BASES DO XLIV PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2018 - Boletín Oficial de Lugo de 16-05-2018

TIEMPO DE LECTURA:


Para os efectos do establecido no art. 49 da lei 7/85 do 2 de abril, r/bases réxime local, exponse ó público durante o prazo de 30 días, as Bases do XLIV Premio de Poesía Do CERTAME Literario do Concello de Vilalba 2018 , que se aprobaron pola Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria celebrada o día 7/05/2018, as cales se insertan de seguido, ó obxecto de que, a partir do día seguinte ó da súa inserción, xa poidan concorrer ao certame todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que presenten as súas obras en lingua galega.

BASES DO XLIV PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2018

O Concello de Vilalba, co afán de estimular a creación poética convoca o XLIV Premio de Poesía do Concello de Vilalba, enmarcado no Certame Literario anual.

PRIMEIRA.

Modalidade: Poesía.

Este concurso consta dun único premio indivisible.

Premio: 7000 euros, flor natural e diploma.

As obrigacións fiscais que se deriven do premio serán responsabilidade única do autor ou autora

SEGUNDA.

Poderán concorrer ao certame todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que presenten as súas obras en lingua galega.

TERCEIRA.

Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en datas anteriores ao fallo do xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións na obra premiada significaría a anulación da adxudicación, procedendo o xurado a formular de novo a proposta de adxudicación ou declarando deserto o premio.

CUARTA.

O tema do traballo será libre e a súa extensión mínima será de 500 versos.

QUINTA.

As obras enviaranse por quintuplicado, á seguinte dirección sen sinatura e con un lema:

CONCELLO DE VILALBA Certame Literario Praza da Constitución núm. 1 27800 Vilalba - Lugo

En sobre aparte e pechado, figurará o lema que distinga o traballo, e no seu interior irá o nome e apelidos do autor/a, enderezo, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, xunto cunha pequena biografía do autor/a. Abriranse soamente o sobre do traballo premiado.

En caso de que as obras se envíen por vía electrónica farase mediante a dirección www.vilalba.org/certameliterario, na que se indicará o lema que distinga o traballo e se achegará o arquivo en formato PDF, co contido da obra.

As persoas que opten por esta vía deben enviar por correo ordinario e en sobre pechado, o nome e apelidos do autor/a, enderezo, teléfono, poboación de residencia, e declaración formal de que a obra se axusta ás normas contidas nas bases da convocatoria.

No sobre deben indicar:

CONCELLO DE VILALBA Certame Literario (indicar o lema que distingue o seu traballo) Praza da Constitución núm. 1 27800 Vilalba - Lugo

Non deben poñer datos do remitente, senón os traballos serán nulos.

É de destacar que, soamente se abrirá o sobre do traballo premiado.

SEXTA.

Todos os traballos que concorran ao Premio de Poesía do Certame Literario dirixiranse ao Concello de Vilalba, Praza da Constitución núm.1, 27800 Vilalba (Lugo), facendo constar no exterior do sobre Para o Certame Literario .

O prazo de admisión dos traballos remata o día 13/07/2018. Considerándose incluídas neste prazo as obras que, enviadas por correo, ostenten o selo de orixe con esta ou unha data anterior, e no caso das enviadas por vía electrónica, as recibidas antes das 14h do 13/07/2018.

SEPTIMA.

O ditame do xurado darase a coñecer o día 21/08/2017, a través dos distintos medios de comunicación. A persoa premiada deberá asistir persoalmente, ou mediante representante caso de resultarlle imposíbel, a entrega do premio que efectuarase nun magno acto que

terá lugar en Vilalba o día 30 de agosto, coincidindo co comezo das festas de San Ramón e Santa María 2018.

O xurado reunirase o luns 20/08/2018, estará composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario. A súa composición será dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.

No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuízo do xurado para a obtención do premio ou non tivesen a categoría suficiente, poderá declararse deserto.

OITAVA

1_ O concello que publicará a obra premiada reservase os seus dereitos de edición e entregara a persoa gañadora 15 exemplares da obra premiada.

2_O Concello de Vilalba reservase en exclusiva, o dereito de edición da obra premiada, sen pago adicional algún o da propia cuantía do premio, constituíndo este a única e total remuneración, considerándose e convindo o seu autor/a a tal efectos que:

a) Cede por tempo indefinido, sen límite territorial e para cálquera dos posibles sistemas de comercialización, modalidades e soportes de edición, os dereitos de reprodución, distribución e venda da obra premiada. Esta cesión será en exclusiva para o Concello de Vilalba.

b) O Concello de Vilalba queda facultado para a realización, por si mesmo ou mediante convenio co servizo editorial público ou privado, de cantas edicións considere oportunas, e co número de exemplares que decida libremente.

c) O Concello de Vilalba queda facultado para a tradución da obra premiada a outros idiomas, cos mesmos dereitos de explotación e uso que na lingua orixinal, sempre contando co visto e prace do autor da obra.

NOVENA.

As obras non premiadas serán destruídas xunto coas súas plicas, non admitíndose peticións de devolución.

DÉCIMA.

O fallo do xurado é inapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como cantas decisións adopte o Concello de Vilalba para que estas poidan ser interpretadas e aplicadas.

Vilalba, 8 de maio do 2018.- O alcalde. Agustín Baamonde Díaz.

R. 1273

Literatura
Gallego
Medios de comunicación
Fiestas Populares
Comercio
Idiomas