BASES REG.E CONVOCATORIA DESUBVENCIÓN PARA A ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANOS DO CASCO HISTÓRICOE BARRIOS SAN LÁZARO E OS MUÍÑOS. - Boletín Oficial de Lugo de 09-12-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 09/12/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Empresas y autónomos
  • Documento en formato PDF

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN DO CASCO HISTÓRICO DE MONDOÑEDO E BARRIOS HISTÓRICOS DE SAN LÁZARO E OS MUÍÑOS DOS ACORDOS DA COMISIÓN BILATERAL ASINADA O 26 DE OUTUBRO DE 2017

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

III. En desenvolvemento do acordo de comisión bilateral asinada o 26 de Outubro de 2017 relativo O Area de Rexeneración e Renovación urbana do Casco Histórico de Mondoñedo e Barrios Históricos de San Lázaro e Os Muíños e a Comunidade Autónoma de Galicia.

II. Os programas de actuación subvencionados abranguen a rehabilitación de edificios nos seus elementos comúns. Con eles téntase estimular a rehabilitación integral dos ámbitos territoriais delimitados nas ARRUs, tanto na súa dimensión física como no da súa necesaria revitalización social, económica e cultural.

III. Con carácter xeral, poderán acollerse ás subvencións previstas nestas bases aquelas actuacións de rehabilitación de inmóbeis que se atopen situados dentro das ARRUs e que sexan conformes ás condicións e limitacións establecidas normativamente.

As solicitudes de intervención e as contías máximas das subvencións establécense tentarán incentivar as actuacións integrais nos edificios de xeito que se produza unha mellora das súas condicións de accesibilidade, con supresión de barreiras arquitectónicas, estanqueidade, seguridade e eficiencia enerxética.

IV. Na redacción destas bases tívose en conta o disposto na vixente Lei 38/2003 do 17 de novembro xeral de subvencións, aplicábel ás entidades que integran a Administración Local, e na Lei de Galicia 9/2007 do 13 de xuño de subvencións de Galicia, en tanto que normas reguladoras das bases de concesión das subvencións.

1.- Obxecto da convocatoria

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión das subvencións destinadas a financiar os gastos derivados das actuacións de rehabilitación dos edificios e vivendas dentro do ámbito definido da Area de Rexeneración e Renovación Urbanas do Casco Histórico de Mondoñedo e Barrios Históricos de San Lázaro e Os Muíños, con cargo ós convenios asinados polo Concello para tal obxecto, no marco do Plan Estatal de Fomento do Alugueiro de Vivendas,a Rehabilitación Edificatoria, e a Rexeneración de Renovación Urbanas 2013-2016 .

A convocatoria realízase polo disposto nos acordos da Comisión Bilateral celebrada o 26 de outubro do 2017 , relativo á Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Casco Histórico de Mondoñedo e Barrios Históricos de San Lázaro e Os Muíños, Comunidade Autónoma de Galicia. Plan Estatal de Fomento do Alugueiro de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria, e a Rexeneración e Renovación Urbanas 2013 - 2016.

A concesión da subvención, a través desta convocatoria será en réxime de concorrencia non competitiva ata esgotar o importe concedido ou se remate o prazo de execución previsto.

2.- Beneficiarios das subvencións

1.- Poderán ser beneficiarios das axudas as que reúnan os requisitos establecidos nos artigos 6.2 e 28.1 do Real Decreto 233/2013.

Os propietarios/as de vivendas, os propietarios/as únicos de edificios de vivendas, as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e os consorcios e entes asociativos de xestión.

Ademais os edificios, incluídos nun ámbito, deben contar co correspondente Informe de avaliación do edificio, con anterioridade á formalización da petición da correspondente axuda. Este informe é preciso sempre que sexa necesario segundo a Ordenanza de Inspección Técnica de edificacións adaptada á vixente lexislación en materia de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas e o establecido na disposición transitoria primeira, 1 b) da Lei 8/2013, do 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana e no artigo 21.1.a) do Real Decreto 233/2013.

Cando a execución da actuación corresponda a varios beneficiarios, a axuda se distribuirá en proporción ao custo asumido por cada un deles.

2.- Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria aqueles en que concorra algunha das circunstancia previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia ou n o artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.

3.- As persoas interesadas ao formalizar unha solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que cada concello estableza na convocatoria así como aos demais requisitos que se establezan nesta orde e demais normativa reguladora

3.- Obrigas das persoas beneficiarias:

As obrigas dos beneficiarios serán as seguintes:

1. Realizar as actuacións de rehabilitación para as cales se establecen as axudas no punto 4 da convocatoria

2. Comunicar ó órgano instrutor calquera modificación das condicións que motivaron o recoñecemento das subvencións que poida determinar a perda sobrevida do dereito á axuda.

3.- Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Mondoñedo consideren pertinentes durante a execución da actuación.

4.- Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

5.- Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

6.- Cubrir os datos necesarios para a tramitación da axuda que sexan esixibles segundo o acordo de financiamento específico asinado.

7.- As demais obrigas recollidas na lexislación vixente de aplicación a presente convocatoria en especial as contempladas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 do decembro, xeral de subvencións, e da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4.- Actuacións subvencionables

De acordo co disposto polo artigo 26.1.a) do Real Decreto 233/2013, son subvencionables a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos á normativa vixente.

Poderán acollerse ás axudas as actuacións xa iniciadas pero que non estean finalizadas a data da presentación das solicitudes.

Poderán incluírse os honorarios dos profesionais, o custo de redacción de proxectos, informes técnicos e certificados precisos, así como os gastos derivados da tramitación administrativa, sempre que todos eles estean debidamente xustificados, excluídos impostos, taxas e tributos.

5. Fases do procedemento.

a) Aprobación inicial das axudas. Cualificación provisional

O Concello, no marco do procedemento da convocatoria de axudas, presentada a solicitude, revisará a documentación presentada, e logo dos requirimentos que considere oportunos para completar ou aclarar a documentación recibida dentro dos prazos previstos na Lei 30/1992 procederá a denegar as solicitudes que non cumpran os requisitos e a elaborar unha proposta de cualificación provisional que lle remitirá a Área Provincial do IGVS de Lugo..

A proposta de cualificación provisional conterá a identificación da persoa beneficiaria, o tipo de actuación, o orzamento protexido, o prazo de execución e a subvención máxima que se concederá e virá acompañada dunha certificación municipal do cumprimento dos requisitos do Plan 2013-2016, referida tanto ás actuacións, aos edificios e vivendas como ás persoas beneficiarias.

A cualificación provisional é requisito necesario para acadar o financiamento previsto no acordo específico.

O órgano competente para resolver sobre as cualificacións provisionais é a persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que corresponda á provincia de Lugo.

b) Execución das obras

O solicitante promotor das obras daralle conta ao Concello da data de comezo das obras mediante certificación de inicio de obra, no caso de ser requirido pola Oficina Municipal de Rehabilitación.

As obras deberán executarse no prazo máximo establecido na cualificación provisional das axudas, é en todo caso deberán estar rematadas e comprobadas con toda a súa documentación antes do 30 de novembro do 2018.

As obras deberán axustarse ás prescricións contidas no proxecto técnico ou documentación que serviu de base para a concesión inicial das axudas, e non se admitirán máis modificacións na súa execución que as autorizadas por proposta da Dirección Facultativa conformada pola Oficina municipal de Rehabilitación e, en todo caso, deberán estar autorizadas pola correspondente licenza ou comunicación previa, orde de execución e autorizacións sectoriais para a execución das obras.

A Oficina Municipal de Rehabilitación poderá en todo caso supervisar as obras co obxecto de comprobar o correcto cumprimento das condicións a que estean sometidas en virtude das axudas concedidas.

Durante o período de execución das obras, o promotor deberá colocar o cartel informativo do programa de axudas para a rehabilitación de acordo co deseño proposto pola Oficina de Rehabilitación, elaborado de acordo cos convenios asinados, e até o cobro total de axudas solicitadas.

c) Remate das obras e cualificación definitiva

Os promotores das actuacións comunicarán o remate da obra, co fin de obra no caso que o requira, con anterioridade a 30 de novembro do 2018, de xeito que o Concello conte con tempo suficiente para realizar as seguintes comprobacións con anterioridade a dita data:

1. As actuacións foron executadas dentro dos prazos e de acordo coa cualificación provisional.

2. Que para a súa execución se contan con todas as autorizacións necesarias.

3. As facturas orixinais ou fotocopias compulsadas e os documentos bancarios de pagamento orixinais ou fotocopias compulsadas das anteditas actuacións e que estean pagados pola persoa beneficiaria que figure na cualificación provisional.

As facturas emitidas pola empresa adxudicataria e xustificación de pagos mediante transferencia bancaria, talón ou calquera outro medio regulado pola Lei 38/2003 xeral de subvencións e Lei 9/2007 de subvencións de Galicia. Non se admitirán os pagos nin os ingresos en efectivo.

Ademais as facturas reunirán en todo caso os seguintes requisitos: nome da persoa beneficiaria que figure na cualificación provisional, razón social, enderezo e NIF de quen emite a factura, IVE desagregado, nome, enderezo, NIF do pagador titular da cualificación provisional e forma de pago. Deberá quedar claramente descrito o produto vendido ou o servizo prestado.

Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas. Non se admitirán pagamentos en efectivo nin se admitirán como xustificantes os obtidos a través da rede internet, se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos de verificación na sede electrónica da dita entidade bancaria. Excepcionalmente, admitirase o recibín do provedor para gastos por importes inferiores a 1.000 euros.

Fotocopia de, polo menos, tres ofertas de diferentes provedores, no suposto de que o importe do custo que se vai executar supere a contía de 30.000 € . A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía. Deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa, nos termos establecidos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

A cualificación definitiva supón a xustificación da execución de todas as actuacións cualificadas.

Será causa da denegación da cualificación definitiva a non execución das actuacións ou a súa execución fóra de prazo, así como o incumprimento por parte do/a promotor/a de calquera requisito para obter a condición de persoa beneficiaria.

O Concello elaborará unha proposta de cualificación definitiva que conterá a identificación da persoa beneficiaria, o tipo de actuación, o orzamento xustificado e a proposta de subvención final que se aboará e virá acompañada dunha certificación do Concello do cumprimento dos requisitos do Plan 2013-2016. O órgano competente para resolver sobre as cualificacións definitivas é a persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que corresponda á provincia de Lugo.

d) PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS

Con carácter previo ao pagamento das subvencións, todas as persoas beneficiarias deberán achegar:

a) Certificado da titularidade, sempre a nome do beneficiario, da conta bancaria que designe para o pagamento.

b) Certificación acreditativa e expedida pola respectiva Administración de estar ao corrente dos pagos coa Axencia Estatal Tributaria, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Consellería de Facenda da Xunta de Galicia e co Concello.

c) Certificado de que o beneficiario non está incurso nas prohibicións para a obtención da condición de beneficiaria sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de decembro, xeral de subvencións. Tal xustificación poderá realizarse mediante testemuña xudicial ou certificación administrativa e, no seu defecto, mediante declaración responsable outorgada perante unha autoridade administrativa ou notario.

A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS procederá a resolver o pagamento ao Concello atendendo ao previsto nos correspondentes acordos específicos asinados no seo da Comisión Bilateral de Seguimento do Plan 2013-2016.

O Concello aboaralles as correspondentes subvencións aos/ás promotores/as que resulten persoas beneficiarias e xustificará perante o IGVS os pagamentos realizados, para a súa comunicación ao Ministerio de Fomento.

Procederá á minoración do importe da subvención concedida cando o orzamento xustificado teña unha contía inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión e sempre e cando se acredite que a actuación concreta está totalmente executada.

As achegas estarán supeditadas ao efectivo financiamento por parte do Ministerio de Fomento, de acordo co estipulado no convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia.

O pagamento realizarase pola contía que resulte de aplicar o disposto no punto 8 da convocatoria ao custo final efectivamente xustificado das actividades subvencionadas.

6.- Criterios da selección das axudas.

O Concello, en función da dispoñibilidade económica da ARRU para as axudas e do número máximo delas que se poidan conceder determinará as actuacións subvencionables.

A concesión de subvencións, a través desta convocatoria, será en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da lei 9/2007 de subvencións de Galicia, a selección de beneficiarios será por orde de entrada en calquera dos medios legais dispoñibles para a entrega de documentación na administración pública que conte cun rexistro de entrada con data e hora. Isto ata que concorra algún destes casos: esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria pública, acabar o número de intervencións concedidas.

Terán preferencia aquelas solicitudes que presenten de forma completa a documentación esixible.

7.- Orzamento protexido

Por orzamento protexíbel entenderase o custo máximo da execución da actuación a executaren. Comprenderá o orzamento xeral, e dicir, será o resultado de lle adicionar ao orzamento de execución material o beneficio industrial e os gastos xerais, máis os custos dos honorarios facultativos e de xestión por razón das actuacións. Non formarán parte daquel nengún tipo de taxas, impostos e outros ingresos de dereito público.

Só se considerarán actuacións protexíbeis aquelas que conten cun orzamento protexíbel mínimo por vivenda rehabilitada ou que participe nos custos de rehabilitación dun edificio de 1.000 € .

8.- Contía das axudas económicas.

A contía máxima das axudas contidas no Plan estatal 2013-2016 non poderá exceder o 35 % do custo subvencionable da actuación e calcularase multiplicando o número de vivendas polas axudas unitarias establecidas a continuación:

- Ata 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.

Ademais poderase obter a seguinte contía adicional

- Ata 4.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación, sen que a subvención poida exceder o 10 % do orzamento protexido de rehabilitación da vivenda ou do edificio cando a vivenda obxecto da rehabilitación sexa o domicilio habitual e permanente da persoa promotora ou inquilina ou se destine a aluguer no prazo indicado no artigo 6 do Decreto 44/2011 e na orden de 23 de xuño de 2017.

9.-. Compatibilidade das axudas.

As subvencións deste programa son compatibles con calquera outra axuda pública, sempre e cando a suma de todas non supere o custo total da actuación concreta, salvo que se beneficiase, no mesmo ámbito de actuación, das axudas do programa de rehabilitación edificatoria do Plan estatal 2013-2016, artículo 28 real decreto 233/2013.

Non poderase recibir axudas para unha mesma obra nas distintas convocatorias de ARRU do Plan estatal de vivenda 2013 - 2016 prorrogado ao 2018.

10.- Crédito orzamentario e contía

As subvencións previstas nesta ordenanza terán as limitacións que a normativa aplicábel prevea e as que esteñan establecidas no proceso de rehabilitación ou poidan establecerse durante a vixencia dos distintos convenios prorrogados

As subvencións outorgaranse con cargo ás partidas orzamentarias que se incluiron nos orzamentos para a anualidade 2015-2016 co nome e coa dotación orzamentaria máxima seguinte, segundo as aportacións comprometidas no Acordo de data 14 de marzo de 2015 e 27 de outubro de 2015 entre o Ministerio de Fomento, o IGVS da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo en materia de actuacións na ARRU Do Concello de Mondoñedo e que se recollen no cadro seguinte:

PARTIDA Mº FOMENTO 2015€ XUNTA DE GALICIA

CONVENIO MINISTERIO FOMENTO - IGVS ARI CASCO HISTORICO 91.501,00€ 36.905,07€

TOTAL 128.406,07€

A concesión das subvencións para tódolos exercicios económicos, quedan condicionadas e limitadas á existencia de partida e de crédito orzamentario dispoñible en cada unha das anualidades as que se imputen as actuacións a subvencionar.

Poderanse incrementar as cuantias economicas en función da disponibilidade orzamentaria dos fondos que libre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia.

A contía destas axudas poderá ser modificada ao alza cando concurran as circunstancias previstas no artigo 31.2 da Ley 9/2007, de 13 de xuño de subvencions de Galicia.

11. Inspección Técnica previa e Servizos de asistencia técnica

O peticionario/a poderá solicitar, mediante impreso normalizado, unha visita de inspección técnica previa ao inicio das obras subvencionábeis. Alén diso, deberá achegar a información requirida e dar a súa conformidade ás obras inspeccionadas para as que se solicitan as axudas. A visita técnica será efectuada polos técnicos da Oficina Municipal de Rehabilitación, para comprobar o estado da edificación e asesorar ao peticionario/a sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación do inmóbel.

Realizada a visita de inspección e o informe que define previamente as obras para realizar, o particular poderá solicitar a Oficina Municipal de Rehabilitación, a colabouración para a redacción da documentación técnica precisa para a obtención de licenza de obras ou actuación comunicada eficaz. En ningún caso ista colabouración significará asumir o encargo de redacta-los documentos técnicos citados.

Estas solicitudes de colabouración serán aceptadas, en función dos medios e recursos dispoñíbeis, nos seguintes casos:

a) Obras menores que non requiran de proxecto técnico.

b) Outras solicitudes consideradas de interese xeral.

En todo caso, tanto a redacción de documentación para a obtención de licenza ou actuación comunicada eficaz coma a dirección facultativa das obras serán realizadas por técnicos con capacitación profesional e habilitación legal abondas e axeitadas ás características das obras que se deban acometer contratados directamente polos posibles beneficiarios das subvencións.

12.-. Causas de denegación e perda das axudas.

1.- Sen prexuízo das posibles incompatibilidades que legalmente foran aplicables en concorrencia coas axudas desta convocatoria, en ningún caso as subvencións concorrentes poderán ser de tal contía, que illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos supere o custo da actuación subvencionada, de conformidade co disposto polo artigo 17º.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2.- Segundo o artigo 13, da Orde do 9 de marzo de 2015, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

3.- Consonte o artigo 14, da Orde do 9 de marzo de 2015:

a)- O incumprimento ou falsidade nas condicións requiridas para o outorgamento da subvención, comportará, ademais das sancións que poidan corresponder, o reintegro da subvención percibida incrementada co xuro legal correspondente desde o seu pagamento máis un 25 %, segundo establece o artigo 34 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, salvo que a Lei de orzamentos do Estado estableza outro diferente.

b)- En particular será causa de reintegro a non comunicación ao órgano instrutor de calquera modificación das condicións que motivaron o recoñecemento da subvención que poida determinar a perda sobrevida do dereito á axuda.

c).- Tamén serán motivo de reintegro os supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

d).- O procedemento para o reintegro será o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4.- Tamén serán causas de denegación ou revogación das subvencións, ademais da de non reunir as condicións indicadas nos puntos 2 e 4 da convocatoria, as seguintes:

a) Incorrer en falsidade nos datos tidos en conta na selección da axuda reflectido no apartado 5 desta convocatoria.

b) Acometer infraccións urbanísticas graves ou moi graves nas obras de rehabilitación subvencionadas.

c) O incumprimento dos prazos para a execución das obras ou para a xustificación dos gastos.

d) A incorrecta execución das obras de rehabilitación apreciada polos técnicos da Oficina de Rehabilitación.

d) O impedimento ou obstrución grave, por parte do promotor ou o contratista, á supervisión das obras por parte dos técnicos da Oficina de Rehabilitación.

f) Calquera outra que establezan as normativas vixentes.

13.- Tratamento de datos de carácter persoal.

Os datos das persoas solicitantes serán incorporados aos ficheiros municipais, cuxa finalidade é a instrución do procedemento para a concesión das subvencións reguladas por estas bases, a práctica das publicacións, comunicacións e notificacións de obrigado cumprimento, o seguimento e comprobación das actividades subvencionadas e demais actuacións previstas na normativa legal para a conclusión do proceso de subvencións, polo que a súa achega é obrigatoria.

Os ditos datos serán tratados e protexidos de acordo co previsto na Lei 30/1992, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, sendo responsable do seu tratamento a Oficina Municipal de Rehabiítación do Concello de Mondoñedo, ante a cal se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

De conformidade co disposto polo artigo 14.1.ñ) da Lei de Galicia 9/2007 de subvencións de Galicia, infórmase aos interesados da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

14.- Normativa de aplicación.

Para todo o non previsto nestas bases será de aplicación:

a) O Real decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016.

b) O Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal 2013- 2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) A Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

d) A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

e) A Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

f) Lei 8/2013 de 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas.

g) A Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de 9 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de Rexeneración e Renovación Urbana do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013- 2016.

h) O Acordo de Comisión Bilateral celebrado o 26 de outubro de 2017 relativo a Area de Rexeneración e renovación urbana,Casco Histórico de Mondoñedo e barrios Históricos de San Lázaro e Os Muíños e a comunidade Autonoma de Galicia.

i) Real Decreto 7/2015, 30 de outubro, texto refundido da ley do solo e rehabilitación urbana

j) Orde do 23 de xuño de 2017 pola que se procede a abrir o prazo para solicitar a participación na prórroga do programa de rexeneración e renovación urbanas do e a rexeneración e renovación urbanas 2013- 2016, e se establecen as súas bases reguladoras e as das axudas autonómicas previstas para este programa.

Mondoñedo, 05 de decembro de 2017.- A Alcaldesa, María Elena Candia López

R. 3611

Vivienda
Rehabilitación de vivienda
Regeneración urbana
Obras de rehabilitación
Medio Ambiente
Exposiciones
Cultura
Cultura e idiomas
Empresa
Alquiler de vivienda
Industrialización