Bases específicias da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades da provincia da Coruña para investimentos de promoción económica durante o ano 2016 - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, TURISMO E EMPREGO

ANUNCIO

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases específicas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades da provincia da Coruña, para investimentos de Promoción Económica durante o ano 2016, que se transcriben de seguido.

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDO A ENTIDADES DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA INVESTIMENTOS DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DURANTE O ANO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA QUE COMPLEMENTAN AS BASES XERAIS REGULADORAS DAS CONVOCATORIAS DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades da provincia da Coruña para investimentos de Promoción Económica durante o ano 2016

Referencia:

FOENIA/2016

Aplicación orzamentaria:

0510/414.2/781

Importe do orzamento de gastos da actividade:

Máximo 75.000€, mínimo 3.000€

Importe da subvención que se ha conceder:

De 600€ a 30.000€

Porcentaxe subvencionable do orzamento de gastos financiables:

Do 20% ao 80%

Base 3.- Obxecto

Obxecto específico da convocatoria FOENIA/2016

Accións tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e hostalaría, como poden ser:

- Execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal, tales como: saneamento, abastecemento de auga, acondicionamento de camiños, iluminación pública.

- Reforma e mellora de locais sociais.

- Adquisición de mobiliario ou equipamento informático.

- Creación de páxinas web, aplicación móbiles, internet vía satélite no rural.

- Investimentos na hostalería e no comercio, para adaptarse á normativa vixente na materia: adecuación dos locais para mellora da accesibilidade, instalación e equipamentos contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalacións eléctricas, adquisición de equipamento tecnolóxico (TPV) para adaptación á regulación das obrigas de facturación.

- Investimentos derivados de proxectos de I + D en sectores que representen oportunidades para o emprego, a mellora do tecido industrial e o desenvolvemento económico da provincia.

- Investimentos derivados de proxectos que teñan como obxectivo a recuperación demográfica de núcleos rurais (recuperación de valores naturais, ecoagrarios, históricos e etnográficos, programas para a recuperación de núcleos rurais degradados e rehabilitación de construcións de valor histórico local ou símbolos de identidade da poboación local para convertelos en edificacións de uso público, tales como bibliotecas, garderías, etc.)

- Repoboacións cinexéticas, sinalización Tecor.

Base 4.- Exclusións

Exclusións da convocatoria FOENIA/2016

Ademais das exclusións expresadas no punto 4 das bases reguladoras, non serán obxecto de subvención neste programa as seguintes actividades:

- Os gastos referidos a investimentos que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria

- O importe do IVE non se considerará gasto subvencionable cando sexa susceptible de recuperación ou de compensación pola entidade (art. 31.8 LXS)

Base 5.- Solicitantes

Requisitos específicos da convocatoria FOENIA/2016

- Entidades sen ánimo de lucro e asociacións veciñais legalmente constituídas no momento de facer a solicitude.

Base 6.- Obrigas das entidades

Ademais das obrigas establecidas na base 6 das bases reguladoras das convocatorias de subvencións, deberán cumprir o seguinte requisito:

6.2. No caso das asociacións, acreditaren un número mínimo de 25 socios/as ou partícipes na data de presentación.

Base 7.- Solicitude

7.1.- Prazo da convocatoria FOENIA/2016

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

Dende as 00:00 horas do dia seguinte a publicación no BOP

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15.01.2016

7.2.- Documentación

Documentación específica da convocatoria FOENIA/2016

Ademais da documentación establecida no apartado 7.2 das bases reguladoras das convocatorias de subvencións, deberán presentar telematicamente a seguinte documentación específica:

- Memoria explicativa do investimento, asinada polo representante, que conterá os seguintes aspectos: Breve descrición do investimento que se ha realizar para os efectos de comprobar que é subvencionable nesta convocatoria segundo o disposto na base 3, o seu calendario de realización ao longo do ano 2016, a súa adecuación ao interese provincial e o número de persoas usuarias directa ou indirectamente

No caso de realización de obras:

- Resumo do presuposto de execución por capítulos ou unha memoria valorada, pero unha vez concedida a axuda, de ser legalmente necesario, requirirase para a xustificación a achega do proxecto técnico. No caso de solicitar a axuda para unha fase da obra, definirase a fase no informe técnico. No caso de que os proxectos de obras estean divididos en fases, deben achegar a programación total, coa indicación de número de fases, importe e calendario de realización, así como que contan con financiamento para a realización da totalidade das fases. As sucesivas propostas que se formulen deberán numerarse por fases coa indicación das xa executadas. Deberá acreditarse tamén que cada unha das fases subvencionadas son susceptibles de utilización independente.

- Declaración de ter a acreditación da titularidade da propiedade ou dereito real que posúa sobre o ben inmoble ou, no seu caso, declaración de ter a autorización do propietario.

- Referencia catastral do ben inmoble

- Compromiso de solicitar a licenza ou autorizacións preceptivas.

Base 8.- Resolución

8.1.- Criterios de valoración da convocatoria FOENIA/2016

Coeficiente de financiamento derivado da solicitude:

Ata 40 puntos

Adecuación dos investimentos que se van realizar ao interese provincial:

Ata 35 puntos

Número de persoas usuarias directa ou indirectamente polas actividades:

Ata 20 puntos

Emprego da lingua galega na súa realización:

Ata 5 puntos

Base 9.- Xustificación e pagamento

9.3- Documentación xustificativa

Xustificación das subvencións da convocatoria FOENIA/2016

Ademais da documentación establecida no apartado 9.3 das bases reguladoras das convocatorias de subvencións, deberán presentar telematicamente a seguinte documentación específica:

- Memoria xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención con indicación do investimento realizado, das persoas usuarias, dos resultados obtidos e as desviacións acaecidas asinada dixitalmente polo presidente ou representante da entidade.

- Declaración relativa á repercusión do IVE que no seu caso, inclúan as facturas xustificativas do gasto realizado. De acordo co disposto no art. 31.8 da Lei xeral de subvencións, o IVE será subvencionable no caso de que non sexa deducible pola entidade.

No caso de que o importe da subvención concedida sexa inferior a 3.000€, ademais da memoria e declaración do IVE, deberán achegar:

- Factura dixital ou escaneada

- Acreditación da recepción da obra ou equipamento

No caso de que o importe da subvención concedida sexa igual ou superior a 3.000€, ademais da memoria e declaración do IVE, deberán achegar a seguinte documentación:

1.- Adquisición de bens de equipo:

- Factura dixital ou escaneada

- Acta de recepción escaneada, ou do albará de entrega e fotografía do obxecto da solicitude

- Declaración do acordo de aprobación da factura polo órgano competente da entidade beneficiaria.

- Se o importe do equipo supera os 18.000,00 € (IVE excluído) deberá achegarse telematicamente unha valoración pericial do ben adquirido subscrito por técnico colexiado independente.

2.- Adquisición de bens inmobles:

- Escritura pública escaneada se a adquisición é superior a 18.000 € (IVE excluído)

- Declaración de inscrición no Rexistro da Propiedade do financiamento obtido e da adscrición do ben á finalidade para a que a subvención foi concedida polo prazo que se estableza nas bases, que non poderá ser inferior a cinco anos.

- Se o importe do ben supera os 18.000,00 € (IVE excluído) deberá achegarse telematicamente unha valoración pericial do ben adquirido subscrito por técnico colexiado independente.

3.- Execución de obras:

- Certificación escaneada de obra subscrita por técnico colexiado competente

- - Relación valorada dixital

- - Factura dixital ou escaneada

- - Acta de recepción escaneada, e fotografía

- Declaración da aprobación polo órgano competente da entidade beneficiaria da subvención.

Se as obras as executa a administración, na certificación de obra concretarase exclusivamente o importe da execución material, (non poderá incorporar, polo tanto, nin gastos xerais nin beneficio industrial nin o imposto sobre o valor engadido), non obstante poderá ser substituída esta por facturas dixitais ou escaneadas, expedidas polos distintos provedores.

Se as obras as executa o contratista adxudicatario, á certificación de obra que poderá conter os gastos xerais, beneficio industrial e IVE, acompañarase factura dixital ou escaneada expedida polo contratista e certificado da aprobación polo órgano competente da entidade. O importe do IVE só será gasto subvencionable se non ten o carácter de deducible para o beneficiario.

A Coruña, 20 de novembro de 2015

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

2015/11448

Inversiones financieras
Empleo y contratación
Empleo
Comercio
Desarrollo económico
Turismo
Industrialización
Fomento del empleo
Adquisición de mobiliario
Hostelería
Hostelería y hoteles
Acceso a Internet
Actuaciones contra incendios
Innovación tecnológica
Bibliotecas
Caza
Realización de obras
Gallego