Bases especificas da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades da provincia da Coruña para actividades de promoción económica durante o ano 2016 - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, TURISMO E EMPREGO

ANUNCIO

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases específicas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades da provincia da Coruña, para actividades de Promoción Económica durante o ano 2016, que se transcriben de seguido.

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDO A ENTIDADES DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DURANTE O ANO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA QUE COMPLEMENTAN AS BASES XERAIS REGULADORAS DAS CONVOCATORIAS DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades da provincia da Coruña para actividades de Promoción Económica durante o ano 2016

Referencia:

FOENAA/2016

Aplicación orzamentaria:

0510/414.2/481

Importe do orzamento de gastos da actividade:

Máximo 75.000€, mínimo 3.000€

Importe da subvención que se ha conceder:

De 600€ a 30.000€

Porcentaxe da solicitude:

Do 20% ao 80% do orzamento de gastos

Base 3.- Obxecto

Obxecto específico da convocatoria FOENAA/2016

Accións tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e a hostalaría como poden ser os seguintes:

- Apoio ás liñas de comercialización e promoción dos nosos produtos de calidade que permitan a penetración no mercado, mediante axudas á loxística e a distribución.

- Organización de congresos, exposicións, talleres, xornadas e seminarios relacionados coa promoción económica da provincia, festas de recoñecido interese turístico, feiras de artesanía, feiras de exaltación de produtos típicos da zona.

- Desbroces, sementeira, seguro e gardería TECOR.

- Cursos de formación.

- Actividades de promoción, difusión e animación do comercio local, campañas de Nadal, animación comercial en núcleos urbanos, decoración e animación en zonas comerciais, promoción e publicidade do comercio asociado, folletos, revistas, guías.

- Actividades derivadas de proxectos que teñan como obxectivo a recuperación demográfica de núcleos rurais ( aproveitamento das novas formas de explotación sostible dos recursos naturais e forestais para a creación de emprego a nivel local, elaboración de catálogo de oficios e prácticas artesanais das zonas e organización de talleres de transmisión destes oficios por parte dos artesáns locais aos mozos rurais como fonte de emprego, sensibilización da poboación local nos procesos de integración que se leven a cabo e seguimento da acollida de novos poboadores-emprendedores.

Base 4.- Exclusións

Exclusións da convocatoria FOENAA/2016

Ademais das exclusións expresadas no punto 4 das bases reguladoras, non serán obxecto de subvención neste programa as seguintes actividades:

Os gastos de carácter xeral da entidade (persoal e gastos correntes). Só serán subvencionables os gastos que se adscriban directamente á realización da actividade obxecto da subvención co límite máximo do 13% dos gastos directos da actividade. Estes gastos deberán especificarse motivadamente no presuposto.

Os gastos de manutención, aloxamento e atencións protocolarias; por iso, este tipo de gastos tampouco poderán incluírse nos orzamentos que se presenten para calquera outra finalidade.

- As viaxes de ocio e as festas, agás as declaradas de interese turístico

- O importe do IVE non se considerará gasto subvencionable cando sexa susceptible de recuperación ou compensación pola entidade (art. 31.8 LXS)

Os gastos referidos a actividades culturais, deportivas, de lecer e tempo libre e de servizos sociais que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria.

Base 5.- Solicitantes

Requisitos específicos da convocatoria FOENAA/2016

- Entidades sen ánimo de lucro e asociacións veciñais legalmente constituídas no momento de facer a solicitude.

Base 6.- Obrigas das entidades

Ademais das obrigas establecidas na base 6 das bases reguladoras das convocatorias de subvencións, deberán cumprir o seguinte requisito:

6.2. No caso das asociacións, acreditaren un número mínimo de 25 socios/as ou partícipes na data de presentación.

Base 7.- Solicitude

7.1.- Prazo da convocatoria FOENAA/2016

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

Dende as 00:00 horas do dia seguinte a publicación no BOP

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15.01.2016

7.2.- Documentación

Documentación específica da convocatoria FOENAA/2016

Ademais da documentación establecida no apartado 7.2 das bases reguladoras das convocatorias de subvencións, deberán presentar a seguinte documentación específica:

Memoria explicativa da actividade, asinada polo representante, que conterá os seguintes aspectos: breve descrición da actividade que se ha realizar para os efectos de comprobar que é subvencionable nesta convocatoria segundo o disposto na base 3, o seu calendario de realización ao longo do ano 2016, a súa adecuación ao interese provincial, número de persoas usuarias directa ou indirectamente

Base 8.- Resolución

8.1.- Criterios de baremación da convocatoria FOENAA/2016

Coeficiente de financiamento derivado da solicitude:

Ata 40 puntos

Adecuación das actividades que se han realizar ao interese provincial:

Ata 35 puntos

Número de persoas usuarias directa ou indirectamente polas actividades:

Ata 20 puntos

Emprego da lingua galega na súa realización:

Ata 5 puntos

Base 9.- Xustificación e pagamento

9.3- Documentación xustificativa

Documentación específica da convocatoria FOENAA/2016

Ademais da documentación establecida no apartado 9.3 das bases reguladoras das convocatorias de subvencións, deberán presentar a seguinte documentación específica:

Memoria xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención con indicación das actividades realizadas, das persoas usuarias, dos resultados obtidos e as desviacións acaecidas asinada dixitalmente polo presidente ou representante da entidade.

Declaración da entidade relativa á repercusión do IVE que, no seu caso, inclúan nas facturas xustificativas do gasto realizado. De acordo co disposto no art. 31.8 da Lei xeral de subvencións, o IVE será subvencionable no caso de que non sexa deducible pola entidade.

A Coruña, 20 de novembro de 2015

O PRESIDENTE, O SECRETARIO

VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO JOSÉ LUIS ALMAU SUPERVÍA

2015/11440

Desarrollo económico
Comercio
Empleo y contratación
Empleo
Turismo
Actividad artesanal
Fomento del empleo
Congresos
Artesanía
Comercio minorista
Formación
Comercio y marketing
Actividades de ocio y tiempo libre
Ocio y tiempo libre
Deporte
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Actividad cultural
Gallego