Bases específicas reguladoras da convocatoria de subvencións de agricultura dirixidas ás entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para actividades durante o exercicio 2016 - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015
- Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
- Tipo: Convocatorias
- Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
- Documento en formato PDF
SERVIZO DE PROMOCION ECONOMICA, TURISMO E EMPREGO
ANUNCIO
Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases específicas reguladoras da convocatoria de subvencións de agricultura dirixidas ás entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para actividades durante o ano 2016, que se transcriben de seguido.
CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE AGRICULTURA DIRIXIDO ÁS ENTIDADES ASOCIATIVAS AGRARIAS E LABREGAS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O EXERCICIO 2016
BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA QUE COMPLEMENTAN AS BASES XERAIS REGULADORAS DAS CONVOCATORIAS DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN
Datos da convocatoria
Denominación: | Convocatoria do programa de subvencións de agricultura dirixido ás entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para actividades durante o exercicio 2016 |
Referencia: | FO028A |
Aplicación orzamentaria: | 0510/414.1/481 |
Importe total do crédito consignado: | Presuposto 2016 e modificativos |
Importe do orzamento de gastos da actividade: | Mínimo 3.000€, máximo 75.000€ |
Importe da subvención que se ha conceder: | Mínimo 600€, máximo 30.000€ |
Porcentaxe subvencionable do orzamento de gastos financiables: | Do 20% ao 80% |
Base 3.- Obxecto
Obxecto específico da convocatoria
Accións tendentes a apoiar ás entidades agrarias e labregas en proxectos destinados á recuperación e valoración dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola, gandeiro e forestal que teñan como obxecto - A valorización e comercialización das producións agrarias, gandeiras e forestais - Os proxectos relacionados coa multifuncionalidade do monte enfocados á prevención dos incendios - O asesoramento e formación técnica para a realización de proxectos de investigación e innovación tecnolóxica - O fomento do uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético - Accións tendentes á mellora da calidade xenética Máis concretamente, as axudas poderanse referir, entre outras, ás seguintes materias: contratación de persoal técnico, comerciais, etc., alugamento de instalacións, maquinaria, etc., labores de implantación e acondicionamento de cultivos, asesoramento técnico para a execución e a supervisión do proxecto, formación técnica co fin de conseguir o fomento das medidas obxecto de axuda nesta convocatoria |
Base 4.- Exclusións
Exclusións da convocatoria
Ademais das exclusións expresadas no punto 4 das bases reguladoras, non serán obxecto de subvención nesta convocatoria as seguintes actividades:
- Os gastos de manutención, aloxamento e atencións protocolarias |
- As viaxes de ocio, premios, axudas de custo e gastos de quilometraxe |
- Os gastos de contratación de persoal propio da entidade |
- O importe do IVE non se considerará gasto subvencionable cando sexa susceptible de recuperación ou compensación pola entidade (art. 31.8 LXS) |
- A realización de estudos |
- Os gastos de funcionamento da entidade só poderán ser subvencionables cando estean directamente vencellados á realización da actividade subvencionada, co límite máximo do 13% dos gastos directos da actividade. Estes gastos deberán especificarse motivadamente no presuposto. |
- Os gastos referidos a actividades que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria |
Base 5.- Solicitantes
Requisitos específicos da convocatoria
- Cooperativas agrarias, sociedades agrarias de transformación e comunidades de montes en man común - Asociacións agrarias, gandeiras e forestais sen ánimo de lucro Todas estas entidades teñen obrigatoriamente que ter como fin a prestación de servizos aos seus asociados. |
Base 6.- Obrigas das entidades
Ademais das obrigas establecidas na base 6 das bases reguladoras xerais, deberán cumprir o seguinte requisito:
- No caso das asociacións, deben acreditar un número mínimo de 25 socios/as ou partícipes na data de presentación da solicitude. |
Base 7.- Solicitude
7.1 Prazo da convocatoria
Inicio do prazo de presentación de solicitudes: | Dende o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP |
Fin do prazo de presentación de solicitudes: | 14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016 |
7.2.- Documentación específica da convocatoria
Ademais da documentación establecida no apartado 7.2 das bases reguladoras das convocatorias de subvencións, deberán presentar a seguinte documentación específica:
Memoria explicativa da actividade, que conterá os seguintes aspectos: - Breve descrición da actividade que se vai realizar, para os efectos de comprobar que é subvencionable nesta convocatoria segundo o disposto na base 3 - Calendario de realización da actividade ao longo do ano 2016 - Adecuación da actividade ao interese provincial - Nº de persoas beneficiadas directa ou indirectamente |
Base 8.- Resolución
8.1.- Valoración das solicitudes
Criterios de baremación da convocatoria
Coeficiente de financiamento derivado da solicitude: | Ata 40 puntos |
Adecuación das actividades que se han realizar ao interese provincial: | Ata 35 puntos |
Número de beneficiados directa ou indirectamente polas actividades: | Ata 20 puntos |
Emprego da lingua galega na súa realización: | Ata 5 puntos |
Base 9.- Xustificación e pagamento
9.3- Documentación xustificativa específica da convocatoria
Ademais da documentación establecida no apartado 9.3 das bases reguladoras das convocatorias de subvencións, deberán presentar a seguinte documentación específica:
- Memoria xustificativa da actividade que conterá os seguintes aspectos: breve descrición da actividade realizada e dos resultados obtidos. |
- Declaración relativa á repercusión do IVE que, no seu caso, inclúan as facturas xustificativas do gasto realizado. De acordo co disposto no art. 31.8 da Lei xeral de subvencións, o IVE será subvencionable no caso de que non sexa deducible pola entidade. |
A Coruña, 23 de novembro de 2015
O Presidente O Secretario
Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía
2015/11447