BASES ESPECÍFICAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES ORGANIZADORAS DE FESTAS TRADICIONAIS, POPULARES OU GASTRONÓMICAS DE CALDAS DE REIS. ANO 2018 - Boletín Oficial de Pontevedra de 08-06-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 08/06/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

BASES ESPECÍFICAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES ORGANIZADORAS DE FESTAS TRADICIONAIS, POPULARES OU GASTRONÓMICAS DE CALDAS DE REIS. ANO 2018

Por Decreto de Alcaldía número 2018-0955 de data 01/06/2018, resolveuse a aprobación das bases especificas para a concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia, a entidades organizadoras de festas populares, tradicionais e gastronómicas a celebrar no termo municipal de Caldas de Reis durante o ano 2018.

De conformidade co previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dáse publicidade ás mesmas.

BASES ESPECÍFICAS DE SUBVENCIÓNS Á ENTIDADES ORGANIZADORAS DE FESTAS TRADICIONAIS, POPULARES OU GASTRONÓMICAS DE CALDAS DE REIS PARA O ANO 2018

PRIMEIRO.-DEFINICIÓN

As presentes bases específicas teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia ás comisións organizadoras de festas tradicionais, populares e gastronómicas a celebrar no termo municipal de Caldas de Reis, promovidas por asociacións e entidades sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o Concello de Caldas de Reis, dirixidas á poboación en xeral, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

SEGUNDO.-OBXECTO DA SUBVENCIÓN

Poderán ser obxecto de subvención as festas tradicionais, populares e gastronómicas en todas as súas vertentes. Estas actividades deben ser iniciadas e rematadas durante o ano 2018, abranguendo o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2018.

Quedan excluídos da presente convocatoria, e por tanto non serán obxecto de subvención, as seguintes actividades e investimentos:

' Os gastos de investimentos: obras e bens inventariables.

' Os gastos incompatibles coa aplicación orzamentaria á que se imputa o gasto desta convocatoria.

' Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

' As actividades subvencionadas, no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións do Concello de Caldas de Reis, ou a través de convenios asinados co Concello.

' As actividades deportivas, así como de calquera outra índole que non estean comprendidas no obxecto da subvención.

' Os gastos de funcionamento das entidades e os gastos correntes.

' As viaxes de lecer, as excursións, así coma as actividades culturais.

TERCEIRO.-IMPORTE DA SUBVENCIÓN

O crédito global que se dispón para o outorgamento destas subvencións será de 7.000,00 euros, con cargo á partida 338.9.484.01 do orzamento vixente.

Tendo en conta o carácter de concorrencia competitiva desta convocatoria, no caso de que o importe das axudas correspondentes ás solicitudes recibidas supere a dotación orzamentaria disposta, reducirase a contía subvencionable de maneira proporcional entre as beneficiarias, de tal xeito que non se supere a cantidade consignada para tal fin.

En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras Administracións Públicas ou doutros entes públicos ou privados, supere o custo total da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria. Se así fora, este feito daría lugar a unha modificación da resolución da concesión. Así mesmo, calquera alteración das condicións para a concesión das subvencións poderá dar lugar á modificación do acordo de concesión.

Declárase a compatibilidade con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais, salvo as subvencións concedidas polo Concello.

CUARTO.-ENTIDADES BENEFICIARIAS

Terán a consideración de beneficiarios as persoas que organicen a festa obxecto da subvención. Ditas persoas deberán ser persoas xurídicas legalmente constituídas coma asociacións, ou comisións de festas que deberán cumprir os seguintes requisitos:

' Carecer de fins de lucro.

' Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do Concello de Caldas de Reis.

' Non ter pendente de xustificación ningunha subvención ou axuda ante o Concello de Caldas de Reis para o mesmo obxecto para o que se solicita a nova subvención.

' Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, co Concello e coa Seguridade Social.

En ningún caso poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta convocatoria aquelas nas que se dea algunha das circunstancias que recolle o artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Quedan excluídas desta convocatoria aquelas actividades ou programas que veñan regulados noutras convocatorias do Concello de Caldas de Reis.

De acordo co artigo 11 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, prevese expresamente que poidan ser beneficiarios tamén as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica organice as devanditas festas, sempre e cando cumpran os requisitos deste artigo.

QUINTO.-DOCUMENTACIÓN

As entidades interesadas en acollerse aos beneficios desta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro de Entrada do Concello de Caldas de Reis dirixidas ao Alcalde, a través da https://caldasdereis.sedelectronica.gal/ ou de calquera dos procedementos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas no modelo normalizado que se facilitará no propio Rexistro.

A documentación presentada será a recollida no Anexo I desta convocatoria.

Non se terán en conta as solicitudes que se reciban fora de prazo, con independencia do procedemento que se empregue, nin as que non se presenten no modelo oficial.

Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no Anexo.

A instrución do procedemento de concesión das axudas convocadas, correspóndelle a un funcionario do Concello designado ao efecto, que recibirá as solicitudes e comprobará os requisitos esixidos e a documentación acreditativa dos mesmos, e requirirá, de ser o caso, ao solicitante para que repare os erros advertidos de acordo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG) para que no prazo de 10 días hábiles (contados a partir da recepción da notificación vía correo ordinario ou correo electrónico), enmende a falta ou achegue os documentos requiridos; e se lle informará de que no caso de non o facer, entenderase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

SEXTO.-PRAZO DE SOLICITUDE

Esta convocatoria publicarase na páxina web ou portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Caldas de Reis.

O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, e rematará o 1 de novembro de 2018.

SÉTIMO.-CONTÍA DAS AXUDAS

A contía das axudas será de 200 ¬ fixos por cada día festa con actuación de orquestra ou grupo musical e un importe variable en función do número de solicitudes presentadas e o orzamento xustificado da festa, ata o esgotamento do crédito orzamentario asignado á convocatoria. O importe máximo da axuda (sumado o importe fixo e variable) será de 1.600 euros por beneficiario.

Para determinar o importe variable, se procedera do xeito seguinte:

1. Unha vez sumadas todas as cantidades fixas propostas como subvención para as distintos proxecto, determinarase o remanente de crédito dispoñible resultante.

2. Outorgánselle 20 puntos a propostas cun presuposto xustificado máis elevado. A puntuación das restantes establecerase en base á seguinte fórmula:

P = 20 x Y / X

Onde 'P' é a puntuación que corresponde a cada beneficiario, 'Y' é o importa do presuposto a considerar e 'X' o importe do presuposto máis alto.

' Unha vez asignada a puntuación a cada proposta, procederase a súa valoración económica distribuíndo o crédito dispoñible non comprometido, entre o total de puntos outorgados e multiplicando o resultado pola puntuación obtida por cada proposta.

' O total da subvención concedida será a suma do importe fixo máis o importe variable calculado conforme os parágrafos que anteceden sin que en ningún caso poida ser superior a 1.600,00 euros.

Unha determinada festa só poderá ser subvencionada a través dunha única comisión/asociación.

Aos efectos desta convocatoria, considéranse días de festa unicamente aqueles nos que se realicen bailes con música en vivo e directo, de balde e ao aire libre (verbena), ou no seu caso, evento de carácter gastronómico. Non se terán en conta os días no que que haxa unicamente actividades de carácter relixioso ou de outra índole.

As subvencións poderán financiar ata o 100% das actividades propostas, co límite establecido para cada beneficiario.

OITAVO.-PROCEDEMENTO

A instrución do procedemento corresponderalle á/ao funcionaria/o designado para o efecto, en diante Instrutor/a, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales formulará a proposta de resolución. Tamén será a persoa encargada de requirir ás entidades solicitantes a emenda das deficiencias.

Logo de que o/a Instrutor/a avalíe as solicitudes segundo os criterios, formas e prioridades establecida nesta convocatoria, elevarase a unha comisión de avaliación integrada polo Concelleira de Cultura, que actuará de presidente, a Técnico de Cultura do Concello e o/a Instrutor/a designado pola Alcaldía, que actuará como Secretario/a con voz pero sen voto.

A comisión recollerá o debatido na correspondente acta.

O/A Instrutor/a, tras a acta da comisión, formulará a proposta de resolución provisional debidamente motivada.

No caso de que na valoración a comisión ou o/a Instrutor/a utilizaran datos diferentes dos achegados polas entidades, abrirase un prazo de dez días para que todas as entidades interesadas poidan presentar as alegacións que estimen oportunas. Logo de examinar as alegacións presentadas, de ser o caso, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución definitiva.

De non presentarse alegacións, ou no caso de que este trámite non fose necesario, de conformidade con este artigo, a proposta de resolución provisional terá o carácter de definitiva, e as entidades solicitantes para as que se propón a concesión de subvencións deberán expresar a súa contía, especificando a súa avaliación e os criterios de valoración seguidos para efectuala. Xunto coa proposta, o/a Instrutor/a emitirá un informe no que se estableza que da información que consta no seu poder despréndese que as entidades beneficiarias cumpren con todos os requisitos necesarios para acceder ás subvencións.

O Concello de Caldas de Reis poderá, en calquera momento do procedemento do expediente administrativo da subvención, solicitar maior información ou verificar calquera aspecto relacionado coa solicitude subvencionada.

NOVENO.-RESOLUCIÓN

Posteriormente, a proposta pasará á Intervención Municipal para que realice a súa fiscalización, de acordo co Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

A partir da proposta e tras o informe da Intervención Municipal, a Alcaldía concederá as subvencións mediante Resolución na que se especifique a relación de entidades ás que se lles concede a axuda e a desestimación das restantes solicitudes.

Contra a Resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. De optarse por interpor o recurso de reposición potestativo non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio.

O prazo máximo para resolver será de tres meses contados a partir da finalización do prazo para a solicitude das subvencións. Transcorrido o devandito prazo, as entidades solicitantes ás que non se lles notifique resolución expresa, entenderán que a súa solicitude foi denegada.

DÉCIMO.-PRAZO DE NOTIFICACIÓN

O outorgamento das subvencións notificarase ás entidades interesadas de acordo co establecido nos artigos 40 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Se no prazo de dez días a entidade beneficiaria non manifestara o contrario, entenderase que acepta a subvención e queda suxeita ás obrigas derivadas da normativa sobre axudas e subvencións a entidades sen fins de lucro.

UNDÉCIMO.-OBRIGAS DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS

As entidades beneficiarias das subvencións terán que aterse ás seguintes obrigas unha vez aceptada a subvención:

1. Cumprir co obxectivo, realizar a actividade e adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións de acordo coa memoria presentada.

2. Xustificar ante o Concello de Caldas de Reis o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade pola que se concedeu a subvención.

3. Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

5. Comunicar ao Concello de Caldas de Reis a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza.

6. Acreditar que se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

7. Facer constar, naquelas actividades que así o permitan, que contan coa subvención do Concello de Caldas de Reis. Deberá figurar a colaboración do Concello de Caldas de Reis en calquera dos soportes publicitarios da actividade subvencionada.

8. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos contemplados no artigo da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

9. Desenvolver a actividade subvencionada no termo municipal de Caldas de Reis.

10. As persoas xurídicas deberán estar validamente constituídas e rexistradas.

DUODÉCIMO.-XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

A xustificación deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Caldas de Reis antes do 30 de novembro do ano da solicitude.

Este prazo poderá prorrogarse ata un máximo de quince días naturais a petición razoada da entidade solicitante, e sempre que así o acorde o órgano que concedeu a subvención, contando os quince días dende a notificación do acordo da prórroga. Para isto, a petición da prórroga realizarase antes da finalización do prazo da xustificación da subvención.

Este prazo entenderase sen prexuízo do prazo de dez días que se concederá no caso de presentación incompleta ou defectuosa para a súa rectificación.

A xustificación, que será obrigatoria para o libramento dos fondos por parte do Concello, suporá a acreditación do cumprimento do obxecto da subvención concedida.

A xustificación, que será responsabilidade da entidade declarante, farase coa presentación na sede electrónica do Concello de Caldas de Reis https://caldasdereis.sedelectronica.gal/ ou Rexistro de entrada do Concello da documentación recollida no Anexo I b) desta convocatoria.

As entidades beneficiarias presentarán unha declaración responsable de acordo co establecido no artigo 24.5 do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Se a entidade beneficiaria fose debedora con motivo dunha débeda vencida, líquida e esixible, a Alcaldía poderá acordar a compensación.

Con carácter xeral, a xustificación realizarase mediante facturas orixinais ou compulsadas directamente relacionadas co obxecto da subvención, e no seu caso, correspondentes ao período para o que esta foi concedida. No caso de que a entidade beneficiaria xustifique a subvención mediante facturas compulsadas, deberá presentar as facturas orixinais para que conste nelas o selo do Concello no que se indique que estas foron utilizadas para xustificar unha subvención do Concello. As facturas deberán conter os seguintes datos:

1.-Emisión da persoa ou entidade beneficiaria con especificación do seu NIF ou CIF e enderezo fiscal.

2.-Identificación completa do/a provedor/a, especificando a súa denominación, NIF ou CIF e enderezo fiscal.

3.-Número de factura.

4.-Lugar e data da emisión da factura.

5.-Descrición suficiente da subministración realizada ou do servizo prestado, reflectindo as unidades obxecto do servizo ou subministración, cantidade e prezos unitarios de cada unha delas, contraprestación total, tipo tributario e cota do IVE.

6.-Período que corresponda.

7.-Selo ou lenda de 'cobrado', 'pagado', 'recibín' ou similar.

Só serán gastos subvencionables os que respondan de xeito indubidable á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido, e que ademais estean efectivamente pagados con anterioridade á xustificación da subvención, salvo nos casos de pagamentos a conta, a modo de exemplo serán subvencionables os gastos incorridos con motivo do escenario e montaxe do mesmo, infraestruturas e equipos de son, infraestruturas e equipos de iluminación, escenografía, remuneración dos artistas, intérpretes, executantes, así como os incorridos con motivo da súa manutención, aloxamento e desprazamento, iluminación festiva, pirotecnia, etc.

Os documentos xustificativos corresponderán a gastos realizados dende o comezo das actividades subvencionadas ata que finalice o prazo de xustificación.

En ningún caso se admitirán como xustificantes de gastos as cantidades satisfeitas ao Concello de Caldas de Reis. polo uso das instalacións, nin como de calquera tributo ou prezo público satisfeito ao Concello. Tampouco serán gastos xustificables os xuros debedores de contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e os gastos de procedementos xudiciais.

Non serán gastos xustificables as bebidas alcohólicas, tabaco ou calquera outro produto considerado nocivo para a saúde.

No caso de celebración de festas gastronómicas serán subvencionables os gastos de adquisición do produto obxecto da festa.

Se as axudas doutras Administracións Públicas son superiores ás previstas ou declaradas pola entidade beneficiaria no momento da solicitude e fan que superen, xunto coa subvención desta convocatoria, a contía total de gastos, o importe da subvención verase reducido na cantidade que corresponda para que o gasto non sexa inferior ás axudas.

Vista a documentación xustificativa presentada, o órgano instrutor do artigo oitavo avaliará se, coa xustificación presentada por cada entidade beneficiaria, se cumpre coa finalidade básica da subvención. Posteriormente, de ser favorable a valoración, as xustificacións e a proposta que elaborará a Concellería de Cultura a partir das mesmas serán fiscalizadas pola Intervención Municipal.

Tras a xustificación, a proposta da Concellería e a fiscalización da Intervención Municipal, o órgano competente resolverá facendo mención expresa a que se comprobou a realización da actividade e o cumprimento da xustificación, e nese caso proporase que se lle recoñeza a obriga e que se efectúe o correspondente pagamento.

O pagamento da subvención acadará o 100% do importe xustificado, sendo o límite a cantidade concedida. No caso de que a entidade beneficiaria non xustifique a totalidade do gasto da subvención concedida, realizarase o libramento dos fondos polo importe xustificado, sempre e cando se cumpran co resto dos requisitos desta convocatoria.

Se non se presenta a xustificación dentro do prazo (inicial ou prorrogado), por resolución da Alcaldía iniciarase o expediente de anulación do correspondente compromiso por revogación da concesión da subvención.

Poderase presentar a documentación relativa a solicitude e de xustificación nun único acto, dentro dos prazos establecidos para formular a solicitude e presentar a xustificación.

DÉCIMO TERCEIRO.-PUBLICIDADE DO PROCEDEMENTO DA CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN DA CONVOCATORIA

Procederase á publicación na sede electrónica do Concello de Caldas de Reis https://caldasdereis.sedelectronica.gal/ e na base de datos nacional de subvencións. En todo caso, o acordo de concesión será exposto durante 30 días na na sede electrónica do Concello de Caldas de Reis https://caldasdereis.sedelectronica.gal/ do Concello, onde se recollerá a convocatoria, o crédito orzamentario, as entidades beneficiarias, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

DÉCIMO CUARTO.-REINTEGRO DA SUBVENCIÓN

As axudas concedidas deberán devolverse ou reintegrarse nos seguintes casos:

1. A declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulación de subvención, que levará consigo a obriga de devolver as cantidades percibidas.

2. Tamén procederá o reintegro das cantidades percibidas e a esixencia dos xuros de mora correspondentes nos casos sinalados nos artigos 36 e seguintes da Lei 9/2007, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, dende o momento do pagamento da subvención ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro.

As cantidades devoltas terán carácter de dereito público.

DÉCIMO QUINTO.-INSPECCIÓN E CONTROL

O Concello de Caldas de Reis, a través da Intervención Municipal, poderá realizar as comprobacións que estime oportunas respecto das actividades subvencionadas e terá acceso a toda a súa documentación xustificativa. Asemade será de aplicación o Título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

DÉCIMO SEXTO.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Esta convocatoria queda en materia de infraccións e sancións ao disposto no Título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

DÉCIMO SÉTIMO.-RÉXIME XURÍDICO APLICABLE

Esta convocatoria e as subvencións que se concedan de acordo con elas efectuaranse de conformidade coa normativa aplicable seguinte:

1.-Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2.-Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

3.-Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.

4.-Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia.

5.-Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais.

6.-Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

7.-Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Caldas de Reis.

8.-As Bases de execución do Orzamento vixente no Concello de Caldas de Reis.

9.-As Bases Xerais de Subvencións do Concello de Caldas de Reis (BOPPO número 93 de 15 de maio de 2018)

10.-Demais normativa aplicable.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Fiestas Populares
Gastronomía
Cultura
Música
Actividad cultural
Actividades deportivas
Eventos