Bases do Concurso 'O mundo da micoloxía 2017' - Boletín Oficial de A Coruña de 13-10-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 13/10/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

Bases do Concurso O mundo da micoloxía 2017

A concelleira delegada da Área de Atención, Participación Cidadá e Desenvolvemento Local ditou a resolución nº 1469/2017, do 06 de outubro de 2017, que é do seguinte teor literal:

ANTECEDENTES DE FEITO

O martes 1 de novembro, celébrase a XXVIII Feira de Fungos e dentro dos actos enmarcados para Cogomelos, convócase o concurso destinado aos escolares do Concello das Pontes O Mundo da micoloxía . Para regular a participación neste concurso se elaboraron unhas bases e unha proposta de gasto asinada pola concelleira de cultura.

Con data 3 de outubro o técnico de xestión coa conformidade da interventora emitiu o informe favorable número 389/2017, relativo ás citadas bases.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Considerando as facultades conferidas pola lei 7/1985 de 2 de Abril, Reguladora das bases de réxime local , R.D.L.781/86 de 18 de abril, pola que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local R.D. 2568/86 do 28 de Novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, Funcionamento e Réxime xurídico das Entidades Locais e demais disposicións aplicables.

RESOLVO:

1º- Aprobar as seguintes bases do Concurso O mundo da micoloxía 2017 :

BASES:

Participantes: todos os escolares de infantil, primaria e secundaria do Concello das Pontes. Os traballos deberán presentarse por grupos non inferiores a 5 alumnos ou colectivos de aula, nivel ou ciclos. (Non serán admitidos nin valorados traballos individuais ou de grupos de menos de 5 alumnos.)

Condicións Xerais: Serán aceptadas todas as manifestacións artísticas e naturais en diferentes formatos e modalidades que representen o fascinante mundo dos fungos. Poderanse presentar debuxos, pinturas, composicións artificiais ou naturais (non se admitirán produtos perecedoiros), fotografías, setas modeladas en plastilina, cartón, barro, etc...

No caso de que o traballo sexa escrito, e cara a facilitar a tarefa do xurado, non deberá superar os dous folios escritos por unha cara.

O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios e/ou categorías.

NOTA: pregamos non empreguen materiais perigosos e atendan á boa conservación dos mesmos.

PREMIOS:

Educación Infantil: 10 premios en vales por valor de 40 € cada un

1º 2º 3º de Primaria: 10 premios en vales por valor de 40 € cada un

4º 5º 6º de Primaria: 10 premios en vales por valor de 40 € cada un

Secundaria obrigatoria e postobrigatoria: 10 premios en vales por valor de 40 € cada un

Mención especial cartel feira 2018: 1 premio en vale de 100 € (*)

Os premios non se entregarán en metálico senón nun vale cambiable por libros, material informático e xogos educativos e didácticos para retirar en comercios locais asignados no mesmo.

(*)Dos traballos presentados (en calquera modalidade) sairá o cartel anunciador da feira do 2018, e poderá empregarse para outras publicacións relacionadas coa feira. Este traballo acadará unha mención especial.

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS:

Cada traballo deberá incluír na parte posterior os seguintes datos:

- Nome e apelidos dos participantes (recordamos: obras de grupos de mínimo 5 membros ou colectivos por cursos ou niveis).

- Curso e categoría na que se presentan os traballos.

- Centro educativo no que estudan.

- Cada centro fará unha preselección dos traballos e presentará como máximo un total 20 TRABALLOS para infantil e primaria, e 10 TRABALLOS para secundaria. Non se admitirán traballos non entregados polo centro.

- Data tope para entrega dos traballos o venres 20 de outubro ás 12h

EXPOSICIÓN: todos os traballos estarán expostos ao público dende o 27 ao 29 de outubro na sala de exposicións do Mercado Vello. Durante a semana do 30 de outubro ao venres 3 de novembro os centros poderán concertar visitas en horario de mañá

(Nota: unha vez rematada a exposición os traballos deberán ser retirados polos centros)

XURADO: O xurado estará composto por diversas persoas relacionadas co mundo das artes e a micoloxía. Correspóndelle ao xurado a interpretación das bases sendo o seu fallo inapelable. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto algún premio ou modificar o número de traballos premiado por categoría.

Poñerémonos en contacto cos centros para facer a entrega de premios aos traballos gañadores.

2º- Ordenar a inserción das citadas bases no Boletín Oficial da Provincia

As Pontes de García Rodríguez, 09 de outubro de 2017

A concelleira delegada de Atención, Participación Cidadá e Desenvolvemento Local

María Montserrat García Chavarría

2017/8646

Ferias
Escuelas
Alumnado
Participación ciudadana
Fomento de la participación ciudadana
Infancia
Cultura
Artes
Educación
Escuelas Infantiles
Exposiciones
Equipamiento informático