Bases de convocatoria de subvencións a clubs e entidades deportivas de base. Orzamento municipal 2015 - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

Bases da convocatoria de subvencións a clubs e entidades deportivas de base. Orzamento municipal 2015

1.-Finalidade e obxecto da subvención.

Conforme co disposto na Lei 7/1985, Reguladora de Bases de Réxime Local; Lei 5/1997, da Administración Local de Galicia; Lei 38/2003, Xeral de Subvencións; Real Decreto 887/2006 polo que se aproba o seu regulamento; Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia e Bases de execución do orzamento municipal para o 2015, a presente convocatoria ten por obxecto regular a liña de subvencións por concorrencia competitiva a clubs e entidades deportivas no fomento e promoción, en xeral, da Educación Física e do Deporte da nosa cidade.

O período obxecto de subvención abranguerá:

No suposto de deportes de tempada bianual: a tempada 2014-2015.

No suposto de deportes de tempada anual:dende o 1 de xaneiro de 2015 ata a data de presentación de solicitudes (incluído subsanación).

Esta convocatoria imputarase, con cargo á Concellería de Deportes, á aplicación orzamentaria 05004-3411-48000, por importe total de 110.000 €.

2.-Entidades solicitantes e requisitos.

Os clubs ou entidades deportivas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Estar inscritos no Rexistro de Asociacións Deportivas da Comunidade Autónoma de Galicia así como no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás do Concello de Ferrol (antigo Rexistro do extinguido Patronato Municipal de Deportes).

2. Ter os seus estatutos adaptados á Lei 3/2012, do 3 de abril, X.

3. eral do Deporte de Galicia.

4. Non contravir o regulado no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

5. Cumprir os requisitos establecidos nesta convocatoria de concesión de subvencións.

6. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

7. Estar ao corrente das súas obrigas co Administración Tributaria (de carácter estatal, autonómica e local) e coa Seguridade Social.

Quedan excluídas da presente convocatoria e non serán obxecto da subvención, as seguintes entidades:

As federacións deportivas, entes de promoción deportiva e aqueles clubs e entidades que tan só teñan actividades de carácter interno ou social.

Os beneficiarios de subvencións nominativas concedidas con cargo ao orzamento municipal 2015 coas seguintes excepcións:

a) Que o convenio asinado teña por obxecto a realización de probas, eventos ou competicións concretas.

b) Que o convenio asinado teña por obxecto a participación dos equipos seniors ou absolutos nas competicións oficiais. Neste suposto a participación na presente convocatoria terá por obxecto os equipos de Base (de biberóns ata xuvenís) que teñan.

3.-Condicións da concesión.

O procedemento ordinario de concesión de subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, mediante comparación das solicitudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre as ditas solicitudes de acordo cos criterios de valoración fixados nesta convocatoria, e co límite orzamentario dispoñible.

O importe da subvención en ningún caso poderá superar o 40% do balance do club ou entidade deportiva, que en todo caso deberá ser correctamente xustificado.

As entidades beneficiarias das subvencións quedan obrigadas a facer constar a colaboración do Concello de Ferrol en toda a información (impresa, informática e audiovisual) que se faga das actividades subvencionadas e na súa páxina web.

Así mesmo deberán facilitar ás persoas que designe o Concello de Ferrol a inspección e documentación da actividade, así como observar as indicacións técnicas que lle fagan sobre o desenvolvemento das mesmas.

4.-Solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes das subvencións dirixiranse á Alcaldía do Concello de Ferrol, no modelo que figura como anexo I a estas bases, e presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

A solicitude poderá presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou en calquera outros rexistros e/ou oficinas aos que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.-Documentación.

As persoas e entidades solicitantes deberán achegar, con carácter xeral:

1. Solicitude de participación na convocatoria en modelo oficial (anexo I).

2. Documentos que acrediten a identidade do solicitante e, no seu caso, a representación de quen asine a solicitude e declaracións xuradas (anexo II). Xuntaranse copias do DNI, do CIF.

3. Baremo de puntuación. Os clubs polideportivos entregarán por separado un baremo por deporte ou sección deportiva (anexo III) que conterá:

3.1. Memoria detallada das actividades deportivas realizadas durante a tempada 2014-2015 (tempada bianual) ou ano 2015 (tempada anual) asinados polo presidente/a da entidade ou persoa habilitada a tal efecto.

3.2. Certificación da Federación correspondente axustada ao modelo (anexo IV).

3.3. Calendarios oficiais de competición de cada un dos equipos que veñan reflectidos no baremo asinados polo presidente/a da entidade ou persoa habilitada a tal efecto.

3.4. Copia das titulacions dos técnicos deportivos.

3.5. No caso de presentar escola deportiva: (punto (a) do baremo)

3.5.1. Relación nominal dos alumnos/as xunto coa súa data de nacemento.

3.5.2. Declaración responsable sobre a contía que pagan os alumnos/as pola asistencia á escola así como da súa condición de non federados/as.

3.5.3. Declaración responsable de que os alumnos/as que se presentan no baremo como escola deportiva (punto (a) do baremo) non foron obxecto de subvención na 'convocatoria de subvencións a escolas deportivas con cargo ao orzamento do 2014'.

3.6. Cadro resumo das probas ou actividades deportivas.

3.7. Declaracion responsable na que se informe acerca de se é a entidade ou deportista quen paga as licencias ou mutualidades deportivas presentadas para a súa baremación.

3.8. Calquera outro documento xustificativo dos datos que figuran no baremo que a entidade considere oportuno poner en coñecemento da Administración.

3.9. Balance de ingresos e gastos da entidade, correspondente a tempada 2014-2015 (tempada bianual) ou ano 2015 (tempada anual).

3.10. Declaracion responsable de que os gastos e ingresos que se relacionan no balance foron destinados ás actividades descritas na memoria presentada e que se corresponden co obxecto da subvención.

4. Declaración de solicitude doutras axudas e subvencións para a realización do mesmo proxecto e se estas foron concedidas ou están pendentes de resolución, concepto e contía das mesmas (anexo V).

As declaracións responsables deberán ser asinadas polo Presidente/a da entidade solicitada ou persoa habilitada a tal efecto.

A documentación que se presente deberá ser orixinal ou copia compulsada.

De conformidade co art. 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderanse omitir os documentos que obren en poder do Concello e cuxo prazo de validez non expire, substituíndoos por unha declaración responsable na que se especifique que os mesmos non foron modificados dende a súa presentación no Concello de Ferrol e a data e o órgano ou dependencia na que foron presentados.

Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na norma de convocatoria, a Concellería de deportes requirirá ao interesado para que a subsane no prazo máximo e improrrogable de 10 días hábiles coa indicación de que se así non o fixera, se lle terá por desistido da súa solicitude, previa resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da Ley 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6.-Comisión de valoración e resolución das solicitudes.

A concesión das subvencións realizarase, mediante réxime de concorrencia competitiva, e será aprobada por resolución da Concellería competente, despois da proposta motivada da comisión avaliadora correspondente.

A comisión avaliadora estará composta polos seguintes membros:

Presidencia: Concelleiro/a delegada da Concellería de Deportes, que poderá ser coincidente con outros representantes; ou concellería en quen delegue se é o caso.

Concelleiro/a delegado de Participación Cidadá.

Un representante de cada grupo municipal.

Dous representantes de entidades deportivas, inscritas no Rexistro Municipal (extinguido Patronato Municipal de Deportes), elixidos/as por sorteo, con voz e sen voto.

Coordinadora municipal de actividades deportivas, que actuará como secretaria da comisión de valoración.

A comisión informativa correspondente a área que fai a convocatoria, deberá ditaminar a proposta efectuada pola comisión de valoración para a súa elevación ao órgano competente de aprobación.

7.-Criterios de avaliación das solicitudes.

A contía das subvencións determinarase despois da consideración das actividades que se van a realizar,ponderando segundo os seguintes criterios:

7.1) CRITERIO PARTICIPACIÓN

7.1.1) Escola deportiva.

Destinado a valorar a todos aqueles nenos/as que non posúan licenza federativa e polo tanto non participen nas competicións oficiais das diferentes federacións deportivas. Para puntuar dentro deste apartado, deberá presentarse:

Ï Relación nominal dos alumnos/as da escola xunto coa súa data de nacemento.

Ï Declaración responsable do presidente/a da entidade na que se informe acerca da contía que pagan os alumnos/as pola asistencia á escola así como de que os nenos/as nela relacionados/as non se atopan federados/as.

Ï Declaración responsable de que os alumnos que se presentan no baremo como escola deportiva (punto (a)) non foron obxecto de subvención na 'convocatoria de subvencións a escolas deportivas con cargo ao orzamento 2014'.

(a) O número de nenos/as, en función do custo da escola multiplicarase:

Gratuíta x 3 ptos.

Ata 12 €/mes x 2 pto.

Máis de 12 €/mes x 1 pto.

7.1.2) Fichas de deportistas.

Destinado a valorar o número de fichas de cada club. Xustificarase única e exclusivamente a través do certificado emitido pola federación correspondente.

Multiplicarase:

(b) N.º fichas deportistas masculinos x 1 pto.

(c) N.º fichas deportistas femininas x 3 ptos. agás nos seguintes deportes nos que se multiplicará x 1:

Ximnasia rítmica, ximnasia artística, atletismo, esgrima, patinaxe- artístico, xadrez, tiro olímpico, tiro con arco, judo, kárate, surf, natación, natación sincronizada, golf, actividades de montaña, hípica, actividades subacuáticas, tenis, tenis de mesa, pádel, deportes aéreos e vela.

7.2) CRITERIO N.º DE EQUIPOS E DESPRAZAMENTOS

Destinado a valorar o número de equipos de cada club así como os gastos que lle supón a súa participación nas competicións oficiais.

Só se terán en conta os equipos acreditados mediante certificado emitido pola federación correspondente e valoraranse os desprazamentos a través dos calendarios oficiais.

Ï (d) Competición idade escolar (xogade).

O n.º de equipos multiplicarase x 2 ptos.

Ï (e) Ligas locais :

O n.º de equipos multiplicarase x 12 ptos.

Para cada un do resto dos equipos:

Ï (f) Ligas comarcais:

N.º desprazamentos x 4 ptos. (ata un máximo de 24 ptos por equipo) e sempre e cando supoña un mínimo de 5 desprazamentos.

No caso de xadrez, tenis, tenis de mesa, pádel, kárate e judo a valoración máxima será de 8 ptos por equipo.

Cando sexan menos de 5 aplicarase a parte proporcional dos puntos.

4 PTOS.

DESPRAZAMENTOS

Multiplicamos X

4

3,2 ptos.

3

2,4 ptos.

2

1,6 ptos.

1

0,8 ptos.

Ï (g) Ligas provinciais

N.º desprazamentos x 8 ptos (ata un máximo de 80 ptos. por equipo) e sempre e cando supoña un mínimo de 5 desprazamentos.

No caso de xadrez, tenis, tenis de mesa, pádel, kárate e judo a valoración máxima será de 20 ptos. por equipo.

Cando sexan menos de 5 aplicarase a parte proporcional dos puntos.

8 PTOS.

DESPRAZAMENTOS

Multiplicamos X

4

6,4 ptos.

3

4,8 ptos.

2

3,2 ptos.

1

1,6 ptos.

Ï (h) Ligas galegas

N.º desprazamentos x 20 ptos (ata un máximo de 200 ptos. por equipo) e sempre e cando supoña un mínimo de 5 desprazamentos.

No caso de Xadrez, Tenis, Tenis de Mesa, Pádel, Kárate e Judo a valoración máxima será de 40 ptos por equipo.

Cando sexan menos de 5 aplicarase a parte proporcional dos puntos.

20 PTOS.

DESPRAZAMENTOS

Multiplicamos X

4

16 ptos.

3

12 ptos.

2

8 ptos.

1

4 ptos.

Ï (i) Ligas nacionais

N.º desprazamentos x 40 ptos. (ata un máximo de 400 ptos. por equipo) e sempre e cando supoña un mínimo de 5 desprazamentos.

No caso de xadrez, tenis, tenis de mesa, pádel, karate e judo a valoración máxima será de 60 ptos por equipo.

Cando sexan menos de 5 aplicarase a parte proporcional dos puntos.

40 PTOS.

DESPRAZAMENTOS

Multiplicamos X

4

32 ptos.

3

24 ptos.

2

16 ptos.

1

8 ptos.

Ï (k) No caso de competicións individuais

Xogador/día x 1 pto.

7.3) TÉCNICOS E COLABORADORES

Para a baremación deste criterio será preciso presentar documentación acreditativa de cada titulación ou certificación por parte da federación correspondente.

Ï (l) Adestradores nacionais ou licenciados ou graduados en Ciencias da actividade física de do deporte.

N.º de titulados x 5 ptos.

Ï (m) Adestradores rexionais, territoriais ou diplomados ou graduados en Educación Física.

N.º de titulados x 3 ptos.

Ï (n) Monitores básicos ou TAFAD

N.º de titulados x 2 ptos.

Ï (o) Delegados, Colaboradores, auxiliares.

N.º de titulados x 1 pto.

7.4) PROMOCIÓN DEPORTIVA

Ï (p) Seccións deportivas.

N.º de seccións do club x 10 ptos.

Ï (q) Organización de probas ou actividades deportivas.

Outorgarase a criterio da comisión avaliadora ata un máximo de 20 ptos.

Para a valoración deste criterio será preciso presentar un cadro resumo dos diferentes eventos realizados polo club e que recolla a seguinte información:

Evento

Data e lugar de realización

Solicitude de subvencións para

Concedida por

7.5) GASTOS DEPORTIVOS

Ï r) Gastos de competicións.

A información acerca da contía dos gastos deportivos extráese do reflectido na columna de gastos do balance incluída no baremo. No caso de entidades que teñan equipos que non sexan obxecto desta convocatoria deberán indicar os gastos imputados aos equipos que sí sexan obxecto desta convocatoria(prorratear).

Outorgarase un máximo de 40 ptos.

Baremación de puntos: a puntuación máxima será de 40 puntos, e corresponderá á entidade que xustifique o maior gasto. Con base ao anterior, os puntos correspondentes ao resto de entidades, calcularanse proporcionalmente.

Ï (s) Outras circunstancias.

Outorgarase a criterio da comisión avaliadora ata un máximo de 10 ptos.

8.-Notificación e publicidade da resolución.

As subvencións concedidas publicaranse a efectos informativos no taboleiro de anuncios do Concello de Ferrol e no da páxina web municipal.

O prazo máximo no que debe notificarse ás entidades interesadas a resolución expresa será de seis meses contados a partir do día seguinte á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo, a falta de resolución e notificación producirá efectos desestimatorios. O acto de resolución da subvención esgota a vía administrativa. En concordancia co que dispón o artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Alcalde deste concello, no termo dun mes a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, ou ben directamente recurso contencioso administrativo ante o Xulgado contencioso administrativo correspondente.

9.-Uso da lingua galega e dunha linguaxe non discriminatoria.

As comunicacións entre a persoa ou entidade adxudicataria e o Concello de Ferrol deberán realizarse en galego, así e como a difusión de resultados relativos ao proxecto e os seus produtos, en cumprimento da Ordenanza municipal de normalización lingüística de 1997.

10.-Xustificación das subvencións.

As entidades que reciban subvencións están obrigadas a facilitar os datos que lle sexan solicitados polo Concello de Ferrol.

A documentación xustificativa deberá ser presentada no Rexistro Xeral do Concello con data máxima 31 de Marzo de 2016.

10.1.-No caso de achegar xustificantes que non se axusten ao esixido ou presentar a documentación xustificativa incompleta, se lle notificará á persoa ou entidade beneficiaria da subvención, para que poida emendar, os xa presentados, no prazo de dez días hábiles. Poderá, se fose necesario, presentar novos documentos dentro do prazo concedido a tal fin. No caso de que o importe xustificado sexa unha cantidade inferior á que deba xustificar, o importe que aboará o Concello de Ferrol reducirase proporcionalmente.Transcorrido este prazo de subsanación sen que os documentos requiridos tiveran entrada no Rexistro Xeral deste Concello, o/a beneficiario/a perderá o seu dereito a percibir a subvención non xustificada.

10.2.-De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido o prazo de xustificación sen que se teña recibido xustificación ningunha, a unidade xestora remitiralle un requerimento á entidade beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de quince días hábiles.

A falla de xustificación da subvención neste prazo excepcional suporá a renuncia á subvención outorgada, así como a esixencia do reintegro e demáis responsabilidades dispostas na Lei Xeral de Subvencións.

A presentación da xustificación neste prazo excepcional ou no período comprendido entre a finalización do prazo de xustificación e a notificación do prazo excepcional non eximirá á entidade beneficiaria das sancións que, conforme á Lei xeral de subvencións lle correspondan previa incocación e tramitación do expediente sancionador correspondente dacordo co seguinte:

1. Sanción do 25% do importe da subvención adxudicada co límite máximo de 900 €.

2. Suspensión da tramitación do pago da subvención durante a tramitación do expediente sancionador.

3. Poderá se aplicada a compensación para o cobramento da sanción.

A xustificación deste convenio realizarase de conformidade co establecido, con carácter xeral, no art. 72 do RD 887/2006 por medio da 'conta xustificativa' que pola natureza deste convenio constará da seguinte documentación:

1. Facturas orixinais ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa polo importe total da subvención concedida, ao abeiro do establecido no artigo 30.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro (Lei Xeral de subvencions e o seu Regulamento). Poderase xustificar con copias compulsadas sempre que previamente se inclúa no orixinal a seguinte dilixencia, asinada polo responsable:

'Dilixencia.-En cumprimento da Lei 38/2003 esta factura foi utilizada como xustificante do gasto para a obtención da subvención do Concello de Ferrol ...................... do ano .......................'.

2. Xustificantes de pagamento das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa.

1. No caso de pagamento por transferencia bancaria: xustificante bancario

2. No caso de pagamento por cheque: extracto bancario e copia da matriz do talón.

3. No caso de transferencia electrónica: xustificante impreso co selo da entidade e extracto.

As facturas para a xustificación da subvención serán as emitidas no período ao que se refire a convocatoria da subvención:

Ï No suposto de deportes de tempada bianual: a tempada 2014-2015.

Ï No suposto de deportes de tempada anual: dende o 1de xaneiro de 2015 ata a data de presentación de solicitudes (incluído subsanación).

3. Relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación do acreedor do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento, de acordo co artigo 75 do R.D. 887/2006 do regulamento da Lei 38/2003 xeral de subvencións.

4. Acreditación de estar ao corrente no cumprimento das obrigas de carácter tributario coa Facenda Estatal, Autonómica e Local así como coa Tesourería da Seguridade Social. Conforme co artigo 24.4 do RD 887/2006 a presentación de declaración responsable sustituirá a destas certificacións no casos daquelas subvencións nas que a contía a outorgar a cada beneficiario non supere na convocatoria o importe de 3000 €.

5. Declaración Xurada sobre a obtención de axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra administración pública ou de particulares ou de entidades privadas.

6. Designación de conta bancaria na que se efectuarán os ingresos, segundo as normas establecidas pola Tesourería Municipal (www.ferrol-concello.es. Administración. Sección: Trámites.2. Designación de conta bancaria comunicación de datos bancarios) .

7. No caso de que a subvención se destine a financiar unha subministración ou servizo a partir de 18.000 € sen IVE teranse que achegar tres orzamentos, agás as excepcións do artigo 31.3 da LXS.

8. Acreditación do cumprimento das obrigas de publicidade establecidas na cláusula terceira.

11. Gastos subvencionables.

Serán gastos subvencionables aqueles que deriven do funcionamento ordinario da entidades tales como suministros de enerxía, fichas federativas,seguros, material de oficina non inventariable, equipamentos deportivos non inventariables, equipacións...

Non son gastos subvencionables os gastos derivados de adquisicións de material inventariable (ordenadores, vehículos, mobiliario de oficina e outros gastos que teñan unha duración superior a un (1) ano.

12.-Obrigas das entidades beneficiarias.

As obrigas das entidades son as recollidas na Lei 38/2003 xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e nas bases da presente convocatoria.

13.-Control financeiro das subvencións.

Este control realizarase consonte co disposto no art. 44 e seguintes da Lei xeral de subvencións.

Disposición adicional primeira

En todo o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas incluídas nas Bases reguladoras para a convocatoria de subvencións destinadas a entidades cidadás e cidadanía en xeral, Bases de execución do orzamento xeral do Concello de Ferrol para o exercicio de 2015; na Lei 38/2003, xeral de subvencións e no seu Regulamento, na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e demáis normativa aplicable.

Disposición adicional segunda

Para os efectos da salvagarda do dereito dos participantes na presente convocatoria á protección dos seus datos de carácter persoal, nos termos previstos na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, faise constar que os datos das subvencións concedidas quedarán incorporados ao Rexistro Público de Entidades do Concello de Ferrol.

Disposición final

A presente convocatoria entrará en vigor coa súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 4 de novembro 2015.

O concelleiro titular delegado de Deportes

Bruno Díaz Doce

A coordinadora de actividade deportivas

Cristina Muñiz Lamadrid

ANEXO I

SOLICITUDE DE PARTICIPACION NA SUBVENCION A CLUBES E ENTIDADES DEPORTIVAS DE BASE

Orzamento municipal 2015

D.ª ....................................................................................................................................., con D.N.I. .......................................

En nome da entidade que represento SOLICITO:

Que sexa admitida a trámite a solicitude para a Subvención a clubs e entidades deportivas de base con cargo o orzamento municipal do ano 2015.

E DECLARO:

Baixo a miña responsabilidade que son certos todos os datos que constan na presente solicitude, así como na documentación que se acompaña

Memoria detallada das actividades deportivas realizadas durante a tempada 2014-2015 (no caso de tempada bianual) ou no ano 2015 (no caso de deportes de tempada anual) .

Ï Conterá como mínimo a estructura do club, clasificacions ou resultados deportivos de cada un dos equipos…

Ï Documentación gráfica da actividade deportiva.

Baremo de puntuación (ANEXO III)

Fotocopias compulsadas da documentación acreditativa das titulacións do persoal

Calendarios oficiais de competición de cada un dos equipos que veñan reflectidos no baremo e asinados polo presidente/a da entidade ou persoa habilitada a tal efecto.

Certificación da Federación correspondente axustada ó modelo (anexo IV)

En Ferrol, a ............ de ................... de 2015.

Asdo.: ..........................

Sinatura do representante e selo da entidade

Sr. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE FERROL

ANEXO II

IDENTIFICACIÓN DO SOLICITANTE

ENTIDADE

CIF

N.º inscrición Rexistro Xunta de Galicia

N.º inscrición Rexistro Concello Ferrol

REPRESENTANTE

NIF

Enderezo a efectos de notificacion:

TLF:

FAX:

E -mail:

DECLARACIóN XURADA

En nome da entidade solicitante, declaro baixo a miña responsabilidade que:

As actividades obxecto da subvención non teñen carácter interno ou social dentro da entidade

A entidade referida non está incursa en causa de prohibición para ter a condicion de beneficiario de subvencions públicas de conformidade co artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

A entidade referida declara que atópase ó corrente coas obrigas tributarias da Seguridade social, Facenda do Estado, Xunta de Galicia e Concello de Ferrol.

A entidade referida ten os seus estatutos adaptados á Lei 3/2012, do 3 de abril, Xeral do Deporte de Galicia

A entidade que represento comprométese a cumprir os requisitos establecidos nesta convocatoria de concesión de subvencións.

A entidade que represento comprometese a publicitar a colaboración do Concello de Ferrol e de utilizar o galego como lingua vehicular

En Ferrol a ............ de ................... de 2015.

Asdo.: ............................

Sinatura do representante e selo da entidade

D./D.ª ....................................................................................................., con D.N.I. .................., Secretario/a da entidade .................................................................., CERTIFICA que D./D.ª ........................................................................................., con D.N.I. .............................., ostenta representación suficiente para actuar en nome e por conta da entidade.

En Ferrol, a .............. de ................... de 2015.

Sinatura do secretario/a. Sr. ....................................................................

* Adxuntarase DNI E copia conpulsada do CIF da entidade

ANEXO III

BAREMO DA CONVOCATORIA DE SUBVENCION A CLUBES E ENTIDADES DEPORTIVAS DE BASE CON CARGO O ROZAMENTO MUNICIPAL 2015

CRITERIO PARTICIPACIÓN

A) ESCOLA DEPORTIVA

N.º ALUMNOS

MULTIPLICA

PUNTOS

Gratuíta

x 3

Ata 12 €/mes

x 2

Máis de 12 €/mes

x 1

TOTAL PUNTOS

DECLARACIÓN XURADA

En nome da entidade solicitante, declaro baixo a miña responsabilidade que:

Os alumnos que se presentan no baremo como escola deportiva non foron obxecto de subvención na 'Convocatoria de subvencións a Escolas Deportivas con cargo ao orzamento do 2014

Os alumnos participantes na Escola Deportiva obxecto da presente subvención pagan as cantidades arriba reflectidas e teñen a condición de non federados.

En Ferrol, a ............ de ................... de 2015.

Asdo.: ............................

Sinatura do presidente/a ou persoa habilitada o efecto, e selo da entidade.

RELACIÓN NOMINAL DE ALUMNOS E ANO DE NACEMENTO

ALUMNO

NADO

ALUMNO

NADO

En Ferrol a ............ de ................... de 2015

Asdo.: ............................

Sinatura do presidente/a ou persoa habilitada ao efecto, e selo da entidade.

COMPETICIÓN FEDERADA

N.º FICHAS

MULTIPLICA

PUNTOS

DEPORTISTAS MASCULINOS

x 1

DEPORTISTAS FEMININOS de Ximnasia Rítmica, Ximnasia Artística, Atletismo, Esgrima, Patinaxe Artístico, Xadrez, Tiro Olímpico, Tiro con Arco, Judo, Kárate, Surf, Natación, Natación sincronizada, Golf, Actividades de Montaña, Hípica, Actividades subacuaticas, Tenis, Tenis de Mesa, Pádel, Deportes Aéreos e Vela)

x 1

DEPORTISTAS FEMININOS

x 3

TOTAL PUNTOS

DECLARACIÓN XURADA

En nome da entidade solicitante, declaro baixo a miña responsabilidade que:

O club _________________________________________ paga as licencias ou mutualidades dos seus deportistas.

En Ferrol, a ............ de ................... de 2015.

Asdo.: ............................

Sinatura do presidente/a ou persoa habilitada o efecto, e selo da entidade

CRITERIO N.º DE EQUIPOS E DESPRAZAMENTOS

(d) Competición en idade escolar

N.º equipos

Multiplica x

Total

x2

(e) Competición ligas locais

N.º equipos

Multiplica x

Total

x12

(f) Competición ligas comarcais

Máx. 24 ptos./equipo

Equipo

N.º desprazamentos

Multipica x4*

Total

Total aplicando o máximo

* Sempre e cando supoña un mínimo de 5 desprazamentos. Cando sexan menos de 5 aplicarase a parte proporcional dos puntos.

4 PTOS

DESPRAZAMENTOS

Multiplicamos X

4

3,2 ptos.

3

2,4 ptos.

2

1,6 ptos.

1

0,8 ptos.

(g) Competición ligas provinciais

Máx. 80 ptos./equipo

Equipo

N.º desprazamentos

Multipica x8

Total

Total aplicando o máximo

* Sempre e cando supoña un mínimo de 5 desprazamentos. Cando sexan menos de 5 aplicarase a parte proporcional dos puntos.

8 PTOS

DESPRAZAMENTOS

Multiplicamos X

4

6,4 ptos.

3

4,8 ptos.

2

3,2 ptos.

1

1,6 ptos.

(h) Competición ligas galegas

Máx. 200 ptos./equipo

Equipo

N.º desprazamentos

Multipica x 20

Total

Total aplicando o máximo

* Sempre e cando supoña un mínimo de 5 desprazamentos. Cando sexan menos de 5 aplicarase a parte proporcional dos puntos.

20 PTOS.

DESPRAZAMENTOS

Multiplicamos X

4

16ptos

3

12ptos

2

8 ptos

1

4 ptos

(i) Competición ligas nacionais

Máx. 400 ptos./equipo

Equipo

N.º desprazamentos

Multipica x40

Total

Total aplicando o máximo

* Sempre e cando supoña un mínimo de 5 desprazamentos. Cando sexan menos de 5 aplicarase a parte proporcional dos puntos.

40 PTOS.

DESPRAZAMENTOS

Multiplicamos X

4

32 ptos

3

24 ptos

2

16 ptos

1

8 ptos

CRITERIO N.º DE EQUIPOS E DESPRAZAMENTOS PARA XADREZ, TENIS, TENIS DE MESA, PADEL, KARATE E JUDO

(d) Competición en idade escolar

N.º equipos

Multiplica x

Total

x2

(e) Competición ligas locais

N.º equipos

Multiplica x

Total

x12

(f) Competición ligas comarcais

Máx. 8 ptos./equipo

Equipo

N.º desprazamentos

Multipica x4

Total

Total aplicando o máximo

* Sempre e cando supoña un mínimo de 5 desprazamentos. Cando sexan menos de 5 aplicarase a parte proporcional dos puntos.

4 PTOS.

DESPRAZAMENTOS

Multiplicamos X

4

3,2 ptos

3

2,4 ptos

2

1,6 ptos

1

0,8 ptos

(g) Competición ligas provinciais

Máx. 20 ptos./equipo

Equipo

N.º desprazamentos

Multipica x8

Total

Total aplicando o máximo

* Sempre e cando supoña un mínimo de 5 desprazamentos. Cando sexan menos de 5 aplicarase a parte proporcional dos puntos.

8 PTOS.

DESPRAZAMENTOS

Multiplicamos X

4

6,4 ptos

3

4,8 ptos

2

3,2 ptos

1

1,6 pos

(h) Competición ligas galegas

Máx. 40 ptos./equipo

Equipo

N.º desprazamentos

Multipica x20

Total

Total aplicando o máximo

* Sempre e cando supoña un mínimo de 5 desprazamentos. Cando sexan menos de 5 aplicarase a parte proporcional dos puntos.

20 PTOS.

DESPRAZAMENTOS

Multiplicamos X

4

16ptos

3

12ptos

2

8 ptos

1

4 ptos

(i) Competición ligas nacionais

Máx. 60 ptos./equipo

Equipo

N.º desprazamentos

Multipica x40

Total

Total aplicando o máximo

* Sempre e cando supoña un mínimo de 5 desprazamentos. Cando sexan menos de 5 aplicarase a parte proporcional dos puntos.

40 PTOS.

DESPRAZAMENTOS

Multiplicamos X

4

32 ptos

3

24 ptos

2

16 ptos

1

8 ptos

(k) Competicións individuais

Xogador/a

Datas

Campionato

Total días x1

Total

CRITERIOS TÉCNICOS E COLABORADORES

Tipo

N.º titulados acreditados

Multiplica X

Total

(l) Adestradores nacionais ou graduados en ciencias da actividade física e do deporte

x5

(m) Adestradores rexionais, territoriais, ou graduados en mestre de educación física

x3

(n) Monitores básicos ou TAFAD

x2

(o) Delegados, colaboradores, auxiliares

x1

CRITERIO PROMOCIÓN DEPORTIVA

(p) Seccións deportivas

Seccion de:

Multiplica X 10 ptos.

TOTAL

(q) Organización de probas ou actividades deportivas

Evento

Data e lugar de realización

¿Recibiu axuda ou subvención?*

Cantidade

A que entidade

A cubrir pola comisión avaliadora máximo 20 ptos.

TOTAL

* Tanto de entidades públicas como privadas.

En Ferrol, a ............ de ................... de 2015.

Asdo.: ............................

Sinatura do presidente/a ou persoa habilitada o efecto, e selo da entidade.

CRITERIO GASTOS ORGANIZATIVOS

INGRESOS

Importe

Pago de cutotas de deportistas

Aportacións dos socios

Subvencións de administracións públicas

Subvencións das federacions

Subvencións de entidades prrivadas (publicidade e outros)

Outros ingresos a especificar

TOTAL INGRESOS

GASTOS

Importe

Fichas dos deportistas

Mutualidades e seguros de responsabilidade civil

Arbitraxes en competicions oficiáis

Retribucions a persoal técnico

Custos por afiliación de xogadores para participar en competicions oficiais

Custos por inscricións de equipos ou deportistas para particiar en competicións oficiais federadas

Transporte

Material deportivo funxible (non inventariable)

Gastos de mantemento (luz, auga, gas, consumibles de oficina,telefono)

Gastos de manutención e hospedaxes relativos a calendarios de competicións oficiais da correspondente federación deportiva.

Outros gastos a especificar

TOTAL GASTOS

DECLARACIÓN XURADA

En nome da entidade solicitante, declaro baixo a miña responsabilidade que:

Este balance e fiel reflexo dos datos que figuran na contabilidade da entidade.

Os datos que se relacionan no balance sufragaron as actividades descritas na memoria presentada e que correspondense co obxecto da subvención

En Ferrol, a ............ de ................... de 2015.

Asdo.: ............................

Sinatura do presidente/a ou persoa habilitada o efecto, e selo da entidade

(r) Outras circunstancias

* A cubrir pola comisión avaliadora. Máx. 10 puntos

ANEXO IV

CERTIFICACIÓN DA FEDERACIÓN

D./D.ª ......................................................................................................................, con D.N.I. ............................, e en calidade de .......................................................... da Federación de ......................................................................................................

CERTIFICO QUE:

Que o club _______________________________________________________ na tempada 2014-2015 (ou ano 2015) participou nas competicións oficiais cos equipos dos que o número, categoría, número de xogadores e ámbito de participación detállase a continuación:

Nome do equipo

Categoría (idade)

Division (*1)

Ámbito de actuación (*2)

N.º fichas

(*1) 1.º; 2.º; 3.º Nacional-Autonómica-Local…

(*2) Desprazamentos ámbito local, comarcal, provincial, galego, nacional (fóra de Galicia) (acompañaranse calendarios oficiais).

Que o club _______________________________________________________ na tempada 2014-2015 (ou ano 2015) dilixenciou as fichas do que detállase a continuación:

Adestradores nacionais

Adestradores Rexionais ou territoriais

Monitores básicos

Delegados, colaboradores

E para que así conste, asino a presente certificación.

En Ferrol, a ............ de ................... de 2015.

Asdo.: ............................

Sinatura do presidente/a ou persoa habilitada o efecto, e selo da entidade

ANEXO 4

DECLARACIÓN XURADA DO CONXUNTO DE TODAS AS SUBVENCIÓNS OU AXUDAS SOLICITADAS E/OU CONCEDIDAS PROCEDENTES DE CALQUERA ENTIDADE PÚBLICA OU PRIVADA

ENTIDADE

DESCRICIÓN DO TIPO DE SUBVENCIÓN OU AXUDA

C/S*

IMPORTE

*C/S, indícase se foi concedida (C) ou solicitada (S)

NON FORON SOLICITADAS NIN CONCEDIDAS OUTRAS SUBVENCIÓNS OU AXUDAS£

En Ferrol, a ............ de ................... de 2015.

Asdo.: ............................

Sinatura do presidente/a ou persoa habilitada o efecto e selo da entidade

2015/11463

Deporte
Deporte
Promoción deportiva
Alumnado
Clubes y entidades deportivas
Deportistas y técnicos
Actividades deportivas
Eventos
Educación
Artes
Natación
Escuelas
Fomento de la participación ciudadana
Ciencia
Dependencia
Participación ciudadana
Gallego
Normalización lingüística
Vehículos
Transporte
Material deportivo
Federaciones deportivas