Bases da convocatoria para a XIV edición do premio 'Pura e Dora Vázquez' - Boletín Oficial de Ourense de 13-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Ourense
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 13/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas
  • Documento en formato PDF

De conformidade co que acordou a Xunta de Goberno desta

Deputación, na sesión ordinaria do día 9 de setembro de 2016, convócase a XIV edición do premio 'Pura e Dora Vázquez' de literatura infantil e xuvenil, nas modalidades de narración e ilustración, dotado con 3.000,00 € para a totalidade das súas

modalidades, que se rexerá polas contías económicas de cada unha delas, que se indican deseguido e con suxeición ás seguintes bases:

A) Bases modalidade narración: 1.- A este premio poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. Os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais.

2.- As obras, cuxa temática será libre pero acaída para o público infantil ou xuvenil, terán unha extensión mínima de 25 páxinas e máxima de 100, formato A4, fonte Times New Roman, tamaño de letra 12 e interliñado 1,5 liñas.

3.- A presentación dos orixinais poderá realizarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, conforme coas seguintes normas:

Os concursantes remitirán seis exemplares da obra nun sobre pechado, indicando no exterior do paquete 'Premio Pura e Dora Vázquez de Narración', ao seguinte enderzo:

Deputación Provincial de Ourense Rexistro Xeral Rúa do Progreso, 32 32003 Ourense As obras remitidas irán asinadas exclusivamente con pseudónimo. Dentro do sobre introducirase outro sobre pechado, en cuxo exterior figurará o pseudónimo do autor e título da obra, e no seu interior, os seguintes datos: título da obra, nome, apelidos e pseudónimo do autor, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico e unha fotocopia do DNI.

4.- O prazo de admisión de orixinais remata o 30 de decembro de 2016, admitíndose, non obstante, aqueles que foran entregados nas oficinas de Correos ese mesmo día.

5.- Para esta modalidade de narración establécese un premio de 1.500 €.

6.- O xurado estará composto polos seguintes membros: o presidente da Deputación de Ourense (ou persoa, para o efecto, en que el delegue) e catro vogais escollidos dos distintos ámbitos da Cultura de Galicia. Actuará de secretaria a xefa da Sección de Arquivo e Publicacións da Deputación Provincial de Ourense ou funcionario en que delegue (con voz e sen voto).

Os vogais serán designados pola Comisión Informativa de Cultura, Deportes e Mocidade da Deputación Provincial, a proposta dos grupos políticos da Corporación.

7.- A composición do xurado darase a coñecer en data que se comunicará oportunamente e este emitirá o seu ditame no primeiro trimestre de 2017.

8.- O acto de entrega do XIV Premio 'Pura e Dora Vázquez' nesta modalidade de narrativa será o día, no lugar e á hora que se comunicarán oportunamente.

9.- O premio poderá ser declarado deserto, no caso de que o xurado así o considere, e a decisión deste será inapelable.

10.- A Deputación de Ourense resérvase os dereitos da primeira edición da obra premiada nos idiomas galego e castelán, coa posibilidade de cederlles tales dereitos a terceiros. O beneficiario do premio, que se compromete a renunciar, expresamente, a calquera pretensión sobre os ditos dereitos, recibirá gratuitamente vinte exemplares da obra premiada.

11.- Os orixinais non premiados poderán retirarse nos dous meses seguintes ao veredicto. Unha vez rematado ese prazo, os que non se retiren, serán destruídos.

A participación nesta convocatoria require a aceptación das normas contidas nestas bases. B) Modalidade ilustración: 1.- Poderán concorrer ao premio ilustradores de calquera nacionalidade que presenten as súas ilustracións e orixinais, non menos de dez, tomando como base o texto premiado na modalidade de narración deste XIV Premio 'Pura e Dora Vázquez' de narración xuvenil.

2.- As ilustracións deberán adaptarse ao tamaño do libro, que será o seguinte:

a. Ilustración de portada: 145 x 210 mm, tamaño visible da portada co libro pechado, sen sangue. 513,6 x 216 mm, tamaño total incluído solapas, contraportada e sangue.

b. Ilustracións interiores: 296 x 216 mm, sobre páxina con sangue.

3.- A presentación dos orixinais poderá realizarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, conforme coas seguintes normas:

Os concursantes remitirán seis exemplares da obra nun sobre pechado, indicando no exterior do paquete 'Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración', ao seguinte enderezo:

Deputación Provincial de Ourense Rexistro Xeral Rúa do Progreso, 32 32003 Ourense As obras remitidas irán asinadas exclusivamente con pseudónimo. Dentro do sobre introducirase outro sobre pechado en cuxo exterior figurará o pseudónimo do autor e título da obra, e no seu interior os seguintes datos: título da obra, nome, apelidos e pseudónimo do autor, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico e unha fotocopia do DNI.

4.- O prazo de admisión de orixinais remata o 31 de marzo de 2017, admitíndose, non obstante, aqueles que foran entregados nas oficinas de Correos ese mesmo día.

5.- Para esta modalidade de ilustración establécese un premio de 1.500 €.

6.- O xurado estará composto polos seguintes membros: o presidente da Deputación de Ourense (ou persoa, para o efecto, en que el delegue) e catro vogais escollidos dos distintos ámbitos da Cultura de Galicia. Actuará de secretaria a xefa da Sección de Arquivo e Publicacións da Deputación Provincial de Ourense ou funcionario en quen delegue (con voz e sen voto).

Os vogais serán designados pola Comisión Informativa de Cultura, Deportes e Mocidade da Deputación Provincial, a proposta dos grupos políticos da Corporación.

7.- A composición do xurado darase a coñecer en data que se comunicará oportunamente, e este emitirá o seu ditame antes do 30 de abril de 2017.

8.- O acto de entrega do XIV Premio 'Pura e Dora Vázquez' nesta modalidade de ilustración será o día, no lugar e á hora que se comunicarán oportunamente.

9.- O premio poderá ser declarado deserto, no caso de que o xurado así o considere, e a decisión deste será inapelable.

10.- A Deputación de Ourense resérvase os dereitos da primeira edición da obra premiada nos idiomas galego e castelán, coa posibilidade de cederlles tales dereitos a terceiros. O beneficiario do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os ditos dereitos, recibirá gratuitamente vinte exemplares da obra premiada.

11.- Os orixinais non premiados poderán retirarse nos dous meses seguintes ao veredicto. Unha vez rematado ese prazo, os que non se retiren, serán destruídos.

A participación nesta convocatoria require a aceptación das normas contidas nestas bases.

Edición e distribución da obra: A Deputación de Ourense publicará a obra premiada, tanto o texto como as ilustracións, e distribuirá gratuitamente os exemplares necesarios para os centros de lectura da provincia de Ourense (bibliotecas, centros de ensinanza, asociacións e entidades culturais), e disporá de exemplares para a súa distribución venal, nas condicións establecidas na Ordenanza reguladora de publicacións publicada no BOP do día 19 de novembro de 2013.

Ourense, 9 de setembro de 2016. O presidente. Asdo.: José Manuel Baltar Blanco.

De conformidad con lo que acordó la Junta de Gobierno de esta Diputación, en la sesión ordinaria del día 9 de septiembre de 2016, se convoca la XIV edición del premio 'Pura y Dora Vázquez' de literatura infantil y juvenil, en las modalidades de narración e ilustración, dotado con 3.000,00 € para la totalidad de sus modalidades, que se regirá por las cuantías económicas de cada una de ellas, que se indican a seguir y con sujeción a las siguientes bases:

A) Bases modalidad narración:

1.- A este premio podrán concurrir todos aquellos autores de cualquier nacionalidad que presenten sus originales en lengua gallega. Los textos presentados han de ser inéditos y totalmente originales.

2.- Las obras, cuya temática será libre pero apropiada al público infantil o juvenil, tendrán una extensión mínima de 25 páginas y máxima de 100, formato A4, fuente Times New Roman, tamaño de letra 12 e interlineado 1,5 líneas.

3.- La presentación de los originales podrá realizarse en el Registro General de la Diputación Provincial de Ourense o en cualquiera de los lugares previstos en el artículo 38.4 de la Ley de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, conforme con las siguientes normas:

Los concursantes remitirán seis ejemplares de la obra en un sobre cerrado, indicando en el exterior del paquete 'Premio Pura y Dora Vázquez de Narración', a la siguiente dirección:

Diputación Provincial de Ourense Registro General Calle O Progreso, 32 32003 Ourense Las obras remitidas irán firmadas exclusivamente con pseudónimo. Dentro del sobre se introducirá otro sobre cerrado en cuyo exterior figurará el pseudónimo del autor y título de la obra, y en su interior los siguientes datos: título de la obra, nombre, apellidos y pseudónimo del autor, dirección postal, teléfono, correo electrónico, una fotocopia del DNI y breve reseña bio-bibliográfica.

4.- El plazo de admisión de originales remata el 30 de diciembre de 2016, admitiéndose, no obstante, aquellos que hayan sido entregados en las oficinas de Correos ese mismo día.

5.- Para esta modalidad de narración se establece un premio de 1.500 €.

6.- El jurado estará compuesto por los siguientes miembros: el presidente de la Diputación de Ourense (o persona, al efecto, en que él delegue) y cuatro vocales escogidos de los distintos ámbitos de la Cultura de Galicia. Actuará de secretaria la jefa de la Sección de Archivo y Publicaciones de la Diputación Provincial de Ourense o funcionario en que delegue (con voz y sin voto).

Los vocales serán designados por la Comisión Informativa de Cultura, Deportes y Juventud de la Diputación Provincial, a propuesta de los grupos políticos de la Corporación.

7.- La composición del jurado se dará a conocer en fecha que se comunicará oportunamente y éste emitirá su dictamen en el primer trimestre de 2017.

8.- El acto de entrega del XIV Premio 'Pura y Dora Vázquez' en esta modalidad de narrativa será el día, en el lugar y a la hora que se comunicarán oportunamente.

9.- El premio podrá ser declarado desierto, en el caso de que el jurado así lo considere, y la decisión de éste será inapelable.

10.- La Diputación de Ourense se reserva los derechos de la primera edición de la obra premiada en los idiomas gallego y castellano, con la posibilidad de ceder tales derechos a terceros. El beneficiario del premio, que se compromete a renunciar, expresamente, a cualquier pretensión sobre dichos derechos, recibirá gratuitamente veinte ejemplares de la obra premiada.

11.- Los originales no premiados podrán retirarse en los dos meses siguientes al veredicto. Una vez rematado ese plazo, los que no se retiren, serán destruidos.

La participación en esta convocatoria requiere la aceptación de las normas contenidas en estas bases.

B) Modalidad ilustración: 1.- Podrán concurrir al premio ilustradores de cualquier nacionalidad que presenten sus ilustraciones y originales, no menos de diez, tomando como base el texto premiado en la modalidad de narración de este XIV Premio 'Pura y Dora Vázquez' de narración juvenil.

2.- Las ilustraciones deberán adaptarse al tamaño del libro, que será el siguiente:

a. Ilustración de portada: 145 x 210 mm, tamaño visible de la portada con el libro cerrado, sin sangre. 513,6 x 216 mm, tamaño total incluido solapas, contraportada y sangre.

b. Ilustraciones interiores: 296 x 216 mm, sobre página con sangre.

3.- La presentación de los originales podrá realizarse en el Registro General de la Diputación Provincial de Ourense o en cualquiera de los lugares previstos en el artículo 38.4 de la Ley de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, conforme con las siguientes normas:

Los concursantes remitirán seis ejemplares de la obra en un sobre cerrado, indicando en el exterior del paquete 'Premio Pura y Dora Vázquez de Ilustración', a la siguiente dirección:

Diputación Provincial de Ourense Registro General Calle O Progreso, 32 32003 Ourense Las obras remitidas irán firmadas exclusivamente con pseudónimo. Dentro del sobre se introducirá otro sobre cerrado en cuyo exterior figurará el pseudónimo del autor y título de la obra, y en su interior los siguientes datos: título de la obra, nombre, apellidos y pseudónimo del autor, dirección postal, teléfono, correo electrónico, una fotocopia del DNI y breve reseña bio-bibliográfica.

4.- El plazo de admisión de originales remata el 31 de marzo de 2017, admitiéndose, no obstante, aquellos que hayan sido entregados en las oficinas de Correos ese mismo día.

5.- Para esta modalidad de ilustración se establece un premio de 1.500 €.

6.- El jurado estará compuesto por los siguientes miembros: el presidente de la Diputación de Ourense (o persona, al efecto, en que él delegue) y cuatro vocales escogidos de los distintos ámbitos de la Cultura de Galicia. Actuará de secretaria la jefa de la Sección de Archivo y Publicaciones de la Diputación Provincial de Ourense o funcionario en quien delegue (con voz y sin voto).

Los vocales serán designados por la Comisión Informativa de Cultura, Deportes y Juventud de la Diputación Provincial, a propuesta de los grupos políticos de la Corporación.

7.- La composición del jurado se dará a conocer en fecha que se comunicará oportunamente, y éste emitirá su dictamen antes del 30 de abril de 2017.

8.- El acto de entrega del XIV Premio 'Pura y Dora Vázquez' en esta modalidad de ilustración será el día, en el lugar y a la hora que se comunicarán oportunamente.

9.- El premio podrá ser declarado desierto, en el caso de que el jurado así lo considere, y la decisión de éste será inapelable.

10.- La Diputación de Ourense se reserva los derechos de la primera edición de la obra premiada en los idiomas gallego y castellano, con la posibilidad de ceder tales derechos a terceros. El beneficiario del premio, que se compromete a renunciar expresamente a cualquier pretensión sobre dichos derechos, recibirá gratuitamente veinte ejemplares de la obra premiada.

11.- Los originales no premiados podrán retirarse en los dos meses siguientes al veredicto. Una vez rematado ese plazo, los que no se retiren, serán destruidos.

La participación en esta convocatoria requiere la aceptación de las normas contenidas en estas bases.

Edición y distribución de la obra: La Diputación de Ourense publicará la obra premiada, tanto el texto como las ilustraciones, y distribuirá gratuitamente los ejemplares necesarios para los centros de lectura de la provincia de Ourense (bibliotecas, centros de enseñanza, asociaciones y entidades culturales), y dispondrá de ejemplares para su distribución venal, en las condiciones establecidas en la Ordenanza Reguladora de Publicaciones publicada en el BOP del día 19 de noviembre de 2013.

Ourense, 9 de septiembre de 2016. El presidente. Fdo.: José Manuel Baltar Blanco.

R. 2.892

Cultura
Infancia
Deporte
Deporte
Gallego
Idiomas
Literatura
Juventud
Lectura
Bibliotecas
Cultura e idiomas
Enseñanza