BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN OS PREMIOS CON MOTIVO DA FESTA DOS MAIOS 2017 - Boletín Oficial de Pontevedra de 28-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 28/03/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social
  • Documento en formato PDF

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN OS PREMIOS

CON MOTIVO DA FESTA DOS MAIOS 2017

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

Regula-los premios dos maios que participen nos actos programados con motivo da Festa dos Maios do ano 2017.

2. CRÉDITO ORZAMENTARIO

Destínase un crédito máximo de 5.000,00 ¬ que se imputará á partida 3341A4810001 do orzamento de gastos do ano 2017, para os premios ás comparsas que participen nos actos programados con gallo da Festa dos Maios 2017.

3. PARTICIPANTES DOS MAIOS

Serán susceptibles de obteren os premios regulados nestas bases e convocatoria os seguintes MAIOS, coas súas correspondentes coplas.

a) Maio tradicional: son aqueles construídos con forma cónica ou de cruceiro. Na súa elaboración empregaranse materiais vexetais (especialmente fiúncho, pampullo, peonias, laranxas e flores diversas) e técnicas construtivas mecánicas non sintéticas.

b) Maio artístico: son aqueles construídos con forma non cónica. Na súa elaboración empregaranse materiais vexetais e técnicas construtivas non exclusivamente mecánicas.

O único material non vexetal permitido para a decoración dos maios nas dúas categorías é a casca de ovo.

c) Coplas: estarán escritas en lingua galega (normativa oficial da RAG, 2003). Será imprescindible que cada maio conte, como mínimo, con catorce coplas das que seis serán interpretadas diante do xurado.

4. REQUISITOS PARA PARTICIPAR NOS MAIOS

Os maios deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na súa actuación.

Non serán admitidos a concurso aqueles maios con coplas que atenten contra as máis elementais normas de civismo e respecto á honra e dignidade das persoas. Poderase excluír como beneficiario das axudas reguladas nestas bases e convocatoria a todos aqueles que non acrediten as condicións mínimas esixidas.

5. PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

É condición imprescindible que os maios que opten ós premios soliciten a súa inscrición no rexistro xeral de entrada do Concello de Redondela (Rúa Alfonso XII, núm. 2), conforme ó modelo que aparece no anexo. O prazo será dende a data do luns 3 de abril até o luns 17 de abril de 2017, ás 14.00 h, ambas datas incluídas. O prazo de solicitude comezará a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia do extracto da convocatoria.

A documentación que deberán achegar:

' Un certificado de titularidade da conta da persoa representante do maio.

' Un modelo anexo cuberto.

' Se o maio pertence a algunha asociación, entón deberá presentar o CIF e o número de conta a nome da citada asociación.

6. COMPOSICIÓN DO XURADO

O xurado, como en tódalas edicións, estará formado por diversas persoas cualificadas para exercer esta función, en número impar, presidido pola concelleira de cultura do Concello de Redondela, dona Teresa París Blanco, e actuando como secretario un funcionario do Concello de Redondela.

Os maios inscritos no concurso participarán nas votacións das categorías de Maio tradicional e Maio artístico, segundo o procedemento que se indica máis abaixo.

7. RETIRADA DOS MAIOS

Os maios permanecerán expostos no lugar que indique o xurado ou poderán ser trasladados ás parroquias onde foron realizados ó remate do concurso.

O abandono do Maio ou a destrución do mesmo suporá a perda da subvención e dos premios que acadase no concurso.

8. DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

O sorteo para a localización dos maios, a orde de actuación diante do xurado e a explicación do desenvolvemento do concurso celebrarase o venres 21 de abril ás 20:30 h, no Multiúsos da Xunqueira. O día da celebración do concurso, o xurado concederá os premios os participantes e redactará a acta do resultado. A súa decisión será inapelable en todo caso.

Os maios colocaranse nos lugares asignados no sorteo ás 11:00 h do día 1 de maio. Os concursantes actuarán diante do xurado subindo o seu maio ó palco, de acordo coa orde establecida no devandito sorteo e interpretando seis coplas das presentadas.

9. AVALIACIÓN DOS MAIOS

A) CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO XURADO:

Coplas: Terase en conta a retranca, o enxeño, o ritmo e a linguaxe utilizados. Polo contrario, será penalizado o uso de palabras malsoantes, ofensivas e as copias de coplas presentadas en anos anteriores.

Interpretación: Terase en conta a posta en escena, a sincronización, a afinación das voces, a utilización de elementos de acompañamento (paus, caxatos etc.) e o uso das prendas que estean de acordo co modelo tradicional (boina, camisa branca e pantalón con remendos).

Maio tradicional: Terase en conta a forma do cono ou do cruceiro, a colocación do fiúncho, a decoración e combinación de flores e de máis elementos decorativos e o vistoso da coroa.

Maio artístico: Terase en conta a orixinalidade da forma, a colocación do fiúncho, a utilización de flores e de máis elementos decorativos e a invisibilidade da estrutura do maio.

O xurado valorará positivamente a exclusiva aplicación de técnicas de construción mecánicas fronte a outras con materiais sintéticos (colas, pegamentos etc.).

B) AVALIACIÓN DOS PARTICIPANTES

As persoas participantes no concurso poderán participar na votación nas categorías de Maio tradicional e Maio artístico conforme ó seguinte procedemento.

1.-O representante do Concello entregará unha folla a cada representante dos maios participantes na que se deberá indica-la orde dos premios nas categorías referidas.

2.-Cada concursante poderá votar a tódolos maios agás ó propio ou propios, tendo en conta os criterios fixados para cada categoría.

3.-Antes da finalización das actuacións, cada representante entregará a citada folla ó representante do Concello.

4.-Este voto colectivo contabilizarase como o dun membro máis do xurado.

10. OS PREMIOS

Por participar: 80 ¬ por cada maio.

Premios ás coplas:

- 250 ¬ ó 1º Premio

- 200 ¬ ó 2º Premio

- 150 ¬ ó 3º Premio

Premios á interpretación:

- 250 ¬ ó 1º Premio

- 200 ¬ ó 2º Premio

- 150 ¬ ó 3º Premio

Premios ó Maio tradicional:

- 250 ¬ ó 1º Premio

- 200 ¬ ó 2º Premio

- 150 ¬ ó 3º Premio

Premios ó Maio artístico:

- 250 ¬ ó 1º Premio

- 200 ¬ ó 2º Premio

- 150 ¬ ó 3º Premio

No caso de que sumadas tódalas cantidades propostas como subvencións excedan a consignación total, modificaríanse os importes aplicando reducións proporcionais a cada unha delas.

O xurado poderá deixa-los premios desertos.

Os maios premiados, alén da cantidade económica indicada, recibirán un diploma acreditativo.

O incumprimento das presentes bases e convocatoria con actuacións impropias á hora de interpretar (faltando ás normas de decoro) e a falta de respecto por parte dalgún participante implicaría a súa descualificación e, polo tanto, a perda da subvención e os premios que obtivera.

11. PUBLICIDADE

As bases e a súa convocatoria publicaranse no Taboleiro de Anuncios, na páxina web do Concello de Redondela e no BOP.

Redondela, a 14 de marzo de 2017.-O Alcalde, Javier Bas Corugeira.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

BASES Y CONVOCATORIA QUE REGULARÁN LOS PREMIOS

CON MOTIVO DE LA FESTA DOS MAIOS 2017

1. OBJETO DE LA CONVOCATORIA

Regular los premios de los maios que participen en los actos programados con motivo de la Festa dos Maios del año 2017.

2. CRÉDITO PRESUPUESTARIO

Se destina un crédito máximo de 5.000,00 ¬ que se imputará a la partida 3341A4810001 del presupuesto de gastos del año 2017, para los premios a las comparsas que participen en los actos programados con motivo de la Festa dos Maios 2017.

3. PARTICIPANTES DE LOS MAIOS

Serán susceptibles de obtener los premios regulados en estas bases y convocatoria los siguientes MAIOS, con sus correspondientes coplas.

a) Maio tradicional: son aquellos construidos con forma cónica o de crucero. En su elaboración se usarán materiales vegetales (especialmente anís, pampullo, peonias, naranjas y flores diversas) y técnicas constructivas mecánicas no sintéticas.

b) Maio artístico: son aquellos construidos con forma no cónica. En su elaboración se usarán materiales vegetales y técnicas constructivas no exclusivamente mecánicas.

O único material no vegetal permitido para la decoración de los maios en las dos categorías es la casca del huevo.

c) Coplas: estarán escritas en lengua gallega (normativa oficial de la RAG, 2003). Será imprescindible que cada maio cuente, como mínimo, con catorce coplas de las que seis serán interpretadas delante del jurado.

4. REQUISITOS PARA PARTICIPAR EN LOS MAIOS

Los maios deberán guardar una unidad temática, tanto en su vestuario como en su actuación.

No serán admitidos a concurso aquellos maios con coplas que atenten contra las más elementales normas de civismo y respecto a la honra y dignidad de las personas. Se podrá excluir como beneficiario de las ayudas reguladas en estas bases y convocatoria a todos aquellos que no acrediten las condiciones mínimas exigidas.

5. PROCEDIMIENTO DE INSCRIPCIÓN

Es condición imprescindible que los maios que opten a lo premios soliciten su inscripción en el registro general de entrada del Concello de Redondela (Rúa Alfonso XII, núm. 2), conforme al modelo que aparece en el anexo. El plazo será desde la fecha del lunes 3 de abril hasta el lunes 17 de abril de 2017, a las 14.00 h, ambas fechas incluidas. El plazo de solicitud comenzará a partir del día siguiente al de la publicación en el Boletín Oficial de la Provincia del extracto de la convocatoria.

La documentación que deberán aportar:

' Un certificado de titularidad de la cuenta de la persona representante del maio.

' Un modelo anexo cubierto.

' Si el maio pertenece a alguna asociación, entonces deberá presentar el CIF y el número de cuenta a nombre de la citada asociación.

6. COMPOSICIÓN DEL JURADO

El jurado, como en todas las ediciones, estará formado por diversas personas cualificadas para ejercer esta función, en número impar, presidido por la concejala de cultura do Concello de Redondela, doña Teresa París Blanco, y actuando como secretario un funcionario del Concello de Redondela.

Los maios inscritos en el concurso participarán en las votaciones de las categorías de Maio tradicional y Maio artístico, según el procedimiento que se indica más abajo.

7. RETIRADA DE LOS MAIOS

Los maios permanecerán expuestos en el lugar que indique el jurado o podrán ser trasladados a las parroquias donde fueron realizados al acabar el concurso.

El abandono del Maio o la destrucción del mismo supondrá la pérdida de la subvención y de los premios que consiguiese en el concurso.

8. DESENVOLVIMIENTO DEL CONCURSO

El sorteo para la localización de los maios, el orden de actuación delante del jurado y la explicación del desenvolvimiento del concurso se celebrará el viernes 21 de abril a las 20:30 h, en el Multiúsos da Xunqueira. El día de la celebración del concurso, el jurado concederá los premios a los participantes y levantará acta del resultado. Su decisión será inapelable en todo caso.

Los maios se colocarán en los lugares asignados en el sorteo a las 11:00 h del día 1 de mayo. Los concursantes actuarán delante del jurado subiendo su maio al palco, de acuerdo con el orden establecido en el pasado sorteo e interpretando seis coplas de las presentadas.

9. EVALUACIÓN DE LOS MAIOS

A) CRITERIOS DE EVALUACIÓN DEL JURADO:

Coplas: Se tendrá en cuenta la retranca, el ingenio, el ritmo y el lenguaje utilizados. Por el contrario, será penalizado el uso de palabras malsonantes, ofensivas y las copias de coplas presentadas en años anteriores.

Interpretación: Se tendrá en cuenta la puesta en escena, la sincronización, la afinación de las voces, la utilización de elementos de acompañamiento (palos, bastones etc.) y el uso de las prendas que estén de acuerdo con el modelo tradicional (boina, camisa blanca y pantalón con remiendos).

Maio tradicional: Se tendrá en cuenta la forma del cono o del crucero, la colocación del anís, la decoración y combinación de flores e de más elementos decorativos y lo vistoso de la corona.

Maio artístico: Se tendrá en cuenta la originalidad de la forma, la colocación del anís, la utilización de flores y de más elementos decorativos y la invisibilidad de la estructura del maio.

El jurado valorará positivamente la exclusiva aplicación de técnicas de construcción mecánicas frente a otras con materiales sintéticos (colas, pegamentos etc.).

B) EVALUACIÓN DE LOS PARTICIPANTES

Las personas participantes en el concurso podrán participar en la votación en las categorías de Maio tradicional e Maio artístico conforme al siguiente procedimiento.

1.-El representante del Concello entregará una hoja a cada representante de los maios participantes en la que se deberá indicar el orden de los premios en las categorías referidas.

2.-Cada concursante podrá votar a todos los maios excepto a el propio o propios, teniendo en cuenta los criterios fijados para cada categoría.

3.-Antes de finalizar las actuaciones, cada representante entregará la citada hoja al representante del Concello.

4.-Este voto colectivo se contabilizará como el de un miembro más del jurado.

10. LOS PREMIOS

Por participar: 80 ¬ por cada maio.

Premios a las coplas:

- 250 ¬ al 1º Premio

- 200 ¬ al 2º Premio

- 150 ¬ al 3º Premio

Premios a la interpretación:

- 250 ¬ al 1º Premio

- 200 ¬ al 2º Premio

- 150 ¬ al 3º Premio

Premios al Maio tradicional:

- 250 ¬ al 1º Premio

- 200 ¬ al 2º Premio

- 150 ¬ al 3º Premio

Premios al Maio artístico:

- 250 ¬ al 1º Premio

- 200 ¬ al 2º Premio

- 150 ¬ al 3º Premio

En el caso de que sumadas todas las cantidades propuestas como subvenciones excedan la consignación total, se modificarán los importes aplicando reducciones proporcionales a cada una de ellas.

El jurado podrá dejar los premios desiertos.

Los maios premiados, además de la cantidad económica indicada, recibirán un diploma acreditativo.

El incumplimiento de las presentes bases y convocatoria con actuaciones impropias a la hora de interpretar (faltando a las normas de decoro) y la falta de respecto por parte de algún participante implicaría su desclasificación y, por lo tanto, la pérdida de la subvención y los premios que obtuviera.

PUBLICIDAD

Las bases y convocatoria se publicarán en el Tablón de Anuncios, en la web del Concello de Redondela y en el BOP.

Redondela, a 14 de marzo de 2017.-O Alcalde, Javier Bas Corugeira.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Artes
Fiestas Populares
Gallego
Actividades cívicas
Cultura