Bases da convocatoria de subvencións a clubs deportivos e deportistas federados 2017 - Boletín Oficial de A Coruña de 02-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: CERRADO , 05/06/2017 hasta 23/06/2017
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

EDICTO

A Xunta de Goberno Local, na sesión de data 15/05/2017, por unanimidade dos seus membros presentes e por delegación da alcaldía (Decretos de 15/06/2015 e de 01/03/2016) acorda:

Primeiro.-Aprobar as Bases da Convocatoria de Subvencións a entidades para clubes e deportistas federados para o exercicio 2017 que se reflicten a continuación.

Segundo.-Proceder á súa exposición pública mediante edicto no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello.

BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO E DEPORTISTAS FEDERADOS/AS POLAS ACTIVIDADES REALIZADAS E PARA A PREPARACIÓN DAS DIFERENTES COMPETICIÓNS DURANTE ANO 2017

1.ª.-OBXECTO DA CONVOCATORIA.

As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas á organización, promoción, preparación e/ou participación deportiva de clubs e deportistas federados no ano 2017, con cargo á partida 340/480.00 do orzamento 2016 prorrogado por un importe total de 28.000 €, dos que 6.500 € se destinarán ás solicitudes formuladas por deportistas federados/as.

Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello de Teo, tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo.

2.ª.-BENEFICIARIOS/AS.

a) Os clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións oficiais e/ou que organicen e/ou promovan actividades deportivas, con domicilio social no Concello de Teo e inscritos no Rexistro de Asociacións Deportivas do Concello de Teo.

b) Os e as deportistas federados/as empadroados/as no Concello de Teo con anterioridade á aprobación destas bases, con licenza federativa en vigor e que participen en competicións de ámbito autonómico ou superior, incluídas nos calendarios das respectivas federacións. Non poderán solicitala todos aqueles deportistas que participen en competición federada por equipos con formato de liga regular.

c) Non poderán ter a condición de beneficiarias aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias numeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.

3.ª.-ACTIVIDADES E GASTOS SUBVENCIONABLES.

As subvencións que se outorguen ao abeiro das presentes bases, terán como finalidade:

a) Colaboración en gastos correntes derivados da realización de actividades de participación e/ou promoción deportiva por parte dos suxeitos mencionados no artigo 2.º das presentes Bases e, dos gastos de conservación, mantemento ou reparación menores, que non teñan o carácter de investimento, necesarios para o desenvolvemento destas no ano 2017.

b) Gastos ocasionados pola organización de eventos deportivos durante o ano 2017 dentro do territorio municipal.

c) Aqueles clubs que reciban unha subvención nominativa non poderán concorrer a esta convocatoria co mesmo obxecto de solicitude.

d) Non serán gastos subvencionables:

- Os xuros debedores de contas bancarias.

- Os xuros, recargos e sancións administrativas.

- Os gastos de procedementos xudiciais.

4.ª.-SOLICITUDES.

4.1.-Instancia de solicitude.

As solicitudes presentaranse na instancia formalizada recollida no Anexo I e dirixiranse ao concelleiro de Deportes.

Soamente pode presentarse unha única solicitude por club para unha ou varias modalidades.

No caso dos deportistas soamente pode presentarse unha única solicitude para unha única modalidade ou especialidade.

4.2.-Documentación.

Xunto coa instancia de solicitude do Anexo I presentarase a seguinte documentación:

1) CLUBS DEPORTIVOS:

a) Declaración responsable asinada polo/a representante do club facendo constar os equipos federados da tempada actual (se é o caso) e a categoría e os nomes e apelidos dos xogadores/deportistas de cada equipo/especialidade especificando cales están empadroados/as do concello de Teo (o que se comprobará de oficio polo Departamento de Deportes) (se é o caso).

b) Declaración responsable asinada/a polo/a representante do club na que se fará constar o persoal técnico (con nomes e apelidos) dedicado ás categorías de base e as súas titulacións (con fotocopia do título de maior nivel de cada técnico e fotocopia compulsada da súa ficha federativa en vigor).

c) Copia cotexada do CIF (no caso de non tela entregada xa noutras convocatorias anteriores).

d) Certificado da Federación correspondente onde figuren as categorías, o número de equipos e/ou de licenzas do clube solicitante.

e) Memoria descriptiva da actividade que se realizou durante o ano 2016, especificando as actividades/eventos deportivos que organizou o club/entidade (se é o caso).

f) Declaración responsable asinada polo/a representante do club onde figuren os deportistas (nome e apelidos) e as competicións onde participaron para poder xustificar o epígrafe f) Presenza social. Participación en competicións deportivas oficiais (no ano 2016), do punto 1). da base 5.ª da presente convocatoria. (O concello poderá solicitar aos clubs/entidades a correspondente certificación federativa para comprobar estes datos).

2) DEPORTISTAS FEDERADOS:

a) Copia cotexada da licenza federativa en vigor.

b) Copia cotexada do DNI (no caso de non tela entregada xa noutras convocatorias anteriores).

c) Currículo deportivo.

d) Certificación federativa onde figure a máxima competición oficial na que participou e o resultado obtido no ano 2016.

e) Certificación federativa onde figure a máxima competición oficial na que participou no ano 2015.

3) DOCUMENTOS COMÚNS A TODOS OS E AS SOLICITANTES (clubs e deportistas):

a) Memoria descriptiva da actividade que se vai a desenvolver no ano 2017 para a cal se pide a subvención.

b) Orzamento detallado de gastos e ingresos previsto para o ano 2017.

c) Certificación bancaria da conta onde se efectuarán os pagamentos.

d) Certificación ou declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e coa seguridade social impostas pola lexislación vixente.

e) Declaración responsable conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.

Nos puntos c), d) e e) no caso dos menores de idade serán os datos dos titores legais.

4.3.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes e a documentación correspondente presentarase dentro do prazo de 15 días hábiles, contados dende o día seguinte da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, ou en calquera dos lugares aos que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que as solicitudes se envíen por correo, deberá xustificarse co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de Correos, e anunciar ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981 809 401), telegrama ou correo electrónico (deportes@teo.gal) no mesmo día. Sen a concorrrencia de ambos dous requisitos non será admitida a solicitude de presentación.

4.4.-Corrección de solicitude.

Unha vez revisadas todas as solicitudes, a aquelas que conteñan erros ou deficiencias comunicaráselles e concederáselles un prazo de 10 días hábiles a partir da súa comunicación para a súa corrección. De non emendar os defectos no dito prazo arquivarase sen máis trámites.

5.ª.-CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS.

As subvencións reguladas nas presentes Bases concederanse en réxime de concorrencia competitiva, polo que as solicitudes que cumpran os requisitos serán avaliadas consonte os criterios que de seguido se sinalan:

1) CRITERIOS PARA CLUBS:

a) Número de fichas ou licenzas. (No momento de presentación da solicitude). Ata 10 puntos máximo.

Máis de 201 10 puntos

Ata 200 9 puntos

Ata 175 8 puntos

Ata 150 7 puntos

Ata 125 6 puntos

Ata 100 5 puntos

Ata 75 4 puntos

Ata 50 3 puntos

Ata 25 2 puntos

Ata 15 1 punto

b) Número de equipos federados. (No momento de presentación da solicitude). Ata 10 puntos máximo.

Nove ou máis equipos 10 puntos

Oito equipos 8 puntos

Sete equipos 7 puntos

Seis equipos 6 puntos

Cinco equipos 5 puntos

Catro equipos 4 puntos

Tres equipos 3 puntos

Dous equipos 2 puntos

Un equipo 1 punto

c) Porcentaxe de fichas ou licenzas correspondentes a participantes locais. (No momento de presentación da solicitude). Ata 10 puntos máximo.

100% 10 puntos

Máis do 85% 8 puntos

Máis do 75% 6 puntos

Máis do 50% 4 puntos

Máis do 25% 2 puntos

d) Categorías de base: biberóns-prebenxamín-benxamín-alevín-infantil-cadete-xuvenil (ou equivalentes). (No momento de presentación da solicitude). Ata 7 puntos máximo.

Sete categorías 7 puntos

Seis categorías 6 puntos

Cinco categorías 5 puntos

Catro categorías 4 puntos

Tres categorías 3 puntos

Dúas categorías 2 puntos

Unha categoría 1 punto

e) Nivel de formación dos técnicos das categorías de base. (No momento de presentación da solicitude). Ata 12 puntos máximo.

3 ou máis técnicos con titulación de adestrador profesional/nivel 3 na especialidade 8 puntos

3 ou máis técnicos con titulación de adestrador avanzado/nivel 2 na especialidade 7 puntos

3 ou máis técnicos con titulación de licenciado en Ciencias do Deporte e E.F. 7 puntos

3 ou máis técnicos con titulación de adestrador básico/nivel 1 na especialidade 6 puntos

3 ou mais técnicos con outras titulacións/cursos formativos na especialidade 5 puntos

1 ou 2 técnicos con titulación de adestrador profesional/nivel 3 na especialidade 4 puntos

1 ou 2 técnicos con titulación de adestrador avanzado/nivel 2 na especialidade 3 puntos

1 ou 2 técnicos con titulación de licenciado en Ciencias do Deporte e E.F. 3 puntos

1 ou 2 técnicos con titulación de adestrador básico/nivel 1 na especialidade 2 puntos

1 ou 2 técnicos con outras titulacións/cursos formativos na especialidade 1 punto

f) Presenza social. Participación en competicións deportivas oficiais (no ano 2016). Ata 7 puntos máximo.

Competición de ámbito internacional:

1,25 puntos por cada deportista empadroado no concello de Teo. Ata un máximo de 5 puntos.

0.25 puntos por cada deportista non empadroado no concello de Teo. Ata un máximo de 2 puntos.

Competición de ámbito estatal:

1 punto por cada deportista empadroado no concello de Teo. Ata un máximo de 4 puntos.

0.25 puntos por cada deportista non empadroado no concello de Teo. Ata un máximo de 1.5 puntos.

Competición de ámbito autonómico:

1 punto por cada deportista empadroado no concello de Teo. Ata un máximo de 3 puntos.

0.25 puntos por cada deportista non empadroado no concello de Teo. Ata un máximo de 1 punto.

Competición de ámbito provincial:

0.5 puntos por cada deportista empadroado no concello de Teo. Ata un máximo de 2 puntos.

0.25 puntos por cada deportista non empadroado no concello de Teo. Ata un máximo de 0.5 puntos.

Competición de ámbito comarcal ou local:

0.5 puntos por cada deportista empadroado no concello de Teo. Ata un máximo de 1 punto.

0.25 puntos por cada deportista non empadroado no concello de Teo. Ata un máximo de 0.25 puntos.

Considérase Competición Internacional: Campionato do Mundo, Campionato de Europa, probas do ranking mundial, probas do ranking europeo.

Considérase Competición Estatal: Campionato de España, probas do ranking nacional.

Considérase Competición Autonómica: Campionato Galego, probas do ranking galego.

Non puntuarán Torneos, Adestramentos cos combinados estatais e autonómicos, Opens, Torneos privados e similares.

g) Presenza social. Organización de actividades/eventos deportivos (dentro do territorio municipal no ano 2016). Ata 5 puntos máximo.

Actividade de ámbito internacional (mínimo tres países participantes) 5 puntos

Actividade de ámbito estatal 4 puntos

Actividade de ámbito autonómico 3 puntos

Actividade de ámbito provincial 2 puntos

Actividade de ámbito comarcal ou local 1 punto

h) Utilización de instalacións para o deporte de base (no ano 2016). Ata 5 puntos máximo.

Utilización exclusiva de instalacións non municipais 5 puntos

Utilización habitual de instalacións non municipais e puntual de instalacións municipais 4 puntos

Utilización de instalacións municipais e non municipais 2 puntos

Utilización habitual de instalacións municipais e puntual de instalacións non municipais 1 punto

Utilización exclusiva de instalacións municipais 0 puntos

i) Gastos derivados do coidado e mantemento de instalacións propias (no ano 2016). Ata 5 puntos máximo.

Auga, luz e conservación da instalación 5 puntos

Luz ou auga e conservación da instalación 4 puntos

Conservación da instalación (marcaxe, coidado da herba...) 3 puntos

Luz ou auga 2 puntos

k) Escolas deportivas municipais (no ano 2016). 2 puntos por escola

Nos puntos f) e g) valorarase só a competición/actividade/evento de maior rango.

No punto h) enténdese por instalacións municipais aquelas de xestión directa polo Concello.

No punto k) enténdese por escola deportiva municipal aquela escola que entra dentro da programación deportiva anual do Concello.

2) CRITERIOS PARA DEPORTISTAS FEDERADOS:

a) Máxima competición oficial na que participou no ano 2016. Ata 5 puntos máximo.

Competicións internacionais 5 puntos

Competicións estatais 4 puntos

Competicións autonómicas 3 puntos

Outras competicións 0 puntos

b) Máximos resultados obtidos no ano 2016. Ata 10 puntos máximo.

- Competición internacional:

1.º ou 2.º posto 10 puntos

3.º ou 4.º posto 8 puntos

De 5.º ao 8.º posto 6 puntos

Outros postos 4 puntos

- Competición co combinado estatal 8 puntos

- Competición estatal:

1.º ou 2.º posto 8 puntos

3.º ou 4.º posto 6 puntos

De 5.º ao 8.º posto 4 puntos

Outros postos 2 puntos

- Competición co combinado autonómico 6 puntos

- Competición Autonómica:

1.º ou 2.º posto 6 puntos

3.º ou 4.º posto 4 puntos

De 5.º ao 8.º posto 2 puntos

Outros postos 1 punto

c) Máxima competición oficial na que participou no ano 2015. Ata 5 puntos máximo.

Competicións internacionais 5 puntos

Competicións co combinado estatal 5 puntos

Competicións estatais 4 puntos

Competicións co combinado autonómico 4 puntos

Competicións autonómicas 3 puntos

Outras competicións 0 puntos

Considérase Competición Internacional: Campionato do Mundo, Campionato de Europa, probas do ranking mundial, probas do ranking europeo.

Considérase Competición Estatal: Campionato de España, probas do ranking nacional.

Considérase Competición Autonómica: Campionato Galego, probas do ranking galego.

Non puntuarán Competicións de clubs, Torneos, Adestramentos cos combinados estatais e autonómicos, Opens, Torneos privados e similares.

Os puntos nos apartados a), b) e c) no son acumulables polo que só se terá en conta a categoría e resultado superior.

6.ª.-IMPORTES MÁXIMOS DAS SUBVENCIÓNS.

En ningún caso o importe máximo da subvención de cada solicitante superará o 70% do orzamento da entidade/deportista para a tempada obxecto da solicitude.

O importe máximo da subvención a cada deportista individual non poderá superar os 1.000 €.

7.ª.-ÓRGANO COMPETENTE E PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN.

O órgano competente para a instrución do procedemento, así como para a realización de cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que debe pronunciarse a resolución, será o Departamento de Deportes.

O órgano instrutor do procedemento será o encargado de requirir dos solicitantes a emenda de deficiencias nas solicitudes presentadas. Ademais elaborará un informe de cada unha das solicitudes presentadas no que se fará constar:

- Nome da entidade/deportista, disciplina deportiva e contía máxima á que opta.

- Se está ou non completa a documentación do expediente, con expresión da data da finalización do prazo de presentación, no seu caso.

- Se cumpre os requisitos da convocatoria, con indicación expresa dos que non cumpra, de ser o caso.

A valoración das propostas presentadas, con base nos criterios relacionados no punto anterior, efectuaraa unha Comisión de Valoración constituída polo concelleiro delegado de Deportes, que a presidirá, a concelleira delegada de Educación e o coordinador deportivo municipal que actuará tamén como secretario/a da comisión.

Suplencias.-En casos de ausencia ou de enfermidade e, en xeral, cando concorra algunha causa xustificada, os membros da Comisión de valoración poderán ser substituídos polos seus suplentes. A estes efectos cando non poidan concorrer o concelleiro de deportes ou a concelleira de educación poderán ser substituídos, respectivamente, polo concelleiro de servizos básicos e polo concelleiro de servizos sociais. O coordinador deportivo poderá ser substituído polo dinamizador deportivo.

Esta Comisión elevará unha proposta de concesión á Xunta de Goberno Local, previo informe da Intervención municipal. A Xunta de Goberno Local será o órgano competente para a adopción do acordo de concesión de subvencións. Este acordo esgotará a vía administrativa.

8.ª.-PUBLICIDADE DAS SUBVENCIÓNS.

A resolución das subvencións notificaranse individualmente e publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, indicando a puntuación obtida por cada solicitude, o importe subvencionado e/ou os motivos da denegación.

9.ª.-COMPROMISOS.

Os clubs e deportistas subvencionados ao abeiro destas bases quedarán obrigados a colaborar co Concello naquelas actividades deportivas que organice cando lle sexa requirido e farán constar na súa publicidade o patrocinio do Concello de Teo.

10.ª.-XUSTIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS.

Para o abono do importe das subvencións económicas concedidas, será imprescindible acreditar polos perceptores/as a aplicación efectiva dos fondos percibidos con destino á finalidade que motivou a concesión mediante a presentación da seguinte documentación:

a) Facturas de gasto de 2017 relacionadas coa actividade subvencionada e por un importe superior á cantidade concedida. Só se admitirán facturas orixinais ou fotocopias cotexadas emitidas con posterioridade a realización dos gastos (adquisición de subministros, prestación de servizos, ...) e nas que ademais de reunir todos os requisitos legais, deberán figurar en detalle todos os conceptos incluídos na mesma, e a constancia expresa de 'Cobrada, asinada e indicando o nome e o DNI', pola persoa representante da empresa, que recibe o pagamento ou mediante xustificante da transferencia bancaria.

b) Declaración responsable de que se realizou o fin para o que a subvención foi concedida.

c) Declaración responsable doutras axudas e/ou subvencións concedidas ou pendentes de conceder durante o ano 2017 con expresión, no seu caso de que o conxunto das axudas percibidas non superaron o gasto realizado.

d) Memoria das actividades realizadas durante ó ano 2017.

e) Declaración responsable de gastos e ingresos detallados realizados no ano 2017.

f) Cartelería, notas de prensa…. onde figure o patrocinio do Concello de Teo (se é o caso).

As subvencións xustificaranse antes do 30 de novembro de 2017. No caso de non xustificarse no prazo anteriormente mencionado, procederase á revogación da mesma.

O pagamento realizarase unha vez que os e as beneficiarias xustifiquen os gastos ocasionados na execución das actividades subvencionadas, sempre dentro do prazo sinalado, e despois da fiscalización da conta xustificativa pola Intervención Municipal e posterior aprobación da mesma pola Alcaldía, quen ordenará o pago.

O coeficiente de financiamento será 1, de xeito que, cando se presenten xustificantes por importe inferior ao concedido na achega, esta verase reducida proporcionalmente.

Se na documentación presentada para a xustificación houbera redución de gastos, en referencia aos presentados na instancia da solicitude, a axuda que finalmente o Concello de Teo aboará a o beneficiario/a deberá respetar a porcentaxe máxima do 70% sobre o gasto final xustificado.

11.ª.-CONTROL DA APLICACIÓN DO GASTO.

O Departamento de Deportes do Concello poderá solicitar en calquera momento as explicacións e documentos que considere necesarios para o oportuno seguimento das actividades subvencionadas.

12.ª.-RÉXIME SANCIONADOR.

Sen prexuízo do disposto na normativa xeral e nas Bases de Execución do Orzamento Municipal en materia de subvencións, os perceptores destas subvencións veranse na obriga de devolver as cantidades percibidas para o suposto de que incumpran algunha das condicións das bases recollidas na presente normativa.

13.ª.-RÉXIME XURÍDICO.

Nos aspectos non especificados nestas bases, as presentes axudas regularanse polo disposto na normativa xeral reguladora de subvencións, en especial, a Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e a Lei 9/2007 de 13 de xuño de subvencións de Galicia.

O que se fai público para os efectos da apertura do prazo de presentación de solicitudes de subvencións polas persoas ou entidades que correspondan, tal e como se recolle nas indicadas bases.

Teo, 10 de maio de 2017.

O concelleiro de Deportes

Jorge Carballido Salgado

ANEXO 1 - MODELO DE SOLICITUDE - CLUBS DEPORTIVOS

DATOS DE IDENTIFICACIÓN

ENTIDADE SOLICITANTE:

CIF:

ENDEREZO:

LOCALIDADE:

MAIL:

REPRESENTANTE DA ENTIDADE:

DNI:

TELÉFONO DE CONTACTO:

CARGO QUE OCUPA:

ENDEREZO PARA NOTIFICACIÓNS:

DATOS DEPORTIVOS

MODALIDADE/ESPECIALIDADE DEPORTIVA:

N.º DE LICENZAS FEDERATIVAS:

N.º DE PARTICIPANTES LOCAIS (empadroados/as no concello de Teo):

N.º DE EQUIPOS FEDERADOS:

CATEGORÍAS DE BASE (rodear a que corresponda): 7 6 5 4 3 2 1

NIVEL DOS FORMADORES TÉCNICOS DA BASE (indicar o número):

£ Técnico/s con titulación de adestrador profesional/nivel 3:

£ Técnico/s con titulación de adestrador avanzado/nivel 2:

£ Técnico/s con titulación de adestrador básico/nivel 1:

£ Técnicos con titulación de licenciado en Ciencias do Deporte e E.F.:

£ Técnico/s con outras titulacións/cursos formativos:

PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS DEPORTIVAS OFICIAS NO ANO 2106 (marcar a de maior rango):

Internacional - Estatal - Autonómico - Provincial - Comarcal ou local

ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES/EVENTOS DEPORTIVOS DENTRO DO CONCELLO DE TEO NO ANO 2016

(Marcar a de maior rango):

Internacional - Estatal - Autonómico - Provincial - Comarcal ou local

USO DE INSTALACIÓNS PARA O DEPORTE DE BASE NO ANO 2016 (Marcar as que correspondan):

Instalacións non municipais Instalacións non municipais (puntualmente) Instalacións municipais Instalacións municipais (puntualmente)

GASTOS DE MANTEMENTO DAS INSTALACIÓNS NO ANO 2016 (marcar as que corresponda):

Auga Luz Conservación da instalación

NÚMERO DE ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS NO ANO 2016:

PREVISIÓN DE GASTOS DE 2017:

COMPROMISOS E SINATURA

Declaro que:

- Acepto expresamente as bases da convocatoria de subvención.

- O solicitante reúne todos e cada un dos requisitos da convocatoria.

- Os datos que constan nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Teo , ……… de ……………………………… de 2017.

Sinatura do representante da entidade

ANEXO 1 - MODELO DE SOLICITUDE - DEPORTISTAS FEDERADOS/AS

DATOS DE IDENTIFICACIÓN

NOME E APELIDOS DO DEPORTISTA:

NIF:

ENDEREZO:

LOCALIDADE:

TELÉFONO:

MAIL:

NOME E APELIDOS DO REPRESENTANTE LEGAL (menores de idade):

NIF:

TELÉFONO DE CONTACTO:

RELACIÓN:

Pai/nai Titor/a Gardador/a de feito

ENDEREZO PARA NOTIFICACIÓNS:

DATOS DEPORTIVOS

MODALIDADE/ESPECIALIDADE DEPORTIVA:

N.º DE LICENZA FEDERATIVA:

COMPETICIÓN OFICIAL MÁXIMA NA QUE PARTICIPOU NO ANO 2016 (marcar a que corresponda):

Internacional Estatal Autonómica

MÁXIMO RESULTADO OBTIDO EN COMPETICIÓN OFICIAL NO ANO 2016 (marcar posto e competición):

POSTO: 1.º 2.º 3.º 4.º 5.º 6.º 7.º 8.º outros

COMPETICIÓN: Internacional Estatal Autonómica Combinado Estatal Combinado Autonómico

COMPETICIÓN OFICIAL MÁXIMA NA QUE PARTICIPOU NO ANO 2015 (marcar a que corresponda):

Internacional Estatal Autonómica Combinado Estatal Combinado Autonómico

PREVISIÓN DE GASTOS DE 2017:

COMPROMISOS E SINATURA

Declaro que:

- Acepto expresamente as bases da convocatoria de subvención.

- O solicitante reúne todos e cada un dos requisitos da convocatoria.

- Os datos que constan nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Teo, …. de ………………………… de 2017.

Sinatura do solicitante ou do representante (no caso dos menores de idade)

Teo, 29 de maio de 2017.

O alcalde

Rafael C. Sisto Edreira

2017/4584

Deportistas y técnicos
Deporte
Deporte
Promoción deportiva
Clubes y entidades deportivas
Competiciones deportivas
Eventos deportivos
Actividades deportivas
Ciencia
Actividades de ocio y tiempo libre
Exposiciones
Ocio y tiempo libre
Formación
Educación
Eventos
Deportistas individuales
Empresa
Prensa
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales