Bases reguladoras da convocatoria do premio 'Otero Pedrayo 2017' - Boletín Oficial de Ourense de 09-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Ourense
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 09/06/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas
  • Documento en formato PDF

O deputado delegado na área de Cultura e Lingua desta Deputación, mediante resolución presidencial núm. 2017004194, do 9 de marzo de 2017, aprobou as seguintes bases:

Bases reguladoras da convocatoria do premio Otero Pedrayo 2017

1. Convocatoria 1.1. Convócase o Premio Otero Pedrayo 2017 , dotado con dezaseis mil euros (16.000,00 € ), segundo as disposicións do regulamento correspondente.

1.2. Esta convocatoria corresponde ao ano 2017, de acordo co disposto no regulamento, no que se establece o seu ámbito autonómico e o seu carácter anual; convócaa cada ano unha das deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, por esta mesma orde.

1.3. Atendendo ás razóns expostas, a convocatoria e a concesión do premio, na edición de 2017, atribúeselle á Deputación de Pontevedra, que consignará na aplicación 17/330.3340.481.04 do seu orzamento de gastos o importe do premio (16.000,00 € ) máis os gastos correspondentes á súa organización, e no de ingresos, as sumas que deberán achegar cada unha das demais deputacións de Galicia, co-titulares do premio, cunha contía de 2.000,00 € , e a Xunta de Galicia, con 8.000,00 € .

2. Obxecto do premio O premio Otero Pedrayo ten por obxecto: Perpetuar e honrar a memoria da persoa egrexia no campo das letras e do coñecemento

Premiar un labor que constituía unha contribución eminente á cultura galega

Promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións

3. Candidatos 3.1. Poderán optar ao premio: As persoas naturais nacidas ou residentes en Galicia ou con cumprida raizame nela

Os grupos de traballo radicados en Galicia ou constituídos para promover a cultura galega

As personalidades ou institucións que se caractericen pola difusión e o mantemento da cultura galega

3.2. A opción ao premio determinarase por unha candidatura, que poderá ser feita por:

Calquera persoa física ou xurídica das sinaladas no apartado 3.1, respecto de si mesmas

As entidades académicas e culturais galegas respecto dos seus membros

Calquera dos presidentes das deputacións provinciais de Galicia, a proposta das respectivas comisións de cultura

A Xunta de Galicia, oída a consellería correspondente O mesmo xurado, xa constituído 4. Tramitación 4.1. A presentación de candidaturas ao premio formularase nun escrito dirixido á Presidencia da Deputación de Pontevedra, e achegaranse os seguintes documentos:

Recensión biográfica da persoa ou agrupación que aspira ao premio

Documentos e antecedentes que se consideren de interese para o coñecemento da súa dimensión literaria ou científica

Cinco exemplares do texto do traballo co que se opta ao premio, presentados a dobre espazo, letra Times New Roman, corpo 12, no caso de que a proposta se basee nunha obra ou produción singular concreta.

No caso de agrupacións e institucións, un exemplar do regulamento ou estatutos polos que se rexan e unha relación das tarefas levadas a cabo en relación co obxecto do premio.

4.2. A presentación de candidaturas realizarase no prazo de tres meses, a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP de Pontevedra.

Esa publicación realizarase tamén nos boletíns oficiais das provincias da Coruña, Lugo e Ourense, no DOG e nos diarios de máis difusión da comunidade autónoma.

4.3. A presentación do/a candidato/a determina a aceptación íntegra das condicións desta convocatoria e das contidas no regulamento do premio.

4.4. Unha vez rematado o prazo ao que se refire o apartado 4.2., a Secretaría da Deputación de Pontevedra expedirá unha certificación das propostas presentadas que, xunto con elas e coa documentación correspondente, pasarán ao xurado do premio, para que todos os membros as coñezan con antelación suficiente á reunión de deliberación.

4.5. A cada solicitude ou proposta xuntaránselle cantos documentos se consideren de interese para o mellor coñecemento do/a candidato/a.

5. Xurado e actuacións 5.1. Para adxudicar este premio, constituirase un xurado integrado por:

Presidencia, o Presidente da Xunta de Galicia ou persoa en quen delegue

Vicepresidencia, a persoa titular da Presidencia da deputación que convoca o premio, que este ano lle corresponde á Deputación de Pontevedra, ou persoa en quen delegue

Vogais: Os presidentes das tres deputacións restantes, ou persoas nas que deleguen

O presidente da Comisión de Cultura da Deputación que convoca, ou persoa en quen delegue

O conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, ou persoa en quen delegue

Un representante de cada un dos seguintes organismos: a) Universidade de Santiago de Compostela b) Universidade de Vigo c) Universidade da Coruña d) Real Academia Galega e) Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos Cinco persoas de recoñecida autoridade científica e literaria, designadas pola Xunta de Galicia e de cada unha das deputacións.

Procurarase a paridade de xéneros nos membros do xurado. Secretaría, con voz e sen voto, o secretario da Deputación de Pontevedra

5.2. O xurado constituído emitirá o seu ditame no mes seguinte ao día no que remate o prazo de presentación de candidatos, e a súa actuación suxeitarase ao disposto nos artigos 4.2 a 4.6 do regulamento do premio.

5.3. Da actuación do xurado e da adxudicación do premio redactarase unha acta detallada que, asinada polos seus membros e coa totalidade das documentacións presentadas, pasará a coñecemento do Pleno da Deputación convocante na primeira sesión que teña lugar.

5.4. A copia da acta e dos demais antecedentes que cumpran para o coñecemento da tramitación do premio remitiránselles ás deputacións da Coruña, Lugo e Ourense.

6. Entrega do premio Realizarase no lugar e na data que determine a Presidenta da Deputación de Pontevedra, nun acto solemne e coa asistencia dos membros da Corporación Provincial e do xurado, así como de personalidades das artes, letras e ciencias da comunidade autónoma. Xunto co premio, a persoa galardoada recibirá unha copia da acta da reunión do xurado.

7. Normas supletorias No que non estea previsto expresamente nestas bases, o xurado e a Deputación convocante terán en conta as normas contidas no regulamento do premio e nos xerais do funcionamento da Corporación Provincial.

Pontevedra, 24 de maio de 2017. A presidenta. Asdo.: María del Carmen Silva Rego.

El diputado delegado en el Área de Cultura y Lengua de esta Diputación, mediante resolución presidencial núm. 2017004194, de 9 de marzo de 2017, aprobó las siguientes bases:

Bases reguladoras de la convocatoria del premio Otero Pedrayo 2017

1. Convocatoria 1.1. Se convoca el Premio Otero Pedrayo 2017 , dotado con dieciséis mil euros (16.000,00 € ), según las disposiciones del reglamento correspondiente.

1.2. Esta convocatoria corresponde al año 2017, de acuerdo con lo dispuesto en el reglamento, en el que se establece su ámbito autonómico y su carácter anual; la convoca cada año una de las diputaciones provinciales de A Coruña, Lugo, Ourense y Pontevedra, por este mismo orden.

1.3. Atendiendo a las razones expuestas, la convocatoria y la concesión del premio, en la edición de 2017, se atribuye a la Diputación de Pontevedra, que consignará en la aplicación 17/330.3340.481.04 de su presupuesto de gastos el importe del premio (16.000,00 € ) más los gastos correspondientes a su organización, y en el de ingresos, las sumas que deberán aportar cada una de las demás diputaciones de Galicia, cotitulares del premio, con una cuantía de 2.000,00 € , y la Junta de Galicia, con 8.000,00 € .

2. Objeto del premio El premio Otero Pedrayo tiene por objeto: Perpetuar y honrar la memoria de la persona egregia en el campo de las letras y del conocimiento.

Premiar una labor que constituya una contribución eminente a la cultura gallega.

Promover los valores propios de Galicia y las obras que lleven al esclarecimiento y a la mejora de su ciudadanía e instituciones.

3. Candidatos 3.1. Podrán optar al premio: Las personas naturales nacidas o residentes en Galicia o con cumplida raigambre en ella.

Los grupos de trabajo radicados en Galicia o constituidos para promover la cultura gallega.

Las personalidades o instituciones que se caractericen por la difusión y el mantenimiento de la cultura gallega.

3.2. La opción al premio se determinará por una candidatura, que podrá ser hecha por:

Cualquier persona física o jurídica de las señaladas en el apartado 3.1, respecto de sí mismas.

Las entidades académicas y culturales gallegas respecto de sus miembros.

Cualquiera de los presidentes de las diputaciones provinciales de Galicia, a propuesta de las respectivas comisiones de cultura.

La Junta de Galicia, oída la consejería correspondiente El mismo jurado, ya constituido. 4. Tramitación 4.1. La presentación de candidaturas al premio se formulará en un escrito dirigido a la Presidencia de la Diputación de Pontevedra, y se aportarán los siguientes documentos:

Descripción biográfica de la persona o agrupación que aspira al premio.

Documentos y antecedentes que se consideren de interés para el conocimiento de su dimensión literaria o científica.

Cinco ejemplares del texto del trabajo con el que se opta al premio, presentados a doble espacio, letra Times New Roman, cuerpo 12, en el caso de que la propuesta se base en una obra o producción singular concreta.

En el caso de agrupaciones e instituciones, un ejemplar del reglamento o estatutos por los que se rijan y una relación de las tareas llevadas a cabo en relación con el objeto del premio

4.2. La presentación de candidaturas se realizará en el plazo de tres meses, a partir del día siguiente al de la publicación de esta convocatoria en el BOP de Pontevedra.

Esa publicación se realizará también en los boletines oficiales de las provincias de A Coruña, Lugo y Ourense, en el DOG y en los diarios de más difusión de la comunidad autónoma.

4.3. La presentación del/a candidato/a determina la aceptación íntegra de las condiciones de esta convocatoria y de las contenidas en el reglamento del premio.

4.4. Una vez rematado el plazo al que se refiere el apartado 4.2., la Secretaría de la Diputación de Pontevedra expedirá una certificación de las propuestas presentadas que, junto con ellas y con la documentación correspondiente, pasarán al jurado del premio, para que todos los miembros las conozcan con antelación suficiente a la reunión de deliberación.

4.5. A cada solicitud o propuesta se adjuntarán cuantos documentos se consideren de interés para el mejor conocimiento del/a candidato/a.

5. Jurado y actuaciones 5.1. Para adjudicar este premio, se constituirá un jurado integrado por:

Presidencia, el Presidente de la Junta de Galicia o persona en quien delegue.

Vicepresidencia, la persona titular de la Presidencia de la diputación que convoca el premio, que este año corresponde a la Diputación de Pontevedra, o persona en quien delegue.

Vocales: Los presidentes de las tres diputaciones restantes, o personas en las que deleguen.

El presidente de la Comisión de Cultura de la Diputación que convoca, o persona en quien delegue.

El consejero de Cultura de la Junta de Galicia, o persona en quien delegue.

Un representante de cada uno de los siguientes organismos: a) Universidad de Santiago de Compostela b) Universidad de Vigo c) Universidad de A Coruña d) Real Academia Gallega e) Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos Cinco personas de reconocida autoridad científica y literaria, designadas por la Junta de Galicia y de cada una de las diputaciones.

Se procurará la paridad de géneros en los miembros del jurado. Secretaría, con voz y sin voto, el secretario de la Diputación de Pontevedra. 5.2. El jurado constituido emitirá su dictamen en el mes siguiente al día en el que remate el plazo de presentación de candidatos, y su actuación se sujetará a lo dispuesto en los artículos 4.2 a 4.6 del reglamento del premio.

5.3. De la actuación del jurado y de la adjudicación del premio se redactará un acta detallada que, firmada por sus miembros y con la totalidad de las documentaciones presentadas, pasará a conocimiento del Pleno de la Diputación convocante en la primera sesión que tenga lugar.

5.4. La copia del acta y de los demás antecedentes que sean necesarios para el conocimiento de la tramitación del premio se remitirán a las diputaciones de A Coruña, Lugo y Ourense.

6. Entrega del premio Se realizará en el lugar y en la fecha que determine la presidenta de la Diputación de Pontevedra, en un acto solemne y con la asistencia de los miembros de la Corporación Provincial y del jurado, así como de personalidades de las artes, letras y ciencias de la comunidad autónoma.

Junto con el premio, la persona galardonada recibirá una copia del acta de la reunión del jurado.

7. Normas supletorias En lo que no esté previsto expresamente en estas bases, el jurado y la diputación convocante tendrán en cuenta las normas contenidas en el reglamento del premio y en los generales del funcionamiento de la Corporación Provincial.

Pontevedra, 6 de mayo de 2017. La presidenta. Fdo.: María del Carmen Silva Rego.

R. 1.806

Cultura
Ciencia
Literatura
Artes
Empleo
Empleo y contratación
Cultura e idiomas
Estudios