BASES REGULADORAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR PARA O CURSO 2017-2018 - Boletín Oficial de Pontevedra de 06-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 06/06/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Constitución española de 1978 consagra, no seu artigo 39, o deber dos poderes públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia.

Pola súa parte, o Estatuto de Autonomía de Galicia lexitima a actuación lexislativa da Comunidade Autónoma no eido da protección da familia, infancia e adolescencia, nos títulos competencias xenéricos de asistencia social e de promoción do desenvolvemento comuniario, artigo 27.

A normativa de réxime local, no artigo 25.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime local no artigo 80.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, prevé que os municipios, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, poden promover actividades e prestar os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal, correspondéndolle como competencia propia, entre outras, a avaliación e información de situacións de necesidade social e atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.

Xa máis específicamente no eido da normativa sectorial, a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos sociais de Galicia, atribúelle ás Corporacións locais a creación e xestión dos servizos comunitarios básicos, configurándose como servizos de carácter integrador e principal instancia do sistema galego de servizos sociais para o desenvolvemento de intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas, familias e de incorporación socio-laboral e habilita expresamente ós concellos para conceder axudas económicas destinadas a apoiar o coidado dos menores, paliar situacións transitorias de necesidade, garantir un mínimo de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social.

Por último, a Lei 3/2011 do 30 de xuño, de apoio a familia e á convivencia de Galicia, garante a protección total da familia, en especial, a das familias valoradas de especial consideración, ás que se lles asegura un trato preferente nos ámbitos educativos, da vivenda, cultura, novas tecnoloxías, etc. O artigo 8 desta lei atribúe tamén competencias ós municipios para a execución de programas e proxectos destinados á atención das familias.

Anualmente no Diario Oficial Galicia, publícase a orde pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinados ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos. Nas devanditas convocatorias de axudas non inclúen o material escolar.

No exercicio da competencia propia da atención inmediata ás persoas en situación ou risco de exclusión social, prevista no artigo 25.2.e) da Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases de Réxime Local, no Orzamento prorrogado do ano 2016 e actualmente vixente prevese crédito para a concesión de axudas municipais a adquisición de material escolar para educación infantil, primaria e secundaria, e co obxetivo de paliar as dificultades económicas que poidan atravesar as familias con menos recursos, de xeito que estas situacións non mermen o dereito ao acceso a educación en condicións de igualdade dos menores; implantando a través destas bases un sistema de axudas en función da renda co obxecto de que se beneficien as familias con menos recursos e intervindo na atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.

Estas axudas están destinadas ós/ás alumnos/as matriculados/as en centros docentes do concello de Soutomaior, empadroados/as no termo municipal e pertencentes a unidades familiares carentes de recursos económicos.

BASE I.-ORZAMENTO

O orzamento previsto para o financiamento destas axudas ascende á contía de 2.000¬ que se imputará con cargo á partida 231.0480 do orzamento prorrogado do ano 2016 e actualmente vixente.

BASE II.-OBXECTO DA SUBVENCIÓN

A presente convocatoria ten por finalidade a concesión de subvencións para a adquisición de material escolar para o curso 2017/2018 para o alumnado matriculado en educación infantil, primaria ou secundaria dos centros docentes do concello de Soutomaior así como para o alumnado do concello de Soutomaior que curse Bacharelato, FP ou PCPI.

Entenderase por material escolar o necesario para realizar as actividades que se desenvolvan ou se promovan no centro docente, como cadernos de soporte, material de papelería non reutilizable ou material de manualidades, excluíndo expresamente os libros de texto que sexan subvencionados ou cedidos por outras administracións.

O outorgamento destas subvencións realizaranse en réxime de concorrencia competitiva dacordo cos criterios recollidos nestas bases.

BASE III.-BENEFICIARIOS/AS

Para poder optar a estas axudas, os/as interesados/as deberán de cumprir os seguintes requisitos:

' Ser pai, nai ou titor legal do alumnado matriculado durante o curso escolar 2017/2018, en educación infantil, primaria ou secundaria obrigatoria nun centro escolar do término municipal, así como do alumnado do concello de Soutomaior que curse Bacharelato, FP ou PCPI.

' A unidade familiar deberá estar empadroada no concello de Soutomaior.

' Ter presentada a solicitude e documentación nos prazos estipulados na presente convocatoria.

' Cumprir co baremo económico recollido na base V.

BASE IV.-PUBLICIDADE, PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES, PRAZO E DOCUMENTACIÓN

A publicación das presentes bases realizarase a través de bandos, no taboleiro de anuncios, na páxina web do concello de Soutomaior e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, así como no periódico Faro de Vigo a través de comunicado.

As solicitudes deberán presentarse, segundo o modelo facilitado no concello, do 15 de xuño ao 15 de xullo e as mesmas poderán presentarse no Rexistro do concello de Soutomaior ou nalgún dos lugares que permite o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de Outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

A mera presentación da solicitude suporá que o/a solicitante coñece e acepta as bases de convocatoria.

Xunto coa solicitude os/as interesados/as deberán de presentar os seguintes documentos:

' Certificado de convivencia da unidade familiar.

' Fotocopia de DNI dos membros da unidade familiar.

' Fotocopia do libro de familia.

' No caso de alegar non convivencia da parella, é decir, de ser familia monoparental e de que o/a menor esté recoñecido/a legalmente por ámbolos pais e non exista matrimonio, aportarase certificado de non convivencia emitido pola policía local.

' En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza e do convenio regulador, así como xustificantes bancarios das aportacións por alimentos e/ou compensatorias ou no seu defecto, denuncia por incumprimento da sentenza.

' En caso de que as/os menores estén en situación de acollemento por resolución administrativa ou auto xudicial, deberase acreditar mediante copia do certificado do organismo competente e, si é o caso, a contía da remuneración.

' Documentación que xustifique os ingresos do presente ano de todos aqueles membros da unidade familar que perciban rendas do traballo, pensións, etc.

' No caso de ser pensionistas ou desempregados/as, achegarase certificado do organismo correspondente, os autónomos deberán presentar as declaracións trimestrais do IRPF, no caso de rendas do traballo presentaranse copia das nóminas e si se perciben prestacións presentarase a resolución do organismo correspondente.

' Xustificante de aluguer ou préstamo hipotecario, de selo caso.

' No caso de aprobar todas as materias en xuño, xustificante da matrícula do alumnado de educación infantil, primaria ou secundaria nun centro escolar do término municipal durante o curso escolar 2017/2018, así como do alumnado do concello de Soutomaior que curse Bacharelato, FP ou PCPI. Se lles quedase algunha materia para setembro aportarase a formalización da matrícula do 1 ao 11 de setembro.

O concello poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada ou calquera outra que considere convinte na instrucción do procedemento de resolución.

BASE V.-CRITERIOS DE VALORACIÓN E CONTÍAS

Considérase que non se dispón de ingresos suficientes con que atender total ou parcialmente os gastos derivados da compra dos libros de texto ou material escolar, cando os recursos económicos mensuais da unidade de convivencia, unha vez descontados, no seu caso, os gastos procedentes da vivenda habitual (préstamo hipotecario ou aluguer), ata un máximo de 300¬/mes, non sexan superiores ao 120% do IPREM para dous membros, incrementándose nun 20% do IPREM polo 3º membro da unidade familiar e un 10% a partir do 4º membro.

Número de membros da unidade de convivencia

Límite de ingresos mensuais unha vez descontados os gastos procedentes da vivenda habitual, de selo caso

2

639.01¬ (120% IPREM)

3

745,51¬ (140% IPREM)

4

798,76¬ (150% IPREM)

5

852,01¬ (160% IPREM)

Considerarase unidade familiar, a formada polo pai, nai, ou titor legal do/a menor e aqueles fillos/as menores de 25 anos que dependan económicamente do/a solicitante.

Excepcionalmente e para aqueles casos que así se xustifique, poderase admitir, previo informe favorable do departamento de servizos sociais do concello, a aqueles solicitantes que superen o baremo económico, non cumpran algunha das condicións esixidas nas presentes bases ou non acheguen algunha da documentación esixida, e así o fagan recomendable para garantir a educación dos/as menores.

O importe das axudas por alumno/a non superarán en ningún caso o 100 % do gasto xustificado nin o importe seguinte:

Ciclo educativo

Contía da subvención

Educación Infantil (1ª ciclo)

10¬

Educación Infantil (2ª ciclo)

50¬

Educación Primaria

30¬

Educación Secundaria

50¬

Alumnado do concello de Soutomaior que curse Bacharelato, FP ou PCPI.

50¬

No caso que o importe das axudas solicitadas sexa superior o crédito de 2.000¬, existente na partida orzamentaria 231.0480, empregarase o seguinte criterio para a concesión das axudas:

1º.-Situación económica: menor renda per cápita.

2º.-Familia monoparental.

3º.-Número de fillos: maior número de fillos/as.

BASE VI.-OBRIGAS:

Os/as solicitantes das subvencións quedan obrigados a:

' Cumprir tanto coas estipulacións recollidas na Lei xeral de subvencións.

' Responder legalmente da veracidade da datos expostos e documentación presentada.

' Compromiso de comunicar tódalas axudas percibidas para o financiamento do material escolar.

' Mercar o material escolar en calquera librería do municipio de Soutomaior, co obxectivo de dinamizar o comercio de Soutomaior.

BASE VII.-PROCEDEMENTO:

A xestión do procedemento administrativo levarase a cabo pola departamento de servizos sociais do concello ao que irán dirixidas as solicitudes para acollerse ás presente subvención.

Unha vez rematado o prazo de presentación das mesmas, e revisada a documentación presentada, requirirase para presentar nun prazo improrrogable de 10 días a documentación necesaria para resolver o expediente e de non facelo así, desestimarase ó abeiro do disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de Outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Unha vez valoradas tódalas solicitudes polo departamento de servizos sociais conforme aos criterios que constan nestas bases, elevará a proposta de adxudicación á Xunta de Goberno Local.

O prazo máximo para dictar resolución será de dous meses dende a finalización da presentación das solicitudes.

Aprobada a proposta, notificaráselle aos interesados/as o resultado da convocatoria. En caso de silencio administrativo entenderase as solicitudes como desestimadas.

BASE VIII.-FORMA E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DO CUMPRIMENTO DOS FINS DAS SUBVENCIÓNS

Os gastos deberán ser xustificados antes do 30 de decembro do presente ano e para o seu libramento deberán presentar os seguintes documentos:

1.-Facturas orixináis de compra emitidas polos establecementos correspondentes cos datos identificativos dos mesmos así como o da persoa solicitante, igualmente deberase detallar o material adquirido tanto en unidades como características e prezo co desglose do IVE que puidera corresponder.

2.-Acreditación do gasto realizado, é dicir, que foi efectivamente pagado mediante:

a) Transferencia bancaria.

b) Si a forma de pago é en metálico o documento xustificativo consistirá nun recibí firmado e selado polo proveedor no que debe especificarse a factura xustificativa do gasto a que corresponde o pago e a súa data, debaixo da firma debe aparecer o nome e número do NIF da persoa que firma o recibí.

Tamén poderá solicitarse ao concello que este realice directamente o pago ao proveedor/es das facturas xustificativas da subvención.

BASE IX.-COMPATIBILIDADE

Serán compatibles estas axudas con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes doutras Administracións ou entes públicos ou privados, sempre que o importe global das subvencións outorgadas non sexa superior o 100 %. Os beneficiarios das subvencións deberán comunicar o concello todas aquelas axudas solicitadas, as concedidas e o importe das mesmas.

BASE X.-PROCEDEMENTO DE REINTEGRO DE SUBVENCIÓNS PERCIBIDAS

No caso de que con posterioridade ó pago dunha subvención se descubra que os/as beneficiarios/as non se atopaban nas condicións necesarias para acceder a elas, ou non xustificaran as cantidades xa percibidas en concepto de anticipo, estarán obrigadas a devolver as mesmas incrementadas no tipo de xuro do diñeiro, sen prexuízo das responsabilidades civís e penais que dean lugar.

DISPOSICIÓNS FINAIS

En todo aquelo non regulado expresamente nestas bases, rexerase polas disposicións xerais recollidas na Ordenanza Xeral de Subvencións e resto de normativa reguladora das subvencións.

Soutomaior, 25 de maio de 2017.

O ALCALDE

Familia
Educación
Alumnado
Material escolar
Inclusión social
Escuelas Infantiles
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Escuelas
Libros de texto
Vivienda
Exposiciones
Asistencia social
Infancia
Cultura
Alquiler de vivienda
Hipotecas
Familia monoparental
Policía nacional y local
Tercera edad
Comercio