Bases específicas reguladoras da convocatoria de subvencións de fomento pesqueiro dirixidas ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para actividades durante o exercicio 2016 - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE PROMOCION ECONOMICA, TURISMO E EMPREGO

ANUNCIO

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases específicas reguladoras da convocatoria de subvencións de fomento pesqueiro dirixidas ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para actividades durante o ano 2016, que se transcriben de seguido.

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIONS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O EXERCICIO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA QUE COMPLEMENTAN AS BASES XERAIS REGULADORAS DAS CONVOCATORIAS DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para actividades durante o exercicio 2016

Referencia:

FO027A

Aplicación orzamentaria:

0510/415/481

Importe total do crédito consignado:

Presuposto 2016 e modificativos

Importe do orzamento de gastos da actividade:

Máximo 75.000€, mínimo 3.000€

Importe da subvención que se ha conceder:

Máximo 30.000€, mínimo 600€

Porcentaxe subvencionable do orzamento de gastos financiables:

Do 20% ao 80%

Base 3.- Obxecto

Obxecto específico da convocatoria

Accións tendentes a impulsar o fomento pesqueiro, entre as que se inclúen:

- Axudas para a vixilancia das autorizacións marisqueiras e o persoal das confrarías e agrupacións

- Axudas para a realización de cursos dos traballos pertencentes ao sector pesqueiro, marisqueiro e de cultivos mariños

- Axudas á investigación nos campos da acuicultura, contaminación do mar e outros que incidan na mellora de especies mariñas e de interese comercial para Galicia

Base 4.- Exclusións

Exclusións da convocatoria

Ademais das exclusións expresadas no punto 4 das bases reguladoras, non serán obxecto de subvención nesta convocatoria as seguintes actividades:

- Os gastos de manutención, aloxamento e atencións protocolarias

- As viaxes de ocio, axudas de custo e gastos de quilometraxe

- O importe do IVE non se considerará gasto subvencionable cando sexa susceptible de recuperación ou compensación pola entidade (art. 31.8 LXS)

- Os gastos de funcionamento da entidade só poderan ser subvencionables cando estean directamente vencellados á realización da actividade subvencionada, co límite máximo do 13% dos gastos directos da actividade. Estes gastos deberán especificarse motivadamente no presuposto.

- Os gastos referidos a actividades que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria

Base 5.- Solicitantes

Requisitos específicos da convocatoria

- Confrarías de pescadores, federacións provinciais de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña

Base 7.- Solicitude

7.1 Prazo da convocatoria

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

Dende o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016

7.2.- Documentación específica da convocatoria

Ademais da documentación establecida no apartado 7.2 das bases reguladoras das convocatorias de subvencións, deberán presentar a seguinte documentación específica:

Memoria explicativa da actividade, que conterá os seguintes aspectos:

- Breve descrición da actividade que se vai realizar, para os efectos de comprobar que é subvencionable nesta convocatoria segundo o disposto na base 3

- Calendario de realización da actividade ao longo do ano 2016

- Adecuación da actividade ao interese provincial

- Nº de persoas beneficiadas directa ou indirectamente

Base 8.- Resolución

8.1.- Valoración das solicitudes

Criterios de baremación da convocatoria

Coeficiente de financiamento derivado da solicitude:

Ata 40 puntos

Adecuación das actividades que se han realizar ao interese provincial:

Ata 35 puntos

Número de beneficiados directa ou indirectamente polas actividades:

Ata 20 puntos

Emprego da lingua galega na súa realización:

Ata 5 puntos

Base 9.- Xustificación e pagamento

9.3- Documentación xustificativa específica da convocatoria

Ademais da documentación establecida no apartado 9.3 das bases reguladoras das convocatorias de subvencións, deberán presentar a seguinte documentación específica:

- Memoria xustificativa da actividade que conterá os seguintes aspectos: breve descrición da actividade realizada e dos resultados obtidos.

- Declaración relativa á repercusión do IVE que, no seu caso, inclúan as facturas xustificativas do gasto realizado. De acordo co disposto no art. 31.8 da Lei xeral de subvencións, o IVE será subvencionable no caso de que non sexa deducible pola entidade.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

O Presidente O Secretario

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

2015/11445

Marisqueo
Empleo
Empleo y contratación
Desarrollo económico
Turismo
Pesca
Investigación
Acuicultura
Comercio
Comercio y marketing
Actividades de ocio y tiempo libre
Ocio y tiempo libre
Gallego