BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DESTINADAS AO PAGO DE COMEDOR ESCOLAR NO CURSO 2016/2017 - Boletín Oficial de Pontevedra de 07-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 07/06/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DESTINADAS AO PAGO DE COMEDOR ESCOLAR NO CURSO 2016/2017

As axudas para o pago de comedor escolar contémplanse como unha prestación social no marco das Axudas de Emerxencia Social polo seu carácter extraordinario e finalista. As Bases reguladoras para a concesión de Axuda municipais destinadas ó pago do comedor escolar no curso 2016/2017 con destino a Familias en situación de vulnerabilidade, ten a seguinte base normativa:

' Artigo 39 da Constitución Española, que establece a obriga dos poderes públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia.

' Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local que no seu artigo 25.1 establece que o municipio, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias pode promover actividades e prestar os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal, exercendo en todo caso, como competencias propias, nos termos da lexislación estatal e autonómica, en materias como 'avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social' servizo declarado obrigatorio para os municipios de poboación superior a 20.000 habitantes.

' Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, que establece a competencia dos municipios na prestación dos servizos sociais e de promoción e inserción social.

' O establecido no artigo 3.3 e na disposición adicional cuarta da Lei 5/2014, do 27 de maio, do Parlamento de Galicia, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local.

' Lei 13/2008 de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, no seu artigo 60 atribúe aos concellos, entre outras competencias, a creación e xestión dos servizos sociais comunitarios básicos. No artigo 21 da mesma lei, recoñécense as prestacións económicas de emerxencia social e necesidade social como esenciais, dentro do sistema galego de servizos sociais, co obxectivo de paliar situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social.

' Lei 3/2011 de 30 de xuño de apoio á familia e a convivencia de Galicia, regula a obriga que os poderes públicos da Comunidade Autónoma de Galicia teñen de apoiar e protexer as familias e os seus membros, e, en especial os nenos e nenas e os/as adolescentes, dispensándolles especial atención ás familias con dificultades e máis a aquelas que se atopan en situación de especial vulnerabilidade ou en risco de exclusión social , implementando actuacións de apoio á familia e de prevención de situacións de desprotección e conflito social.

' Lei 1/1996 de 15 de xaneiro de protección xurídica do menor, que no seu artigo 11 fai referencia a que as administracións publicas impulsarán políticas compensatorias dirixidas a corrixir as desigualdades sociais e que o contido esencial dos dereitos do menor non poderá quedar afectado pola ausencia de recursos sociais básicos.

A finalidade da convocatoria de axudas ao estudio é potenciar as condicións de igualdade no acceso ao ensino público e ós seus servizos a tódalas/os nenas/os empadroados no termo municipal da Estrada, evitando desigualdades derivadas da situación económica e/ou social, e apoiando as familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo, así como promover a conciliación da vida familiar e laboral, evitar situacións de risco, asegurar unha nutrición axeitada e facilitar o rendemento escolar.

BASES

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

O obxecto da convocatoria é regular o procedemento para a concesión de axudas de comedor escolar correspondente o curso 2016/2017 (de setembro 2016 a xuño 2017, ambos incluídos) destinadas a familias empadroadas no concello da Estrada, cuxos menores se atopen escolarizados en centros públicos ou sostidos con fondos públicos situados no municipio da Estrada, cursando estudios de Educación infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

Estas axudas van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias en situación de desvantaxe social con menor poder adquisitivo e/ou dificultades en conciliar a súa vida familiar e laboral.

As axudas outorgaranse de acordo aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade e tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva polo procedemento establecido no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. COMPATIBILIDADE

Estas axudas son compatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade outorgadas tanto polas administracións publicas ou calquera dos seus organismos, como por entes, sociedades ou calque entidade privada, por ter carácter de axuda compensatoria. En ningún caso o importe da totalidade de axudas e subvencións concedidas poderá superar a totalidade do gasto. A estes efectos, e de conformidade co disposto no artigo 14.1.d) da Lei Xeral de Subvencións, unha das obrigas do/a beneficiario/a é comunicar ao concello a obtención doutras subvencións e/ou axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto se teña coñecemento, en todo caso con anterioridade a xustificación da aplicación dada a axuda percibida.

As axudas outorgaranse de acordo aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade e tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva polo procedemento establecido no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e de acordo cos criterios recollidos nestas bases.

3. ORZAMENTO

O orzamento inicial ascende a 8.000 euros, con cargo a partida 2310.48900.

No suposto de que a demanda supere a capacidade orzamentaria, a priorización na concesión das axudas virá dada pola puntuación obtida, de maior a menor, trala avaliación e baremación da solicitude de acordo cos criterios establecidos na Base 9. da convocatoria, ata esgotar ó orzamento destinado a tal fin.

4 . DESTINATARIOS

Serán destinatarias desta convocatoria as unidades familiares empadroadas no Concello da Estrada que teñan menores ao seu cargo, escolarizados no 2016/2017 na segunda etapa de educación infantil, Educación Primaria ou Educación Secundaria nalgún centro de ensino público e/ou sostidos con fondos públicos da Estrada

En cada unidade familiar só un dos seus membros terá a condición de persoas beneficiaria das axudas, e poderanse conceder tantas axudas como número de menores utilicen o servizo de comedor.

Aos efectos desta convocatoria considérase unidade familiar a formada por cónxuxes :

a) Os cónxuxes parellas de feito , titores legais ou persoa encargada da garda e protección do menor

b) Os/as fillos/as menores de idade, con excepción dos/as emancipados/as, e os/as fillos/as solteiros/as do/a solicitante menores de vinte e cinco anos que figuren convivindo no domicilio familiar a 31.12.2016.

c) Os fillos/as maiores de idade que conten con certificación de discapacidade en grao superior o 65% ou incapacitados/as xudicialmente, suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) No suposto de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o destinatario da axuda será o/a pai/nai que teña atribuída a custodia do/a menor de acordo co convenio regulador ou sentenza xudicial. Neste suposto non se considera membro da unidade familiar aquel que non conviva co solicitante, pero si se terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida a/o solicitante da axuda. A separación transitoria motivada por razóns de estudio, traballo, tratamento médico ou outras causas similares, non rompe a convivencia a estes efectos.

Tamén terán a consideración de membro da unidade familiar o/a fillo/a do proxenitor/a destinatario/a da axuda, que non convivan no domicilio familiar pero que o pai/nai estea a pagar unha pensión alimenticia, sempre que resulte acreditado o dito pago.

No suposto de custodia compartida incluiranse ámbolos dous proxenitores dentro do computo da renda familiar.

e) Nos casos de violencia de xénero no ámbito familiar, quedarán excluídos do cómputo de rendas os ingresos do agresor e a efectos de cálculo de RPC considerarase familia monoparental.

f) No suposto de acollemento familiar será de aplicación á familia de acollida os mesmos criterios.

5. REQUISITOS

a) Para ser beneficiarios/as das axudas reguladas nestas Bases os/as solicitantes deberá acreditar os seguintes requisitos:

b) A unidade familiar deberá estar empadroada e ter residencia efectiva no Concello da Estrada e convivir cos menores para os que se solicita a axuda.

c) As persoas estranxeiras residentes no concello da Estrada poderán beneficiarse destas axudas sempre e cando se atopen nunha situación administrativa regular e cumpran as condicións establecidas na Lei orgánica 4/2000 sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España, así como o contemplado no Real Decreto 557/2011 que a desenvolve, ademais de reunir os requisitos contemplados nas presentes bases.

d) Estar matriculados os/as menores no curso 2016/2017 nun centro educativo público e/ou sostidos con fondos públicos situado no municipio da Estrada que, conte con servizo de comedor escolar, e contar con praza adxudicada as/os menores no dito servizo de comedor escolar.

e) Ter presentada a solicitude e toda a documentación no prazo e forma establecido.

Ter renda per cápita ( en adiante RPC ) que en computo anual, sexa non supere os 6.390,13 euros, que corresponde ó 100% do IPREM anual con 12 pagas fixado para o 2016.

Entendese por renda RPC familiar os ingresos netos da unidade familiar dividida entre o número de membros da mesma.

A renda RPC obterase pola agregación das rendas de cada un dos membros da unidade familiar (Base 4.) que obteñan ingresos de calquera natureza ó longo do último exercicio económico.

Considéranse ingresos netos os ingresos totais da unidade familiar descontando o alugamento da vivenda ou amortización de crédito hipotecario da mesma, sen que estes superen ós 400 ¬ mensuais.

A efectos de valoración de ingresos teranse en conta tódolos obtidos, de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestacións, rendas por actividades profesionais, industriais, agrarias, deportivas, artísticas, etc... tanto de carácter fixo como eventual.

Para a valoración de ingresos de computo anual, teranse en conta os ingresos correspondentes a derradeira declaración da renda, dividindo por 12 os mesmos para obter a media de ingresos mensuais.

No caso de que se produzan variacións substanciais na capacidade económica da unidade familiar en relación coa que consta na declaración de IRPF do último exercicio económico, os/as interesados/as deberán manifestar esta circunstancia e acreditar a nova situación económica achegando a documentación xustificativa correspondente o primeiro trimestre de 2017.

f) Estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, non ter débedas contraídas coa facenda local, autonómica e estatal.

g) No caso de ter concedida axuda polo mesmo concepto no curso 2014/2015, ter presentada a xustificación da dita axuda.

6. CONTÍA DA AXUDA

Tendo en conta que estas axudas son de interese social, pola situación de dificultade económica e familiar das unidades familiares as que están dirixidas, terán a consideración de carácter especial polo que o importe da axuda poderá supoñer a totalidade do gasto nos casos de familias en situación de especial vulnerabilidade, previa valoración e proposta técnica do/as traballadores sociais de referencia.

Segundo a puntuación total acadada na valoración das solicitudes conforme os criterios de valoración e baremación establecidos na Base 9. da convocatoria o importe da axuda a conceder segundo o intervalo da puntuación acadada será o seguinte:

' De 0 a 5 puntos: 25% do gasto

' De 6 a 10 puntos: 50 % do gasto

' De 11 a 15 puntos: 75% do gasto

' De 15 a 20 puntos: 100% do gasto

O importe total das axudas a conceder non poderán superar a contía máxima do orzamento establecido na Base 3.

O importe da subvención a pagar será a porcentaxe que corresponda sobre o gasto xustificado, deducido o importe de outras axudas ou/outras subvencións recibidas.

7. PUBLICIDADE, FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A) Publicidade

A publicación das Bases da convocatoria realizarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, na paxina web www.aestrada.com e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Unha vez resolto o procedemento, publicarase na páxina web do concello e no taboleiro de anuncios a información relativa as persoas beneficiarias, identificadas co seu DNI/NIE/pasaporte e ordenados numericamente, co seu estado de concedido, denegado ou lista de agarda e coa súa contía.

B) Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do seguinte da data de publicación no Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra.

C) Presentación de solicitudes e documentación

As solicitudes, acompañadas da documentación acreditativa de cumprimento de requisitos e circunstancias que permitan avaliar a situación socio-familiar, poderán presentarse:

- No Rexistro xeral de entrada do Concello da Estrada, en horario de atención ao publico.

- No Rexistro de entrada do departamento de servicios sociais en horario de atención ao público.

- A través da sede electrónica do Concello http:aestrada.sedeelecctronica.gal

- Por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas ( en adiante PAC).

No caso de enviarse por correo postal ao Rexistro do Concello, o envío deberá ser certificado co selo de Correos no formulario da solicitude para garantir que a data de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria.

As solicitudes remitidas por correo que non cumpran este requisito teranse por presentadas para todos os efectos no mesmo día en que teñan entrada no Rexistro municipal, independentemente da data de presentación na oficina de Correos.

As solicitudes formalizaranse no impreso normalizado (Anexo I) e presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

1. Fotocopia do D.N.I. do/a solicitante, pasaporte ou NIE vixente.

2. Fotocopia do Libro de Familia completo ou documento oficial acreditativo dos membros da unidade familiar coa súa data de nacemento.

3. Volante de empadroamento Familiar

4. Xustificación da situación económica e laboral correspondente ó último exercicio económico de tódolos membros da unidade familiar a través dos seguintes documentos orixinais ou copias cotexadas:

a) certificacións de empresa ou copia cotexada de nóminas

b) certificación do INEM sobre prestacións por desemprego

c) certificacións de pensións en calquera modalidade, tanto de España coma do estranxeiro.

d) Convenio regulador e documentos xustificativos das achegas económicas actualizadas, nos supostos de separación ou divorcio.

e) Informe de vida laboral completo e actualizado de tódolos membros da unidade familiar maiores de 16 anos emitido pola Tesourería da seguridade social, ou certificación negativa.

f) Certificación de datos fiscais do último exercicio económico de tódolos membros computables da unidade familiar, ou certificación negativa, expedida pola Axencia Tributaria.

g) No suposto de membros da unidade de convivencia en situación de desemprego, copia cotexada da tarxeta de demandante de emprego cunha antigüidade mínima de un mes anterior á data da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

h) No suposto de traballadores autónomos: copia cotexada dos xustificantes das cotizacións á seguridade social e acreditación de ingresos no último exercicio económico. No suposto que a acreditación de ingresos sexa inferior a base de cotización teranse en conta como ingresos mínimos mensuais ós da base de cotización á Seguridade Social.

i) Outras prestacións: certificados emitidos polas administracións correspondentes (Xunta, Seguridade Social, etc.) relativos a calquera outra prestación (prestación por fillo a cargo, pensións non contributivas, salario da liberdade, etc...)

5. Acreditación da situación familiar:

a) No suposto de separación e divorcio: copias da sentencia e do convenio regulador, e xustificantes bancarios das aportacións económicas establecidas na dita sentencia e actualizadas.

b) No suposto de parellas de feito separadas con fillos recoñecidos no Libro de familia ou documento análogo: copia da sentencia de asignación de garda e custodia e alimentos así como xustificantes das aportacións económicas establecidas na dita sentencia e actualizadas. De non aportarse ditos documentos entenderase que non existe separación de feito polo que ámbolos dous proxenitores deberán presentar tódolos documentos laborais e económicos esixibles para os membros da unidade familiar.

c) En situacións de impago dos supostos 5.a) e 5.b), presentarase copia da solicitude de execución de sentenza presentada perante o xulgado ou xustificante de inicio das actuacións. De non presentar a dita documentación considerarase que a contía das pensións compensatorias ou de alimentos establecida inicialmente se esta a percibir, computando esas cantidades como ingresos efectivos.

d) No suposto de menores en situación de garda e custodia compartida: xustificantes de ingresos de ámbolos dous proxenitores.

e) No suposto de acollemento dos/as menores por resolución administrativa ou auto xudicial: copia do certificado do organismo competente e no seu caso a contía da remuneración que se perciba.

f) Outras situacións: serán valoradas polo/ traballador social de referencia.

6. Acreditación da necesidade de conciliación da vida familiar e laboral (certificado da empresa na que desenvolven a actividade laboral cada un dos proxenitores)

7. Xustificante da matricula en calquera dos centros de ensino público /ou sostidos con fondos públicos da Estrada.

8. Certificación da ANPA ou centro educativo, de ter asistido ao servizo de comedor no curso escolar 2015/2016 no que se indicará o nº de días/mes que asistiu o/a menor ó servizo de comedor ao longo do curso e o custe mensual a abonar pola unidade familiar, deducidas outras axudas ou subvencións obtidas para a mesma finalidade, así como o nome e CIF da empresa prestadora do servizo no caso de xestión indirecta.

9. Xustificación, no seu caso, dos gastos de aluguer de vivenda ou amortización de préstamo bancario para adquisición da mesma correspondente ó ano 2016.

10. Fotocopia da certificación do grado de discapacidade e/ou dependencia dos membros da unidade familiar recoñecidos como tales.

11. Certificacións de estar ao corrente das obrigas tributarias coa facenda estatal e autonómica e coa seguridade social.

12. Declaración de outras axudas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade, de calquera organismo público ou privado.

13. Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria, sinaladas no artigo 13 da lei de subvencións

14. Nos casos que proceda, delegación de pagamento a favor da empresa prestadora do servizo de comedor.

15. Calquera outro documento requirido polo/as traballador/ras sociais de zona para a valoración da solicitude.

As fotocopias de documentos, deberanse presentar cotexados ou achegar o documento orixinal para o seu cotexo.

8. PROCEDEMENTO E SUBSANACIÓN DE SOLICITUDES

A instrución do procedemento de concesión das axudas correspóndelle a Unidade de Traballo Social do Departamento de Servizos Sociais, que recibirá as solicitudes e comprobará os requisitos esixibles e a documentación acreditativa e, de ser o caso, requirirá para que no prazo de 10 días hábiles se subsane a solicitude ou complete a documentación preceptiva, co advertencia de que, de non facelo así, terase por desistido da súa petición.

Cando non sexa posible achegar a documentación requirida por razóns alleas á persoa solicitante, poderá presentarse declaración responsable, sendo esta circunstancia obxecto de valoración polos servizos sociais municipais, debendo presentar a documentación requirida por rexistro de entrada a maior brevidade. En ningún caso esta declaración responsable substituirá a documentos de obrigada presentación que deberán obrar en poder dos/as solicitantes.

9. CRITERIOS DE AVALIACIÓN E BAREMO

A baremación das solicitudes ten por obxecto establecer unha orde de prioridade na concesión das axudas a tenor da maior necesidade estimada mediante o outorgamento dunha puntuación a cada unha das solicitudes en razón directa ó grado de necesidade estimado, mediante a avaliación acumulada dos seguintes factores:

a) Situación económica.

b) Avaliación da situación socio-familiar

c) Avaliación da necesidade de conciliación laboral e familia.

Para a resolución das solicitudes é preceptivo a emisión do informe social, por parte do/as traballador/as sociais de zona, onde quede avaliada a situación e baremado cada un dos expedientes en base as seguintes variables e criterios:

a) AVALIACIÓN DA SITUACIÓN ECONÓMICA

Para a ponderación da situación económica tomarase como referencia o IPREM anual no ano 2016 fixando como importe máximo anual de ingresos per cápita o IPREM para 2016 (6.390,13 euros).

Entendese por renda RPC familiar os ingresos netos da unidade familiar dividida entre o número de membros da mesma, nos termos contemplados na base 5.e).

A puntuación a aplicar en función da renda per cápita anual da unidade familiar é a seguinte:

Renda per cápita anual da unidade familiar

Puntuación

Ata 958,50 euros

10 puntos

De 958,51 a 2.236,50 euros

8 puntos

De 2.236,51 a 3.195,00 euros

6 puntos

De 3.195,01 a 4.153,50 euros

4 puntos

De 4.153,51 a 5.112,00 euros

2 puntos

De 5.112,01 a 6.390,13 euros

0 puntos

b) AVALIACIÓN DA SITUACIÓN SOCIO-FAMILIAR

Esta puntuación será a que resulta de considerar a posible concorrencia de determinadas circunstancias subxectivas na unidade familiar, que deben ser valoradas por canto poidan incidir no grao de necesidades. A puntuación máxima deste apartado e de 7 puntos.

O baremo para valorar as circunstancias concorrentes e/ou simultáneas é o seguinte:

1. Familias incluídas no Programa de Apoio ás Familias no ámbito dos Servizos Sociais comunitarios básicos: 1 punto

2. Familias beneficiarios da RISGA e/ ou axudas de Emerxencia Social: 1 punto

3. Familias nas que algún/s membro/s teña unha discapacidade con grao igual ou superior ao 65%, ou estea valorado como dependente en calquera dos graos establecidos segundo a Lei 39/2006, de 14 de decembro: 1 punto

4. Familias monoparentais: 1 punto

5. Familia en risco de exclusión social: 1 puntos

6. Situación de violencia de xénero ou de violencia no ámbito familiar: 1 punto

7. Familias numerosas: 1 punto

c) AVALIACIÓN DA SITUACIÓN SOCIO-FAMILIAR

Avaliarase a necesidade de conciliación da vida familiar e laboral debidamente xustificada coa documentación aportada xunto coa solicitude ata unha puntuación máxima de 3 puntos.

No suposto de que o número de axudas solicitadas que reúnan os requisitos esixidos supera o importe destinado ás mesmas, darase prioridades ás daquelas solicitudes que obteñan unha maior puntuación segundo o baremo. No suposto de igualdade na puntuación final entre solicitantes, establecerase a seguinte prioridade:

- Maior número de beneficiarios por solicitante, tendo preferencia as solicitudes para dous ou mais menores beneficiarios.

- Maior puntuación no apartado 9. a) correspondente a avaliación da situación económica

10. PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN, E RESOLUCIÓN

O/as traballador/as sociais de referencia comprobarán o cumprimento dos requisitos e a documentación acreditativa e, de ser o caso, requirirá para que no prazo de 10 días hábiles se subsane a solicitude conforme o establecido na base 8.; avaliarán as solicitudes de conformidade cos criterios de valoración que se determinan na base 9. e emitirán informe de valoración en base a documentación presentada e os datos que consten no expediente familiar.

A xefa da Unidade de Traballo Social do Departamento de Servizos Sociais emitira informe técnico de avaliación do procedemento con proposta de resolución, que conterá unha relación todos/as os/as solicitantes que participaron na convocatoria, os/as alumnos/as beneficiarias, nº de expediente, puntuación obtida e proposta de resolución que proceda.

A Xunta de Goberno Local adoptara a resolución en base a proposta presentada pola concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación.

No taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina Web publicaranse a información relativa a resolución das solicitudes nos termos contemplados na base 7. A).

11. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS AXUDAS

As axudas concedidas abonaranse despois da presentación da seguinte documentación xustificativa:

- Facturas orixinais, asinadas e seladas, a nome da persoa solicitante e co desglose de gasto por mes cada mes de servizo de comedor, indicando o nº de menús mes, o prezo/ menú e o importe da factura co desglose de IVE.

- Orixinal ou copia cotexada dos xustificantes bancarios de pago das mensualidades facturadas.

- Certificación da conta bancaria a nome do/a solicitante da axuda no que conste o código de conta do cliente.

As documentación xustificativa da axuda concedida deberá presentarse por rexistro de entrada do concello da Estrada dentro dos 15 días hábiles posteriores á comunicación da resolución da solicitude.

Cando o importe da axuda corresponda o 100% do custe do servizo, a axuda concedida poderá abonarse ó beneficiario ou á empresa prestadora do servizo de comedor, cando así se estableza no informe social, previa presentación da delegación de pagamento por parte do/a solicitante. Neste caso, a dita empresa ou entidade deberá presentar a correspondente factura orixinal xustificativa do custe do servizo a abonar polos beneficiarios (deducindo o importe de outras subvención percibidas), asinada e selada, a nome da persoa solicitante e co desglose de gasto (nº de menús por mes, prezo/menú e importe da factura co desglose de IVE) por menor beneficiario.

12. RECURSOS

As Bases de convocatoria e cantos actos administrativos delas se deriven poderán ser impugnados polos interesados na forma prevista na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común.

Contra a resolución adoptada na execución das presentes bases, poderase interpor recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo de un mes dende a recepción da resolución. Entenderase desestimado o recurso se transcorrido un mes dende a súa presentación non se obtivese resposta, podendo nesa caso interpoñerse recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses, tal e como prevé o artigo 8 da Lei 29/1998 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

13. PROTECCIÓN DE DATOS

De acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos que se faciliten na participación do procedemento serán incorporados en un ou varios ficheiros, cuxo responsable é o Concello da Estrada, con domicilio na Praza da Constitución núm.1- A Estrada - Pontevedra, onde se poderán exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e, se fose o caso, o de oposición.

Coa presentación de solicitude para participar no procedemento os titulares dos datos persoais facilitados consenten expresamente o seu tratamento coa finalidade de levar a cabo a tramitación do dito procedemento.

14. REINTEGRO E RÉXIME SANCIONADOR

A falsidade ou ocultación dos datos ou documentos achegados polos solicitantes suporá a devolución da axuda no caso de tela percibida e implicará o impedimento dunha nova solicitude por un período de dous anos.

En todo aquilo non previsto nas Bases da convocatoria, será de aplicación as normas básicas de Lei 38/2003 xeral de subvencións (artigos 36 e 37) e da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia (artigos 32 e 33) sobre causas de invalidez e réxime de reintegro das subvencións, réxime de infraccións e sancións en materia de subvención.

En A Estrada, a 22 de maio de 2017.-Amalia Goldar Cora, Concelleira de Servizos Sociais.

Familia
Comedor escolar
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Educación
Inclusión social
Estudios
Emergencia social
Escuelas Infantiles
Empresa
Escuelas
Alquiler de vivienda
Vivienda
Discapacidad
Familia monoparental
Hipotecas
Deporte
Artes
Empleo y contratación
Empleo
Dependencia
Créditos bancarios
Bienestar social
Alumnado
Familia numerosa