Bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas sociosanitarios, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016. - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE ACCION SOCIAL, CULTURA E DEPORTES

SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

Bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas sociosanitarios, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016.

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases reguladoras de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas sociosanitarios, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016, que se transcriben de seguido.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS SOCIOSANITARIOS NO ANO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA (complementarias das Bases Reguladoras Xerais)

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios, durante o ano 2016

Referencia:

Mantemento: FOCVAA

Aplicación orzamentaria:

Mantemento: 0611/231.21/481

Importe total do crédito consignado:

Segundo orzamento 2016 e modificativo

Importe do orzamento de gastos da actividade:

Máximo 100.000 €, mínimo 750€

Importe da subvención que se ha conceder:

De 600 € a 40.000 €

Porcentaxe subvencionable do orzamento de gastos financiables:

Do 20% ao 80%

Base 2. Réxime xurídico

Réxime xurídico específico da convocatoria

- Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia,

- Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento

- Decreto 148/2014, do 6 de novembro, polo que se modifica o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

- Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

- Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes

- Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia

- Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero

Base 3. Obxecto

Servizos, programas e actividades subvencionables

As entidades poderán solicitar axuda para un só programa na modalidade de mantemento para un programa especificamente contemplado nesta convocatoria.

Poderán ser gastos subvencionables aqueles de carácter xeral da entidade (gastos de persoal e gastos correntes) que se adscriban directamente á realización da actividade ata un 13% dos custos directos da actividade, salvo naqueles casos que se acredite que os ditos gastos se derivan unicamente da execución da actividade, en cuxo caso terán a consideración de gastos directos. (Documentación da entidade, cubrirase na plataforma).

PROGRAMAS DE CARÁCTER PREVENTIVO, INFORMATIVO-DIVULGATIVO E/OU FORMATIVOS DIRIXIDAS TANTO AQUELES COLECTIVOS DE PERSOAS CUNHA ENFERMIDADE COMO AOS SEUS FAMILIARES E/OU Á POBOACIÓN EN XERAL.

Códigos:

ESP-1 Charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización

ESP-2 Programas formativos, xornadas técnicas, seminarios, congresos ou cursos

PROGRAMAS DE APOIO DIRIXIDOS A AQUELES COLECTIVOS DE PERSOAS CUNHA ENFERMIDADE E AOS SEUS FAMILIARES PARA TRATAR AS ENFERMIDADES E AS SÚAS CONSECUENCIAS.

Códigos:

EST-1 Terapias de rehabilitación

EST-2 Apoio psicolóxico

EST-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias.

OBSERVACIÓNS COMÚNS

A Sección de Servizos Sociais poderá remitir as peticións ao programa correspondente dentro da mesma convocatoria cando se estime que a solicitude está mal presentada.

No caso de que se estime que a petición encaixa noutra convocatoria da Sección de Servizos Sociais (FOAXE, FOIE, FOIO0A) poderá realizar o dito cambio, despois do consentimento da entidade interesada.

Tendo en conta a inclusión da transversalidade de xénero, poderase solicitar como parte de calquera dos programa recollidos na convocatoria, sempre que se estime necesario a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, segundo a natureza da actividade, un servizo específico de conciliación. Valorará a adecuación de dito servizo o persoal técnico da Sección de Servizos Sociais.

Base 4. Exclusións

Exclusións específicas da convocatoria

- Non se subvencionarán estadías en balnearios que non teñan un obxectivo terapéutico.

- As entidades que solicitasen xa, ou teñan previsto solicitar, axudas da Deputación para actividades que se han realizar no presente exercicio, terán que optar por unha das convocatorias das diferentes áreas xestionadas no Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes xa que soamente poderán achegar solicitudes para unha delas.

- Exclúense dos gastos subvencionables obxecto das solicitudes os referidos a actividades culturais, deportivas e de lecer e tempo libre que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria.

- Tampouco serán subvencionables os gastos financeiros nin as comisións bancarias.

- Así mesmo, exclúense as axudas de custe como gasto subvencionable. Non obstante, subvencionaranse as indemnizacións ao persoal propio ou voluntario derivadas de gastos de desprazamento e manutención propios do programa, debidamente xustificados.

Base 5. Entidades solicitantes

Requisitos das entidades solicitantes e condicións específicas da convocatoria

Ademais dos requisitos expresados no punto 5 e 6 das bases reguladoras, as entidades de iniciativa social poderán optar ao financiamento para os servizos, programas e actividades que se relacionan nesta convocatoria, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

- Carecer de fins de lucro (poderán participar na convocatoria as cooperativas sen ánimo de lucro)

- Estar rexistradas, como entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro no Rexistro Único de

Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia (Decreto 254/11, do 23 de decembro, DOG do 20 de xaneiro de 2012)

Aquelas entidades que non estean rexistradas, deberán solicitar o rexistro previamente á presentación da solicitude da subvención. No momento de presentar a xustificación deberán presentar a acreditación do rexistro efectivo.

- No caso dos programas, Centros de atención á infancia e a menores en situación de conflito ou desamparo e os servizos complementarios regulados polo Decreto 329/2005 do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, Ludotecas, Puntos de encontro familiar, Centros de atención a persoas maiores, con discapacidade e dependencia, Centros residencias para mulleres vítimas de malos tratos, Centros de inclusión e emerxencia social e programa de axuda no fogar tal e como contempla na Disposición transitoria primeira do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia; deberán contar coa correspondente autorización da Xunta de Galicia ou tela solicitada con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes. No caso de subcontratación do programa ou servizo, a entidade que implemente o programa ou servizo deberá contar así mesmo con dita autorización.

Base 7. Prazo e presentación de solicitudes

7.1. Prazo e presentación de solicitudes específicas da convocatoria

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

00:00 horas do día seguinte ao de publicación no BOP.

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016.

7.2. Documentación

Ademais da documentación relacionada na base 7.2 das bases reguladoras, as entidades solicitantes teñen que achegar, de xeito telemático:

Documentación da entidade:

- Declaración da inscrición ou da solicitude da entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.

- No caso dos programas especificados na base 5, declaración da autorización do centro, servizo e/ou programa obxecto da solicitude.

- Proxecto descritivo xeral da actividade, cubrirase segundo o modelo achegado pola Deputación.

- Declaración, se é o caso, de non contar con medios materiais ou humanos, o que motiva a necesidade da contratación superando o 50% do importe do gasto.

- Orzamento estimado dos gastos derivados da realización da actividade, detallado por conceptos.

- Declaración de que a entidade ten aprobadas as liquidacións ou contas do exercicio vencido correspondente ao 2014 e a data da sesión da asemblea na que se aprobaron.

- No caso de que se solicite a autorización para concertar a execución total ou parcial das actividades con persoas xurídicas vinculadas, deberán indicar a epígrafe na que está inscrita no IAE e achegar a documentación de constitución da entidade para comprobar o seu obxecto social.

Certificacións:

- Certificación da relación das persoas que desempeñan os cargos dos órganos da entidade.

Compromisos:

- Compromiso de emprego dunha linguaxe con perspectiva de xénero, se é o caso.

Poderase requirir a entidade para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. Este requirimento farase mediante o correo electrónico indicado.

Base 8. Resolución

8.1. Valoración das solicitudes

A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias:

Coeficiente de financiamento (entendido como o cociente entre o importe da subvención solicitada e o importe do orzamento estimado de gastos) derivado da solicitude

Ata 30 puntos

A adecuación das actividades ou investimentos que se van realizar ao interese provincial

Ata 30 puntos

Proxecto técnico, no que se terá en conta, os antecendentes e detección de necesidades, os obxectivos xerais e específicos, o ámbito supramunicipal, a temporalización, a metodoloxía, a coordinación, plan de difusión, plan de avaliación, os recursos humanos e materiais, fontes de financiamento, a calidade técnica e o número de persoas usuarias.

Ata 35 puntos

O emprego da lingua galega na realización das actividades ou actuacións para as que se solicita a axuda

Ata 5 puntos

Terase en conta a aplicación do principio de transversalidade de xénero nos programas/proxectos presentados dentro do criterio de valoración de interese da actividade.

Base 9. Xustificación e pagamentos

9.3. Documentación xustificativa

Para o cobramento da subvención as entidades deberán presentar unha conta xustificativa simplificada que comprenda a seguinte documentación:

- Memoria xustificativa que se cubrirá segundo o modelo fornecido pola Deputación, que deberá asinar a persoa representante da entidade, identificando o persoal técnico responsable do programa co seu cargo, nome e apelidos.

- Todas as entidades deberán acreditar o rexistro efectivo correspondente no momento de presentar a xustificación, no caso de non telo presentado con anterioridade.

- Respecto da certificación da relación clasificada de gastos recollida no apartado 9.3.2. das bases reguladoras fanse as seguintes observacións:

No caso excepcional de axudas de emerxencia ou indemnizacións a persoas físicas nas que proceda aplicar especial protección da súa identidade, segundo a normativa vixente de protección de datos de carácter persoal, só se indicará o NIF da persoa perceptora como dato identificativo.

Cando na relación clasificada de gastos apareza o pagamento de axudas de emerxencia en especie, deberá engadirse ao concepto do gasto o NIF da persoa perceptora.

Se na relación clasificada de gastos apareceran xustificantes derivados de gastos de desprazamento ou manutención nos que o acredor non sexa a persoa que executou o dito gasto, deberá engadirse ao concepto de gasto o nome, apelidos e NIF desa persoa.

Base 10. Transversalidade de xénero

A transversalidade de xénero supón a aplicación do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, de tal modo que se garanta o acceso das persoas en igualdade de condicións, se planifiquen as actuacións tendo en conta as desigualdades existentes e se identifiquen e avalíen os resultados producidos para o avance na igualdade real.

Terase en conta para a valoración xeral dos proxectos a inclusión do principio de transversalidade de xénero coa finalidade de fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

A inclusión do principio de transversalidade poderá realizarse en cada unha das fases do proxecto. Poderá incluírse a través de: utilización dunha linguaxe non sexista así como no material editado e/ou empregado para a realización da actividade, incluíndo algunha actividade específica de igualdade (formativa, de sensibilización, etc.) dentro do programa solicitado, a través da definición de obxectivos xerais ou específicos en relación coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a través da formulación de indicadores avaliativos en relación co fomento da igualdade de xénero, mediante a obtención de datos desagregados por sexo, etc.

A descrición da inclusión do principio de transversalidade de xénero no programa solicitado realizarase a través do impreso correspondente.

Terase en conta a aplicación do principio de transversalidade de xénero nos programas/proxectos presentados dentro do criterio de valoración de interese da actividade.

2015/11418

Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Servicios sanitarios
Deporte
Deporte
Acción social
Cultura
Infancia
Congresos
Ocio saludable
Actividad cultural
Empleo y contratación
Tercera edad
Empleo
Emergencia social
Dependencia
Gallego