Bases de convocatoria de subvencións para escolas deportivas para a tempada 2015-2016. Orzamento 2015 - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

Bases da convocatoria de subvencións para Escolas Deportivas para a tempada 2015-2016. Orzamento municipal 2015.

1.-Finalidade e obxecto da subvención

Conforme co disposto na Lei 7/1985, de Bases de Réxime Local; Lei 5/1997, da Administración Local de Galicia; Lei 38/2003, Xeral de Subvencións; Real decreto 887/2006 polo que se aproba o seu regulamento; Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e Bases de execución do orzamento municipal para o 2015, esta convocatoria ten por obxecto regular a liña de subvencións por concorrencia competitiva a Escolas Deportivas, entendendo por tales, todas aquelas actividades desenvolvidas polos clubs, agrupacións deportivas.... que non teñan carácter non competitivo.

Unicamente serán obxecto de subvención os gastos e cos límites que se sinalan no punto 11 das bases (gastos subvencionables)

O período obxecto da subvención abranguerá a curso deportivo 2015-2016.

Este programa de subvencións imputarase, con cargo á Concellería de Deportes, á aplicación orzamentaria 05004-3411-48000 por un importe total de 15.000€.

2.- Entidades solicitantes e requisitos

As entidades deportivas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar inscritos no Rexistro de Asociacións Deportivas da Comunidade Autónoma de Galicia así como no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás do Concello de Ferrol (antigo rexistro do extinguido Patronato Municipal de Deportes).

b) Ter os seus estatutos adaptados á Lei 3/2012, do 3 de abril, Xeral do Deporte de Galicia.

c) Non contravir o regulado no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

d) Cumprir os requisitos da convocatoria de concesión de subvencións.

e) Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

f) Estar ao corrente das súas obrigas coa tributarias (de carácter estatal, autonómica e local) e coa Seguridade Social.

Quedarán excluídas desta convocatoria e non serán obxecto da subvencións, as seguintes entidades:

· Aquelas entidades que teñan recollido a través de convenios para a tempada 2015 - 2016 ou ano 2015 a obriga de ter unha escola deportiva.

3.- Condicións da concesión

O procedemento ordinario de concesión de subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, mediante comparación das solicitudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre as ditas solicitudes de acordo cos criterios de valoración fixados nesta convocatoria, e co límite orzamentario dispoñible.

As entidades beneficiarias das subvencións quedan obrigadas a facer constar a colaboración do Concello de Ferrol en toda a información (impresa, informática e/ou audiovisual) que se faga das actividades subvencionadas e na súa páxina web.

Así mesmo deberán facilitar ás persoas que designe o Concello de Ferrol a inspección e documentación da actividade, así como observar as indicacións técnicas que lle fagan sobre o desenvolvemento das mesmas.

4.- Solicitudes e prazo de presentación

As solicitudes das subvencións dirixiranse á Alcaldía do Concello de Ferrol, no modelo que figura como anexo I a estas bases, e presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

A solicitude poderá presentarse no rexistro xeral do Concello ou en calquera outros rexistros e/ou oficinas aos que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.- Documentación

Os solicitantes deberán presentar a seguinte documentación:

1. Solicitude de participación na convocatoria en modelo oficial (Anexo I)

2. Documentos que acrediten a identidade do solicitante e, no seu caso, a representación de quen asine a solicitude e declaracións xuradas. Xuntaranse copias compulsadas do DNI e do CIF (Anexo II)

3. Proxecto da Escola deportiva cos seguintes contidos mínimos (Anexo III)

1. Título do proxecto

2. Obxectivo xeral.

3. Obxectivos específicos

4. Descrición das actividades a realizar pola escola deportiva.

5. Calendario de actividades.

6. Número de participantes da escola, relación nominal, así como anos de nacemento dos mesmos.

7. Relación nominal de monitores-adestradores que estean ao fronte de cada unha, con expresión da titulación de cada un deles. Deberán entregar unha fotocopia compulsada do título deportivo

8. Orzamento: Detalle por conceptos dos ingresos e gastos da actividade durante o curso deportivo 2015-2016. No apartado de ingresos figurará a axuda solicitada. No de gastos, tanto para a valoración como para a xustificación da subvención, admitiranse soamente as partidas e os límites que sinalados no punto undécimo destas bases (gastos subvencionables).

9. Declaración de solicitude doutras axudas e subvencións para a realización do mesmo proxecto e se estas foron concedidas ou están pendentes de resolución, concepto e contía das mesmas (Anexo IV)

As declaracións responsables deberá ser asinadas polo Presidente/a da entidade solicitante ou persoa habilitada a tal efecto.

Toda a documentación que se presente deberá ser orixinal ou copia compulsada.

De conformidade co art. 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderanse omitir os documentos que xa fosen achegados con anterioridade e cuxo prazo de validez non expire, substituíndoos por unha declaración na que se especifique que os mesmos non foron modificados dende a súa presentación no Concello de Ferrol e a data e o órgano ou dependencia na que foron presentados.

Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na norma de convocatoria, a Concellería de Deportes requirirá ao interesado para que a subsane no prazo máximo e improrrogable de 10 días hábiles coa indicación de que se así non o fixera, se lle terá por desistido da súa solicitude, previa resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6.- Comisión de valoración e resolución das solicitudes

A concesión das subvencións realizarase, mediante un réxime de concorrencia competitiva, e será aprobada por resolución da Concellería competente, despois da proposta motivada da comisión avaliadora correspondente.

A comisión avaliadora estará composta polos seguintes membros:

· Presidencia: Concelleiro/a delegada da Concellería de Deportes, que poderá ser coincidente con outros representantes; ou concellería en quen delegue se é o caso.

· Concelleiro/a delegado de Participación Cidadá.

· Un representante de cada grupo municipal.

· Dous representantes de entidades deportivas, inscritas no Rexistro Municipal (extinguido Patronato Municipal de Deportes), elixidos/as por sorteo, con voz e sen voto.

· Coordinadora municipal de actividades deportivas, que actuará como secretaria da comisión de valoración.

A comisión informativa correspondente a área que fai a convocatoria, deberá ditaminar a proposta efectuada pola comisión de valoración para a súa elevación ao órgano competente de aprobación.

7.- Criterios de avaliación das solicitudes

A contía das subvencións determinarase despois da consideración das actividades que se van a realizar, ponderando segundo os seguintes criterios:

7.1.- Número de participantes totais. (Ata 15 puntos).

Tomarase como máximo (15 ptos) o maior número de alumnos presentado polas entidades concorrentes. Para a baremacion dos puntos correspondentes ao resto de entidades, calcularase a parte proporcional dos puntos con base aos alumnos presentados.

7.2.- Acreditación do nº de alumnos na Escola con algunha eiva física, psíquica ou sensorial. (Ata 5 puntos).

Outorgarase os 5 puntos ás entidades que acrediten que teñen 1 ou máis alumnos con algún tipo de eiva física, psíquica ou sensorial.

7.3.- Titulación dos monitores-adestradores que impartan as ensinanzas. (Ata 5 puntos).

Para a baremación deste criterio será preciso presentar a documentación acreditativa de cada titulación.

· Adestradores nacionais, licenciados ou graduados en Ciencias da actividade física e do deporte.

' Nº de titulados x 5 ptos

· Adestradores rexionais, territoriais ou Diplomados ou graduados en Educación Física

' Nº de titulados x 3 ptos

· Monitores básicos ou TAFAD

' Nº de titulados x 2 ptos

· Delegados, Colaboradores, auxiliares

' Nº de titulados x 1 ptos

7.4.- Titulación do coordinador responsable da Escola deportiva (Ata 5 puntos.)

Para a baremación deste criterio será preciso presentar a documentación acreditativa de cada titulación.

· Adestradores nacionais ou licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade física e do deporte.

' Nº de titulados x 5ptos

· Adestradores rexionais, territoriais ou Diplomados ou graduados en Educación Física

' Nº de titulados x 3 ptos

· Monitores básicos ou TAFAD

' Nº de titulados x 2 ptos

· Delegados, Colaboradores, auxiliares

' Nº de titulados x 1 ptos

7.5.- Horario semanal e programa de actividades. (Ata 10 puntos)

Tomarase como máximo (10 ptos) o número de horas mais alta presentada polas entidades. Para a baremación dos puntos correspondentes ao resto de entidades, calcularase a parte proporcional dos puntos en base as horas das Escolas.

7.6.- O gasto do seguro de responsabilidade civil e accidentes será considerado ata unha contía máxima de 250 €

O importe da subvención será proporcional á suma da puntuación obtida da aplicación do anterior baremo máis o importe do seguro de responsabilidade civil. No caso de que un club desenvolva máis dunha Escola, o baremo se lle aplicará independentemente a cada unha delas.

En ningún caso o importe da axuda municipal poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións e os ingresos propios da escola deportiva supere o custo das actividades a desenvolver polo beneficiario.

8.- Notificación e publicidade da resolución

As subvencións concedidas publicaranse a efectos informativos no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Ferrol.

O prazo máximo no que debe de notificarse ás entidades interesadas a resolución expresa será de seis meses contados a partir do día seguinte á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo, a falta de resolución e notificación producirá efectos desestimatorios. O acto de resolución da subvención esgota a vía administrativa. En concordancia co que dispón o artigo 116 da Lei 30/1992 , do 26 de novembro, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Alcalde deste concello, no termo dun mes a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, ou ben directamente recurso contencioso administrativo ante o Xulgado contencioso administrativo correspondente.

9.- Uso da lingua galega e dunha linguaxe non discriminatoria

As comunicacións entre a persoa ou entidade adxudicataria e o Concello de Ferrol deberán realizarse en galego, así e como a difusión de resultados relativos ao proxecto e os seus produtos, en cumprimento da Ordenanza municipal de normalización lingüística de 1997.

10.- Xustificación das subvencións

As entidades que reciban subvencións están obrigadas a facilitar os datos que lle sexan solicitados polo Concello de Ferrol.

A documentación xustificativa deberá ser presentada no Rexistro Xeral do Concello con data máxima 15 de xuño de 2016.

10.1.-No caso de achegar xustificantes que non se axusten ao esixido ou presentar a documentación xustificativa incompleta, se lle notificará á persoa ou entidade beneficiaria da subvención, para que poida emendar, os xa presentados, no prazo de dez días hábiles. Poderá, se fose necesario, presentar novos documentos dentro do prazo concedido a tal fin. No caso de que o importe xustificado sexa unha cantidade inferior á que deba xustificar, o importe que aboará o Concello de Ferrol reducirase proporcionalmente. Transcorrido este prazo sen que os documentos tiveran entrada no Rexistro Xeral deste Concello, o/a beneficiario/a perderá o seu dereito a percibir a subvención non xustificada.

10.2.-De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido o prazo de xustificación sen que se teña recibido xustificación ningunha, a unidade xestora remitiralle un requerimento á entidade beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de quince días.

A falla de xustificación da subvención neste prazo excepcional suporá a renuncia á subvención outorgada, así como a esixencia do reintegro e demáis responsabilidades dispostas na Lei Xeral de Subvencións.

A presentación da xustificación neste prazo excepcional ou no período comprendido entre a finalización do prazo de xustificación e a notificación do prazo excepcional non eximirá á entidade beneficiaria das sancións que, conforme á Lei xeral de subvencións lle correspondan previa incocación e tramitación do expediente sancionador correspondente dacordo co seguinte:

1. Sanción do 25% do importe da subvención adxudicada co límite máximo de 900 €.

2. Suspensión da tramitación do pago da subvención durante a tramitación do expediente sancionador.

3. Poderá se aplicada a compensación para o cobramento da sanción.

A xustificación deste convenio realizarase de conformidade co establecido, con carácter xeral, no art. 72 do RD 887/2006 por medio da 'conta xustificativa' que pola natureza deste convenio constará da seguinte documentación:

1. Memoria deportiva da totalidade da actividade realizada xustificativa do cumprimento do obxecto do convenio así como a indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos. Asemesmo presentarase unha declaración responsable asinada polo Presidente, na que se exprese, baixo a súa responsabilidade ter cumprido o programa de actividades.

2. Memoria económica xustificativa que inclúa:

2.1. Facturas orixinais ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa polo importe total da subvención concedida, ao abeiro do establecido no artigo 30.3 da Lei 38/2003 de 17 de novembro (Lei Xeral de subvencións e o seu Regulamento).Poderase xustificar con copias compulsadas sempre que previamente se inclúa no orixinal a seguinte dilixencia asinada polo responsable:

'Dilixencia: En cumprimento da Lei 38/2003 esta factura foi utlilizada como xustificante do gasto para a obtención da subvención do Concello de Ferrol............do ano........'

2.2. Xustificantes de pagamento das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa.

2.2.1. No caso de pagamento por transferencia bancaria: xustificante bancario;

2.2.2. No caso de transferencia electrónica: xustificante impreso co selo da entidade e extracto.

2.2.3. No caso de pagamento por cheque: extracto bancario e copia da matriz do talón.

2.3. Relación clasificada dos gastos da actividade (os gastos referiranse ao curso deportivo 2015-2016 e estarán relacionados directamente coa actividade obxecto da subvención según o establecido no punto undécimo das bases e nos límites marcados por ésta) con identificación de: acreedor do documento, o seu importe, porcentaxe do gasto imputado á subvención, data de emisión e data de pagamento, de acordo co artigo 75 do RD 887/2006 do Regulamento da Lei 38/2003 xeral de subvencións (Anexo V)

2.4. Declaración Xurada sobre a obtención doutras axudas ou solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade de calquera outra Administración pública ou de particulares ou de entidades privadas

2.5. Acreditación de estar ao corrente no cumprimento das obrigas de carácter tributario coa Facenda Estatal, Autonómica e Local así como coa Tesourería da Seguridade Social. Conforme co artigo 24.4 do RD 887/2006 a presentación de declaración responsable sustituirá a destas certificacións no casos daquelas subvencións nas que a contía a outorgar a cada beneficiario non supere na convocatoria o importe de 3000 €.

2.6. Designación de conta bancaria na que se efectuarán os ingresos, segundo as normas establecidas pola Tesourería Municipal (www.ferrol-concello.es. Administración. Sección: Trámites.2. Designación de conta bancaria comunicación de datos bancarios).

2.7. No caso de que a subvención se destine a financiar unha subministración ou servizo a partir de 18.000 € sen IVE teranse que achegar tres orzamentos, agás as excepcións do artigo 31.3 da LXS.

2.8. Acreditación do cumprimento das obrigas de publicidade establecidas na cláusula terceira.

11. Gastos subvencionables

Admitiranse soamente as partidas e os límites que a continuación se especifican:

a) GASTOS DE PERSOAL (monitores): máximo 120 euros/mes/monitor

a. Recibís.Aceptaranse como xustificantes de gasto recibos de monitores, adestradores ou coordinadores nos que figuren con claridade o nome e apelidos do receptor, o seu DNI, a cantidade percibida e o concepto da mesma, así coma a retención a aplicar.

De conformidade coa Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, e para aquelas entidades inscritas, aceptaranse recibís como medio para acreditar a efectividade dos gastos ocasionados no desenvolvemento da acción voluntaria do voluntario/a asi como a natureza de reembolso dos gastos que esta acción lles causou. Figurará con claridade o nome e apelidos do receptor (monitores, adestradores ou coordinadores), o seu DNI, a cantidade percibida e o concepto da mesma.

b. Nóminas.

c. Facturas por prestación de servizos de monitoraxe.

b) MATERIAL DEPORTIVO.

a. Escolas con 50 participantes ou inferior: máximo de 300 euros.

b. Escolas con máis de 50 participantes:máximo de 400 euros.

c) GASTOS DE ADMINISTRACIÓN

a. Escolas con 50 participantes ou inferior: máximo de 200 euros.

b. Escolas con máis de 50 participantes: máximo de 250 euros.

d) SEGURO de responsabilidade civil e de accidentes: máximo 250 euros.

12.-Obrigas das entidades beneficiarias

As obrigas das entidades son as recollidas na Lei 38/2003 xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e nas bases da presente convocatoria.

13.- Control financeiro das subvencións

Este control realizarase consonte co disposto no art. 44 e seguintes da Lei xeral de subvencións.

Disposición adicional primeira

En todo o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas incluídas nas Bases reguladoras para a convocatoria de subvencións destinadas a entidades cidadás e cidadanía en xeral, Bases de execución do orzamento xeral do Concello de Ferrol para o exercicio de 2014; na Lei 38/2003, xeral de subvencións e no seu Regulamento e na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e demais normativa aplicable.

Disposición adicional segunda

Para os efectos da salvagarda do dereito dos participantes na presente convocatoria á protección dos seus datos de carácter persoal, nos termos previstos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, faise constar que os datos das subvencións concedidas quedarán incorporados ao Rexistro Público de Entidades do Concello de Ferrol.

Disposición final

A presente convocatoria entrará en vigor coa súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, de 3 de novembro de 2015

O concelleiro titular delegado de Deportes

Bruno Díaz Doce

A coordinadora de actividade deportivas

Cristina Muñiz Lamadrid

Anexo I

SOLICITUDE DE PARTICIPACION NA SUBVENCION A ESCOLAS DEPORTIVAS. Orzamento municipal 2015

Dª...............................................................................................................................................................con D.N.I:........................................................

En nome da entidade que represento SOLICITO:

Que sexa admitida a trámite a solicitude para a Subvención a Escolas deportivas con cargo o orzamento municipal do ano 2015.

E DECLARO:

Baixo a miña responsabilidade que son certos todos os datos que constan na presente solicitude, así como na documentación que se acompaña

Proxecto da Escola. ( Anexo III)

Fotocopias compulsadas da documentación acreditativa das titulacións do persoal

Copia compulsada do seguro de RC e Accidentes

En Ferrol a ............ de ................... de 2015

Asdo: ..........................

Sinatura do representante e selo da entidade.

Sr ALCALDE DO ECXMO. CONCELLO DE FERROL

Anexo II

IDENTIFICACION DO SOLICITANTE

ENTIDADE

CIF

Nº inscrición rexistro Xunta de Galicia

Nº inscrición rexistro Concello Ferrol

REPRESENTANTE

NIF

Enderezo a efectos de notificacion:

TLF:

FAX:

E -mail:

DECLARACION XURADA

En nome da entidade solicitante, declaro baixo a miña responsabilidade que:

As actividades obxecto da subvención non teñen carácter interno ou social dentro da entidade

A entidade referida non está incursa en causa de prohibición para ter a condicion de beneficiario de subvencions públicas de conformidade co artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de Novembro.

A entidade referida declara que atópase ó corrente coas obrigas tributarias da Seguridade social, Facenda do Estado, Xunta de Galicia e Concello de Ferrol.

A entidade referida ten os seus estatutos adaptados á Lei 3/2012, do 3 de abril, Xeral do Deporte de Galicia

A entidade que represento comprométese a cumprir os requisitos establecidos nesta convocatoria de concesión de subvencións.

A entidade que represento comprometese a publicitar a colaboración do Concello de Ferrol e de utilizar o Galego como lingua vehicular

En Ferrol a ............ de ................... de 2015

Asdo: ........................................

Sinatura do representante e selo da entidade.

D/Dª ................................................................................................................................................................con D.N.I ...........................................

Secretario/a da entidade ...........................................................................................................................................................................................,

CERTIFICA que D/Dª .......................................................................................................................................con D.N.I:........................................

ostenta representación suficiente para actuar en nome e por conta da entidade.

En Ferrol a .............. de ...................de 2015.

Sinatura do secretario/a. Sr:....................................................................

* Adxuntarase DNI e copia compulsada do CIF da entidade

Anexo IV

PROXECTO DE ESCOLA DEPORTIVA

1.- TITULO DO PROYECTO:

2. OBXECTIVO XERAL DA ESCOLA:

3. OBXECTIVOS ESPEFICICOS:

4.- ACTIVIDADES

ACTIVIDADE 1:

DESCRIPCION:

ACTIVIDADE 2:

DESCRIPCION:

ACTIVIDADE 3:

DESCRIPCION:

ACTIVIDADE 4:

DESCRIPCION:

ACTIVIDADE 5:

DESCRIPCION:

ACTIVIDADE 6:

DESCRIPCION:

ACTIVIDADE 7:

DESCRIPCION:

ACTIVIDADE 8:

DESCRIPCION:

ACTIVIDADE 9:

DESCRIPCION:

ACTIVIDADE 10:

DESCRIPCION:

ACTIVIDADE 11:

DESCRIPCION:

ACTIVIDADE 12:

DESCRIPCION:

5.- CALENDARIO DE ACTIVIDADES

ACTIVIDADE

MES INICIO

MES FIN

A cubrir polo concello

DÍAS

SEMANAIS

A cubrir polo concello

HORARIO

A cubrir polo concello

ACTIVIDADE 1:

ACTIVIDADE 2:

ACTIVIDADE 3:

ACTIVIDADE 4:

ACTIVIDADE 5:

ACTIVIDADE 6:

ACTIVIDADE 7:

ACTIVIDADE 8:

ACTIVIDADE 9:

ACTIVIDADE 10:

ACTIVIDADE 11:

ACTIVIDADE 12:

6.- RELACION NOMINAL DE ALUMNOS E ANO DE NACEMENTO

ALUMNO

NADO

ALUMNO

NADO

En Ferrol a ............ de ................... de 2015

Asdo: ............................

Sinatura do presidente/a ou persoa habilitada o efecto, e selo da entidade.

7. - Relación nominal de RRHH

Nome

Cargo

Titulacion

*Soamente valoraranse os monitores - adestradores- ou coordinadores que acrediten a través e copia compulsada das súas titulacions

En Ferrol a ............ de ................... de 2015

Asdo: ...................................

Sinatura do presidente/a ou persoa habilitada o efecto, e selo da entidade.

8.- ORZAMENTO DA ESCOLA

INGRESOS

IMPORTE

GASTOS

IMPORTE

TOTAL INGRESOS

TOTAL GASTOS

En Ferrol a ............ de ................... de 2015

Asdo: ..................................

Sinatura do presidente/a ou persoa habilitada o efecto, e selo da entidade

Anexo IV

DECLARACIÓN XURADA DO CONXUNTO DE TODAS AS SUBVENCIÓNS OU AXUDAS SOLICITADAS E/OU CONCEDIDAS

PROCEDENTES DE CALQUERA ENTIDADE PÚBLICA OU PRIVADA

ENTIDADE

DESCRICIÓN DO TIPO DE

SUBVENCION OU AXUDA

C/S*

IMPORTE

*C/S, indicase se foi concedida ( C ) ou solicitada ( S )

NON FORON SOLICITADAS NIN CONCEDIDAS OUTRAS SUBVENCIÓNS OU AXUDAS£

En Ferrol a ............ de ................... de 2015

Asdo: ............................

Sinatura do presidente/a ou persoa habilitada o efecto, e selo da entidade

Anexo V

RELACION CLASIFICADA DE GASTOS DA ACTIVIDADE

ENTIDADE:

SUBVENCIÓN / EXERCICIO:

SUMA DE GASTO:

Tipo de gasto1

Acreedor ( nome, razón social, apelidos CIF/NIF)

Nº factura

importe

% do gasto

Data de emisión

Data de Pagamento

TOTAL

En ............................a ........... de ................ .........................de 2015

O/A SECRETARIO Ve PR O/A PRESIDENTE

---------------------------

1 a) GASTOS DE PERSOAL (monitores): máximo 120 euros/mes/monitor.

b) MATERIAL DEPORTIVO.

a. Escolas con 50 participantes ou inferior: máximo de 300 euros.

b. Escolas con máis de 50 participantes:máximo de 400 euros.

c) GASTOS DE ADMINISTRACIÓN

a. Escolas con 50 participantes ou inferior: máximo de 200 euros.

b. Escolas con máis de 50 participantes: máximo de 250 euros.

d) SEGURO de responsabilidade civil e de accidentes

2015/11465

Deporte
Deporte
Clubes y entidades deportivas
Alumnado
Promoción deportiva
Ciencia
Educación
Dependencia
Fomento de la participación ciudadana
Actividades deportivas
Participación ciudadana
Gallego
Normalización lingüística
Material deportivo