Bases específicas reguladoras da convocatoria de subvencións de agricultura dirixidas ás entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para investimentos durante o exercicio 2016 - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE PROMOCION ECONOMICA, TURISMO E EMPREGO

ANUNCIO

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases específicas reguladoras da convocatoria de subvencións de agricultura dirixidas ás entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para investimentos durante o ano 2016, que se transcriben de seguido.

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE AGRICULTURA DIRIXIDO ÁS ENTIDADES ASOCIATIVAS AGRARIAS E LABREGAS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA QUE COMPLEMENTAN AS BASES XERAIS REGULADORAS DAS CONVOCATORIAS DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións de agricultura dirixido ás entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para investimentos durante o exercicio 2016

Referencia:

FO028B

Aplicación orzamentaria:

0510/414.1/781

Importe total do crédito consignado:

Presuposto 2016 e modificativos

Importe do orzamento de gastos da actividade:

Mínimo 3.000€ , máximo 75.000€

Importe da subvención que se ha conceder:

Mínimo 600€, máximo 30.000€

Porcentaxe subvencionable do orzamento de gastos financiables:

Do 20% ao 80%

Base 3.- Obxecto

Obxecto específico da convocatoria

Accións tendentes a apoiar ás entidades agrarias e labregas en proxectos destinados á recuperación e valoración dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola, gandeiro e forestal que teñan como obxecto

- A valorización e comercialización das producións agrarias, gandeiras e forestais

- Os proxectos relacionados coa multifuncionalidade do monte enfocados á prevención dos incendios

- O asesoramento e formación técnica para a realización de proxectos de investigación e innovación tecnolóxica

- O fomento do uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético

- Accións tendentes á mellora da calidade xenética

Máis concretamente, as axudas poderanse referir, entre outras, ás seguintes materias: infraestruturas materiais e equipamentos técnicos (peches, acondicionamento de locais, entutorados, adquisición ou adecuación técnica de maquinaria, isotermas, etc.), axudas a investimentos (construcións, equipamentos, instalacións, novas tecnoloxías e enerxías renovables), adquisición de equipos e sistemas informáticos, investimentos que supoñan aforro enerxético.

Base 4.- Exclusións

Exclusións da convocatoria

Ademais das exclusións expresadas no punto 4 das bases reguladoras, non serán obxecto de subvención nesta convocatoria as seguintes actividades:

- O importe do IVE non se considerará gasto subvencionable cando sexa susceptible de recuperación ou compensación pola entidade (art. 31.8 LXS)

- Os gastos referidos a investimentos que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria

Base 5.- Solicitantes

Requisitos específicos da convocatoria

- Cooperativas agrarias, sociedades agrarias de transformación e comunidades de montes en man común

- Asociacións agrarias, gandeiras e forestais sen ánimo de lucro

Todas estas entidades teñen obrigatoriamente que ter como fin a prestación de servizos aos seus asociados.

Base 6.- Obrigas das entidades

Ademais das obrigas establecidas na base 6 das bases reguladoras xerais, deberán cumprir o seguinte requisito:

- No caso das asociacións, deben acreditar un número mínimo de 25 socios/as ou partícipes na data de presentación da solicitude.

Base 7.- Solicitude

7.1 Prazo da convocatoria

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

Dende o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016

7.2.- Documentación específica da convocatoria

Ademais da documentación establecida no apartado 7.2 das bases reguladoras das convocatorias de subvencións, deberán presentar a seguinte documentación específica:

- Memoria explicativa do investimento, que conterá os seguintes aspectos:

· Breve descrición do investimento que se vai realizar, para os efectos de comprobar que é subvencionable nesta convocatoria segundo o disposto na base 3

· Calendario de realización do investimento ao longo do ano 2016

· Adecuación da actividade ao interese provincial

· Nº de persoas beneficiadas directa ou indirectamente

- Compromiso de manter a adscrición do ben ás fins que motivaron a concesión da subvención, por un prazo mínimo de cinco anos, no caso de inmobles ou de dous anos no caso de bens inventariables.

- Compromiso , cando corresponda, de inscribir o ben no rexistro público correspondente, con indicación da subvención obtida e do período de adscrición do dito ben ás fins previstas.

No caso de realización de obras:

- Resumo do presuposto de execución por capítulos ou unha memoria valorada, pero unha vez concedida a axuda, de ser legalmente necesario, requirirase para a xustificación a achega do proxecto técnico. No caso de que os proxectos de obras estean divididos en fases, deben achegar a programación total, coa indicación do número de fases, importe e calendario de realización, así coma que contan con financiamento para a realización da totalidade das fases. As sucesivas propostas que se plantexen deberán numerarse por fases coa indicación das xa executadas. Deberá acreditarse tamén que cada unha das fases subvencionadas é susceptible de utilización independente.

- Declaración de ter a acreditación da titularidade da propiedade ou dereito real que posúa sobre o ben inmoble ou, no seu caso, declaración de ter a autorización do propietario.

- Compromiso de solicitar a licenza ou autorizacións preceptivas

Base 8.- Resolución

8.1.- Valoración das solicitudes

Criterios de baremación da convocatoria

Coeficiente de financiamento derivado da solicitude:

Ata 40 puntos

Adecuación dos investimentos que se han realizar ao interese provincial:

Ata 35 puntos

Número de beneficiados directa ou indirectamente:

Ata 20 puntos

Emprego da lingua galega na súa realización:

Ata 5 puntos

Base 9.- Xustificación e pagamento

9.3- Documentación xustificativa específica da convocatoria

Ademais da documentación establecida no apartado 9.3 das bases reguladoras xerais das convocatorias de subvencións, deberán presentar a seguinte documentación específica:

- Memoria xustificativa do investimento que conterá os seguintes aspectos: breve descrición do investimento realizado e dos resultados obtidos, asinados pola presidencia ou representante legal

- Declaración relativa á repercusión do IVE que, no seu caso, inclúan as facturas xustificativas do gasto realizado. De acordo co disposto no art. 31.8 da Lei xeral de subvencións, o IVE será subvencionable no caso de que non sexa deducible pola entidade.

No caso de que o importe da subvención concedida sexa inferior a 3.000€, ademais da memoria e declaración do IVE, deberán achegar:

- Factura dixital ou escaneada

- Acreditación da recepción da obra ou equipamento

No caso de que o importe da subvención concedida sexa igual ou superior a 3.000€, ademais da memoria e declaración do IVE, deberán achegar a seguinte documentación:

1.- No suposto de adquisición de bens de equipo:

· Factura dixital ou escaneada

· Acta de recepción escaneada, ou albará de entrega, e fotografía do obxecto da solicitude

· Declaración do acordo de aprobación da factura polo órgano competente da entidade beneficiaria

· Se o importe do equipo supera os 18.000,00 € (IVE excluído) deberá achegarse telematicamente unha valoración pericial do ben adquirido subscrito por técnico colexiado independente.

2.- No suposto de adquisición de bens inmobles:

· Escritura pública escaneada se a adquisición é superior a 18.000 € (IVE excluído)

· Declaración de inscrición no Rexistro da Propiedade do financiamento obtido e da adscrición do ben á finalidade para a que a subvención foi concedida polo prazo que se estableza nas bases, que non poderá ser inferior a cinco anos.

· Se o importe do ben supera os 18.000,00 € (IVE excluído) deberá achegarse telematicamente unha valoración pericial do ben adquirido subscrito por técnico colexiado independente.

3.- Execución de obras:

· Certificación escaneada de obra subscrita por técnico colexiado competente

· Relación valorada dixital

· Factura dixital ou escaneada

· Acta de recepción escaneada, e fotografía

· Declaración da aprobación polo órgano competente da entidade beneficiaria da subvención.

Se as obras as executa a administración, na certificación de obra concretarase exclusivamente o importe da execución material, (non poderá incorporar, polo tanto, nin gastos xerais nin beneficio industrial nin o imposto sobre o valor engadido), non obstante poderá ser substituída esta por facturas dixitais ou escaneadas, expedidas polos distintos provedores.

Se as obras as executa contratista adxudicatario, á certificación de obra que poderá conter os gastos xerais, beneficio industrial e IVE, acompañarase factura dixital ou escaneada expedida polo contratista e certificado da aprobación polo órgano competente da entidade. O importe do IVE só será gasto subvencionable se non ten o carácter de deducible para o beneficiario.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

O Presidente O Secretario

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

2015/11449

Agricultura
Sector agrícola
Empleo y contratación
Empleo
Desarrollo económico
Turismo
Comercio
Actuaciones contra incendios
Investigación
Formación
Innovación tecnológica
Realización de obras
Gallego
Industrialización