Bases polas que se regula o réxime de concesión de subvencións destinadas ás entidades culturais do Concello do Barco de Valdeorras para o exercicio 2017 - Boletín Oficial de Ourense de 30-11-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Ourense
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 30/11/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas, Asociaciones y economía social
  • Documento en formato PDF

Unha vez aprobadas pola Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o día 26 de outubro de 2017, as bases que se citan máis abaixo, faise público o presente anuncio para os efectos de que as entidades interesadas poidan presentar solicitude no prazo de 10 días naturais, contados dende o seguinte ao de publicación das presentes bases no BOP de Ourense.

Bases polas que se regula o réxime de concesión de subvencións destinadas ás entidades culturais do Concello do Barco de Valdeorras para o exercicio 2017

Exposición de motivos

O Concello do Barco de Valdeorras entende a acción cultural como un marco de colaboración mutua entre a institución local e as asociacións, como dinamizadores da vida social e cultural do municipio. Neste sentido o concello adopta unha liña de axudas á promoción cultural mediante a convocatoria pública regulada polas presentes bases:

Obxecto da subvención, réxime xurídico e dotación económica Primeira.- As presentes bases teñen por obxecto regular a concesión para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás entidades culturais do Concello do Barco de Valdeorras no desenvolvemento das súas actividades de promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúan ao espallamento e á promoción da cultura galega no Concello do Barco de Valdeorras e redunden en beneficio da cidadanía.

Esta convocatoria rexerase, ademais de polo previsto nas presentes bases, polo disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS en adiante), polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións (RXS en adiante), pola Lei 9/2007 de subvencións de Galicia (LSG en adiante), e polo disposto nas Bases de execución do orzamento de 2017 desta Corporación.

As subvencións que se regulan nas presentes bases non poderán superar o 50% do orzamento da actividade e destinaranse exclusivamente para atender os gastos relacionados polas asociacións nos orzamentos presentados para obter a subvención, en base a memoria de actividades a realizar.

Faranse con cargo á aplicación orzamentaria 2017330/489.00.

En ningún caso o Concello do Barco de Valdeorras terá responsabilidade nas actividades que se fagan polas entidades culturais, que serán de exclusiva conta destas.

O importe máximo do gasto será de 9.500,00 euros. Tramitaranse conforme aos artigos 17 e 18 da Lei 38/2003 xeral de subvencións e Base 35. 5º, das de execución do orzamento.

Quedan excluídas desta convocatoria as actividades ou proxectos que inclúan:

- Gastos correspondentes á adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables.

- Gastos de funcionamento da asociación. - Solicitudes que incorran en falsidade manifesta de documentación.

- Gastos de comida e bebida de festas populares. - Que sexan ou poidan ser obxecto doutra convocatoria municipal.

- Que atenten contra os dereitos humanos e valores universais como a paz, a solidariedade, la igualdade de xénero, o respecto ao medio ambiente e a interculturalidade.

Segunda.- Poderán solicitar estas subvencións e terán dereito a elas as entidades culturais legalmente constituídas e que figuran inscritas no Rexistro Oficial de Entidades Culturais da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha antigüidade non inferior a un ano anterior á data da solicitude da presente subvención e realicen as actividades no Municipio do Barco.

Non poderán optar ás subvencións establecidas nas presentes bases as entidades culturais que estean suxeitas a un convenio nominal de colaboración co Concello do Barco.

Terceira.- As entidades culturais solicitantes da subvención deberán ter constituído o seu domicilio social no Concello do Barco de Valdeorras, ao igual que as instalacións (propias ou non) onde realicen habitualmente a súa práctica cultural.

Solicitudes e documentación necesaria Cuarta.- O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados desde o seguinte ao de publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Para os efectos dunha maior difusión da presente convocatoria, publicarase anuncio nas páxinas locais dun diario de difusión provincial, no taboleiro de anuncios físico e dixital (www.concellodobarco.org/Acceso sede electrónica/Taboleiro de edictos) do concello, non en tanto, o prazo de presentación de solicitudes computarase desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, con independencia de cal sexa a data de publicación nos restantes medios de difusión.

As solicitudes presentaranse no modelo previsto no Anexo I (dispoñible na páxina web do concello (www.concellodobarco.org/Acceso sede electrónica/Impresos e formularios/Solicitudes), subscrita polo/a representante legal da entidade interesada, irán dirixidas ao Sr. alcalde, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, situado na Casa do Concello, Edificio Multiusos, praza do Concello, 2, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou a través de calquera outro medio dos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinta.- As solicitudes deberán acompañarse da seguinte documentación, que necesariamente deberá ser orixinal asinado por responsable da asociación, ou copia compulsada por funcionario do Concello do Barco de Valdeorras, previo cotexo do documento orixinal:

- Datos identificadores do peticionario conforme o modelo de solicitude (Anexo I) que se achega ás presentes bases e fotocopia do DNI daquel.

- Certificados orixinais de atoparse ao corrente do pagamento coa Seguridade Social e de atoparse ao corrente coa Facenda Estatal e Autonómica, requisito previo de participación no procedemento, que non exime da posterior presentación, xunto coa documentación xustificativa, dos correspondentes certificados de atoparse ao corrente expedidos pola Seguridade Social, a Axencia Tributaria e a Xunta de Galicia e que deben cumprirse no momento da solicitude.

- Certificado de non ter débedas contraídas co Concello do Barco de Valdeorras (expedido pola Tesourería municipal previa solicitude).

- Certificado do secretario ou secretaria da entidade cultural no que se reflicten as subvencións solicitadas e recibidas por parte doutros organismos, tanto públicos como privados, indicando a contía e o concepto polo que foi concedida.

- Certificación expedida pola entidade bancaria correspondente, da existencia de conta aberta a nome da asociación solicitante, indicando nome do titular e autorizados.

- Certificado actualizado, no seu caso, do número de Rexistro Oficial de Entidades Culturais da Comunidade Autónoma de Galicia

- Fotocopia compulsada da acta da asemblea celebrada no ano en curso, ordinaria ou extraordinaria, reflectida no correspondente libro de actas, na que conste a aprobación do orzamento das actividades.

- Escrito do secretario ou secretaria da entidade cultural, nos casos que proceda, aceptando o compromiso de compensar coa subvención outorgada, as débedas contraídas pola asociación con este Concello.

- Certificado do secretario ou secretaria da entidade indicando o número de anos nos que a asociación mantén actividade continuada.

- Proxecto da actividade para a que solicita a subvención, consonte ao formulario correspondente, onde estean determinados os obxectivos que se pretenden alcanzar, a poboación á que van dirixidos, o número de beneficiarios, a metodoloxía a seguir, as actividades a realizar, os medios técnicos, persoais e materiais cos que contan, o calendario de realización e os criterios para a avaliación.

- Orzamento total da actividade desagregado, de ingresos, gastos e conceptos, detallando o importe da subvención que se solicita así como os gastos e ingresos previstos para a súa realización, con especificación da ingresos de socios, participantes na actividade e doutras entidades públicas ás que se teña solicitado ou teñan concedido axudas referidas ás actividades obxecto da subvención, indicando neste caso a contía destas.

Sexta.- Cando a solicitude non reúna os requisitos necesarios ou se constate a ausencia dalgún documento complementario dos que se esixan, requirirase á persoa solicitante, para que o corrixa no prazo máximo de 10 días hábiles, advertíndolle do arquivo da mesma e do feito de que se lle terá por desistido da mentada solicitude, se transcorrese o período que se sinala, sen corrixilo.

Criterios de valoración e concesión das subvencións Sétima.- A todas as solicitudes recibidas aplicaráselle o baremo establecido e público que se incorpora ás presentes bases e se detalla a continuación:

Criterios de Valoración: 1/ Polo contido do programa de actividades: Ata 55 puntos a) Polo número de actividades: De 0 a 15 ptos. b) Por organización de festivais, xornadas ou semanas culturais e por produción propia de exposicións e obras artísticas realizadas por creadores e creadoras residentes no Concello do Barco de Valdeorras: De 0 a 10 ptos.

c) Pola orixinalidade e carácter anovador do programa: De 0 a 5 puntos

d) Polo mantemento de escolas e obradoiros culturais: De 0 a 10 ptos.

e) Por edicións relacionadas coa cultura local e comarcal: De 0 a 10 ptos.

f) Por participar en festivais e actos de intercambio cultural que teñan lugar fóra do noso concello: De 0 a 5 ptos.

2/ Por continuidade e estabilidade no funcionamento: Ata 5 puntos

a) Menos de 5 anos de actividade continuada: 2 puntos b) Máis de 5 anos de actividade continuada: 5 puntos 3/ Pola participación e a repercusión social: Ata 35 puntos a) Polo impacto, repercusión e influencia das actividades na vida social e cultural e no interese veciñal polas actividades que propoñen as entidades solicitantes: De 0 a 15 ptos.

b) Pola complexidade do programa e esforzo organizativo despregado, tanto desde o punto de vista humano como económico, así como a capacidade para captar outros recursos: De 0 a 15 ptos

c) Pola participación nas actividades organizadas polo Concello do Barco de Valdeorras e pola colaboración na organización destas: De 0 a 5 ptos.

4/ Pola presenza da lingua galega: Ata 5 puntos a) Polo uso e difusión da lingua galega na vida asociativa, nas actividades incluídas no programa e na súa promoción pública: De 0 a 5 ptos

Oitava.- Unha vez valoradas, segundo os criterios de valoración, todas as solicitudes que cumpran os requisitos, sumarase o total de puntos obtidos por todas as entidades culturais que participen no proceso.

O total da cantidade asignada coma subvención ás entidades culturais dividirase pola suma do número total de puntos obtidos, segundo o proceso reflectido no parágrafo anterior. Unha vez obtido o valor do punto, multiplicaranse os puntos obtidos por cada entidade, polo mencionado importe do valor do punto. Con este procedemento determínase a cantidade exacta que lle corresponde a cada entidade cultural coma subvención, e que é directamente proporcional á súa baremación.

Novena.- Unha vez finalizado o proceso de valoración, comunicaráselles ás entidades culturais o importe da subvención correspondente.

Décima.- Para poder efectuar o pagamento das axudas asignadas a cada entidade, estas deberán ter xustificada previamente a última subvención recibida polo Concello do Barco de Valdeorras. No caso de que non xustificase a totalidade da subvención, ou que parte dos xustificantes se consideren improcedentes, poderá facerse a seguinte retención sobre a cantidade da subvención correspondente a esta convocatoria. A retención non procederá no suposto de ausencia da xustificación.

Retención = (última subvención percibida) - (total xustificado - xustificantes improcedentes).

Décimo primeira.- A realización da programación de actividades, para a que foi concedida a subvención, é de exclusiva responsabilidade da entidade cultural que presenta a solicitude.

Décimo segunda.- O Concello do Barco de Valdeorras poderá comprobar, polos medios que considere oportunos, se o destino das cantidades outorgadas obxecto da subvención é o establecido na base primeira da presente convocatoria.

Décimo terceira.- As entidades culturais que opten á subvención regulada polas presentes bases, non poderán presentarse a ningunha outra convocada por este Concello na presente anualidade. Obrigas dos beneficiarios Décimo cuarta.- As obrigas dos beneficiarios son as seguintes: a) Presentar a solicitude e o proxecto, que deberá conter o plan de actuación e o correspondente orzamento, no que quede desagregado con detalle a natureza dos gastos que haberán de ser subvencionados.

b) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención, comunicándolle á Concellería de Cultura e Educación calquera modificación que se produza no programa ou actividade para a que se concedeu a subvención.

c) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento de requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce de subvención.

d) Someterse ás actuacións de comprobación, a efectuar polo órgano concedente, así como calquera outras de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

e) Comunicarlle ao órgano que a concede a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, tan pronto como se coñeza.

f) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución, que se encontra ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á seguridade social.

g) Dispor dos libro contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados, nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial, aplicable ao beneficiario en cada caso.

h) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, ata a finalización do prazo establecido no art. 39 da Lei 38/2003.

i) Facer constar en toda a información ou publicidade da actividade ou obxecto da subvención que a mesma está subvencionada pola Concellería de Cultura e Educación.

Para estes efectos, deberá aparecer o logotipo oficial do Concello do Barco-Concellería de Cultura e Educación en calquera soporte que publicite o obxecto da subvención coas mesmas dimensións que calquera outro axente financiador, beneficiario ou entidade colaboradora.

j) Proceder ao reintegro da contía recibida se estivese incurso nalgunha das causas de reintegro.

k) Xustificar con copias de facturas e orixinal (correspondente ao exercicio económico 2017), o gasto sufragado coa subvención concedida nas dependencias municipais correspondentes, onde serán compulsadas e seladas as copias, antes do 30 de novembro de 2017, así como a presentación da memoria de actividades e a xustificación dos pagamentos.

Décimo quinta.- Nas subvencións que se concedan poderá anticiparse o pagamento de ata o 80% do total do concedido. O acordo de anticipo deberá adoptarse polo mesmo órgano que outorgue a subvención e previa a comprobación do cumprimento dos seguintes requisitos:

1.- Que non teña subvención concedida nos exercicios anteriores pendente de xustificar.

2.- Que estea ao corrente das súas obrigas tributarias co concello no momento no que se proceda ao pagamento do anticipo.

3.- Presentará fianza persoal e solidaria de dous veciños do termo municipal que estean ao corrente das súas obrigas fiscais co concello.

Décimo sexta.- As subvencións serán outorgadas pola Xunta de Goberno Local a proposta do concelleiro de Cultura, previo ditame favorable da Comisión de Cultura. A proposta deberá ser

motivada e terá en conta as actividades a facer pola entidade cultural.

Décimo sétima.- Procederá o reintegro das cantidades entregadas en concepto de subvención e a esixencia do xuro de demora desde o momento do pagamento da subvención, nos seguintes casos:

1. Incumprimento da obrigación de xustificación 2. Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas. 3. Incumprimento da finalidade para a que se outorgou a subvención.

Xustificación das subvencións B/ De achega polo beneficiario: Décimo oitava.- Os beneficiarios das subvencións deberán xustificar o cumprimento das súas obrigas mediante a presentación da seguinte documentación:

1.- Finalizada a actividade, e no prazo dun mes ou do ano natural para os programas anuais, deberá presentar unha memoria xustificativa da realización do programa e proxecto que motivou a concesión da subvención (Anexo II. Xustificación de subvencións).

2.- Certificación expedida pola persoa que desenvolve a función de tesoureiro ou administrador da entidade solicitante, na que se detalle:

a) O importe total dos gastos contraídos para a súa realización e explicación do financiamento destes.

b) Separación dos gastos a que se aplica a subvención concedida, indicando importe, concepto, perceptor e actividade

Os gastos ocasionados para a realización e celebración do obxecto da subvención xustificarase coa presentación de facturas e/ou os documentos contables correspondentes, xustificativos dos pagamentos efectuados para o desenvolvemento e realización do programa e o seu correspondente xustificante de pagamento. O concepto das facturas e/ou documentos contables xustificativos de todos aqueles que se correspondan efectivamente cos gastos necesarios e propios da actividade que se trate. Non serán admitidos aqueles que non sexan específicos das actividades obxecto desta convocatoria. As ditas facturas e documentos presentaranse en orixinal e copias. Unha vez comprobadas e cotexadas as fotocopias polo servizo receptor da documentación devolveranse os orixinais ao beneficiario, se así o solicita, sen prexuízo das obrigas derivadas, polos beneficiarios das subvencións, da percepción de ingresos públicos esixidos por outras administracións públicas.

B/ De achega polo concello: - Conformidade do concelleiro de Cultura coa memoria de actividades presentada coa xustificación do gasto.

- Certificación de Intervención municipal de non existir outras subvencións pendentes de xustificar.

Décimo novena.- O importe da subvención non poderá superar o 50% dos gastos totais xustificados. En caso contrario procederá o reintegro da parte correspondente.

Vixésima.- A interpretación das presentes bases correspóndelle ao alcalde ou á Xunta de Goberno Local (por delegación).

O Barco de Valdeorras, 13 de novembro de 2017. O alcalde. Asdo.: Alfredo L. García Rodríguez. Una aprobadas por la Junta de Gobierno Local, en la sesión celebrada el día 26 de octubre de 2017, las bases que se citan más abajo, se hace público el presente anuncio a los efectos de que las entidades interesadas puedan presentar solicitud en el plazo de 10 días naturales, a contar desde el siguiente al de publicación de las presentes bases en el BOP de Ourense. Bases por las que se regula el régimen de concesión de subvenciones destinadas a las entidades culturales del Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras para el ejercicio 2017

Exposición de motivos El Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras entiende la acción cultural como un marco de colaboración mutua entre la institución local y las asociaciones, como dinamizadores de la vida social y cultural del municipio. En este sentido el Ayuntamiento adopta una línea de ayudas a la promoción cultural mediante la convocatoria pública regulada por las presentes bases:

Objeto de la subvención, régimen jurídico y dotación económica

Primera.- Las presentes bases tienen por objeto regular a concesión para el período comprendido entre el 1 de enero y el 31 de diciembre de 2017, en régimen de concurrencia competitiva, de las subvenciones a las entidades culturales del Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras en el desarrollo de sus actividades de promoción y cooperación cultural y a la difusión y animación sociocultural que contribuyan a la difusión y a la promoción de la cultura gallega en el Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras y redunden en beneficio de la ciudadanía.

Esta convocatoria se regirá, además de por lo previsto en las presentes bases, por lo dispuesto en la Ley 38/2003, de 17 de noviembre, General de Subvenciones (LXS en adelante), por el Real Decreto 887/2006, de 21 de julio, por lo que se aprueba el Reglamento General de Subvenciones (RGS en adelante), por la Ley 9/2007 de Subvenciones de Galicia (LSG en adelante), y por lo dispuesto en las Bases de ejecución del Presupuesto de 2017 de esta Corporación.

Las subvenciones que se regulan en las presentes Bases no podrán superar el 50% del presupuesto de la actividad y se destinarán exclusivamente para atender los gastos relacionados por las asociaciones en los presupuestos presentados para obtener la subvención, en base a memoria de actividades a realizar. Se harán con cargo a la aplicación presupuestaria 2017-330/489.00. En ningún caso el Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras tendrá responsabilidad en las actividades que se hagan por las entidades culturales, que serán de exclusiva cuenta de estas. El importe máximo del gasto será de 9.500,00 euros. Se tramitarán conforme a los artículos 17 y 18 de la Ley 38/2003 General de Subvenciones y Base 35. 5º, de las de ejecución del presupuesto.

Quedan excluidas de esta convocatoria las actividades o proyectos que incluyan:

- Gastos correspondientes a la adquisición, construcción, rehabilitación y mejora de bienes inventariables.

- Gastos de funcionamiento de la asociación. - Solicitudes que incurran en falsedad manifiesta de documentación.

- Gastos de comida y bebida de fiestas populares. - Que sean o puedan ser objeto de otra convocatoria municipal. - Que atenten contra los derechos humanos y valores universales como la paz, la solidaridad, lana igualdad de género, el respeto al medio ambiente y la interculturalidad.

Segunda.- Podrán solicitar estas subvenciones y tendrán derecho a ellas las entidades culturales legalmente constituidas y que figuran inscritas en el Registro Oficial de Entidades Culturales de la Comunidad Autónoma de Galicia, con una antigüedad no inferior a un año anterior a la fecha de la solicitud de la presente subvención y realicen las actividades en el municipio de O Barco de Valdeorras.

No podrán optar a las subvenciones establecidas en las presentes bases las entidades culturales que estén sujetas a un

convenio nominal de colaboración con el Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras.

Tercera.- Las entidades culturales solicitantes de la subvención, deberán haber constituido su domicilio social en el Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras, al igual que las instalaciones (propias o no) donde realicen habitualmente su práctica cultural.

Solicitudes y documentación necesaria Cuarta.- El plazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturales a contar desde el siguiente al de publicación de las presentes bases en el Boletín Oficial de la Provincia de Ourense. A los efectos de una mayor difusión de la presente convocatoria, se publicará anuncio en las páginas locales de un diario de difusión provincial, en el tablón de anuncios físico y digital (www.concellodobarco.org/acceso sed electrónica/Tablón de edictos) del ayuntamiento, no en tanto, el plazo de presentación de solicitudes se computará desde la publicación en el Boletín Oficial de la Provincia de Ourense, con independencia de cuál sea la fecha de publicación en los restantes medios de difusión.

Las solicitudes se presentarán en el modelo previsto en el Anexo I (disponible en la página web del Ayuntamiento(www.concellodobarco.org/acceso sede electrónica/Impresos y formularios /Solicitudes), suscrita por el/la representante legal de la entidad interesada, irán dirigidas al Sr. alcalde, y se presentarán en el Registro General del Ayuntamiento, situado en la Casa Consistorial. Edificio Multiusos, plaza del Ayuntamiento, 2, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de lunes a viernes, o a través de cualquier otro medio de los previstos en el artículo 16 de la Ley 39/2015 de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas.

Quinta.- Las solicitudes deberán acompañarse de la siguiente documentación, que necesariamente deberá ser original firmado por responsable de la asociación, o copia compulsada por funcionario del Ayuntamiento do Barco de Valdeorras, previo cotejo del documento original:

- Datos identificadores del peticionario conforme el modelo de solicitud (Anexo I) que se une a las presentes bases y fotocopia del DNI de este.

- Certificados originales de encontrarse al corriente del pago con la Seguridad Social y de encontrarse al corriente con la Hacienda Estatal y autonómica, requisito previo de participación en el procedimiento, que no exime de la posterior presentación, junto con la documentación justificativa, de los correspondientes certificados de encontrarse al corriente expedidos por la Seguridad Social, la Agencia Tributaria y la Xunta de Galicia y que deben cumplirse en el momento de la solicitud.

- Certificado de no tener deudas contraídas con el Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras (expedido por la Tesorería municipal previa solicitud).

- Certificado del secretario o secretaria de la entidad cultural en el que se reflejen las subvenciones solicitadas y recibidas por parte de otros organismos, tanto públicos como privados, indicando la cuantía y el concepto por lo que fue concedida.

- Certificación expedida por la entidad bancaria correspondiente, de la existencia de cuenta abierta a nombre de la asociación solicitante, indicando nombre del titular y autorizados.

- Certificado actualizado, en su caso, del número de Registro Oficial de Entidades Culturales de la Comunidad Autónoma de Galicia

- Fotocopia compulsada del acta de la asamblea celebrada en el año en curso, común o extraordinaria, reflejada en el correspondiente libro de actas, en la que conste la aprobación del presupuesto de las actividades. - Escrito del secretario o secretaria de la entidad cultural, en los casos que proceda, aceptando el compromiso de compensar con la subvención otorgada, las deudas contraídas por la asociación con este Ayuntamiento.

- Certificado del secretario o secretaria de la entidad indicando el número de años en los que la asociación mantiene actividad continuada.

- Proyecto de la actividad para la que solicita la subvención, conforme al formulario correspondiente, donde estén determinados los objetivos que se pretenden alcanzar, la población a la que van dirigidos, el número de beneficiarios, la metodología a seguir, las actividades a realizar, los medios técnicos, personales y materiales con los que cuentan, el calendario de realización y los criterios para la evaluación.

- Presupuesto total de la actividad detallado, de ingresos, gastos y conceptos, detallando el importe de la subvención que se solicita así como los gastos e ingresos previstos para su realización, con especificación de la ingresos de socios, participantes en la actividad y de otras entidades públicas a las que se haya solicitado o hayan concedido ayudas referidas a las actividades objeto de la subvención, indicando en este caso la cuantía de estas.

Sexta.- Cuando la solicitud no reúna los requisitos necesarios o se constate la ausencia de alguno documento complementario de los que se exijan, se requerirá a la persona solicitante, para que lo corrija en el plazo máximo de 10 días hábiles, advirtiéndole del archivo de la misma y del hecho de que se le tendrá por desistido de la mentada solicitud, si transcurriera el periodo que se señala, sin corregirlo.

Criterios de valoración y concesión de las subvenciones Séptima.- A todas las solicitudes recibidas se le aplicará el baremo establecido y público que se incorpora a las presentes bases y se detalla a continuación:

Criterios de valoración: 1/ Por el contenido del programa de actividades: Hasta 55 puntos

a) Por el número de actividades: De 0 a 15 ptos. b) Por organización de festivales, jornadas o semanas culturales y por producción propia de exposiciones y obras artísticas realizadas por creadores y creadoras residentes en el Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras: De 0 a 10 ptos.

c) Por la originalidad y carácter revolucionario del programa: De 0 a 5 ptos.

d) Por el mantenimiento de escuelas y talleres culturales: De 0 a 10 ptos.

e) Por ediciones relacionadas con la cultura local y comarcal: De 0 a 10 ptos.

f) Por participar en festivales y actos de intercambio cultural que tengan lugar fuera de nuestro Ayuntamiento: De 0 a 5 ptos.

2/ Por continuidad y estabilidad en el funcionamiento: Ata 5 puntos

a) Menos de 5 años de actividad continuada: 2 puntos b) Más de 5 años de actividad continuada: 5 puntos 3/ Por la participación e la repercusión social: Hasta 35 puntos a) Por el impacto, repercusión e influencia de las actividades en la vida social y cultural y en el interés vecinal por las actividades que proponen las entidades solicitantes: De 0 a 15 ptos.

b) Por la complejidad del programa y esfuerzo organizativo desplegado, tanto desde el punto de vista humano como económico, así como la capacidad para captar otros recursos: De 0 a 15 ptos

c) Por la participación en las actividades organizadas por el Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras y por la colaboración en la organización de estas: De 0 a 5 ptos.

4/ Por la presencia dela lengua gallega: Hasta 5 puntos a) Por el uso y difusión de la lengua gallega en la vida asociativa, en las actividades incluidas en el programa y en su promoción pública: De 0 a 5 ptos

Octava.- Una vez valoradas, según los criterios de valoración, todas las solicitudes que cumplan los requisitos, se sumará el total de puntos obtenidos por todas las entidades culturales que participen en el proceso.

El total de la cantidad asignada como subvención a las entidades culturales se dividirá por la suma del número total de puntos obtenidos, según el proceso reflejado en el párrafo anterior. Una vez obtenido el valor del punto, se multiplicarán los puntos obtenidos por cada entidad, por el mencionado importe del valor del punto. Con este procedimiento determinara la cantidad exacta que corresponde a cada entidad cultural como subvención, y que es directamente proporcional a su baremación.

Novena.- Una vez finalizado el proceso de valoración, se comunicará a las entidades culturales el importe de la subvención correspondiente.

Décima.- Para poder efectuar el pago de las ayudas asignadas la cada entidad, estas deberán tener justificada previamente la última subvención recibida por el Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras. En caso de que no justificara la totalidad de la subvención, o que parte de los justificantes se consideren improcedentes, podrá hacerse la siguiente retención sobre la cantidad de la subvención correspondiente a esta convocatoria. La retención no procederá en el supuesto de ausencia de la justificación.

Retención = (última subvención percibida) - (total justificado - justificantes improcedentes).

Undécima.- La realización de la programación de actividades, para la que fue concedida la subvención, es de exclusiva responsabilidad de la entidad cultural que presenta la solicitud.

Duodécima.- El Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras podrá comprobar, por los medios que considere oportunos, si el destino de las cantidades otorgadas objeto de la subvención es el establecido en la base primera de la presente convocatoria.

Decimotercera.- Las entidades culturales que opten a la subvención regulada por las presentes bases, no podrán presentarse la ninguna otra convocada por este ayuntamiento en la presente anualidad.

Deberes de los beneficiarios Decimocuarta.- Los deberes de los beneficiarios son las siguientes:

a) Presentar la solicitud y el proyecto, que deberá contener el plan de actuación y el correspondiente presupuesto, en el que quede desagregado con detalle a naturaleza de los gastos que habrán de ser subvencionados.

b) Cumplir el objetivo, ejecutar el proyecto, realizar la actividad o adoptar el comportamiento que fundamenta la concesión de la subvención, comunicando a la Concejalía de Cultura y Educación cualquier modificación que se produzca en el programa o actividad para la que se concedió la subvención.

c) Justificar ante el órgano concedente el cumplimiento de requisitos y condiciones, así como la realización de la actividad y el cumplimiento de la finalidad que determinen la concesión o disfrute de subvención. d) Someterse a las actuaciones de comprobación, a efectuar por el órgano concedente, así como cualquier otras de comprobación y control financiero que puedan realizar los órganos de control competentes, acercando cuanta información le sea requerida en el ejercicio de las actuaciones anteriores.

e) Comunicar al órgano concedente la obtención de otras subvenciones, ayudas, ingresos o recursos que financien las actividades subvencionadas, tan pronto como se conozca.

f) Acreditar, con anterioridad a dictarse la propuesta de resolución, que se encuentra al corriente en el cumplimiento de sus deberes tributarios y frente a la seguridad social.

g) Disponer de los libros contables, registros diligenciados y demás documentos debidamente auditados, en los términos exigidos por la legislación mercantil y sectorial, aplicable al beneficiario en cada caso.

h) Conservar los documentos justificativos de la aplicación de los fondos recibidos, incluidos los documentos electrónicos, hasta la finalización del plazo establecido en el art. 39 de la Ley 38/2003.

i) Hacer constar en toda la información o publicidad de la actividad u objeto de la subvención que a misma está subvencionada por la Concejalía de Cultura y Educación.

A estos efectos, deberá aparecer el logotipo oficial del Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras -Concejalía de Cultura y Educación en cualquier soporte que publicite el objeto de la subvención con las mismas dimensiones que cualquier otro agente financiador, beneficiario o entidad colaboradora.

j) Proceder al reintegro de la cuantía recibida se estuviera incurso en alguna de las causas de reintegro.

k) Justificar con copias de facturas y original (correspondiente al ejercicio económico 2017), el gasto sufragado con la subvención concedida en las dependencias municipales correspondientes, donde serán compulsadas y selladas las copias, antes del 30 de noviembre de 2017, así como la presentación de la memoria de actividades y la justificación de pagos.

Decimoquinta.- En las subvenciones que se concedan podrá anticiparse el pago de hasta el 80% del total del concedido. El acuerdo de anticipo deberá adoptarse por el incluso órgano que otorgue la subvención y previa la comprobación del cumplimiento de los siguientes requisitos:

1.- Que no tenga subvención concedida en los ejercicios anteriores pendiente de justificar.

2.- Que esté al corriente de sus deberes tributarios con el Ayuntamiento en el momento en el que se proceda al pago del anticipo.

3.- Presentará fianza personal y solidaria de dos vecinos del tenérmelo municipal que estén al corriente de sus deberes fiscales con el Ayuntamiento.

Decimosexta.- Las subvenciones serán otorgadas por la Junta de Gobierno Local a propuesta del concejal de Cultura, previo dictamen favorable de la Comisión de Cultura. La propuesta deberá ser motivada y tendrá en cuenta las actividades a hacer por la entidad cultural.

Decimoséptima.- Procederá el reintegro de las cantidades entregadas en concepto de subvención y la exigencia del interés de demora desde el momento del pago de la subvención, en los siguientes casos:

1. Incumplimiento de la obligación de justificación 2. Obtener la subvención sin reunir las condiciones requeridas. 3. Incumplimiento de la finalidad para la que se otorgó la subvención.

Justificación de las subvenciones B/ De aportación por el beneficiario:

Decimoctava.- Los beneficiarios de las subvenciones deberán justificar el cumplimiento de sus deberes mediante la presentación de la siguiente documentación:

1.- Finalizada la actividad, y en el plazo de un mes o del año natural para los programas anuales, deberá presentar una memoria justificativa de la realización del programa y proyecto que motivó la concesión de la subvención (Anexo II. Justificación de Subvenciones).

2.- Certificación expedida por la persona que desarrolla la función de tesorero o administrador de la entidad solicitante, en la que se detalle:

a) El importe total de los gastos contraídos para su realización y explicación de la financiación de estos.

b) Separación de los gastos a que se aplica la subvención concedida, indicando importe, concepto, perceptor y actividad.

Los gastos ocasionados para la realización y celebración del objeto de la subvención se justificarán con la presentación de facturas y/o los documentos contables correspondientes, justificativos de los pagos efectuados para el desarrollo y realización del programa y su correspondiente justificante de pago. El concepto de las facturas y/o documentos contables justificativos de todos aquellos que se correspondan efectivamente con los gastos necesarios y propios de la actividad que se trate. No serán admitidos aquellos que no sean específicos de las actividades objeto de esta convocatoria. Dichas facturas y documentos se presentarán en original y copias. Una vez comprobadas y comparadas las fotocopias por el servicio receptor de la documentación se devolverán los originales al beneficiario, si así lo solicita, sin perjuicio de los deberes derivados, por los beneficiarios de las subvenciones, de la percepción de ingresos públicos exigidos por otras administraciones públicas.

B/ De aportación por el ayuntamiento: - Conformidad del concejal de Cultura con la memoria de actividades presentada con la justificación del gasto.

- Certificación de la Intervención municipal de no existir otras subvenciones pendientes de justificar.

Decimonovena.- El importe de la subvención no podrá superar el 50% de los gastos totales justificados. En caso contrario procederá al reintegro de la parte correspondiente.

Vigésima.- La interpretación de las presentes bases corresponde al alcalde o a la Junta de Gobierno Local (por delegación).

O Barco de Valdeorras, 13 de noviembre de 2017. El alcalde. Fdo.: Alfredo L. García Rodríguez.

3.530

Cultura
Cultura e idiomas
Educación
Promoción cultural
Gallego
Exposiciones
Fiestas Populares
Medio Ambiente
Artes
Seguridad Social
Movimiento asociativo
Igualdad de género
Derechos humanos
Escuelas