BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE DOTACIÓN PARA MATERIAL DEPORTIVO A CLUBS FEDERADOS DE MUNICIPIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE MENOS DE 50.000 HABITANTES. - Boletín Oficial de Pontevedra de 01-12-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 01/12/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 27 de novembro de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE DOTACIÓN PARA MATERIAL DEPORTIVO A CLUBS FEDERADOS DE MUNICIPIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE MENOS DE 50.000 HABITANTES

A Deputación de Pontevedra, no seu desexo de apoiar o deporte provincial, redacta as seguintes bases para a dotación de material deportivo non inventariable para clubs federados da provincia de Pontevedra e fai pública a seguinte convocatoria:

Primeira. Obxecto

É obxecto desta convocatoria a concesión do material deportivo que se relaciona no anexo I a clubs federados de municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra.

Segunda. Dotación económica

A dotación de material deportivo que se conceda ao amparo desta convocatoria farase efectiva con cargo á aplicación orzamentaria 15/340.3410.48950 (material deportivo) do Orzamento da institución provincial para o exercicio 2015, destinándose para este fin a cantidade de douscentos corenta mil (240.000) euros.

Terceira. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta convocatoria os clubs federados inscritos no Rexistro de Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia.

Cuarta. Solicitudes

1.-As solicitudes dirixiranse á presidenta da Deputación, segundo o modelo que figura como anexo II destas bases, e deberán presentarse nos rexistros do organismo provincial, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

2.-O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)

Quinta. Documentación

Xunto coa solicitude deberá entregarse a seguinte documentación:

a) Fotocopia actualizada do CIF expedido pola Axencia Estatal Tributaria

b) Fotocopia compulsada do DNI do representante do club

c) Declaración xurada na que conste o número de equipos (soamente para deportes colectivos), o número de licenzas e o orzamento de cada club, ademais do número de elementos de xogo inventariables que usan habitualmente os clubs (porterías, canastras&)

En caso de non presentarse esta solicitude ou de estar incompleta requiriráselle ao club interesado que, no prazo máximo de 10 días, emende a falla ou presente a documentación correspondente, advertíndolle que en caso de non facelo no prazo indicado se considerará desistida a súa solicitude.

Sexta. Valoración de solicitudes e concesión de material

A valoración de cada unha das solicitudes presentadas faraa o persoal do Servizo de Deportes, que realizará as actuacións que se consideren necesarias en base á documentación presentada e tendo en conta o seguinte baremo:

- Núm. de equipos: ata 3 puntos

- Núm. de elementos de material inventariable: ata 3 puntos

- Núm. de licenzas: ata 3 puntos

- Orzamento: ata 1 punto

O Servizo de Deportes será o encargado de interpretar as seguintes bases, valorar a documentación presentada, e elevar á Xunta de Goberno a proposta de resolución, que conterá unha relación dos clubs solicitantes para os que se propón a concesión do material deportivo, ademais daqueles para os que se propón a denegación.

Aos clubs que se lle conceda o material deportivo deberán acreditar a publicidade e difusión da Deputación Provincial.

Sétima. Resolución

O prazo máximo de resolución será de 10 días, contados a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Se transcorrido ese prazo non houbese resolución expresa, as solicitudes presentadas poderán entenderse como desestimadas por silencio administrativo.

Oitava. Información

O Servizo de Deportes publicará no enderezo www.depo.es o modelo oficial de instancia (anexo II), o anexo I e toda a información de interese sobre a convocatoria.

Anexo I

Material deportivo

Balón de baloncesto

Balón de balonmán

Balón de fútbol

Balón de fútbol 8

Balón de fútbol sala

Balón de voleibol

Pelotas de tenis

Pelotas de tenis de mesa

Bandas elásticas

Conos

Cordas de salto para ximnasia

Esteiras

Petos

Picas

Redes de baloncesto

Redes de balonmán

Redes de fútbol 8

Redes de tenis

Redes de voleibol

Redes de bádminton

Redes de fútbol

Redes de fútbol sala

Redes de mini-porterías

Redes de tenis de mesa

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Material deportivo
Deporte
Deporte
Promoción deportiva