O concello de Fene pretende apoiar, durante o curso escolar 2016-2017, a aqueles veciños/as que cursen estudos na cidade da Coruña a través das seguintes axudas:

a) Contribuír ao financiamento dos desprazamentos en autobús da empresa Arriva S.A. até A Coruña daqueles/as alumnos/as que cursen estudos universitarios. Esta subvención materializarase a través do 'carné bono-bus subvención', documento expedido polo Concello de Fene a favor do/a beneficiario/a, co que se solicitará á empresa Arriva S.A. a expedición do bono válido subvencionado para a realización das viaxes.

2.º.-FINALIDADE DA SUBVENCIÓN.

A finalidade desta subvención é favorecer o desprazamento do/a alumnado que curse estudos universitarios e necesite usar diariamente o autobús para os seus desprazamentos dende Fene até A Coruña.

3.º.-CLASES DE AXUDAS.

As axudas reguladas na presente convocatoria responderán á seguinte tipoloxía:

1. Axudas para facilitar o desprazamento diario de luns a venres no traxecto Fene-A Coruña/ A Coruña-Fene para o estudantado universitario ao longo do curso escolar 2016-2017 (período computable 9 meses: dende o mes de setembro (1/09/2016) de 2016 até o mes de maio de 2017 (30/05/2017), ámbolos inclusive.

4.º.-DOTACIÓN ORZAMENTARIA.

As axudas concedidas mediante as presentes bases serán imputadas á aplicación orzamentaria 326/489.02. Dado que a subvención se irá pagando de xeito progresivo durante todo o curso 2016-2017, resultan afectados dous exercicios diferentes. Para o exercicio 2016, o crédito que se dedicará para esta finalidade ascende a 2.500,00 €, debéndose consignar no exercicio 2017 a cantidade restante (5.000,00 €).

5.º.-BENEFICIARIOS/AS.

Requisitos:

a) Estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de Fene na data da convocatoria.

b) Cursar estudos universitarios para os que sexa necesario desprazarse até A Coruña.

c) Non superar os máximos de base liquidable xeral sometida a gravame por unidade familiar determinados na base sétima das presentes bases.

d) Presentar toda a documentación requirida nestas bases.

e) Non ter pendente de xustificación por parte do solicitante ningunha subvención concedida polo Concello de Fene, sempre que tivese finalizado o prazo de xustificación.

Os beneficiarios terán as seguintes obrigas ante o Concello de Fene:

Cumprir a actividade obxecto da subvenciónx

Someterse ás actividades de control realizadas por parte do Concello para comprobar a veracidade dos actos consignados na documentación presentada, así como o cumprimento dos requisitos para a percepción da axuda e colaborar co Concello en ditas actuacións.x

Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.x

Comunicar ante o Concello calquera modificación nas circunstancias esixidas para a concesión da axuda.x

As restantes previstas na normativa reguladora de subvencións.x

6.º.-SOLICITUDE.

1. Presentación:

Formalizarase no modelo de solicitude establecido a tal fin e presentarase no Rexistro Xeral do Concello ou por algunha outra forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes de subvención terán que acompañarse da seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI da persoa solicitante ou, no caso de menores de idade do pai, nai ou titor/a.

b) Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

c) Fotocopia da declaración da renda correspondente ao último exercicio (ano 2015) dos/as pais/nais ou titores/as legais. No caso de non estar obrigado a presentar a declaración do IRPF, copia da notificación-liquidación ou certificado acreditativo do nivel de rendas emitido pola Axencia de Administración Tributaria que corresponda. Excepcionalmente, se a unidade familiar alega carecer de recursos, ou quere acreditar unha situación excepcional, imprevista ou de carácter de especial necesidade que afecte negativamente á situación familiar ou no caso de percibir pensións non contributivas deberá acreditala mediante informe social. Nos casos de separación ou divorcio estarase ao previsto na base sexta para a determinación dos membros da unidade familiar. Os/as fillos/as entre 18 e 25 anos inclusive, que perciban rendas e non figuren na declaración da renda dos/as pais/nais aínda que residan con eles, deberán acreditar os seus rendementos e computarán como ingresos da unidade familiar.

d) No caso de presentar solicitudes para varios irmáns/ás menores de idade, só é necesario presentar un exemplar da fotocopia do DNI da persoa solicitante, do libro de familia e da declaración do IRPF dos proxenitores.

e) Certificado da matrícula expedido pola Universidade ou documento análogo que acredite a matriculación.

f) Declaración responsable de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións e autorización ao Concello de FENE para que realice as comprobacións oportunas durante o todo o período que dure o proceso.

g) Volante de empadroamento no Concello de Fene de todos os membros da unidade familiar.

h) Certificado que acredite o grao de minusvalía e/ou incapacidade nun grao igual ou superior ao 33% dalgún membro da unidade familiar, se procede.-Certificado que acredite a situación de desemprego por un período superior a 6 meses durante o ano 2015 dalgún membro da unidade familiar, se procede.

i) Certificación bancaria que acredite a titularidade da conta na que se efectuarán os ingresos correspondentes á axuda.

j) Declaración responsable de percibir/non percibir axuda algunha para a mesma finalidade. No caso de percibir axuda deberá indicarse o seu importe.

Todas as fotocopias que entreguen teñen que ser cotexadas

Naquelas solicitudes nas que se observe a falla de documentación fundamental para a súa valoración, procederase a requirir por escrito á persoa que formulou a solicitude para que no prazo de 10 días dende a recepción da comunicación, achegue a documentación requirida, indicándoselle que, de non entregala, se terá por desistida a súa solicitude, previa resolución ditada nos termos previstos no artigo 71 da lei 30/92 de 26 de novembro.

2.-Prazos de presentación:

O prazo para entregar as solicitudes para o servizo de transporte e para a axuda económica comezará ao día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP e rematará o 14 de outubro. As solicitudes hanse entregar no Rexistro Xeral do Concello en días laborables (de luns a venres) en horario de 8.30 a 14.00 horas. Este prazo é improrrogable e tramitaranse con independencia de ter aprobado ou non a selectividade ou de estar admitido/a ou non nunha facultade.

Os/as alumnos/as aos/ás que no momento de presentar a solicitude lles falte algún documento dos sinalados no apartado b) teñen de prazo ata o 30 de decembro para entregalo. Na medida en que o prazo máximo para presentar a documentación remata o 30 de decembro, a axuda económica terá carácter provisorio para aqueles alumnos/as aos que lle falte algún documento.

7.º.-PROCEDEMENTO.

7.1.-A instrución do procedemento corresponderalle a Dona. Yolanda Cinza Rivera (animadora sociocultural) e no seu defecto, a D. Daniel Romero Rodríguez (Xestor de Actividades Culturais), que deberá avaliar as solicitudes presentadas e requirir as emendas que procedan para que as mesmas cumpran os requisitos esixidos nas presentes bases. O prazo de emenda será de dez días improrrogables; no suposto de que os defectos se consideren non emendables, o órgano instrutor proporá a inadmisión.

7.2.-O procedemento de concesión será o procedemento abreviado ao que se refire o artigo 22 da Lei de Subvencións de Galicia. Así, a proposta de concesión formularase polo órgano instrutor, que deberá:

Facer constar que da información que obra no seu poder se desprende que os beneficiarios propostos reúnen todos os requisitos necesarios para acceder á axudax

Ser motivada, debendo indicar o límite da base liquidable sometida a gravame para cada solicitude, así como o importe da axuda que lle corresponda con indicación da porcentaxe de axuda.x

Indicar as solicitudes para as que se propón a denegación, así como a causa da denegación.x

A valoración realizarase de acordo coas seguintes normas:

DEFINICIÓN DE UNIDADE FAMILIAR AOS EFECTOS DE BONO BUS.

1. Considerase unidade familiar ao conxunto formado polo/a estudante e a nai, pai, ou no seu caso os titores legais, irmás solteiras/os menores de 25 anos que convivan na vivenda familiar (e no seu caso maiores de 25 anos discapacitados). Tamén formarán parte da unidade familiar os ascendentes dos pais con residencia na vivenda familiar.

2. No caso de solicitantes que constitúan unidades familiares independentes tamén se consideran computables o cónxuxe, ou no seu caso as persoas que están formando parellas de feito, así como os seus fillos/as.

3. No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará computable aquel membro que non conviva co/a solicitante sen prexuízo de que na renda familiar figure a súa contribución económica.

4. Terá a consideración de membro computable, no seu caso, o novo cónxuxe ou parella de feito, e as súas rendas e patrimonio incluíranse dentro do cómputo da renda e patrimonio familiares.

UMBRAIS DE RENDA PARA A OBTENCIÓN DOS BENEFICIOS DO BONO BUS UNIVERSITARIO

Poderán obter os beneficios do bono-bus universitario os/as alumnos/as que cumprindo os demais requisitos desta bases e da convocatoria non superen os límites de renda familiar que se indican de seguido, coas deducións que correspondan indicadas:

Familias de 1 membro 14.112,00 €

Familias de 2 membros 24.089,00 €

Familias de 3 membros 32.697,00 €

Familias de 4 membros 38.831,00 €

Familias de 5 membros 43.402,00 €

Familias de 6 membros 46.835,00 €

Familias de 7 membros 50.267,00 €

Familias de 8 membros 53.665,00 €

A partir do oitavo membro, engadiranse 3.391,00 € por cada novo membro computable.

PROCEDEMENTO PARA CALCULAR A RENDA FAMILIAR

1. A renda familiar a efectos de axuda obterase por agregación das rendas do exercicio anterior de cada membro computable da familia, que se calcularán segundo se indica seguidamente e de conformidade coa normativa reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

2. Para a determinación da renda dos membros computables que teñan presentado declaración polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, procederase do xeito seguinte:

Primeiro.-Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, excluíndose os saldos netos negativos de ganancias e perdas patrimoniais correspondentes a exercicios anteriores a 2015.

Segundo.-Deste resultado restarase a cota resultante da autoliquidación.

3. Para a determinación da renda dos membros computables que obteñan ingresos propios e non tiveran presentado declaración polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, seguirase o procedemento descrito no parágrafo primeiro anterior e ao resultado obtido restaranse os pagos a conta efectuados.

4. Calculada a renda familiar polo procedemento descrito nos parágrafos anteriores, deduciranse 1.805,00 € cando o/a solicitante pertenza a unha familia numerosa oficialmente recoñecida.

CONTÍAS DA SUBVENCIÓN

A subvención concedida variará en función do número de beneficiarios finais de acordo coa seguinte táboa:

1. Máximo de 5 beneficiarios: subvencionarase o 100% do custo do bono bus .

2. Entre 6 e 9 beneficiarios: subvencionarase o 60% do custo do bono bus

3. Entre 10 e 14 beneficiarios: subvencionarase o 40% do custo do bono bus

4. Entre 15 e 19 beneficiarios: subvencionarase o 30% do custo do bono bus

5. Entre 20 e 28 beneficiarios: subvencionarase o 20% do custo do bono bus.

7.3.-No caso que unha vez efectuada a avaliación, o número de axudas supere o límite máximo do crédito dedicado á subvención, resolverase a favor das solicitudes cuxos ingresos familiares sexan menores.

7.4.-Revogación da axuda: Se durante dous meses consecutivos, sen causa xustificada, non utilizan o bono universitario, procederase á revogación da axuda previa instrución do expediente que será resolto pola Alcaldía.

8.º.-RESOLUCIÓN.

8.1.-O órgano municipal competente para resolver sobre a concesión ou denegación das axudas será o Alcalde ou órgano no que delegue, sendo vinculante a tal efecto a proposta de resolución.

A resolución definitiva ditarase no prazo máximo dun mes dende a data de finalización de presentación de solicitudes e deberá conter:

A relación de solicitantes para os que se propón a concesión/denegación da subvención, a contía máxima de subvención e o coeficiente de financiamento.x

Na resolución de concesión/denegación incluirase unha relación das solicitudes que cumprindo coas condicións administrativas e técnicas establecidas nestas bases para adquirir a condición de beneficiarios, non foran estimadas por supera a contía máxima do crédito fixado na convocatoria, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas en función dos criterios de valoración.x

Neste suposto, si se renunciase á subvención por algún dos beneficiarios ou estes non completasen a documentación antes do 30 de decembro de conformidade co recollido na Base 6.º apartado 2, o órgano concedente acordará sen necesidade dunha nova convocatoria, a concesión da subvención ó solicitante ou solicitantes seguintes que figuren na lista de reserva en orde da súa puntuación, sempre e cando coa renuncia por parte dalgún dos beneficiarios se liberase crédito suficiente para atender ó menos á algunha das solicitudes denegadas.

O órgano concedente da subvención comunicará esta opción ós interesados, a fin de que accedan á proposta de subvención no prazo improrrogable de dez días. Unha vez aceptada a proposta por parte do solicitante ou solicitantes, o órgano administrativo ditará o acto de concesión e procederá á súa notificación nos termos establecidos na lexislación vixente.

8.2.-A notificación da resolución definitiva realizarase no prazo de 6 meses desde a publicación da convocatoria no BOP. Esta resolución notificarase aos beneficiarios, de acordo co artigo 59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. A falta de notificación no prazo establecido lexitima aos interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

As subvencións concedidas non serán obxecto de publicación, de acordo co artigo 18.3.d) da Lei xeral de subvencións.

8.3.-Contra a resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer, de conformidade co preceptuado no artigo 116 da Lei 30/1992, del 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da notificación da presente resolución, ou directamente recurso contencioso administrativo ante ao Xulgado do Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende o seguinte ao da notificación do acordo. Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime conveniente en defensa dos seus intereses.

Os beneficiarios estarán obrigados a comunicar a aceptación da subvención no prazo de 10 días contados dende o día seguinte o da notificación da concesión das axudas.

A falta de resolución expresa producirá efectos destinatarios, e contra a desestimación expresa ou presunta poderán formularse os recursos que procedan.

9.º.-XESTIÓN E XUSTIFICACIÓN.

Unha vez ditada a resolución e comunicada por parte do beneficiario a aceptación da mesma, estes beneficiarios deben ir ás oficinas de Arriva S.A. na estación de autobuses de Ferrol a recoller os bonos-mensuais.

O Concello ingresará, de modo anticipado, na conta bancaria do solicitante a contía correspondente ao primeiro trimestre do curso, repetindo o proceso ao inicio do segundo e do terceiro trimestre, ata completar o total da axuda concedida. Quedan exonerados do depósito de garantía como consecuencia do aboamento anticipado ao non superar en ningún caso o importe da axuda concedida a cada beneficiario o importe establecido no artigo 42.2.b) do RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

Para a xustificación:

O beneficiario queda obrigado á xustificación da axuda recibida mediante a presentación da seguinte documentación:

a) Factura de adquisición dos bonos para o transporte

b) Detalle doutras axudas que obtivera para a mesma finalidade, mediante declaración responsable emitida ó efecto.

c) Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.Ademais do anterior, o instrutor do expediente deberá de emitir informe relativo a que os beneficiarios non son debedores por resolución de procedencia de reintegro e solicitarase de oficio informe da Tesourería municipal sobre a existencia/inexistencia de débedas coa facenda municipal.

As facturas remitidas deberán ser orixinais ou copias compulsadas, con tódolos requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, de 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación. Concretamente, requírese que a factura reúna os seguintes requisitos: número correlativo e no seu caso, serie, data de expedición, identificación completa do expedidor e do receptor, descrición da operación que se realiza, tipo impositivo de IVE e desagregación da base impoñible da cota tributaria de IVE. Nos supostos nos que se trate de ventas ao por menor, servizos de ambulancia, transportes de persoas e equipaxes, servizos de hostalaría ou restauración (bares, restaurantes, etc), fotografías, aparcamento, autopistas (e demais sinalados no artigo 4 da norma citada) que non superen os 3.000 €, se poderán substituír por outro documento co seguinte contido: numeración correlativa e , no seu caso serie, data de expedición, NIF e nome e apelidos, razón ou denominación social completa do expedidor, identificación dos bens entregados ou dos servizos prestados, tipo impositivo aplicado, e, opcionalmente, tamén a expresión 'IVA incluído', todo elo de conformidade co disposto no artigo 7 do Real Decreto 1619/2012, 30 de novembro.

O importe que se ha de xustificar para poder cobrar a totalidade da subvención concedida será o resultado de dividir o importe da subvención polo coeficiente de financiamento que resulte despois do proceso de valoración (100%, 60%, 40%, 30%,20%). E no caso de obter outras axudas, a xustificación deberá ter un importe igual ou superior á suma das axudas percibidas. No caso de non xustificar a totalidade da subvención, abonarase a parte proporcional.

A xustificación haberase de presentar no derradeiro mes de cada trimestre (decembro 2016, marzo de 2017 e xuño de 2017), a fin de que, nos casos nos que non se xustifique o 100% da axuda trimestral, o reintegro, previamente comunicado, se poda facer efectivo no seguinte pago. No caso de que o pago do último trimestre xa estivera realizado, deberase reintegrar en metálico.

No caso de non realizar tal xustificación, o beneficiario deberá reintegrar totalmente as cantidades percibidas máis os xuros de demora correspondentes, e perderá o dereito de cobro das cantidades correspondentes aos trimestres que falten ou, para o caso de ser o último pago, perderá o dereito a futuras axudas

10.º.-MEDIDAS DE GARANTÍA.

O órgano concedente poderá realizar os controis administrativos e inspeccións que considere oportunos coa fin de comprobar a veracidade dos datos consignados na documentación presentada, así como o cumprimento dos requisitos para a percepción da axuda.

A persoa beneficiaria terá a obriga de colaborar en dita inspección, proporcionando os datos requiridos.

11.º.-COMPATIBILIDADE DA SUBVENCIÓN.

A concesión destas axudas será compatible con calquera outro tipo de bolsas ao estudo sempre que sumado o seu importe ao da base liquidable xeral sometida a gravame non supere o límite máximo por unidade familiar establecido na base 7.

12.º.-RÉXIME XURÍDICO.

A presente convocatoria realízase no marco da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Fene (BOP da Coruña n.º 135 de 15 de xuño de 2007). Para o non previsto, será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, o Real Decreto 887/2006, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei 38/2003, do 17 de novembro e a Lei 9/2007 de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En Fene, a 15 de setembro de 2016.

O alcalde,

Juventino J. Trigo Rey

2016/7650

Familia
Alumnado
Transporte
Transporte público
Empresa
Escuelas
Productos de origen animal
Vivienda
Actividad cultural
Discapacidad
Familia numerosa
Restaurantes
Transporte y vehículos