Bases para a participación na selección de grupos que actuarán de 'teloneiros' no Rock In Cambre 2018 - Boletín Oficial de A Coruña de 05-06-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 05/06/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Empresas y autónomos
  • Documento en formato PDF

BASES PARA A PARTICIPACIÓN NA SELECCIÓN DE GRUPOS QUE ACTUARÁN DE TELONEIROS NO ROCK IN CAMBRE 2018

Por Resolución do concelleiro delegado da Área de Cultura, Deportes e Mobilidade núm. 1079/2018 de data 31/05/2018 aprobáronse as bases para a participación na selección de grupos que actuarán de teloneiros no rock in cambre 2018. A continuación transcríbese integramente o texto:

BASES PARA A PARTICIPACIÓN NA SELECCIÓN DE GRUPOS QUE ACTUARÁN DE TELONEIROS NO ROCK IN CAMBRE 2018

Co ánimo de ofrecer ás bandas locais a posibilidade de actuar no Rock in Cambre organizase a selección de grupos de Cambre de estilo musical pop-rock-fusión para actuar coma teloneiros no evento deste ano, que se celebrará o venres 3 e o sábado 4 de agosto de 2018.

1.- PARTICIPANTES:

Poderán participar na selección todos os grupos musicais que cumpran os seguintes requisitos:

· Banda ou grupo musical que conte, como mínimo, cun membro empadroado no Concello de Cambre

· A antigüidade mínima do empadroado será dun ano

· Estilo do grupo participante deberá ser pop-rock-fusión

· Todos os compoñentes do grupo terán que ter cumpridos 16 anos antes do incio do Festival.

2.- INSCRICIÓNS E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN PARA PARTICIPAR NA SELECCIÓN:

Os grupos interesados en participar deberán presentar o formulario de inscrición en calquera dos rexistros do Concello de Cambre, así como en calquera dos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 2 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O prazo de inscrición será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases no BOP da Coruña.

Xunto co formulario de inscrición deberán presentar:

a) Volante individual de empadroamento (con data de alta) dos membros do grupo que sexan veciños de Cambre.

b) Fotografía recente do grupo.

c) Ficha artística de cada grupo segundo modelo que se achega.

d) Dossier do grupo (títulos, letras escritas e autoría dos temas presentados).

e) Maqueta de dous temas de creación propia ou versión en formato CD ou USB, aceptándose tamén enlace da actuación artística que deberá enviarse ao correo areacultura@cambre.org. Os temas serán gravados polos compoñentes inscritos, cunha duración máxima de 15 minutos.

A omisión na presentación da documentación reflectida no apartado e) non se considera subsanable e dará lugar á exclusión do proceso de selección.

3.- SELECCIÓN:

3.1. A selección realizarase a través dun Xurado.

O xurado estará formado por 5 membros:

- Presidente: o concelleiro de cultura. Con voz pero sen voto

- Secretario: O coordinador de cultura e educación ou pola persoa na que delegue. Con voz pero sen voto que levantará acta do fallo do xurado.

- 3 persoas relacionadas co mundo da música (músicos, cantantes, técnicos, etc...) que terán voz e voto.

3.2.- O método de selección será a través da valoración dunha maqueta gravada polos compoñentes do grupo, que inclua dous dos seus temas, que terán que presentar xunto coa solicitude de participación na selección. A súa duración máxima será de 15 minutos.

O xurado escoitará para a selección unicamente as maquetas daqueles grupos que cumpran o requisito de empadroamento dun dos seus membros.

3.3.- Selección dos grupos.

A selección dos grupos realizarase polo Xurado o 4 de xullo do presente ano.

O Xurado seleccionará 6 grupos, que terán a consideración de premiados, e nomeará ata 6 grupos máis de reserva por se algún dos grupos seleccionados non puidese actuar.

Corresponde ao Concello decidir a orde de actuación dos grupos seleccionados o día do Rock in Cambre.

O xurado descualificará os grupos que se presentasen cuxo estilo musical non se adecúe ao pop-rock-fusión obxecto da selección.

As decisións do Xurado serán inapelables e definitivas.

4.- PREMIOS.

O xurado seleccionará os grupos premiados. A cada un deles corresponderanlle dous premios consistentes en:

4.1. Actuación como teloneiro no Rock in Cambre 2018

Os grupos seleccionados actuarán como teloneiros no Rock in Cambre 2018, dispoñendo dun tempo aproximado de 30 minutos para a súa actuación.

4.2. Premio de 400,00 euros a cada un.

Concederase un premio de 400,00 euros (netos) a cada un dos grupos seleccionados.

Para ter dereito ao cobro do premio o grupo terá que levar a cabo a actuación como teloneiro o día do evento no Rock in Cambre 2018.

Corresponderalle ao coordinador de actividades culturais e educativas informar positivamente sobre o cumprimento deste punto, previamente ao abono.

O abono do premio levarase a cabo pola empresa adxudicataria do evento, segundo consta nas prescricións técnicas para a contratación artística e produción do XXVII Festival Rock in Cambre 2018, aprobadas pola Xunta de Goberno Local con data do 29/05/2018.

5.- A participación nesta selección de grupos para actuar coma teloneiros no Rock in Cambre supón a aceptación destas bases.

Cambre, 31 de maio de 2018

O concelleiro delegado

Daniel Carballada Rodríguez

2018/3983

Música
Cultura
Artes
Eventos
Deporte
Deporte
Educación
Actividad cultural
Empresa