Bases do Premio Antón Losada Diéguez, trixésima terceira edición - Boletín Oficial de Ourense de 11-12-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Ourense
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 11/12/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas, Particulares
  • Documento en formato PDF

Bases Premio Antón Losada Diéguez, trixésima terceira edición

I.- Os Concellos de Boborás e O Carballiño, ambos os dous de Ourense, contando coa colaboración da Excma. Deputación

Provincial de Ourense, convocan o Premio anual Antón Losada Diéguez , na súa trixésima terceira edición, instituído por ambos Concellos, para contribuír ao fomento da cultura galega polo que loitou o Ilustre Mestre e Guieiro Antón Losada Diéguez. Serve tamén este premio para perpetuar a memoria daquel insigne galeguista nado nestas terras.

II.- Consistirá o devandito premio na dotación dunha cantidade total de doce mil euros (12.000 € ) para premiar dúas obras xa publicadas, unha delas no eido da creación literaria, outra no eido da investigación e ensaio. Cada unha das obras será premiada coa cantidade de seis mil euros (6.000 € ).

III.- A lingua na que se editen as obras será a propia do orixinal, que inescusablemente estará escrito en lingua galega. Non serán consideradas ningún tipo de obras traducidas de orixinais publicados inicialmente en calquera outra lingua.

IV.- Serán consideradas polo xurado as obras de creación literaria ou de investigación e ensaio, editadas por calquera editorial, particular ou institución que publique libros en galego e que non fosen premiados noutros certames con dotación económica, podendo residir as editoras dentro ou fora de Galicia. De igual xeito, serán consideradas as reimpresións ou outras edicións posteriores á primeira sempre que sexan dentro do período sinalado nestas bases.

Quedan excluídos textos de uso escolar, recompilacións de artigos, edicións por fascículos e as de luxo ou de tirada restrinxida e as que fosen premiadas noutros certames con dotación económica.

V.- O xurado terá en consideración todas aquelas obras que sexan incluídas dentro do eido da creación literaria ou no da investigación e ensaio. Nesta trixésima terceira edición do premio Antón Losada Diéguez , serán válidas as que teñan data de impresión comprendida entre o 1 de xaneiro de 2017 ata o día 31 de decembro do 2017. O prazo de presentación das mesmas pecharase o día 31 de xaneiro de 2018.

VI.- O xurado é soberano tanto na escolma e consideración das obras participantes coma na designación das dúas obras premiadas. A decisión do xurado será, en todo caso, inapelable. O xurado emitirá o seu fallo no Concello de Boborás o día 21 de abril do 2018 a partir das 11.00 horas, explicando os motivos que o levaron a escoller tales obras.

Esta decisión publicarase polos medios de comunicación de Galicia. O xurado poderá declarar deserto o premio Antón Losada Diéguez tanto parcialmente, como na súa totalidade. En ambos eidos, e de concederse, o premio deberá ser outorgado a unha única obra.

VII.- O xurado do Premio Antón Losada Diéguez , presidido polo alcalde-presidente do Concello de Boborás, estará composto, ademais, por un representante nomeado por cada unha das institucións culturais seguintes:

- Real Academia Galega - Consello da Cultura Galega - Museo do Pobo Galego - Deputación Provincial de Ourense - Alcalde do Concello do Carballiño - Universidade de Santiago de Compostela - Universidade de Vigo - Universidade da Coruña Actuará como secretario deste xurado, con voz e sen voto, o secretario do Concello de Boborás ou persoa en quen delegue. De tal xeito, actuará como membro do xurado, con voz e sen voto, en calidade de portavoz do mesmo, a concelleira delegada de cultura do Concello de Boborás.

VIII.- A entrega oficial do Premio Antón Losada Diéguez , na súa trixésima terceira edición, aos autores ou autoras premiadas (creación literaria e investigación), farase o día 9 de xuño do 2018 e terá lugar no transcurso dun acto literario a celebrar no Pazo de Moldes, do Concello de Boborás, onde naceu e viviu o ilustre Antón Losada Diéguez.

IX.- A secretaría da trixésima terceira edición do Premio Antón Losada Diéguez terá como sede o Concello de Boborás, a onde todos os editores interesados poden enviar as publicacións que consideren oportunas, dentro das condicións e prazos establecidos polas bases. O número de exemplares a presentar por cada obra será igual ao de membros do Xurado (nove exemplares). Estas obras non serán devoltas e pasarán aos fondos das bibliotecas de cada unha das institucións representadas no xurado.

Concello de Boborás R/ Cristóbal Colón, s/n, 32514 Boborás Ourense. Teléfono: 988 402 008. www.boboras.gal cultura@boboras.gal Bases Premio Antón Losada Diéguez, trigésima tercera edición

I.- Los Ayuntamientos de Boborás y O Carballiño, ambos de Ourense, contando con la colaboración de la Excma. Diputación Provincial de Ourense, convocan el Premio anual Antón Losada Diéguez en su trigésima tercera edición, instituido por ambos ayuntamientos, para contribuir al fomento de la cultura gallega por lo que luchó el Ilustre Maestro y Guía Antón Losada Diéguez. Sirve también este premio para perpetuar la memoria de aquel insigne galeguista nacido en estas tierras.

II.- Consistirá el dicho premio en la dotación de una cantidad total de doce mil euros (12.000c€ ) para premiar dos obras ya publicadas, una de ellas en el campo de la creación literaria, otra en el campo de la investigación y ensayo. Cada una de las obras será premiada con la cantidad de seis mil euros (6.000 € ).

III.- La lengua en la que se editen las obras será la propia del original, que inexcusablemente estará escrito en lengua gallega. No serán consideradas ningún tipo de obras traducidas de originales publicados inicialmente en cualquier otra lengua.

IV.- Serán consideradas por el jurado las obras de creación literaria o de investigación y ensayo, editadas por cualquiera editorial, particular o institución que publique libros en gallego y que no fueran premiados en otros certámenes con dotación económica, pudiendo residir las editoras dentro o había sido de Galicia. De igual manera, serán consideradas las reimpresiones u otras ediciones posteriores a la primera siempre que sean dentro del período señalado en estas bases. Quedan excluidos textos de uso escolar, recopilaciones de artículos, ediciones por fascículos y las de lujo o de tirada restringida y las que fueran premiadas en otros certámenes con dotación económica.

V.- El jurado tendrá en consideración todas aquellas obras que sean incluidas dentro del campo de la creación literaria o en el de la investigación y ensayo. En esta trigésima tercera edición del Premio Antón Losada Diéguez , serán válidas las que tengan fecha de impresión comprendida entre 1 de enero de 2017 hasta el día 31 de diciembre de 2017. El plazo de presentación de las mismas se cerrará el día 31 de enero de 2018.

VI.- El jurado es soberano tanto en la antología y consideración de las obras participantes como en la designación de las dos obras premiadas. La decisión del jurado será, en todo caso, inapelable. El jurado emitirá su fallo en el Ayuntamiento de Boborás el día 21 de abril del 2018 a partir de las 11.00 horas, explicando los motivos que lo llevaron a escoger tales obras. Esta decisión se hará pública por los medios de comunicación

de Galicia. El jurado podrá declarar desierto el Premio Antón Losada Diéguez tanto parcialmente, como en su totalidad. En ambos campos, y de concederse, el premio deberá ser otorgado a una única obra.

VII.- El jurado del premio Antón Losada Diéguez , presidido por el alcalde-presidente del Ayuntamiento de Boborás, estará compuesto, además, por un representante nombrado por cada una de las instituciones culturales siguientes:

- Real Academia Gallega - Consello da Cultura Gallega - Museo do Pobo Galego - Diputación Provincial de Ourense - Alcalde del Ayuntamiento de O Carballiño - Universidad de Santiago de Compostela - Universidad de Vigo - Universidad de A Coruña Actuará como secretario de este jurado, con voz y sin voto, o secretario del Ayuntamiento de Boborás o persona en quien delegue. De tal modo, actuará como miembro del jurado, con voz y sin voto, en calidad de portavoz del mismo, la concejala delegada de cultura del Ayuntamiento de Boborás.

VIII.- La entrega oficial del Premio Antón Losada Diéguez , en su trigésima tercera edición, a los autores o autoras premiadas (creación literaria e investigación), se hará el día 9 de junio de 2018 y tendrá lugar en el transcurso de un acto literario a celebrar en el Pazo de Moldes, del Ayuntamiento de Boborás, donde nació y vivió el ilustre Antón Losada Diéguez.

IX.- La secretaría de la trigésima tercera edición del Premio Antón Losada Diéguez tendrá como sede el Ayuntamiento de Boborás, a donde todos los editores interesados pueden enviar las publicaciones que consideren oportunas, dentro de las condiciones y plazos establecidos por las bases. El número de ejemplares a presentar por cada obra será igual al de miembros del jurado (nueve ejemplares). Estas obras no serán devueltas y pasarán a los fondos de las bibliotecas de cada una de las instituciones representadas en el jurado.

Ayuntamiento de Boborás R/ Cristóbal Colón, s/n, 32514 Boborás, Ourense. Teléfono: 988 402 008 www.boboras.gal cultura@boboras.gal

R. 3.810

Literatura
Investigación
Cultura
Gallego
Escuelas
Medios de comunicación
Museos
Certámenes
Bibliotecas
Cultura e idiomas