BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ESTUDO DIRIXIDAS Ó ALUMNADO DA ESCOLA DE CANTERÍA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Boletín Oficial de Pontevedra de 01-12-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Bases
  • Plazo: Ver Detalles , 01/12/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

Bases reguladoras da convocatoria de axudas para o estudo dirixidas ao alumnado da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra

O oficio da cantería é un dos traballos artesanais máis antigos e nobres, e queda constancia da súa importancia na nosa terra ao longo da historia a través de construcións tan singulares coma dolmens, castros, cruceiros etc.

Aínda que esta profesión se foi perdendo pouco a pouco, hoxe en día estase recuperando o traballo de cantería a través de escolas e obradoiros. Así, a Escola de Cantería ten a finalidade de conservar e promover este oficio para así colaborar na recuperación do patrimonio cultural.

É por isto que se considera prioritario brindarlle apoio económico mediante o desenvolvemento dunha liña de axudas destinada a cubrir, na medida do posible, as necesidades do alumnado da Escola de Cantería.

En relación co exposto confecciónanse as seguintes Bases reguladoras:

Primeira. Obxecto

Constitúe o obxecto xeral destas Bases o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas destinadas ao alumnado que curse estudos na Escola de Cantería no curso académico 2017/2018 conducentes á obtención do título de Canteiro ou Canteira e Mestre Canteiro ou Mestra Canteira, segundo os principios de obxectividade e concorrencia competitiva.

Segunda. Financiamento

A liña de axudas obxecto desta convocatoria terá unha dotación económica de 17.300 ¬, con cargo á aplicación orzamentaria 17/324.3243.481.00 do vixente Orzamento provincial.

Terceira. Beneficiarios

Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado, no curso académico 2017/18, en estudos presenciais conducentes a titulación de Canteiro ou Canteira e Mestre Canteiro ou Mestra Canteira, na Escola de Cantería.

b) Ter feitos os 16 anos.

Cuarta. Clases e contías das bolsas

As clases e respectivas contías das bolsas da Escola de Cantería para o curso 2017/2018 son as seguintes:

a) Bolsa básica: 950 ¬

b) Complemento segundo a renda: 372 ¬

c) Complemento segundo a residencia da ou do estudante: 250 ¬

A dotación económica para cada persoa beneficiaria está suxeita ao cumprimento dos requisitos da bolsa básica e de cada un dos complementos, cun máximo que vén determinado pola suma das tres.

No caso de non esgotarse o crédito consignado a estas bolsas poderase incrementar a dotación das persoas beneficiarias nunha cantidade igual para todas ata esgotar o crédito orzamentado.

Quinta. Solicitudes e documentación

As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán a través da páxina www.depo.es , e achegaranse coa seguinte documentación:

' Solicitude debidamente cuberta e asinada pola persoa solicitante

' Copia da matrícula da Escola de Cantería para o curso 2017/2018

' Copia do DNI ou do NIE da persoa solicitante e de cada membro computable da unidade familiar maior de idade

' Informe de vida laboral actualizado de cada membro computable da unidade familiar

' Certificado de empadroamento actualizado da persoa solicitante e de todos os membros computables da unidade familiar

' Declaración da renda para o exercicio fiscal 2016 da persoa solicitante e de todos os membros computables da unidade familiar

' Copia do contrato de aluguer, en caso de residir fóra do seu domicilio habitual durante todo o curso escolar

Sexta. Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes irán dirixidas á presidenta da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro xeral da Deputación.

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Sétima. Instrucción e procedemento

1. A instrución do procedemento de concesión das bolsas realizaraa a xefa de servizo da Escola de Cantería.

2. A instrución do procedemento de concesión comprenderá as seguintes fases:

a. Unha vez presentadas as solicitudes realizarase o estudo e a súa comprobación por parte do servizo instrutor.

b. Informe-proposta da xefa de servizo no que se reflicte a valoración á luz dos criterios de concesión recollidos na base oitava, explicando o sistema de valoración seguido, ordenando as solicitudes por orde decrecente de puntuación e sinalando a axuda que lles corresponde a cada unha delas. Así mesmo, indicaranse as solicitudes desestimadas, motivando as razóns das desestimacións.

c. Estudo do informe-proposta por parte da comisión de avaliación, que neste expediente estará formada por:

Presidenta: xefa de servizo da Escola de Cantería

Vogais: dúas persoas pertencentes ao profesorado da Escola de Cantería

Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou a funcionaria ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue

d. Proposta de resolución definitiva. O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe da Comisión, formulará a proposta de resolución definitiva, que deberá expresar a persoa solicitante para a que se propón a concesión da bolsa e a contía da mesma. Tamén recollerá as solicitudes rexeitadas e os motivos do rexeitamento.

Oitava. Criterios e forma de concesión

Os criterios para a concesión das bolsas son os seguintes:

a) Para a adxudicación da bolsa básica teranse que cumprir os requisitos recollidos no punto 3 destas Bases reguladoras.

b) Para a consesión da bolsa terase en conta a renda da unidade familiar. Por iso, non se poderán superar os seguintes límites:

' Familias de 1 membro: 14.112,00 ¬

' Familias de 2 membros: 24.089,00 ¬

' Familias de 3 membros: 32.697,00 ¬

' Familias de 4 membros: 38.831,00 ¬

' Familias de 5 membros: 43.402,00 ¬

' Familias de 6 membros: 46.853,00 ¬

' Familias de 7 membros: 50.267,00 ¬

' Familias de 8 membros: 53.665,00 ¬

A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable da familia.

A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, computándose o exercicio do 2016.

b.1. Para a determinación da renda seguirase o seguinte procedemento:

i. Para a determinación da renda dos membros computables que presenten declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas:

' Primero: sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible de aforro

' Segundo: deste resultado restarase a cota resultante da autoliquidación

ii. Para a determinación da renda dos membros computables que obteñan ingresos propios e non presentasen declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas:

' Primero: sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible de aforro

' Segundo: deste resultado restaranse os pagamentos efectuados á conta

b.2. Consideracións:

b.2.1. Conforman a unidade familiar:

' A persoa solicitante

' Os pais non separados legalmente e, se é o caso, a titora, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor

' As e os irmáns solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar ou se son maiores de idade cando se trata de persoas con discapacidade

' Os ascendentes que convivan no domicilio familiar

' Parella da persoa solicitante en situación de matrimonio, unión de feito ou análoga, debidamente xustificada

b.2.2. No caso de divorcio, separación legal ou de feito dos pais, non se considerará membro computable aquel deles que non conviva ca persoa que solicita a axuda. A persoa, que por novo matrimonio ou por convivencia en situación de matrimonio, unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa nai ou co pai do solicitante, tampouco se considerará como membro computable.

b.2.3. No caso de separación ou de divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

b.2.4. Nos casos en que o solicitante alegue a súa emancipación ou independencia económica, calquera que sexa o seu estado civil, deberá probar que conta con medios económicos propios suficientes que permitan a independencia. Se os ingresos acreditados resultan inferiores aos gastos soportados considerados indispensables (vivenda, manutención, etc.) entenderase como non probada a independencia, polo que para o cálculo da renda para os efectos desta axuda se computarán os ingresos correspondentes aos membros computables da familia aos que se refire este artigo.

c) Para a adxudicación da bolsa segundo a residencia do estudante, a persoa solicitante terá que acreditar a necesidade de residir fóra do seu domicilio habitual durante todo o curso escolar, por razón da distancia, medios de comunicación existentes e horarios lectivos.

Novena. Resolución

1. Unha vez aceptada, de ser o caso, a proposta de resolución definitiva, o órgano competente resolverá o procedemento.

2. A resolución deberá motivarse, quedando acreditados no procedemento os fundamentos da resolución que se adopte.

3. A resolución, ademais de conter a listaxe das persoas solicitantes ás que se lle concede a bolsa, fará constar de maneira expresa, de ser o caso, a desestimación do resto das solicitudes.

4. Prazo máximo para resolver e notificar: a resolución do procedemento non poderá exceder os seis meses, salvo que unha norma con rango de lei estableza un prazo maior ou que veña previsto así na normativa da Unión Europea. O prazo contarase a partir da publicación da correspondente convocatoria, salvo que esta pospoña os seus efectos a unha data posterior.

5. O vencemento do prazo máximo sen que se notifique a resolución lexitima as persoas interesadas para entender como desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

Décima. Pagamento

O aboamento das axudas farase efectivo no prazo de 20 días, contados desde a publicación da resolución definitiva, mediante libramento único e directo na conta bancaria indicada pola persoa beneficiaria, que deberá estar aberta a nome da ou do bolseiro e, cando se trate de menores, tamén da persoa cuxa representación lle corresponda legalmente en entidades de crédito.

Décimo primeira. Obrigas das persoas beneficiarias

A presentación da solicitude implica a aceptación destas Bases e a obriga de:

a. Acreditar que a persoa solicitante se encontra ao día no cumprimento das súas funcións tributarias e fronte a Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma

b. Someterse ás actuacións de comprobación precisas para verificar o cumprimento das condicións determinantes da concesión da bolsa

c. Seguir con aproveitamento durante o curso académico os estudos con carácter presencial nos que se atope matriculado e non anular a matrícula

Décimo segunda. Modificacións e reintegro das axudas

1. Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión das axudas poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, segundo prevé o artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).

2. As axudas concedidas deberán ser devoltas ou reintegradas nos seguintes casos:

a. Por obtelas falseando as condicións requiridas

b. Por non aplicalas para os fins aos que foron concedidas

c. Por incumprir a persoa beneficiaria as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas Bases

d. Nos demais casos previstos no réxime xurídico das subvencións

Décimo terceira. Natureza e réxime xurídico

As axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria teñen a natureza xurídica de subvencións, de acordo cos criterios establecidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS).

O seu réxime xurídico axústase ao disposto nestas Bases, na LXS e no seu Regulamento (Real decreto 887/2006, de 21 de xullo), na LSG, na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LRBRL), na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nas Bases de execución do Orzamentopara o exercicio 2017 e na demais normativa aplicable.

Décimo cuarta. Recursos

Contra o acordo de aprobación destas Bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao desta publicación (artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o disposto no artigo 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, todo iso no prazo establecido no artigo 46 desta Lei, sen prexuízo de que se poida utilizar calquera outro recurso que se estime conveniente.

Alumnado
Familia
Actividad artesanal
Escuelas
Patrimonio cultural
Alquiler de vivienda
Profesorado
Vivienda
Medios de comunicación