BASES E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMAS DE ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS REALIZADAS NO EXERCICIO 2015 - Boletín Oficial de Pontevedra de 19-03-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: CERRADO , 19/03/2015 hasta 19/09/2015
  • Documento en formato PDF

En virtude do estabelecido no artigo 28 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local e disposicións concordantes, o servizo de festas da Concellería de Cultura, Festas e Museos do Concello de Vigo convoca a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a programas de actividades de ámbito sociocultural.

Primeiro.- Partida económica e créditos

A contía da presente convocatoria ascende a 50.000 euros, con cargo á partida 3380.489.0000 (transferencias a entidades sen ánimo de lucro) do programa orzamentario de Festas para o vixente exercicio.

Segundo: Procedemento de concesión

O procedemento de concesión de subvencións se tramitará en réxime de concurrencia competitiva.

Treceiro.- Prazos

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados dende a publicación desta convocatoria no BOP.

Cuarto.- Solicitantes

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro: a todos os conceptos subvencionábeis.

Quinto.- Lugar onde se poden obter as bases e formularios:

As bases desta convocatoria están a disposición dos interesados no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, servizos de información do Concello de Vigo, páxinas web municipais (www.vigo.org) (www.vigocultura.org), e servizo de Festas dende a data de publicación no BOP.

Sexto.- Lugar de presentación das solicitudes:

As persoas que concorren a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, ben directamente ben por calquera das formas previstas no artigo 38.4.da Lei 30/1992, mediante a instancia-formulario de solicitude que se establece para tal efecto con estas bases (Anexo I).

Sétimo.- Ámbito temporal dos programa de actividades e gastos subvencionados:

Dende o 1 de decembro de 2014 ata o 30 de novembro do presente ano.

As actividades realizadas no mes de decembro incorporaranse á convocatoria anual seguinte.

Oitavo.- Notificación da resolución e recursos

A resolución da solicitude de subvención seralles notificada a todos os solicitantes, no prazo máximo de tres meses contados a partir da publicación da convocatoria no BOP, e notificarase tanto as subvencións concedidas como as denegadas. Transcorrido dito prazo sen que recaía resolución expresa, deberá entenderse desestimada. Dita resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a dictase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se o acto fose expreso, ou no prazo de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou ser impugnado directamente ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Vigo, no prazo de dous meses se o acto é expreso e de seis meses se o acto é presunto, a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Noveno- Liñas De Subvencións. Conceptos Subvencionabels

LIÑA DE SUBVENCIÓN: Actividades socioculturais

CONCEPTOS SUBVENCIONABELS:

1. Proxectos de actividades relacionados coas artes escénicas (teatro e danza), música, artes plásticas e literatura:

- Coantía máxima subvencionábel o 75% do presuposto.

- Límite mínimo de puntos: 30

- Nº MÁXIMO DE PROGRAMAS DE ACTIVIDADES A PRESENTAR: 1

2. Proxectos de actividades de dinamización sociocultural nos barrios e parroquias.

- Coantía máxima subvencionábel o 75% do presuposto.

- Límite mínimo de puntos: 30

- Nº MÁXIMO DE PROGRAMAS DE ACTIVIDADES A PRESENTAR: 1

3. Festas tradicionais e patronais:

a) Festas patronais de especial interese no ámbito urbano.

- Asignación fixa por festa: 4.000 euros

- Coantía máxima subvencionábel o 75% do presuposto.

b) Festas patronais en barrios e parroquias (incluídas no calendario festivo

anual).

- Coantía máxima subvencionábel o 75% do presuposto.

- Límite mínimo de puntos: 30 puntos

c) Festas gastronómicas de especial interese en barrios e parroquias.

- Coantía máxima subvencionábel o 75% do presuposto.

- Límite mínimo de puntos : 30 puntos

- Nº MÁXIMO DE PROGRAMAS DE ACTIVIDADES A PRESENTAR 1

Vigo, 5 de febreiro de 2015.-A xefa do servizo de Festas, Luz María González Domínguez

CONFORME.- O xefe do servizo de xestión e promoción cultural, Jesús López Moure

CONFORME.-O concelleiro de Cultura, Festas e Museos, Cayetano Rodríguez Escudero

BASES DE SUBVENCIÓN

PARA PROGRAMAS DE ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS 2015.

Primeira.- OBXECTO

O obxecto das presentes bases é a regulación da concesión de subvencións do Servizo de Festas da Concellería de Cultura, Festas e Museos do Concello de Vigo, dentro dos límites dos créditos aprobados nos orzamentos municipais, para o desenvolvemento de programas de actividades socioculturais que complementen e/ou suplan aquelas de competencia municipal.

Segunda.- OBXECTIVOS DAS AXUDAS.

' Conseguir unha cidadanía participativa e transformadora do seu contorno, cara á consecución da mellora da súa calidade de vida e a cohesión social da cidade.

' Fortalecer o tecido asociativo que traballa no ámbito da cultura e animación sociocultural.

' Fomentar valores sociais e culturais na cidadanía, a través da difusión e do coñecemento da nosa identidade cultural.

' Favorecer a cooperación entre o sector público e as entidades sen ánimo de lucro no desenvolvemento de programas de actividades de animación sociocultural.

2.- O ámbito espacial destas actividades será o termo municipal de Vigo, dende unha dimensión de barrio, parroquia ou cidade.

Terceira: CONVOCATORIA

' Con carácter anual, aprobaranse as convocatorias para o outorgamento das subvencións, que se axustarán ao disposto por estas bases.

' A convocatoria establecerá como mínimo:

a) Partida económica e créditos máximos adicados.

b) Procedemento de concesión.

c) Termo para a presentación das solicitudes.

d) Requisitos dos solicitantes.

e) Lugar onde poden obter as bases da convocatoria e formularios necesarios para concorrer a esta, información da súa data de publicación no BOP.

f) Lugar de presentación das solicitudes.

g) Concreción das diferentes liñas e conceptos subvencionabéis no ámbito sociocultural.

h) Orzamento adicado a cada liña de subvención, número máximo de programas a presentar por liña, réxime de concesión, cantidade máxima de subvención por programa, e umbral mínimo de puntos que cada programa debe alcanzar para ter dereito á subvención.

i) Ámbito temporal dos gastos subvencionabéis.

j) Número de programas que se poden presentar a cada liña de subvención, conceptos subvencionabéis e contías máximas a percibir.

Cuarta.- BENEFICIARIOS

1.- Poderán solicitar subvención, segundo o programa subvencionábel recollido da convocatoria anual:

a) As entidades xurídica sen ánimo de lucro que reúnan os seguintes requisitos:

a.1.- Asociacións que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións á data de presentación da solicitude.

a.2.- Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.

a.3.- Que conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos estabelecidos nas presentes bases.

a.4.- Que dispoñan de estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesaria para o logro de tales obxectivos.

a.5.-Que se atopen ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Vigo, coa Facenda Pública estatal e autonómica e coa Seguridade Social.

a.6.- Que teñan debidamente xustificadas en tempo e forma axudas outorgadas nesta área do Concello de Vigo no ano anterior.

a.7.- Os demais requisitos previstos no artigo 9 da Lei de Galicia 9/2007, de subvencións de Galicia, artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e no Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da citada lei.

Quinta: SOLICITUDES

1. As entidades que concorren a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, ben directamente ben por calquera das formas previstas no artigo 38.4.da Lei 30/1992, mediante a instancia-formulario de solicitude que se establece para tal efecto con estas bases (Anexo I).

A mera presentación da solicitude suporá que o/a solicitante coñece e acepta as presentes bases de convocatoria.

2. Prazo de presentación das solicitudes: o estabelecido na convocatoria anual e sempre nun período non inferior a 20 días naturais, a contar dende a publicación da convocatoria no BOP.

3. Información e tramitación: Toda a información relativa á convocatoria estará dispoñíbel no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, servizos de información do Concello de Vigo, páxinas web municipais (www.vigo.org) (www.vigocultura.org) e servizo de Festas.

As solicitudes poderán tramitarse dende a páxina web seguindo os pasos e introducindo os datos que esixe a aplicación informática, ou presentando as peticións por escrito nos modelos facilitados polo Concello.

4. A través da convocatoria anual poderanse limitar o número de programas que poden ser presentados dentro dun mesmo concepto subvencionábel.

5. O outorgamento da subvención non poderá superar, en ningún caso, o 75% do importe do proxecto presentado.

6. Na mesma solicitude, incorporarase a declaración positiva de que a entidade solicitante non está incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria prevista no artigo 13 da Lei 38/2003.

Así mesmo, autorízase expresamente ao Concello de Vigo a comprobar que está ao corrente do pago das súas obrigas fiscais e Seguridade Social (no caso contrario, deberá presentar os certificados Consellería de Facenda da Xunta de Galiza, Axencia Estatal da Administración Tributaria e Seguridade Social.

Sexta: DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR

Xunto coa instancia de solicitude deberá achegarse a seguinte documentación e información:

6.1. Por solicitante:

a) Fotocopia compulsada do CIF ou NIF.

b) Anexo I.1: declaración asinada polo/a secretario/a da entidade relativa a:

1. Data do acordo da asemblea do órgano de dirección na que se decide solicitar subvención, e importes solicitados

2. Solicitudes de subvencións realizadas a outros organismos e institucións públicas ou privadas dos proxectos para os que se solicitan as subvencións.

3. Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción das axudas.

4. Subvencións pendentes de xustificar ao Concello de Vigo.

5. Cumprimento das obrigas tributarias coa facenda pública do Estado, da Xunta de Galicia, do Concello de Vigo e coa Seguridade Social (só para aquelas axudas cuxa contía a outorgar non supere na convocatoria o importe de 3.000 euros).

6. Datos para a valoración do solicitante:

- Persoas xurídicas: antigüidade, xestión económica financeira, masa social e representatividade, ámbito territorial e temático de intervención, recursos humanos e materiais.

c) Certificación positiva acreditativa de estar ao corrente no pago das obrigas fiscais (Axencia estatal da Administración tributaria, Facenda da Xunta de Galicia) e Certificación acreditativa de estar ao corrente no pago das obrigas da Seguridade social ou de non ter a entidade traballadores ao seu cargo, expedidas no ano en curso (só para aquelas axudas cuxa contía a outorgar na convocatoria supere o importe de 3.000 euros e no caso de que non se autorice expresamente ó Concello de Vigo a recabar os datos relativos ao cumprimento das obrigas fiscais e da Seguridade Social).

O Concello de Vigo comprobará de oficio que o solicitante das axudas está ao corrente do cumprimento das obrigas fiscais co Concello.

d) Certificado da titularidade da conta bancaria para aqueles solicitantes que non recibiron nunca subvención municipal ou ningún outro pago por calquera concepto e que, polo tanto, non figuren inscritos no Rexistro de Acredores do Concello.

6.2 Por programa ou proxecto solicitado:

a- Anexo II.1.- Ficha resume de cada programa de actividades facilitado polo Concello e identificativo dos principais elementos xerais deste: denominación, adscrición ao programa, fundamentación das necesidades e a razón do proxecto, ámbito de execución, coordinación, obxectivos, destinatarios, metodoloxía, temporalización, recursos humanos, materiais e económicos, sistemas de seguimento e avaliación.

b- No caso de publicacións periódicas de carácter informativo e divulgativo no ámbito da animación sociocultural, cumprirán os seguintes requisitos:

a) Non ter carácter de boletín interno da asociación.

b) Presentar un proxecto editorial no que se inclúa entre outros datos: responsábeis da redacción e da edición, índice, número de páxinas, número de exemplares, características (tamaño, cores, papel, etc), periodicidade da tirada, números xa publicados, sistema de distribución e plan de financiamento.

c) Dispoñer de depósito legal.

d) Indicar na contraportada da publicación o patrocinio da Concellería de Cultura e Festas.

e) Depositar gratuitamente dez exemplares na Concellaría de Cultura e Animación sociocultural no prazo máximo dun mes dende a súa edición.

f) Se a publicación xa está editada e cumpre cos requisitos anteriores, presentarase, xunto ao proxecto, un exemplar dela.

c- No que atinxe ao desenvolvemento de cursos de formación, achegarase o currículo do profesorado, os datos de custo hora por alumnado e custo hora por profesor/a, así como as características técnicas do local de formación e os recursos didácticos cos que se contan.

d- A solicitude presentada que non inclúa o proxecto específico para o cal solicita subvención será directamente excluída, sen prexuízo do disposto polo artigo 71 da Lei 30/1992.

Sétima: DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDES

Unha vez estudados os proxectos solicitados xunto coa documentación presentada polas asociacións, desestimaranse:

1. Aqueles que para a mesma finalidade, foron solicitados noutras áreas ou servizos do Concello de Vigo.

2. Aqueles que teñan unha relación e canle máis específica de subvención con outras áreas do Concello de Vigo, ou que o obxecto da súa petición estea incluído nalgún convenio de colaboración ou contratación co Concello de Vigo.

3. Aqueles nos que os gastos subvencionados leven asociados investimentos en bens de natureza inventariábel (infraestruturas e equipamentos) e o seu mantemento, sempre que supoña un incremento da vida útil dos bens; os gastos de carácter suntuario, liberalidades ou gastos financeiros.

4. Aqueles que supoñan a edición de documentos internos, así como externos de signo exclusivamente propagandístico.

5. Aqueles de carácter político e doutrinal de signo partidario e/ou confesional.

6. Aqueles que inclúan actividades de signo docente previstas nos programas de ensino.

7. Aqueles que en consideración ao proxecto e programación non reúnan as condicións mínimas de interese xeral e non acaden unha puntuación mínima suficiente estabelecida na convocatoria anual (30 puntos), xa que de non chegar a esta puntuación indicaría unha mala definición do proxecto ou que a materia no se axusta aos obxectivos da convocatoria.

8. Que a solicitude se presente fóra do prazo estipulado na convocatoria, calquera que sexa a causa do atraso.

9. A falta de xustificación en tempo e forma algunha das subvencións concedida na convocatoria do ano 2014.

10. Que a entidade solicitante non teña a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.

11. Aquelas entidades que soliciten axudas para proxectos de actividades non recollidos na cláusula novena da convocatoria (liñas de subvencións. Conceptos subvencionabels).

12. Aquelas entidades que conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, non teñan obxectivos e finalidades de caracter sociocultural.

13. Aquelas entidades que teñan previsto a realización das actividades obxecto de subvención fora do término municipal de Vigo.

Oitava: CRITERIOS DE VALORACIÓN

Na valoración dos programas ou proxectos aplicaranse os seguintes criterios:

1. Criterio para valoración da entidade solicitante

Ata 25 puntos

Traxectoria e antigüidade da entidade.

Ata 5 puntos

Masa social, representatividade e participación da cidadanía

Ata 10 puntos

Ámbito xeográfico (barrio, parroquia ou distrito), e poboación destinataria.

Ata 10 puntos

2. Criterio de valoración do programa ou proxecto.

Ata 75 puntos

Interese do programa: fundamentación das necesidades e a razón do proxecto, obxectivo do programa, adecuación aos obxectivos recollidos nas bases, innovación, duración do programa, colectivo a quen vai dirixido, consolidación do proxecto.

Ata 40 puntos

Calidade no deseño da proposta: Deseño dos contidos e incorporación de metodoloxías socioeducativas, metodoloxía, temporalización, recursos humanos, materiais uso de novas tecnoloxías, sistemas de seguimento e avaliación,

Ata 20 puntos

Viabilidade técnico-económica e financeira do proxecto: orzamento de gastos e ingresos previstos relacionado coa actividade, presenza doutras fontes de financiamento (propias ou externas), achega de recursos propios da entidade (humanos e materiais) e persoal voluntario para o desenvolvemento da actividade, viabilidade temporal.

Ata 10 puntos

Colaboración con outras entidades asociativas.

Ata 5 puntos

A xustificación das subvencións solicitadas e concedidas en convocatorias anteriores é un requisito para a concesión das subvencións.

A Comisión de Avaliación encargada da avaliación dos proxectos terá en consideración os datos presentados pola entidade xunto co seu propio coñecemento a través dos datos existentes no Concello de Vigo.

Novena.- PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN E CONTIA INDIVIDUALIZADA DAS SUBVENCIÓNS.

O procedemento de concesión de subvencións se tramitará en réxime de concurrencia competitiva. A concesión das subvencións realizaranse mediante a comparación das solicitudes presentadas, a fin de establecer unha prelación entre as mesmas, conforme aos criterios de valoración sinalados na base anterior, coa excepción do concepto subvencionabel 3.a) da convocatoria que se lle aplicará unha cantidade fixa: por festas patronais de interese no ámbito urbano (4.000 euros). Procederase primeramente á avaliación das solicitudes que optaron ao concepto subvencionábel 3.a) e á suma da cantidade total deste concepto. O saldo restante distribuirase entre as solicitudes que optaron aos conceptos subvencionábeis 1, 2, 3b) e 3c) mediante á avaliación por puntos de cada unha das solicitudes admitidas conforme o establecido na base oitava - criterios de valoración- das bases da convocatoria. A suma total de puntos se divide entre o saldo restante (a candidade de 50.000 ¬ menos a suma do importe concedido ao concepto subvencionable 3.a) co fin de obter o valor por punto.

O importe máximo a conceder a cada entidade solicitante por cada concepto subvencionabel será do 75% do importe do proxecto presentado, sempre que alcancen o mínimo de puntos establecido na convocatoria anual.

Décima:-INSTRUCIÓN

1. A instrución do procedemento de concesión das subvencións convocadas correspóndelle ao Servizo de Festas.

2. Os solicitantes, a requirimento do Servizo de Festas, disporán dun prazo improrrogábel de dez (10) días para completar a documentación ou os defectos materiais e formais que se aprecien, con apercibimento de que, se así non o fixesen, se lles tería por desestimada da súa petición previa resolución ditada nos termos previstos nos artigos 42 e 71 da Lei 30/1992.

3. Rematada a instrución do expediente, este será remitido á Comisión de Avaliación, integrada polo concelleiro delegado da Área de Cultura, Festas e Museos que actuará como presidente, e dous vogais designados entre o persoal técnico do Concello (o xefe do servizo de xestión e promoción cultural e a xefa do servizo de festas ), un deles fará as funcións de Secretario/a.

En cumprimento do disposto no art. 21.4 párrafo 6 de Lei de subvencións de Galicia, o órgano instructor acreditará na proposta que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder ás mesmas, según a información que obra no seu poder.

4. A valoración individual das subvencións determinarase procedendo primeiro á exclusión das solicitudes a que se refire a base sétima e valorando as restantes solicitudes conforme ao establecido na base oitava.

5. Prazo de resolución e notificación:

O prazo máximo de resolución das solicitudes e notificación as entidades solicitantes é de tres meses contados a partir da publicación da convocatoria, e notificaranse tanto as subvencións concedidas como as denegadas.

A resolución de solicitudes de subvención será competencia da Xunta de Goberno Local, á proposta do Órgano Instrutor.

Unha vez notificado o acordo de concesión, e de non existir escrito de renuncia polo beneficiario no prazo de 10 días contados dende a recepción da notificación, entenderase que a subvención foi aceptada.

Contra a resolución poderá interpoñer recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-administrativo nos supostos previstos no artigo 8 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses; ambos os dous prazos contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución.

Décimo primeira.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.

a) Cumprir todas as estipulacións establecidas nestas bases e no marco xurídico definido na Lei de Galicia 9/2007, Lei 38/2003 e demais normativa de desenvolvemento desta última.

b) Solicitar e dispor dos permisos e autorizacións necesarios para o desenvolvemento das actividades.

c) Aboar as taxas, impostos, dereitos de autor e todos os demais gastos derivados da realización das actividades para as que se solicita a subvención.

d) Comunicar calquera eventualidade, no momento en que se produza, na programación, desenvolvemento ou finalización de actividade subvencionada.

e) Informar e publicitar as actividades subvencionadas e financiamento municipal, incorporando o logotipo do Concello de Vigo, nos materiais impresos (carteis, folletos, follas informativas...), placas conmemorativas, medios electrónicos ou audiovisuais, ou anuncios nos medios de comunicación escrita.

f) A lingua que se empregará, nos distintos soportes de difusión da actividade, será o galego dentro do ámbito territorial de Galicia; a Concellería de Festas estudará cal sería a lingua que empregar para a difusión noutros ámbitos territoriais. En todo caso, actuaríase conforme á Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Vigo.

Décimo segunda.- COMPATIBILIDADE CON OUTRAS SUBVENCIÓNS

A concesión de subvencións ao abeiro da presente convocatoria será compatíbel con outras outorgadas para a mesma finalidade por outras administracións públicas. En calquera caso o montante do financiamento obtido, por subvención ou outras fontes, non poderá resultar superior ao custo do programa subvencionado.

Décimo terceira.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO.

1. Prazo de xustificación: unha vez rematado o programa, e como data límite o 4 de decembro de 2015.

2. Cantidade a xustificar: O beneficiario terá que presentar facturas orixinais equivalentes ao importe concedido e ademáis unha memoria económica xustificativa de gastos ata o 100% do orzamento do proxecto presentado.

3. Sistema de xustificación: mediante a presentación a través do Rexistro Xeral do Concello, da seguinte documentación:

a) Solicitude de liquidación e memoria das actividades levadas a cabo para a execución de cada programa, segundo o modelo facilitado polo Concello (ANEXO III), que deberá incluír como mínimo os seguintes datos:

- Datos sobre os participantes na actividade: número de beneficiarios, perfil, etc.

- Explicación detallada do desenvolvemento da actividade.

- Memoria de prensa.

- A memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas incluirá o seguinte:

' Balance económico con detalle dos gastos e ingresos finais e desviacións con relación ao orzamento inicial.

' Relación numerada de todos e cada un dos documentos xustificativos que se aporten con especificación da súa data de emisión, provedor, obxecto facturado, importe total do documento, data e forma de pagamento.

' As facturas presentadas terán que ser orixinais e deberán recoller o número de CIF, a data, número de factura e o IVE; ordenados correlativamente segundo o número de orde asignado na relación numerada citada no apartado anterior, estes xustificantes quedarán a disposición do Concello de Vigo. Os documentos xustificativos haberán de estar datados no período obxecto deste convenio. Os gastos xustificativos con facturas e demáis documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil presentaráse en orixinal. As facturás cumprirán os requisitos establecidos para súa expedición no RD 1619/2012 de 30 de novembro polo que se regulan as obrigas de facturación ou as normas sobre a facturación electrónica equivalentes. Non se admitirán facturas fotocopiadas ou compulsadas. Nestas facturas se computará o gasto acreditado deducindo o IVE, salvo que se xustifique a exención do dito imposto. Se a entidade beneficiaria solicitase a devolución do orixinal presentado, a área xestora da subvención procederá ao estampillado da factura orixinal, indicando no estampillado o motivo da subvención e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención recibida; indicándose neste caso o importe exacto que resulte afectado pola subvención. A copia do xustificante orixinal estampillado se incorporará ao expediente e a área xestora da subvención procederá á devolución do orixinal.

' Os conceptos das facturas presentadas terán que estar directamente relacionados co obxecto da actividade subvencionada. Non se admitirán facturas cuxo concepto estea relacionado coa adquisición de bebidas alcoholicas de calquera tipo.

' En ningún caso se admitirán simples recibos ou xustificantes de caixa. As facturas ou minutas por prestación de servizos profesionais deberán conter os mesmos elementos que os especificados para as facturas e, tratándose de persoas físicas, conterán a correspondente retención fiscal.

' Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiaron a actividade subvencionada con indicación do importe e procedencia.

' Tres exemplares do material impreso de difusión realizados con motivo da actividade subvencionada que deberá ter o logo do Concello de Vigo; en caso de non terse editado ningún material publicitario, deberá indicarse este extremo.

' A xustificación deberá facerse con documentos orixinais pola parte subvencionada e con copias de facturas polo resto do orzamento. Se poderá substituir a presentación de copias de facturas polo gasto do proxecto ou actividade non subvencionada pola presentación dun balance que abarque a totalidade do gasto ou por unha certificación na que se acredite que o programa ou actividade que foi obxecto da subvención foi executado na súa totalidade e o seu custo total foi de &.. euros.'

4. Pagamento da subvención: efectuarase mediante transferencia bancaria á conta corrente da entidade declarada xunto a solicitude.

O pagamento non se levará a cabo se a entidade beneficiaria tivese pendente de xustificar algunha subvención cun prazo de xustificación xa rematado.

5. Procederá, por razóns xustificadas, o dereito ao cobro parcial e redución da subvención no caso da non execución dalgunha das actividades previstas no proxecto ou incumprimento dalgunha das obrigas do beneficiario. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción. A resolución da redución das axudas será competencia da Xunta de Goberno Local. Asemade, reducirase a subvención cando os gastos xustificados fosen inferiores aos subvencionados, ou se obtivesen ingresos superiores aos previstos.

Décimo cuarta.- COMPROBACIÓN DAS SUBVENCIÓNS.

A axeitada xustificación da subvención, a realización da actividade subvencionada e o cumprimento da finalidade que determinou a concesión desta será comprobada polo servizo de Festas. A xefa do servizo emitirá informe ao respecto facendo constar, no seu caso, todas aquelas circunstancias que poidan resultar relevantes en orden a considerar incumprida ou defectuosamente cumprida a actividade subvencionada e a xustificación achegada.

Décimo quinta.- OBRIGA DE INFORMACIÓN.

A beneficiaria deberá facilitar toda a información que lle sexa requirida polo servizo de Festas e pola Intervención Xeral Municipal, Tribunal de Contas e Consello de Contas no exercizo das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

Décimo sexta.- PERDIDA DO DEREITO AO COBRO, REVOGACIÓN, RENUNCIA, NULIDADE E REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS. REXIMEN DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS..

1. Procede a revogación parcial ou total da subvención e a obriga do reintegro das cantidades percibidas, máis os correspondentes xuros de demora dende o momento do seu pago, sen menoscabo das sancións que, no seu caso, resulten esixíbeis no caso de:

a) Incumprimento por parte do/a beneficiario/a das subvencións de calquera das obrigas, requisitos, condicións e demais circunstancias que produciron o seu outorgamento; así como a variación da finalidade da actuación, a insuficiente xustificación do proxecto, ou obtención concorrente doutras axudas compatíbeis ou incompatíbeis dará lugar á revogación.

b) A non xustificación da subvención no prazo concedido.

2. O beneficiario poderá renunciar voluntariamente á subvención, reintegrando, no seu caso, o importe percibido, nas condicións que establece a normativa legal de aplicación. A renuncia soamente poderá admitirse no prazo de tres meses a contar dende a notificación definitiva do outorgamento da axuda, no caso contrario procederá a anulación por incumprimento, coa conseguinte esixencia das responsabilidades que dela se deriven.

3. Nulidade, reintegro, infraccións e sancións: Canto ás causas de nulidade e anulabilidade do acordo de concesión das axudas e de reintegro das mesmas estarase ao disposto no artigos 32 e 33 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Procederá o reintegro das cantidades percibidas, coa conseguinte esixencia de xuros de demora desde o pagamento da subvención ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos do artigo 33 LSG.

5. Canto ás infraccións e sancións en que poidan incorrer os beneficiarios destas axudas e procedemento para a súa imposición estarase ao disposto no IV da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no RD 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aprobou o Regulamento do Procedemento para o exercizo da potestade sancionadora.

Décimo sétima.- PUBLICIDADE DAS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS

As subvencións concedidas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, se o importe da subvención individualmente considerado supera os 3.000 euros, ou no taboleiro de anuncios da entidade local nos restantes casos. En ambos casos expresarase o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención.

Décimo oitava.-SEGUIMENTO, CONTROL E INSPECCIÓN

O persoal técnico do servizo será o encargado do seguimento da execución da subvención, así como de certificar a adecuada xustificación da subvención, mediante a emisión dun informe que incorporará á conta xustificativa, no que se poña de manifesto expresamente o cumprimento total do obxecto da subvención ou aquelas circunstancias que imposibiliten a aprobación da xustificación, xunto coa conformidade cos documentos xustificativos presentados.

Décimo novena.- TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL.

Os datos das solicitantes e os dos seus representantes serán incorporados aos ficheiros municipais. A finalidade da súa recollida é a instrucción do procedemento para a concesión das subvencións obxecto das presentes bases reguladoras e convocatoria, a práctica das publicacións, comunicacións e notificacións de obrigado cumprimento, o seguemento e comprobación da actividade subvencionada e demais actuacións previstas na Lei de subvencións de Galicia en orden á conclusión do proceso subvencional, polo que a súa achega é obligatoria.

Os ditos datos serán tratados e protexidos de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo Común e na Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal, sendo responsable do seu tratamento o servizo de Festas.

A beneficiaria poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o servizo de Festas.

Vixésima- NORMATIVA DE APLICACIÓN.

A presente convocatoria rexerase pola Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e o Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, nos seus preceptos básicos; a lexislación básica do estado en materia de réxime local; os preceptos non básicos da Lei Lei 38/2003 e do Real Decreto 887/2006; as Bases de Execución do Orzamento do Concello de Vigo para o ano 2013, as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.

Vixésimo primeira.- DISPOSICIÓN FINAL

O Concello de Vigo quedará exento de calquera responsabilidade civil, mercantil, laboral ou calquera outra derivada das actuacións ás que están obrigadas as entidades destinatarias das subvencións outorgadas

Vigo, 5 de febreiro de 2015.-A xefa do servizo de Festas, Luz María González Domínguez

CONFORME.-O xefe do servizo de xestión e promoción cultural, Jesús López Moure

CONFORME.-O concelleiro de Cultura, Festas e Museos, Cayetano Rodríguez Escudero

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Vigo, 5 de febreiro de 2015.-A xefa do servizo de Festas, Luz María González Domínguez.

Cultura
Museos
Fiestas Populares
Promoción cultural
Formación
Literatura
Artes
Artes Escénicas
Música
Danza
Teatro
Gastronomía
Cultura e idiomas
Profesorado
Alumnado
Innovación
Prensa
Medios de comunicación
Normalización lingüística