BASES DE PARTICIPACIÓN NO FESTIVAL AUDIOVISUAL INFANTIL E XUVENIL 'O MUSEO DE PONTEVEDRA EN CURTAMETRAXES' - Boletín Oficial de Pontevedra de 01-12-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 01/12/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

BASES DE PARTICIPACIÓN NO FESTIVAL O MUSEO DE PONTEVEDRA

EN CURTAMETRAXES

A Deputación de Pontevedra no Proxecto Telearqueoloxia 2017, a través do Museo de Pontevedra organiza o Festival de curtametraxes sobre o Patrimonio cultural expostos nos Edificios abertos a público do Museo de Pontevedra.

'O Museo de Pontevedra en curtametraxes' é un festival de curtametraxes que ten como obxectivo fomentar e divulgar o patrimonio cultural entre os nenos nenas e mozos e mozas da nosa provincia sobre os fondos, obras e coleccións expostas no Sexto Edificio, Edificio Sarmiento e as Ruínas de San Domingos.

OBXECTIVO

O obxectivo destas bases é regulamentar o procedemento de participación no Festival de curtametraxes sobre o patrimonio cultural expostos no Sexto Edificio, Edificio Sarmiento e Ruínas de San Domingos.

QUEN PODE PARTICIPAR

Poderá participar no festival de curtametraxes todo o alumnado de educación primaria de 5º e 6º , secundaria, bacharelato, graos medios ou formación profesional básica, tanto a título individual como en grupo, a condición de que estean representados por unha persoa maior de idade (pais ou titores legais en caso de presentarse de forma individual ou pola dirección ou xefatura de estudos de centro escolar cando se presenten a nivel grupal, xa que todos os participantes son menores de idade a data 31/12/2017).

Non poderán participar no Festival de Curtametraxes aquelas persoas que interviñesen na realización deste Festival, tampouco os fillos e fillas dos empregados e empregadas da Deputación de Pontevedra, nin dos diferentes Centros dependentes da mesma en calquera dos concellos da provincia en primeiro ou segundo grao. Poderase invalidar calquera participación de persoas que fosen asistidas por quen teñen prohibida a súa participación.

MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN

Poden participar todo o alumnado de centros de ensino tanto público como privados que impartan 5º e 6º Educación Primaria ,Educación Obrigatoria Secundaria, Bacharelato ou Grados Medios o Formación Profesional Básica da provincia de Pontevedra, tanto a título individual como colectivo.

A participación será gratuíta

Existen catro categorías de participación:

' 'Categoría Infantil': para curtametraxes realizadas por rapaces que cursen 5º e 6º de primaria.

' 'Categoría Benxamín': para curtametraxes realizadas por rapaces por rapaces que cursen 1º e 2º da ESO.

' 'Categoría Alevín': para curtametraxes realizadas por rapaces por rapaces que cursen 3º e 4º da ESO.

' 'Categoría Cadete': para curtametraxes realizadas por rapaces por rapaces que cursen Bacharelato, Graos medios e Formación Profesional Básica.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E INSCRICIÓN

Os representantes legais (pais ou titores) dos candidatos e candidatas ou ben a dirección ou xefatura de estudos dos centros de ensino deberán acceder a través de internet á web www.museo.depo.es e completar o formulario de solicitude/preinscrición de conformidade cos termos e condicións contemplados nestas bases.

Para inscribir as curtametraxes no 'Festival O Museo de Pontevedra en Curtametraxe ' os e as participantes poderán elixir entre unha das seguintes opcións, especificando sempre na que categoría se inscriben. A data límite para a inscrición é o 31 de decembro de 2017 e para o envío das curtametraxes o día 6 de febreiro de 2018.

1.- Mediante o envío dunha copia da curtametraxe e formulario de solicitude á Secretaría do Museo de Pontevedra.

2.- Directamente a Secretaría do Museo de Pontevedra.

3.- En liña, a través do e-mail ou plataformas de transferencia de datos o enderezo: curtas.museo@depo.es,

Cada participante ou grupo de participantes só poderá presentar unha curtametraxe. Os centros de ensino só poderán presentar dúas curtametraxe por cada categoría.

As obras presentadas deberán levar obrigatoriamente un título, o mesmo que debe constar na ficha de inscrición. Os nomes que figuren na ficha de inscrición deberán ser os mesmos que figuren nos títulos de crédito das obras presentadas.

A inscrición das curtametraxes no festival comporta a aceptación das presentes bases.

As obras presentadas na presente edición do festival non poderán ser admitidas para participar en vindeiras edicións do mesmo.

Os responsables das curtametraxes inscritas autorizan o emprego dun fragmento das obras, para a súa posible difusión en calquera medio de comunicación.

TEMÁTICA DAS CURTAMETRAXES PRESENTADAS

As curtametraxes presentadas ao festival deberán ter como obxectivo valorizar o patrimonio cultural exposto no Sexto Edificio, Edificio Sarmiento e Ruínas de San domingos dende os ollos dos rapaces e rapazas.

Por iso, dende o Museo de Pontevedra ofrécese a posibilidade de visitar o Patrimonio que hai nos diferentes Edificios visitables que compoñen o Museo de Pontevedra, así como facer unha visita guiada os talleres de restauración ou participar nos obradoiros de prehistoria, artes plásticas ou cerámica para aprender como traballaban os nosos ancestros…

As obras presentadas serán en idioma galego e poden incluír subtítulos para as persoas con discapacidade auditiva.

A Organización do festival resérvase o dereito de excluír todas aquelas obras cuxo contido sexa obsceno, violento, sexista, racista ou vulnere algún dereito fundamental das persoas.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DAS CURTAMETRAXES PRESENTADAS

As curtametraxes presentadas ao festival poderán ter sido realizadas con cámaras, videocámaras, tabletas ou teléfono móbil.

A organización resérvase o dereito de rexeitar unha obra pola baixa calidade da imaxe ou do son.

A curtametraxe debe estar dirixida, protagonizada e realizada polo alumnado dos centros de ensino e non poderá durar mais de cinco minutos, incluídos os créditos.

EXHIBICIÓN

As curtametraxes inscritas no festival que cumpran os criterios das bases de participación poderán ser visualizadas a través da páxina web www.museo.depo.es , no Facebook do Museo o a través do canle de Youtube a partires de día 16 de febreiro de 2018 e incluso en dependencias do Sexto Edificio ou do edificio Sarmiento.

SELECCIÓN E PREMIOS

Os premios do 'Festival O Museo de Pontevedra en Curtametraxe ' teñen como finalidade a visibilización e valorización das curtametraxes máis destacadas dentro do conxunto das presentadas ao festival.

Entregaranse oito premios, dous en cada categoría, previa selección dun xurado de expertos. A organización do Festival poderá declarar deserto algunha categoría no caso de que non exista ningunha curtametraxe.

As contías dos premios son as seguintes:

' Categoría Infantil':

-Primeiro premio: 800 euros.

-Segundo premio: 500 euros.

' 'Categoría Benxamín':

-Primeiro premio: 1.000 euros.

-Segundo premio: 700 euros

' 'Categoría Alevín':

-Primeiro premio: 1.500 euros.

-Segundo premio: 1.000 euros

' 'Categoría Cadete':

-Primeiro premio: 2.000, euros.

-Segundo premio: 1.500 euros

O xurado encargado de outorgar os premios estará integrado por expertos e colaboradores do Proxecto e será designado pola organización. O ditame do xurado será inapelable e coñecerase durante a celebración do festival.

Os premios serán entregados na gala de clausura do festival, a celebrar venres 2 de marzo de 2018 no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e serán ingresados nunha conta bancaria a nome do/s menor/es se participase a nivel individual o a nome do centro de ensino e que deberá destinarse preferentemente a formación dos participantes.

Os premios económicos están suxeitos a súa correspondente retención fiscal.

Todas as obras presentadas ao festival que cumpran cos requisitos indicados nestas bases obterán un diploma de participación independentemente de ter ou non sido galardoadas con algún premio.

DEREITOS E OBRIGAS

Será responsabilidade dos participantes contar coas autorizacións pertinentes sobre o material empregado nas curtametraxes, referido aos dereitos de propiedade intelectual, dereitos de autor, de explotación, de honra, intimidade e imaxe así como calquera outros dereitos de terceiros.

Do mesmo xeito, responsabilizaranse tamén dos dereitos de imaxe das persoas que aparezan nas curtametraxes, eximindo á organización de calquera tipo de responsabilidade neste sentido.

A organización do festival declina toda responsabilidade legal sobre as curtametraxes presentadas a concurso e sobre o seu contido.

Os autores das obras ceden ao festival os dereitos de explotación das curtametraxes, consistentes na reprodución, comunicación e distribución pública das mesmas. Estes dereitos exercitaranse sempre co recoñecemento da súa condición de autor/a, agás manifestacións en contra.

A teor do disposto na Lei Orgánica de 13 de decembro de 1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, declárase que os datos que se recaben, segundo a súa finalidade, poderán ser incorporados ao Sistema de Información da Deputación de Pontevedra. O uso destes datos restrinxirase exclusivamente á xestión dentro do propio festival, podendo procederse a súa cesión ou comunicación a outras Administracións Públicas ou a terceiros nos supostos previstos pola Lei. Os interesados poderán exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición a través do Servizo de Atención Cidadá (SAC).

http://www.depo.es/servizos-a-cidadania/centros/informacion-o-cidadan.

A organización resérvase o dereito de modificar estas bases no caso de que por calquera imprevisto ou omisión fose necesario.

A participación no festival supón automaticamente a aceptación destas bases.

MÁIS INFORMACIÓN:

' Museo de Pontevedra. Edificio Fernández López

Pasantería, 2-12-36002 Pontevedra ES

Teléfono: +34 986 80 41 00

Fax: +34 886 20 13 01

E-mail: curtas.museo@depo.es; secretaria.museo@depo.es

Web: www.museo.depo.es

O Deputado de Cultura e Lingua

Xose Leal Fariña

Museos
Patrimonio cultural
Educación
Formación profesional
Alumnado
Infancia
Escuelas
Empleo
Empleo y contratación
Artes
Gallego
Medios de comunicación
Formación
Cultura
Festivales audiovisuales