Bases específicas reguladoras da convocatoria de subvencións de fomento pesqueiro dirixidas ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para investimentos durante o exercicio 2016 - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE PROMOCION ECONOMICA, TURISMO E EMPREGO

ANUNCIO

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases específicas reguladoras da convocatoria de subvencións de fomento pesqueiro dirixidas ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para investimentos durante o ano 2016, que se transcriben de seguido.

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIONS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA QUE COMPLEMENTAN AS BASES XERAIS REGULADORAS DAS CONVOCATORIAS DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para investimentos durante o exercicio 2016

Referencia:

FO027B

Aplicación orzamentaria:

0510/415/781

Importe total do crédito consignado:

Presuposto 2016 e modificativos

Importe do orzamento de gastos da actividade:

Máximo 75.000€, mínimo 3.000€

Importe da subvención que se ha conceder:

Máximo 30.000€, mínimo 600€

Porcentaxe subvencionable do orzamento de gastos financiables:

Do 20% ao 80%

Base 3.- Obxecto

Obxecto específico da convocatoria

Accións tendentes a impulsar o fomento pesqueiro, entre as que se inclúen:

Axudas para o equipamento das lonxas nos aspectos técnico-sanitarios do persoal manipulador, instalación e utensilios de manexo

Equipamentos de oficina das confrarías

Aplicación de novas técnicas para a modernización do proceso produtivo e de comercialización dos produtos do mar

Axudas para equipamento e explotación do frío industrial das confrarías e lonxas

Base 4.- Exclusións

Exclusións da convocatoria

Ademais das exclusións expresadas no punto 4 das bases reguladoras, non serán obxecto de subvención nesta convocatoria os seguintes investimentos:

- Os gastos referidos a investimentos que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria

- O importe do IVE non se considerará gasto subvencionable cando sexa susceptible de recuperación ou compensación pola entidade (art. 31.8 LXS)

Base 5.- Solicitantes

Requisitos específicos da convocatoria

- Confrarías de pescadores, federacións provinciais de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña

Base 7.- Solicitude

7.1 Prazo da convocatoria

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

Dende o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016

7.2.- Documentación específica da convocatoria

Ademais da documentación establecida no apartado 7.2 das bases reguladoras das convocatorias de subvencións, deberán presentar a seguinte documentación específica:

- Memoria explicativa do investimento, que conterá os seguintes aspectos:

· Breve descrición do investimento que se vai realizar, para os efectos de comprobar que é subvencionable nesta convocatoria segundo o disposto na base 3

· Calendario de realización do investimento ao longo do ano 2016

· Adecuación da actividade ao interese provincial

· Nº de persoas beneficiadas directa ou indirectamente

- Compromiso de manter a adscrición do ben ás fins que motivaron a concesión da subvención, por un prazo mínimo de cinco anos, no caso de inmobles ou de dous anos no caso de bens inventariables.

- Compromiso , cando corresponda, de inscribir o ben no rexistro público correspondente, con indicación da subvención obtida e do período de adscrición do dito ben ás fins previstas.

No caso de realización de obras:

- Resumo do presuposto de execución por capítulos ou unha memoria valorada, pero unha vez concedida a axuda, de ser legalmente necesario, requirirase para a xustificación a achega do proxecto técnico. No caso de que os proxectos de obras estean divididos en fases, deben achegar a programación total, coa indicación do número de fases, importe e calendario de realización, así coma que contan con financiamento para a realización da totalidade das fases. As sucesivas propostas que se plantexen deberán numerarse por fases coa indicación das xa executadas. Deberá acreditarse tamén que cada unha das fases subvencionadas son susceptibles de utilización independiente.

- Declaración de ter a acreditación da titularidade da propiedade ou dereito real que posúa sobre o ben inmoble ou, no seu caso, declaración de ter a autorización do propietario.

- Compromiso de solicitar a licenza ou autorizacións preceptivas

Base 8.- Resolución

8.1.- Valoración das solicitudes

Criterios de baremación da convocatoria

Coeficiente de financiamento derivado da solicitude:

Ata 40 puntos

Adecuación das actividades que se han realizar ao interese provincial:

Ata 35 puntos

Número de beneficiados directa ou indirectamente polas actividades:

Ata 20 puntos

Emprego da lingua galega na súa realización:

Ata 5 puntos

Base 9.- Xustificación e pagamento

9.3- Documentación xustificativa específica da convocatoria

Ademais da documentación establecida no apartado 9.3 das bases reguladoras das convocatorias de subvencións, deberán presentar a seguinte documentación específica:

- Memoria xustificativa do investimento que conterá os seguintes aspectos: breve descrición do investimento realizado e dos resultados obtidos.

- Declaración relativa á repercusión do IVE que, no seu caso, inclúan as facturas xustificativas do gasto realizado. De acordo co disposto no art. 31.8 da Lei xeral de subvencións, o IVE será subvencionable no caso de que non sexa deducible pola entidade.

No caso de que o importe da subvención concedida sexa inferior a 3.000€, ademais da memoria e declaración do IVE, deberán achegar:

- Factura dixital ou escaneada

- Acreditación da recepción da obra ou equipamento

No caso de que o importe da subvención concedida sexa igual ou superior a 3.000€, ademais da memoria e declaración do IVE, deberán achegar a seguinte documentación:

1.- No suposto de adquisición de bens de equipo:

· Factura dixital ou escaneada

· Acta de recepción escaneada, ou do albará de entrega e fotografía do obxecto da solicitude

· Declaración do acordo de aprobación da factura polo órgano competente da entidade beneficiaria

· Se o importe do equipo supera os 18.000,00 € (IVE excluído) deberá achegarse telematicamente unha valoración pericial do ben adquirido subscrito por técnico colexiado independente.

2.- No suposto de adquisición de bens inmobles:

· Escritura pública escaneada, se a adquisición é superior a 18.000 € (IVE excluído)

· Declaración de inscrición no Rexistro da Propiedade do financiamento obtido e da adscrición do ben á finalidade para a que a subvención foi concedida polo prazo que se estableza nas bases, que non poderá ser inferior a cinco anos.

· Se o importe do ben supera os 18.000,00 € (IVE excluído) deberá achegarse telematicamente unha valoración pericial do ben adquirido subscrito por técnico colexiado independente.

3.- Execución de obras:

· Certificación escaneada de obra subscrita por técnico colexiado competente

· Relación valorada dixital

· Factura dixital ou escaneada

· Acta de recepción escaneada, e fotografía

· Declaración da aprobación polo órgano competente da entidade beneficiaria da subvención.

Se as obras as executa a administración, na certificación de obra concretarase exclusivamente o importe da execución material, (non poderá incorporar, polo tanto, nin gastos xerais nin beneficio industrial nin o imposto sobre o valor engadido), non obstante poderá ser substituída esta por facturas dixitais ou escaneada, expedidas polos distintos provedores.

Se as obras as executa contratista adxudicatario, á certificación de obra que poderá conter os gastos xerais, beneficio industrial e IVE, acompañarase factura dixital ou escaneada expedida polo contratista e certificado da aprobación polo órgano competente da entidade. O importe do IVE só será gasto subvencionable se non ten o carácter de deducible para o beneficiario.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

O Presidente O Secretario

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

2015/11446

Marisqueo
Empleo
Empleo y contratación
Desarrollo económico
Turismo
Industrialización
Comercio
Realización de obras
Gallego