Bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de servizos sociais, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016. - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE ACCION SOCIAL, CULTURA E DEPORTES

SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

Bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de servizos sociais, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016.

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases reguladoras de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de servizos sociais, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016, que se transcriben de seguido.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA (complementarias das Bases Reguladoras Xerais)

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de servizos sociais durante o ano 2016

Referencia:

Mantemento: FOAXE

Aplicación orzamentaria:

Mantemento: 0611/231.21/481

Importe total do crédito consignado:

Segundo orzamento 2016 e modificativo

Importe do orzamento de gastos da actividade:

Máximo 100.000 €, mínimo 750 €

Importe da subvención que se ha conceder:

De 600 € a 40.000 €. No caso de solicitar unha petición para mantemento (FOAXE) e outra para investimento (FOIE) o máximo do importe que se ha conceder é de 40.000 euros sumando as dúas subvencións.

Porcentaxe subvencionable do orzamento de gastos financiables:

Do 20% ao 80%

Base 2. Réxime xurídico

Réxime xurídico específico da convocatoria

- Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia,

- Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento

- Decreto 148/2014, do 6 de novembro, polo que se modifica o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

-Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia

- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia

- Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes

- Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia

- Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero

Base 3. Obxecto

Servizos, programas e actividades subvencionables

As entidades poderán solicitar axuda para un só programa na modalidade de mantemento (FOAXE), sempre que o programa estea especificamente contemplado nesta convocatoria.

Solicitar axuda nesta convocatoria é compatible con presentar unha solicitude na convocatoria de investimento de servizos sociais (FOIE) sempre que axusten as dúas peticións aos límites de contía indicados.

As entidades poderán solicitar axudas para gastos de mantemento de centros, servizos estables, programas ou para desenvolver actividades.

Cando se trate do mantemento de centros ou da prestación de servizos estables propios da entidade, poderanse considerar como gastos directos os gastos correntes propios da entidade (persoal, luz, alugueiro, teléfono, etc.)

No caso da realización de actividades, os ditos gastos correntes poderanse subvencionar sempre e cando non superen o 13% do importe dos custos directos da actividade puntual, salvo naqueles casos que se acredite que os ditos gastos se derivan unicamente da execución da actividade, en cuxo caso terán a consideración de gastos directos.

3.1. SERVIZOS SOCIAIS NA ÁREA DE FAMILIA, INFANCIA E MOCIDADE

Códigos:

EF-1 Centros de menores

EF-2 Centros de atención á infancia

EF-3 Ludotecas

EF-4 Puntos de encontro

EF-5 Programas de atención psicosocial e intervención socioeducativa dirixidos a menores en situación de risco ou conflito social

Todos estes centros deberán cumprir cos requisitos de persoal, infraestruturas, horarios, etc. determinados no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, Decreto 96/2014, do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia e Decreto 354/2003 do 16 de setembro, polo que se regulan as ludotecas como centros de servizos sociais e se establecen os seus requisitos.

3.2. SERVIZOS SOCIAIS NA ÁREA DE PERSOAS MAIORES

Códigos:

EP-1 Residencias

EP-2 Fogares residenciais

EP-3 Centros de atención diúrna e/ou nocturna

EP-4 Centros mixtos

EP-5 Vivendas comunitarias

EP-6 Apartamentos tutelados

3.3. SERVIZOS SOCIAIS NA ÁREA DE DIVERSIDADE FUNCIONAL

Códigos:

ED-1 Transporte adaptado

ED-2 Eliminación de barreiras

ED-3 Centros de atención a persoas con minusvalías.

ED-4 Tratamentos de rehabilitación

ED-5 Respiro familiar

ED-6 Centros especiais de emprego (sen ánimo de lucro).

ED-7 Programas de inserción laboral que inclúan itinerarios personalizados, accións de formación específica, atención e seguimento individualizado. Estes programas deberán comprender:

- Análise de necesidades previa ao deseño do itinerario de inserción laboral.

- Accións formativas adaptadas ás necesidades das persoas usuarias.

- Accións de acompañamento á busca de emprego (por conta propia ou allea).

- Accións de seguimento.

ED-8 Programas de acción tutelar

3. 4. SERVIZOS SOCIAIS ÁREA DE DROGODEPENDENCIAS E OUTROS TRASTORNOS ADITIVOS

Códigos

EOT-1 Programas de tratamento terapéutico, rehabilitación e inserción social.

EOT-2 Unidades de día

EOT-3 Comunidades terapéuticas

EOT-4 Vivendas de apoio

EOT-5 Programas de apoio ás familias e para prevención no colectivo de menores e mocidade que se desenvolvan en colaboración cos centros de atención a persoas con drogodependencias.

EOT-6 Programas de inserción laboral que inclúan itinerarios personalizados, accións de formación específica, atención e seguimento individualizado. Estes programas deberán comprender:

- Análise de necesidades previa ao deseño do itinerario de inserción laboral.

- Accións formativas adaptadas ás necesidades das persoas usuarias.

- Accións de acompañamento á busca de emprego (por conta propia ou allea).

- Accións de seguimento.

Os programas EOT-1, EOT-2, EOT-3, EOT-4, EOT-5, deberán estar incluídos na rede asistencial do Plan de Galicia sobre drogas.

3.5. SERVIZOS SOCIAIS NA ÁREA DE MINORÍAS ÉTNICAS E INMIGRACIÓN

EOM-1 Programas de formación para o emprego.

EOM-2 Programas de inserción laboral que inclúan itinerarios personalizados, accións de formación específica, atención e seguimento individualizado. Estes programas deberán comprender:

- Análise de necesidades previa ao deseño do itinerario de inserción laboral.

- Accións formativas adaptadas ás necesidades das persoas usuarias.

- Accións de acompañamento á busca de emprego (por conta propia ou allea).

- Accións de seguimento.

EOM-3 Programas de apoio á integración social.

3.6. SERVIZOS SOCIAIS NA ÁREA DE PERSOAS EN RISCO OU SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN OU ESPECIAIS DIFICULTADES DE INSERCIÓN SOCIAL, LABORAL, ETC. (PERSOAS SEN TEITO, EXRECLUSAS E OUTRAS)

EOR-1 Albergues.

EOR-2 Centros de acollida e inclusión.

EOR-3 Comedores sociais.

EOR-4 Centros de atención social continuada.

EOR-5 Centros de día de inclusión social.

EOR-6 Programas de inserción laboral que inclúan itinerarios personalizados, accións de formación específica, atención e seguimento individualizado. Estes programas deberán comprender:

- Análise de necesidades previa ao deseño do itinerario de inserción laboral.

- Accións formativas adaptadas ás necesidades das persoas usuarias.

- Accións de acompañamento á busca de emprego (por conta propia ou allea).

- Accións de seguimento.

OBSERVACIÓNS COMÚNS PARA AS ÁREAS 3.3, 3.4, 3.5, e 3.6: Nos programas orientados á inserción social e/ou laboral, as persoas destinatarias destas accións deberán reunir polo menos unha ou máis das condicións recollidas no art. 4 da Orde do 26 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL), persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia ou prestación de natureza equivalente, persoas usuarias do II Plan galego de inclusión social (2007-2013), así como as persoas perceptoras de axudas de violencia de xénero xestionadas pola comunidade autónoma.

A Sección de Servizos Sociais poderá remitir as peticións ao programa correspondente dentro da mesma convocatoria cando se estime que a solicitude está mal presentada.

No caso de que se estime que a petición encaixa noutra convocatoria da Sección de Servizos Sociais (FOIE, FOCVAA, FOIO0A) poderá realizar o dito cambio, despois do consentimento da entidade interesada.

Tendo en conta a inclusión da transversalidade de xénero, poderase solicitar como parte de calquera do programa recollidos na convocatoria, sempre que se estime necesaria a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, segundo a natureza da actividade, un servizo específico de conciliación. Valorará a adecuación do dito servizo o persoal técnico da Sección de Servizos Sociais.

Base 4. Exclusións

Exclusións específicas da convocatoria

- As entidades que solicitasen xa, ou teñan previsto solicitar, axudas da Deputación para actividades que se han realizar no presente exercicio, terán que optar por unha das convocatorias das diferentes áreas xestionadas no Servizo Acción Social, Cultura e Deportes, xa que soamente poderán achegar solicitudes para unha delas.

- Exclúense dos gastos subvencionables obxecto das solicitudes os referidos a actividades culturais, deportivas e de lecer e tempo libre que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria.

- Tampouco serán subvencionables os gastos financeiros nin as comisións bancarias.

- Así mesmo, exclúense as axudas de custo como gasto subvencionable. Non obstante, subvencionaranse as indemnizacións ao persoal propio ou voluntario derivadas de gastos de desprazamento e manutención propios do programa, debidamente xustificados.

Base 5. Entidades solicitantes

Requisitos das entidades solicitantes e condicións específicas da convocatoria

Ademais dos requisitos expresados no punto 5 e 6 das bases reguladoras, as entidades de iniciativa social poderán optar ao financiamento para os servizos, programas e actividades que se relacionan nesta convocatoria, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

- Carecer de fins de lucro (poderán participar na convocatoria as cooperativas sen ánimo de lucro e os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro)

- Estar rexistradas, como entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia (Decreto 254/11, do 23 de decembro, DOG do 20 de xaneiro de 2012)

- No caso dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro deberán acreditar que están rexistrados no Rexistro de Centros Especiais de Emprego da Xunta de Galicia.

Aquelas entidades que non estean rexistradas, deberán solicitar o rexistro previamente á presentación da solicitude da subvención. No momento de presentar a xustificación deberán presentar a acreditación do rexistro efectivo.

- No caso dos programas, centros de atención á infancia e a menores en situación de conflito ou desamparo e os servizos complementarios regulados polo Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, ludotecas, puntos de encontro familiar, centros de atención a persoas maiores, con discapacidade e dependencia, centros residencias para mulleres vítimas de malos tratos, centros de inclusión e emerxencia social e programa de axuda no fogar tal e como contempla na disposición transitoria primeira do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia; deberán contar coa correspondente autorización da Xunta de Galicia ou tela solicitada con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes. No caso de subcontratación do programa ou servizo, a entidade que implemente o programa ou servizo deberá contar así mesmo coa dita autorización.

Base 7. Solicitude

7.1. Prazo e presentación de solicitudes específicas da convocatoria

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

00:00 horas do día seguinte ao de publicación no BOP.

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016.

7.2. Documentación

Ademais da documentación relacionada na base 7.2. das bases reguladoras, as entidades solicitantes teñen que achegar, de xeito telemático:

Documentación da entidade:

- Declaración da inscrición ou da solicitude da entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia ou, no caso dos centros especiais de emprego, no Rexistro de Centros Especiais de emprego da Xunta de Galicia.

- No caso dos programas especificados na base 5, declaración da autorización do centro, servizo e/ou programa obxecto da solicitude.

- Proxecto descritivo xeral da actividade, que se cubrirá segundo o modelo fornecido pola Deputación.

- Declaración, se é o caso, de non contar con medios materiais ou humanos, o que motiva a necesidade da contratación superando o 50% do importe do gasto.

- Orzamento estimado dos gastos derivados da realización da actividade, detallado por conceptos.

- Declaración doutros ingresos solicitados para a mesma actividade.

- Declaración de que a entidade ten aprobadas as liquidacións ou contas do exercicio vencido correspondente ao 2014, e a data da sesión da asemblea na que se aprobaron.

- No caso de que se solicite a autorización para concertar a execución total ou parcial das actividades con persoas xurídicas vinculadas, deberán indicar a epígrafe na que está inscrita no IAE e achegar a documentación de constitución da entidade para comprobar o seu obxecto social.

Certificacións:

- Certificación da relación das persoas que desempeñan os cargos dos órganos da entidade.

Compromisos:

- Compromiso de emprego dunha linguaxe con perspectiva de xénero, se é o caso.

Poderase requirir a entidade para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. Este requirimento farase mediante o correo electrónico indicado.

Base 8. Resolución

8.1. Valoración das solicitudes

A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias:

Coeficiente de financiamento (entendido como o cociente entre o importe da subvención solicitada e o importe do orzamento estimado de gastos) derivado da solicitude

Ata 30 puntos

A adecuación das actividades ou investimentos que se van realizar ao interese provincial

Ata 30 puntos

Proxecto técnico, no que se terá en conta, os antecendentes e detección de necesidades, os obxectivos xerais e específicos, o ámbito supramunicipal, a temporalización, a metodoloxía, a coordinación, plan de difusión, plan de avaliación, os recursos humanos e materiais, fontes de financiamento, a calidade técnica e o número de persoas usuarias.

Ata 35 puntos

O emprego da lingua galega na realización das actividades ou actuacións para as que se solicita a axuda

Ata 5 puntos

Terase en conta a aplicación do principio de transversalidade de xénero nos programas/proxectos presentados dentro do criterio de valoración de interese da actividade.

Base 9. Xustificación e pagamentos

9.3. Documentación xustificativa

Para o cobramento da subvención as entidades deberán presentar unha conta xustificativa simplificada que comprenda a seguinte documentación:

- Memoria xustificativa que se cubrirá segundo o modelo fornecido pola Deputación, que deberá asinar a persoa representante da entidade, identificando o persoal técnico responsable do programa co seu cargo, nome e apelidos.

Así mesmo, na memoria terá que quedar acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos para os programas das áreas 3.3., 3.4., 3.5. e 3.6. da base 3.

- Todas as entidades deberán acreditar o rexistro efectivo correspondente no momento de presentar a xustificación, no caso de non telo presentado con anterioridade.

- Respecto da certificación da relación clasificada de gastos recollida no apartado 9.3.2. das bases reguladoras, deberase ter en conta o seguinte:

No caso excepcional de axudas de emerxencia ou indemnizacións a persoas físicas nas que proceda aplicar especial protección da súa identidade segundo a normativa vixente de protección de datos de carácter persoal, só se indicará o NIF da persoa perceptora como dato identificativo.

Cando na relación clasificada de gastos apareza o pagamento de axudas de emerxencia en especie, deberá engadirse ao concepto do gasto o NIF da persoa perceptora.

Se na relación clasificada de gastos apareceran xustificantes derivados de gastos de desprazamento ou manutención nos que o acredor non sexa a persoa que executou o dito gasto, deberá engadirse ao concepto de gasto o nome, apelidos e NIF desa persoa.

Base 10. Transversalidade de xénero

A transversalidade de xénero supón a aplicación do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, de tal modo que se garanta o acceso das persoas en igualdade de condicións, se planifiquen as actuacións tendo en conta as desigualdades existentes e se identifiquen e avalíen os resultados producidos para o avance na igualdade real.

Terase en conta para a valoración xeral dos proxectos a inclusión do principio de transversalidade de xénero coa finalidade de fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

A inclusión do principio de transversalidade poderá realizarse en cada unha das fases do proxecto. Poderá incluírse a través de: utilización dunha linguaxe non sexista así como no material editado e/ou empregado para a realización da actividade, incluíndo algunha actividade específica de igualdade (formativa, de sensibilización, etc.) dentro do programa solicitado, a través da definición de obxectivos xerais ou específicos en relación coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a través da formulación de indicadores avaliativos en relación co fomento da igualdade de xénero, mediante a obtención de datos desagregados por sexo, etc.

A descrición da inclusión do principio de transversalidade de xénero no programa solicitado realizarase a través do impreso correspondente.

Terase en conta a aplicación do principio de transversalidade de xénero nos programas/proxectos presentados dentro do criterio de valoración de interese da actividade.

2015/11415

Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Inserción laboral
Empleo y contratación
Empleo
Formación
Inclusión social
Infancia
Familia
Deporte
Deporte
Acción social
Cultura
Vivienda
Drogodependencia
Tercera edad
Transporte adaptado
Unidad de respiro familiar
Empresa
Atención social
Centros de día
Minorías étnicas
Inmigración
Actividad cultural
Dependencia
Gallego
Emergencia social