BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2017/2018 - Boletín Oficial de Pontevedra de 17-10-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Bases
  • Plazo: Ver Detalles , 17/10/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 04.10.2017, acordou aprobar as BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2017/2018, faise público o seu texto íntegro que é do seguinte tenor literal:

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO

E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2017/2018

Primeira. Obxecto da convocatoria

É obxecto destas bases establecer un réxime compensatorio de carácter social destinado a colectivos con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados.

Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, de conformidade co disposto na Lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións, no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e nos artigos 25 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Segunda. Destinatarios/as e requisitos

Para ser beneficiario destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:

a) Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda:

- PRIMARIA: Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado no curso 2017/2018 en centros docentes públicos (non concertados) do Concello de Cambados, incluídos alumnos de Oubiña matriculados no colexio de Tremoedo

- ESO: Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado no curso 2017/2018 en centros docentes públicos (non concertados) do Concello de Cambados, incluídos alumnos de Oubiña matriculados no colexio de Tremoedo

- FP: calquera centro público

- BACHARELATO: calquera centro público

- UNIVERSITARIOS: calquera universidade galega.

- ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES: Calquera centro galego.

- O ALUMNADO cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.

b) Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base sexta da presente convocatoria.

c) Estar empadroado no Concello de Cambados e ser fillo dependente economicamente. Non pode beneficiarse destas axudas o alumnado que non sexa dependente economicamente. Consideraranse fillos dependentes economicamente os menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a axuda sempre que non teñan un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2017.

d) Presentar certificado de matrícula (ou resgardo de ter pagada a matrícula, selado pola entidade bancaria) do/a alumno/a para o curso 2017/2018 (agás alumnos/as de Primaria e ESO).

e) Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. Así mesmo deberán cumprir os seguintes requisitos:

- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Cambados.

- Estar ó corrente das obrigas tributarias co Concello de Cambados.

f) As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores, e no caso de alumnos/as de entre 18 e 25 anos poderán facelo tamén os propios beneficiarios.

g) Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte os estudantes dos centros situados fóra do Concello de Cambados. Alumnado de:

a. Formación Profesional que curse estudios nalgunha modalidade que non se imparta no municipio ou acreditar que quedou sen praza nun dos centros de Cambados.

b. Universitarios

c. Alumnado de Bacharelato que curse estudios nalgunha modalidade que non se imparta no municipio.

d. Alumnado de ensinanzas artísticas superiores.

Terceira. Solicitudes e documentación necesaria

Documentación obrigatoria:

a) As solicitudes para a concesión destas axudas formalizaranse no impreso normalizado que se inclúe como Anexo I e poderá así mesmo obterse nas oficinas xerais (Rexistro de Entrada) do Concello de Cambados ou ben a través da páxina web: http://cambados.sedelectronica.gal

b) Xunto coa solicitude, no modelo normalizado e debidamente cuberto, presentarase a seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI do solicitante.

- Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

- Fotocopia do I.R.P.F de tódolos membros da unidade familiar obrigados a presentala declaración da renda, ou certificación da Delegación de Facenda de estar exentos da mesma.

No caso de exención legal de efectuar dita declaración, os ingresos xustificaranse coa seguinte documentación:

a) Para pensionistas: Xustificante de pensión mensual do ano 2016.

b)Para demandantes de emprego: Certificado das prestacións do INEM correspondente ó ano 2015 e fotocopia tarxeta demanda de emprego.

c) Para perceptores da RISGA: Aportarán o xustificante da contía mensual que percibe.

d)Para traballadores en activo non obrigados a presentar declaración da renda:

- Traballadores por conta allea: Fotocopias da nóminas do 2016.

- En caso de empeoramento da situación familiar, fotocopias das nóminas do primeiro semestre do 2016.

- Traballadores autónomos: Declaracións trimestrais de 2016-2017.

- Nos supostos en que exista imposibilidade de documentar determinadas situacións de carencia económica, esta deberá acreditarse mediante declaración xurada dos interesados.

- No caso de presentar solicitudes para varios irmáns, non é necesario duplicar documentación.

- Facturas orixinais ou copia cotexada, ou no seu caso certificado selado do gasto en material expedido polo centro educativo, que acrediten o gasto realizado en material escolar ou libros para o alumnado de primaria e E.S.O. Dado o carácter finalista das axudas desta convocatoria, en ningún caso, o importe da axuda concedida polo Concello poderá ser superior ao gasto realizado polo/a beneficiario/a. En consecuencia, de ser necesario, realizarase o oportuno axuste na cantidade da axuda concedida en cada caso. Se se detectasen facturas falsas ou fraude na declaración dos datos facilitados se perderá o dereito a obter as axudas en anos seguintes.

- Certificado da matrícula expedido ou resgardo de ter pagada a matrícula, selado pola entidade bancaria polo centro educativo para o alumnado de Bacharelato, F.P., universitarios, ensinanzas artísticas superiores e alumnado con necesidades educativas especiais.

- Declaración responsable de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións, e autorización ao Concello de Cambados para que realice as comprobacións oportunas durante todo o período que dure o proceso, segundo Anexo III.

- Acreditación da titularidade da conta bancaria onde se deberá transferir o importe da subvención que puidera concederse (con código IBAN).

- Volante de convivencia.

Documentación complementaria:

- Se procede, copia do certificado ou copia da tarxeta acreditativa de minusvalía igual ou superior ó 33% dalgún membro da unidade familiar (solicitante, padres ou irmás).

- Certificado que acredite a situación de desemprego por un período superior a 6 meses durante o ano 2017 dalgún membro da unidade familiar, se procede.

- Documentación acreditativa da situación de familia monoparental ou de ausencia de ambos os dous proxenitores.

No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co causante. Non obstante, se é o caso, terá a consideración de membro computable o novo cónxuge ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluíranse dentro do cómputo da renda familiar.

No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

A falsidade ou ocultación de datos determinará, sen prexuízo de que o Concello exercite as accións oportunas contra os responsables, a exclusión deles de futuras convocatorias de bolsas municipais. Todos os documentos deberán ser orixinais ou copias debidamente compulsadas.

Cuarta. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e con posterioridade remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto

a) A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Cambados, de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica (disponible durante as 24 h dos 365 días do ano), ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

b) O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións..

Quinta. Contía das bolsas

O Concello de Cambados aboará as bolsas aos beneficiarios que reúnan todos os requisitos previstos na base segunda e presenten a súa solicitude dentro do prazo establecido na convocatoria xunto coa documentación requerida na base terceira.

A determinación da contía individualizada de cada subvención resultará da puntuación obtida tras a aplicación dos criterios establecidos. O importe máximo da axuda será en función da seguinte taboa para aqueles solicitantes que obteñan a maior puntuación, distribuíndose os importes restantes en función da puntuación obtida, ata esgotar o crédito asignado ó proxecto. Cando o número de solicitudes aceptadas non esgote ó crédito máximo previsto, poderase outorgar a cantidade máxima a cada unha delas, se así se motiva. Os importes máximos das axudas de ensino, por alumno/a e curso serán os que se reflicten na táboa seguinte:

CURSO

IMPORTE DA AXUDA

PRIMARIA E SECUNDARIA

125 ¬

ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

150 ¬

BACHARELATO, F.P.

125¬

UNIVERSIDADE, ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES

150¬

Os importes das axudas de transporte, por alumno e curso determinaranse en función da situación do centro educativo, tal e como se indica na seguinte táboa:

DISTANCIA EN KMS

IMPORTE BOLSA

Centros situados fora de Cambados a menos de 30 Km

100¬

Centros situados fora de Cambados a màis de 30 Km

200¬

Sexta. Valoración das solicitudes

Na valoración das solicitudes teranse en conta a renda per cápita familiar e o exercicio fiscal 2016.

A renda per cápita familiar englobará os ingresos de todos os membros da unidade familiar divididos polo número de membros computables.

Para o previsto nestas bases considérase que compoñen a unidade familiar:

- Os pais non separados legalmente e, no seu caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.

- Os fillos menores de idade, con excepción dos emancipados.

- Os fillos maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Os fillos solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a bolsa sempre que non tiveran un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2015.

- No caso de familias monoparentais, para os efectos do cálculo da renda per cápita, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Considerarase familia monoparental aquel 'núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento' (artigo 13 da Lei 3/2011). Para os efectos da consideración da monoparentalidade, e sempre que o fillo ou filla teña sido recoñecido por ambos/ambas proxenitores/as, no caso de non existir acordo xudicial algún no referido ao outorgamento da garda e custodia así como a atribución de pensión de alimentos en favor da/do menor estimarase como xustificación suficiente a declaración xurada do proxenitor/proxenitora/responsable legal solicitante, sen prexuízo de que a administración poida efectuar maiores comprobacións valéndose dos medios legalmente establecidos.

- No caso de ausencia de ambos os dous proxenitores, para os efectos do cálculo da renda per cápita, incrementarase nun 1,6 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

- Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os fillos dos pais que convivan con eles e que reúnan os requisitos do apartado anterior.

- No caso de separación ou divorcio, non se considerará membro da unidade familiar aquel que non conviva co solicitante da bolsa de axuda. En cambio, si terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida ao pai/nai e que si conviva co solicitante. A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que determine a mesma, ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

A valoración das solicitudes presentadas efectuarase segundo o seguinte cadro de puntuacións:

Renda per cápita familiar

Puntuación

De 0 ¬ a 4.000 ¬

6

De 4.001 ¬ a 5.000 ¬

4

De 5.001 ¬ a 6.000 ¬

2

As rendas per cápita superiores a 6.000¬ non terán dereito a axuda de ensino, e as rendas per cápita superiores a 4.000¬ non terán dereito a axuda de transporte.

Ademais da renda per cápita teranse en conta as seguintes circunstancias sempre que se acrediten co correspondente certificado:

a) Se algún membro da unidade familiar ten unha minusvalía igual ou superior ao 33%, puntuarase esta circunstancia con 2 puntos adicionais.

b) Cando o pai/nai ou titor/a acrediten a situación de desemprego durante máis de seis meses no ano 2017 incrementarase a valoración con 2 puntos adicionais.

c) Xustificación de aluguer de vivenda ou amortización do préstamo bancario para a amortización da mesma (ano 2016) 2 puntos adicionais.

En ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo do obxecto da subvención. Para ese efecto os solicitantes deberán declarar todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo obxecto, no momento da solicitude ou en calquera outro da vixencia do expediente en que se produza.

As presentes axudas serán compatibles con outras axudas que puideran percibirse para a mesma finalidade doutras Administracións públicas. No obstante, serán incompatibles coas axudas por estudios establecidas no Convenio Colectivo do persoal laboral e no Acordo Regulador do persoal funcionario, para os familiares de todo o persoal do Concello de Cambados, polo que os fillos do persoal municipal non poderán concorrer a convocatoria prevista nestas bases.

Sétima. Importe máximo e crédito orzamentario

Para o financiamento deste programa de axudas establécese crédito en contía máxima de 18.000,00 euros na aplicación 320.481.00 do Orzamento do Concello de Cambados para o exercicio 2017, ao abeiro do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo). De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución da concesión.

Oitava. Do procedemento de concesión das axudas

1.-Unha vez rematado o prazo previsto na cláusula cuarta, as solicitudes se remitirán ó responsable do departamento de Cultura, o cal deberá comprobar que os solicitantes presentan correctamente tódolos documentos esixidos e cumpren as condicións impostas para poder adquirir a condición de beneficiario.

As solicitudes que incumpran os requisitos documentais sinalados no apartado cuarto destas bases, non se admitirán a trámite, sen prexuízo da aplicación do artigo 68 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, para a subsanación e mellora da solicitude: 'Si a solicitude non reúne os requisitos que sinala o artigo 66, e, no seu caso os que sinala o artigo 67 ou outros esixidos pola lexislación específica aplicable, requirirase ó interesado para que, nun prazo de dez días subsane a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixera así, se lle terá desistido da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21.'

Sobre estes extremos, e a maior brevidade posible, emitirá un informe no que conste unha proposta de resolución motivando os criterios de reparto.

O expediente e a proposta de resolución someterase a coñecemento da Comisión informativa correspondente, que emitirá o dictame que considere procedente.

Á vista da proposta de resolución e do dictame da Comisión informativa correspondente, a Xunta de Goberno Local acordará o reparto definitivo das axudas mediante acordo motivado, atendendo ós criterios anteriormente sinalados.

2.-O acordo de resolución das subvencións será notificado ós solicitantes. Así mesmo será publicado no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia do Concello. Do mesmo daráselle traslado á Base de Datos Nacional de Subvencións.

3.-O acto de resolución da subvención esgota a vía administrativa. De acordo co que dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas contra a resolución poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ao da recepción da notificación, nos termos recollidos na lexislación vixente.

Novena.-Xustificación e Pagamento

1.-Ata o día 30 de novembro (inclusive), os beneficiarios das axudas deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello, segundo o Anexo II, e por importe igual ou superior á contía da axuda outorgada, as facturas ou outros documentos xustificativos dos gastos ocasionados no curso 2017/2018, procedentes da adquisición de libros de texto e material escolar.

As facturas xustificativas dos gastos efectuados, deberán estar expedidos ó nome do solicitante, ser orixinais ou fotocopias compulsadas, e estar datadas no período para o que se concede a axuda. As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos para a súa expedición no R.D 1496/2003. Asemade, con todas elas deberá achegarse xustificante de cargo bancario ou xustificante inequívoco de que a factura presentada foi pagada (palabra específica 'pagado').

Deberá presentar ademais o Anexo III 'Declaración responsable'.

2.-De non presentala xustificación dentro do prazo establecido nestas bases entenderase que desiste da súa petición. No caso de que a xustificación presentada se estime insuficiente, o Concello requirirá o beneficiario no prazo de 10 días naturais, para que subsane os defectos apreciados. Se transcorrido dito prazo, non se producira a subsanación requirida, tal feito ocasionará a revogación da axuda e, en consecuencia o impago da mesma.

3.-Unha vez xustificada correctamente a subvención e aprobada polo órgano competente, a cantidade concedida ingresarase na conta corrente indicada polo solicitante.

Décima.-Control das Subvencións

Os beneficiarios das subvencións quedarán sometidos ás responsabilidades e réxime sancionador establecido na Lei Xeral de Subvencións 38/2003, no seu Regulamento 887/2006, na Lei Xeral Presupostaria 47/2003, e demais normas concordantes, isto é, na Lei Orgánica 2/1982, de 12 de maio, do Tribunal de Contas e Lei Ordinaria do Consello de Contas de Galicia.

- Xustificantes esixidos para as axudas de ensino:

ALUMNOS DE:

TIPO DE XUSTIFICANTE

PRIMARIA E SECUNDARIA

Facturas orixinais ou copias cotexadas que acrediten o gasto realizado en material escolar e libros ou no seu caso certificado do gasto en material expedido polo centro educativo non podendo superar o 50% dos gastos en material deportivo

BACHARELATO, FP, UNIVERSITARIOS, ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES, ALUMNADO CON NEE

Certificado de matrícula, ou resgardo de ter pagada a matrícula, selado pola entidade bancaria.

- Xustificantes esixidos para as axudas de transporte:

ALUMNOS DE:

TIPO DE XUSTIFICANTE

BACHARELATO, FP, PCPI, UNIVERSITARIOS, ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES, ALUMNADO CON NEE

Certificado de matrícula, ou resgardo de ter pagada a matrícula selado pola entidade bancaria.

Disposición derradeira

Concederanse as presentes axudas ata o límite orzamentario previsto na aplicación orzamentaria destinada para tal fin no Orzamento Xeral do Concello de Cambados para o ano 2017. De verse superada esta contía na valoración das solicitudes, priorizarase a concesión de axudas ás unidades familiares que obteñan maior puntuación na valoración das solicitudes.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Alumnado
Educación
Transporte
Artes
Escolarización
Estudios
Empleo
Empleo y contratación
Escuelas
Formación
Familia monoparental
Actividades de servicios sociales
Material escolar
Formación profesional
Tercera edad
Familia
Discapacidad
Cultura
Vivienda
Alquiler de vivienda
Créditos bancarios
Material deportivo
Libros de texto