Bases do Concurso de Fotografía Micolóxica das Pontes 2017 - Boletín Oficial de A Coruña de 17-10-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 17/10/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

Bases do Concurso de Fotografía micolóxica das Pontes 2017

A concelleira delegada da Área de Atención, Participación Cidadá e Desenvolvemento Local ditou a resolución n.º 1494/2017, do 10 de outubro de 2017, que é do seguinte teor literal:

ANTECEDENTES DE FEITO

O martes 1 de novembro, celébrase a XXVIII Feira de Fungos e dentro dos actos enmarcados para Cogomelos, convócase o concurso de fotografía micolóxica das Pontes 2017. Para regular a participación neste concurso se elaboraron unhas bases e unha proposta de gasto asinada pola concelleira de cultura.

Con data 5 de outubro o técnico de xestión coa conformidade da interventora emitiu o informe favorable número 390/2017, relativo ás citadas bases.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Considerando as facultades conferidas pola Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local , R.D.L.781/86 de 18 de abril, pola que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local R.D. 2568/86, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, Funcionamento e Réxime xurídico das Entidades Locais e demais disposicións aplicables.

RESOLVO:

1.º.- Aprobar as seguintes bases do concurso de fotografía micolóxica das Pontes 2017.

BASES

1.- TEMA.

Os fungos, cogomelos e o seu hábitat. As imaxes teñen que estar relacionadas co tema.

2.- PARTICIPACIÓN: profesionais e afeccionados á fotografía maiores de 18 anos, que acepten e cumpran as bases da convocatoria.

3.- NÚMERO: un máximo de 3 fotografías por participante.

4.- PRESENTACIÓN.

A. En papel fotográfico mate cun formato de 24X30 cm en cor ou b/n e en sobre pechado da forma que se expón a continuación:

Nun sobre grande virán as fotografía/s identificadas no dorso cun lema ou título. Dentro, un sobre pequeno por cada unha das fotografías, co lema ou título no exterior e no interior os datos do autor/a (nome, apelidos, n.º de DNI, data de nacemento,enderezo, teléfono e mail). Se o desexa poderá ampliar a información da imaxe co nome da especie e o lugar onde foi tomada.

B. Por correo electrónico en formato JPEG unicamente co lema, que se enviará a: cultura@aspontes.org. Tamaño: 1.600 píxeles o lado máis longo. Resolución: 300 ppp.

As fotografías serán inéditas e orixinais e non premiadas noutros concursos. Estas non deben vir asinadas nin con ningún tipo de marca ou logo.

Os dous formatos de envío, papel e arquivo dixital son obrigatorios, pero só se terá en conta na valoración polo xurado o formato en papel. As fotografías en papel non deben levar soporte ríxido nin estar enmarcadas.

Non se admitirán fotografías que poidan ferir a sensibilidade das persoas, nin que sexan contrarias á Lei. Poderán ser excluídas aquelas que permitan identificar a menores de idade sen autorización dos pais ou titores.

5.- PRAZO, FORMA E ENDEREZO DE ENVÍO E DE ENTREGA.

Prazo máximo de entrega: o 16 de outubro, ás 13 horas.

As fotos en papel serán enviadas por correo ao enderezo que se especifica ou entregadas no rexistro municipal situado no mesmo lugar que o enderezo de envío. Horario de Rexistro de luns a venre,s de 9-13.30 horas.

No sobre pechado só poderá aparecer CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MICOLÓXICA DAS PONTES 2017 e o enderezo de envío (sen nome do participante).

Enderezo de envío en papel:

CONCELLO DAS PONTES - PARQUE MUNICIPAL, S/N. 15320 AS PONTES.

Enderezo de envío en JPEG: cultura@aspontes.org

6.- PREMIOS.

Primeiro premio: 500 € .

Segundo premio: 300 € .

Terceiro premio: 200 € .

Os premios estarán suxeitos á retención de IRPF de acordo coa lexislación vixente. O premio farase efectivo por transferencia bancaria

7.- XURADO.

Composto por expertos na materia. O fallo do xurado farase público e a decisión será inapelable.

Os premios poderán declararse desertos se o xurado estima que os traballos non reúnen as condicións suficientes ou por falta de veracidade nos datos de autoría presentados.

Non poderá recaer na mesma persoa máis dun premio.

8.- EXPOSICIÓN DAS FOTOGRAFÍAS E DEREITOS.

As fotografías seleccionadas exporanse durante as xornadas da FEIRA DE FUNGOS E COGOMELOS.

As fotografías premiadas pasarán a ser propiedade do Concello das Pontes e non serán devoltas. Este reserva o dereito de reprodución e publicación en calquera formato ou soporte, sempre indicando a autoría.

As fotografías non premiadas estarán a disposición dos autores para ser retiradas no DPTO. DE CULTURA do CONCELLO (1.ª planta do edificio Dr. Dopeso) dende o 1 ao 15 de decembro, aquelas que non fosen reclamadas neste prazo pasarán ao banco de imaxes do dpto. para o uso que se considere.

Os concursantes asumen a responsabilidade de que non existen dereitos de autoría nin de terceiros sobre as fotografías presentadas.

A organización declina calquera responsabilidade ante calquera perdida, accidente ou deterioro.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal; informámoslle que os datos en propiedade do Concello empregaranse para a realización de xestións relacionadas co concurso. Vostede poderá exercer o seu dereito de cancelación, rectificación e acceso.

9.- Calquera caso non previsto nas bases será resolto polo xurado cualificador.

10.- A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

2.º.- Ordenar a inserción das citadas bases no Boletín Oficial da Povincia .

As Pontes de García Rodríguez, 11 de outubro de 2017.

A concelleira delegada de Atención, Participación Cidadá e Desenvolvemento Local

María Montserrat García Chavarría

2017/8744

Ferias
Participación ciudadana
Fomento de la participación ciudadana
Cultura
Exposiciones