Bases de convocatoria de subvencións de festas populares - Boletín Oficial de A Coruña de 31-05-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Bases
  • Plazo: Ver Detalles , 31/05/2018 hasta ----
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

APROBACION BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS NO CONCELLO DE ARZÚA DURANTE O ANO 2018

A Xunta de Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras das axudas a entidades entidades sen ániimo delucro para festas populares en barrios e parroquias do Concello de Arzúa.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 30 días naturais contado dende o día seguinte o da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS NO CONCELLO DE ARZÚA DURANTE O ANO 2018

Dende o Concello de Arzúa preténdese apoiar e incentivar a realización de actividades culturais e artísticas vinculadas á cultura popular e tradicional das festa de carácter popular e tradicional nos barrios e parroquias deste Concello.

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA.

A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para realizar festas populares nos barrios e parroquias do Concello de Arzúa.

2. BENEFICIARIOS.

Poderán beneficiarse das subvencións reguladas na presente convocatoria todas as parroquias que promovan festas populares a través de entidades, organismos ou asociacións xuridicamente constituídas que cumpran os seguintes requisitos e fins:

1) Carecer de fins de lucro.

2) Estar debidamente inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello nos termos previstos no artigo 236, parágrafos 2, 3 e 4 do vixente ROF; ou telo solicitado na data da petición.

3) Non ter débedas co Concello de Arzúa por calquera concepto.

4) As demais obrigas reguladas nos artigos 7 e 8 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arzúa.

3. CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS.

O importe de cada subvención será 600,00 € por anualidade e parroquia. No suposto de que se presente máis dunha solicitude por barrio ou parroquia, terase en conta a de máis representatividade e tradición histórica.

4. APLICACIÓN ORZAMENTARIA.

Para o financiamento destas subvencións destínase un crédito máximo de 12.600,00 € que se imputará á aplicación 338.480.00 do orzamento municipal do ano 2018.

5. SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR.

Os interesados deberán presentar a seguinte documentación:

1) Modelo de solicitude (modelo normalizado n.º 1).

2) Fotocopia compulsada do CIF.

3) Fotocopia compulsada dos estatutos da entidade.

4) Certificación de datos bancarios da entidade (modelo normalizado n.º 2).

5) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade (DNI) do/a representante legal.

6) Certificación acreditativa do acordo de solicitude, do nomeamento do representante para as relacións co Concello e de non estar incursa a entidade nos supostos de prohibicións para percibir axudas públicas (modelo normalizado n.º 3).

7) Declaración xurada ou certificación do/a representante legal ou representante para as relacións co Concello de Arzúa da entidade de aceptar as condicións da convocatoria (modelo normalizado n.º 4).

8) Memoria explicativa da actividade que se vai a desenvolver, indicando en cada unha delas:

x Nome da festa.

x Data ou datas de realización.

x Lugar ou lugares onde se desenvolve.

x Orzamento de gastos e ingresos e forma de financiamento previsto (mediante fondos propios, doutros organismos públicos ou privados...).

x Obxectivos e fins que se pretenden coa realización da mesma.

(Modelo normalizado n.º 5).

9) Autorización para recabar certificado de estar ao corrente no cumprimento das obrigas coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social, segundo o modelo normalizado n.º 6; así como autorización ao Concello de Arzúa para recabar datos na Base de datos de xestión tributaria e de Recadación da Deputación Provincial de A Coruña, aos efectos de verificar o cumprimento das obrigas co Concello. Achégase modelo normalizado n.º 7

Non será precisa a presentación dos documentos aos que fan referencia os puntos 2), 3), 5) e 6); sempre que obren en poder da Administración.

6. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN.

O prazo para presentar as solicitudes será de 30 días naturais, no rexistro xeral do Concello, a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.

No caso de solicitudes defectuosas ou incompletas, concederase un prazo de dez días para a súa corrección ou emenda, arquivándose sen máis trámite, cando non se emenden as deficiencias advertidas no prazo sinalado. Non se terán en conta as solicitudes presentadas fóra dos prazos fixados na convocatoria.

7. GASTOS SUBVENCIONABLES.

Serán subvencionables os gastos derivados do fomento de actividades e programas relacionados coas festas parroquiais indicados na memoria.

No caso de que o proxecto se adecúe á finalidade da subvención percibiranse a cantidade de 600,00 € .

8. OBRIGAS DO BENEFICIARIO.

Constitúen obrigas do beneficiario:

1. Cumprir o obxectivo, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da axuda. A subvención deberá ser destinada exclusivamente ós fins para os que foi concedida, quedando expresamente prohibida calquera alteración de destino non autorizada polo Concello.

2. O beneficiario comprométese a dar a publicidade que sexa conveniente ao Concello de Arzúa por esta colaboración.

3. O beneficiario está obrigado, cando así sexa requerida polo Concello, a xustificar o cumprimento do establecido nas bases desta convocatoria. Ademais, deberá someterse, cando así se lle requira, ás actuacións de comprobación e control financeiro por parte da intervención xeral do Concello.

4. Deberá comunicar ao Concello a obtención de calqueira outra subvención, axuda, ingreso ou recurso que financie a actividade que se subvenciona, sen que en ningún caso, o importe das subvencións poida ser de tal contía que, aislada ou en concurrencia con outras subvencións, axudas ou ingresos supere o coste da actividade subvencionada. Esta comunicación realizarase tan pronto como se coñeza, e en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

5. O beneficiario deberá conservar os documentos xustificativos dos fondos percibidos, así como a documentación contable que lle sexa esixida na súa lexislación aplicable, có fin de facilitar as actuacións de comprobación e control.

9. PRAZO E FORMA DE XUSTIFICACIÓN.

A xustificación baixo a responsabilidade do declarante, farase coa presentación no Rexistro de Entrada do Concello, antes do 30 de novembro do ano 2018. Deberá presentarse a documentación seguinte:

1. Anexos 8 e 9 debidamente cumplimentados

2. Facturas, nóminas ou outros documentos de valor probatorio equivalente e con validez no tráfico xurídico mercantil que acrediten os gastos realizados; e que deberán de importar, como mínimo, a contía da subvención concedida. No caso de obterse axudas doutras administracións públicas deberá xustificarse gasto por unha contía igual á suma de todalas axudas, noutro caso reducirase proporcionalmente a axuda outorgada polo Concello.

3. Xustificantes dos pagamentos efectuados

4. Acreditación da publicidade da colaboración económica por parte do Concello de Arzúa

No caso de que non se presente a xustificación dentro do prazo, tramitarse o requerimento ao que fai referencia o artigo 70.3 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.

10. PAGAMENTO.

O pagamento da subvención concedida farase efectivo da seguinte maneira:

¡ Un 80% da contía con carácter prepagable, unha vez presentada e aprobada a documentación achegada para a solicitude da subvención

¡ 20% restante, unha vez xustificados totalmente os gastos realizados.

11. REINTEGRO.

O incumprimento parcial ou total das condicións establecidas, a desviación da subvención para actividades ou conceptos non estimados no proceso de tramitación e resolución, o incumprimento da obriga de xustificación, a duplicidade de subvencións para un mesmo programa, sempre que non sexan complementarias, constituirán causa determinante para a revocación da subvención concedida, coa conseguinte devolución dos créditos obtidos.

Igualmente, o falseamento ou ocultación dos datos esixidos nas declaracións, dará lugar á cancelación da subvención e á obriga do reintegro das cantidades recibidas.

As cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para a súa cobranza o previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

12. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto no Título IV da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

2018/3817

Fiestas Populares
Actividad cultural
Cultura
Artes