Bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para investimentos de servizos sociais, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016. - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURA E DEPORTES

SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

Bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para investimentos de servizos sociais, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016.

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases reguladoras de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para investimentos de servizos sociais, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016, que se transcriben de seguido.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O INVESTIMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA (complementarias das Bases Reguladoras Xerais)

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para investimento de servizos sociais no ano 2016

Referencia:

Investimento: FOIE

Aplicación orzamentaria:

Investimento: 0611/231.21/781

Importe total do crédito consignado:

Segundo orzamento 2016 e modificativo

Importe do orzamento de gastos da actividade:

Máximo 100.000 €, mínimo 750€

Importe da subvención que se ha conceder:

De 600 € a 40.000 €. No caso de solicitar unha petición para mantemento (FOAXE) e outra para investimento (FOIE) o máximo do importe que se concederá é de 40.000 euros sumando as dúas subvencións.

Porcentaxe subvencionable do orzamento de gastos financiables:

Do 20% ao 80%

Base 2. Réxime xurídico

Réxime xurídico específico da convocatoria

- Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

- Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

- Decreto 148/2014, do 6 de novembro, polo que se modifica o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

- Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia

- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

- Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

- Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.

- Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Base 3. Obxecto

Servizos, programas e actividades subvencionables

As entidades poderán solicitar axuda para un só programa na modalidade de investimento (FOIE- realización de obras ou adquisición de equipamentos), sempre que o programa estea especificamente contemplado nesta convocatoria.

As entidades poderán solicitar axuda para investimento (adquisición, construción, reforma, ampliación e mellora de inmobles, equipamentos e moblaxe).

Solicitar esta convocatoria é compatible con presentar unha solicitude na convocatoria de mantemento de servizos sociais (FOAXE) sempre que axusten as súas peticións aos límites de contía indicados.

3.1. SERVIZOS SOCIAIS NA ÁREA DE FAMILIA, INFANCIA E MOCIDADE

Códigos:

EF-1 Centros de menores

EF-2 Centros de atención á infancia

EF-3 Ludotecas

EF-4 Puntos de encontro

EF-5 Programas de atención psicosocial e intervención socioeducativa dirixidos a menores en situación de risco ou conflito social.

Todos estes centros deberán cumprir cos requisitos de persoal, infraestruturas, horarios, etc. determinados no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, Decreto 96/2014 do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia e Decreto 354/2003 do 16 de setembro, polo que se regulan as ludotecas como centros de servizos sociais e se establecen os seus requisitos.

3.2. SERVIZOS SOCIAIS NA ÁREA DE PERSOAS MAIORES

Códigos:

EP-1 Residencias

EP-2. Fogares residenciais

EP-3 Centros de atención diúrna e/ou nocturna

EP-4 Centros mixtos

EP-5 Vivendas comunitarias

EP-6 Apartamentos tutelados

3.3. SERVIZOS SOCIAIS NA ÁREA DE DIVERSIDADE FUNCIONAL

Códigos:

ED-1 Transporte adaptado

ED-2 Eliminación de barreiras

ED-3 Centros de atención a persoas con minusvalías.

ED-4 Tratamentos de rehabilitación

ED-5 Respiro familiar

ED-6 Centros especiais de emprego (sen ánimo de lucro).

ED-7 Programas de inserción laboral que inclúan itinerarios personalizados, accións de formación específica, atención e seguimento individualizado. Estes programas deberán comprender:

- Análise de necesidades previa ao deseño do itinerario de inserción laboral.

- Accións formativas adaptadas ás necesidades das persoas usuarias.

- Accións de acompañamento á busca de emprego (por conta propia ou allea).

- Accións de seguimento.

ED-8 Programas de acción tutelar.

3.4. SERVIZOS SOCIAIS ÁREA DE DROGODEPENDENCIAS E OUTROS TRASTORNOS ADITIVOS

Códigos

EOT-1 Programas de tratamento terapéutico, rehabilitación e inserción social.

EOT-2 Unidades de día

EOT-3 Comunidades terapéuticas

EOT-4 Vivendas de apoio

EOT-5 Programas de apoio ás familias e para prevención no colectivo de menores e mocidade que se desenvolvan en colaboración cos centros de atención a persoas con drogodependencias.

EOT-6 Programas de inserción laboral que inclúan itinerarios personalizados, accións de formación específica, atención e seguimento individualizado. Estes programas deberán comprender:

- Análise de necesidades previa ao deseño do itinerario de inserción laboral.

- Accións formativas adaptadas ás necesidades das persoas usuarias.

- Accións de acompañamento á busca de emprego (por conta propia ou allea).

- Accións de seguimento.

Os programas EOT-1,EOT-2,EOT-3,EOT-4,EOT-5, deberán estar incluídos na rede asistencial do Plan de Galicia sobre drogas.

3.5. SERVIZOS SOCIAIS NA ÁREA DE MINORÍAS ÉTNICAS E INMIGRACIÓN

EOM-1 Programas de formación para o emprego.

EOM-2 Programas de inserción laboral que inclúan itinerarios personalizados, accións de formación específica, atención e seguimento individualizado.

EOM-3 Programas de apoio á integración social. Estes programas deberán comprender:

- Análise de necesidades previa ao deseño do itinerario de inserción laboral.

- Accións formativas adaptadas ás necesidades das persoas usuarias.

- Accións de acompañamento á busca de emprego (por conta propia ou allea).

- Accións de seguimento.

3.6. SERVIZOS SOCIAIS NA ÁREA DE PERSOAS EN RISCO OU SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN OU ESPECIAIS DIFICULTADES DE INSERCIÓN SOCIAL, LABORAL, ETC (PERSOAS SEN TEITO, EXRECLUSAS E OUTRAS)

EOR-1 Albergues.

EOR-2 Centros de acollida e inclusión.

EOR-3 Comedores sociais.

EOR-4 Centros de atención social continuada.

EOR-5 Centros de día de inclusión social.

EOR-6 Programas de inserción laboral que inclúan Itinerarios personalizados, accións de formación específica, atención e seguimento individualizado. Estes programas deberán comprender:

- Análise de necesidades previa ao deseño do itinerario de inserción laboral.

- Accións formativas adaptadas ás necesidades das persoas usuarias.

- Accións de acompañamento á busca de emprego (por conta propia ou allea).

- Accións de seguimento.

OBSERVACIÓNS COMÚNS PARA AS ÁREAS 3.3, 3.4, 3.5, e 3.6: Nos programas orientados á inserción social e/ou laboral, as persoas destinatarias destas accións deberán reunir, polo menos, unha ou máis das condicións recollidas no art. 4 da Orde do 26 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL), persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia ou prestación de natureza equivalente, persoas usuarias do II Plan galego de inclusión social (2007-2013), así como as persoas perceptoras de axudas de violencia de xénero xestionadas pola comunidade autónoma.

A Sección de Servizos Sociais poderá remitir as peticións ao programa correspondente dentro da mesma convocatoria cando se estime que a solicitude está mal presentada.

No caso de que se estime que a petición encaixa noutra convocatoria da Sección de Servizos Sociais (FOAXE, FOCVAA, FOIO0A) poderá realizar o dito cambio, logo do consentimento da entidade interesada.

Base 4. Exclusións

Exclusións específicas da convocatoria

- As entidades que solicitasen xa, ou teñan previsto solicitar, axudas da Deputación para actividades que se han realizar no presente exercicio, terán que optar por unha das convocatorias das diferentes áreas xestionadas no Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes, xa que soamente poderán achegar solicitudes por unha delas.

- Exclúense dos gastos subvencionables obxecto das solicitudes os referidos a actividades culturais, deportivas e de lecer e tempo libre que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria.

Base 5. Entidades solicitantes

Requisitos das entidades solicitantes e condicións específicas da convocatoria

Ademais dos requisitos expresados no punto 5 e 6 das bases reguladoras, as entidades de iniciativa social poderán optar ao financiamento para os servizos, programas e actividades que se relacionan nesta convocatoria, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

- Carecer de fins de lucro (Poderán participar na convocatoria as cooperativas sen ánimo de lucro e os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro)

- Estar rexistradas, como entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (Decreto 254/11, do 23 de decembro, DOG do 20 de xaneiro de 2012)

- No caso dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro deberán acreditar que están rexistrados no Rexistro de centros especiais de emprego da Xunta de Galicia.

Aquelas entidades que non estean rexistradas, deberán solicitar o rexistro previamente á presentación da solicitude da subvención. No momento de presentar a xustificación deberán presentar a acreditación do rexistro efectivo.

- No caso dos programas, Centros de atención á infancia e a menores en situación de conflito ou desamparo e os servizos complementarios regulados polo Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, Ludotecas, Puntos de encontro familiar, Centros de atención a persoas maiores, con discapacidade e dependencia, Centros residencias para mulleres vítimas de malos tratos, Centros de inclusión e emerxencia social e programa de axuda no fogar tal e como contempla na disposición transitoria primeira do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia; deberán contar coa correspondente autorización da Xunta de Galicia ou tela solicitada con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes. No caso de subcontratación do programa ou servizo, a entidade que implemente o programa ou servizo deberá contar así mesmo coa dita autorización.

Base 7. Prazo e presentación de solicitudes

7.1. Prazo e presentación de solicitudes específicas da convocatoria

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

00:00 horas do día seguinte ao de publicación no BOP.

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15 de xaneiro 2016.

7.2. Documentación

Ademais da documentación relacionada na base 7.2 das bases reguladoras, as entidades solicitantes teñen que achegar, de xeito telemático:

Documentación da entidade:

- Declaración da inscrición ou da solicitude da entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia ou, no caso dos centros especiais de emprego, no Rexistro de Centros Especiais de Emprego da Xunta de Galicia.

- No caso dos programas especificados na base 5, declaración da autorización do centro, servizo e/ou programa obxecto da solicitude.

- Proxecto descritivo xeral da actividade, cubrirase segundo o modelo fornecido pola Deputación.

- Declaración, se é o caso, de non contar con medios materiais ou humanos, o que motiva a necesidade da contratación superando o 50% do importe do gasto.

- Orzamento estimado dos gastos derivados da realización da actividade, detallado por conceptos.

- Declaración doutros ingresos solicitados para a mesma actividade.

- Declaración de que a entidade ten aprobadas as liquidacións ou contas do exercicio vencido correspondente ao 2014, e a data da sesión da asemblea na que se aprobaron.

- No caso de que se solicite a autorización para concertar a execución total ou parcial das operacións con persoas xurídicas vinculadas, deberán indicar a epígrafe na que está inscrita no IAE e achegar a documentación de constitución da entidade para comprobar o seu obxecto social.

Certificacións:

- Certificación da relación das persoas que desempeñan os cargos dos órganos da entidade.

Compromisos:

- Compromiso de emprego dunha linguaxe con perspectiva de xénero, se é o caso.

- Compromiso, cando corresponda, de inscribir o ben, no rexistro público correspondente, con indicación da subvención obtida e do período de adscrición ás fins previstas.

- Manter a adscrición do ben ás fins e intereses que motivaron a concesión da subvención, polo menos cinco anos no caso de inmobles e dous anos no caso de bens inventariables.

Documentación no caso de realización de obras ou equipamentos:

Asinada telematicamente pola Presidencia ou persoa representante coa solicitude.

- Declaración da propiedade ou dereito real que se posúa sobre o ben inmoble (propiedade, arrendamento con especificación do prazo de vixencia, etc.)

- Resumo do presuposto de execución por capítulos ou unha memoria valorada, pero unha vez concedida a axuda, de ser legalmente necesario, requirirase para a xustificación a achega do proxecto técnico. No caso de que os proxectos de obras estean divididos en fases, deben achegar a programación total, coa indicación de número de fases, importe e calendario de realización, así coma que contan con financiamento para a realización da totalidade das fases. As sucesivas propostas que se plantexen deberán numerarse por fases coa indicación das xa executadas. Deberá acreditarse tamén que cada unha das fases subvencionadas son susceptibles de utilización independente.

Poderase requirir á entidade para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. Este requirimento farase mediante o correo electrónico indicado .

Base 8. Resolución

8.1. Valoración das solicitudes

A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias:

Coeficiente de financiamento (entendido como o cociente entre o importe da subvención solicitada e o importe do orzamento estimado de gastos) derivado da solicitude

Ata 30 puntos

A adecuación das actividades ou investimentos que se van realizar ao interese provincial

Ata 30 puntos

Proxecto técnico, no que se terá en conta, os antecendentes e detección de necesidades, os obxectivos xerais e específicos, o ámbito supramunicipal, a temporalización, a metodoloxía, a coordinación, plan de difusión, plan de avaliación, os recursos humanos e materiais, fontes de financiamento, a calidade técnica e o número de persoas usuarias.

Ata 35 puntos

O emprego da lingua galega na realización das actividades ou actuacións para as que se solicita a axuda

Ata 5 puntos

Terase en conta a aplicación do principio de transversalidade de xénero nos programas/proxectos presentados dentro do criterio de valoración de interese da actividade.

Base 9. Xustificación e pagamentos

9.3. Documentación xustificativa

Para o cobramento da subvención as entidades deberán presentar unha conta xustificativa simplificada que comprenda a seguinte documentación:

- Memoria xustificativa do investimento realizado e dos resultados obtidos, que inclúa a temporalización e a localización dos ditos investimentos.

- Cubrirase para tal efecto o modelo fornecido pola Deputación, que deberá asinar a persoa representante da entidade, identificando o persoal técnico responsable do programa co seu cargo, nome e apelidos.

- Todas as entidades deberán acreditar o rexistro efectivo correspondente no momento de presentar a xustificación, no caso de non telo presentado con anterioridade.

- Ademais da documentación requirida na base 9.3. das bases reguladoras xerais das convocatorias de subvencións, deberán presentar a seguinte documentación:

Subvencións de importe inferior a 3.000 €:

- Factura dixital ou escaneada.

- A memoria esixida no punto 9.3.1. da citada base, ademais do contido esixido nela, deberá completarse coa acreditación da recepción da obra ou equipamento.

Subvencións de 3.000 € ou máis:

A. Conta xustificativa.

B. Memoria xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención con indicación dos investimentos realizados, dos beneficiarios e dos resultados obtidos, e detalle dos ingresos ou subvencións que financiasen o investimento subvencionado, con indicación do seu importe e procedencia.

A memoria deberá reflectir expresamente os seguintes termos: obtención de licenzas preceptivas e cumprimento de normas contractuais e acreditarse a recepción da obra ou o equipamento.

C. Achegarase, ademais a seguinte documentación:

1. Adquisición de bens de equipo.

- Factura dixital ou escaneada.

- Acta de recepción escaneada, ou do albará de entrega e fotografía.

- Declaración do acordo de aprobación da factura polo órgano competente da entidade beneficiaria.

- Se o importe do equipo supera os 18.000,00 € (IVE excluído) deberá achegarse telematicamente unha valoración pericial do ben adquirido subscrito por técnico colexiado independente.

2. Adquisición de bens inmobles.

- Escritura pública escaneada se a adquisición é superior a 18.000 € (IVE excluído).

- Declaración de inscrición no Rexistro da Propiedade do financiamento obtido e da adscrición do ben á finalidade para a que a subvención foi concedida polo prazo que se estableza nas bases, que non poderá ser inferior a cinco anos.

- Se o importe do ben supera os 18.000,00 € (IVE excluído) deberá achegarse telematicamente unha valoración pericial do ben adquirido subscrito por técnico colexiado independente.

3. Execución de obras:

- Certificación escaneada de obra subscrita por técnico colexiado competente.

- Relación valorada dixital.

- Factura dixital ou escaneada.

- Acta de recepción escaneada, e fotografía.

- Declaración da aprobación polo órgano competente da entidade beneficiaria da subvención.

-Se as obras as executa a administración, na certificación de obra concretarase exclusivamente o importe da execución material, (non poderá incorporar, polo tanto, nin gastos xerais nin beneficio industrial nin o imposto sobre o valor engadido), non obstante poderá ser substituída esta por facturas dixitais ou escaneadas, expedidas polos distintos provedores.

- Se as obras as executa o contratista adxudicatario, a certificación de obra que poderá conter os gastos xerais, beneficio industrial e IVE, acompañarase de factura dixital ou escaneada expedida polo contratista e certificado da aprobación polo órgano competente da entidade. O importe do IVE só será gasto subvencionable se non ten o carácter de deducible para o beneficiario'.

Base 10. Transversalidade de xénero

A transversalidade de xénero supón a aplicación do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, de tal modo que se garanta o acceso das persoas en igualdade de condicións, se planifiquen as actuacións tendo en conta as desigualdades existentes e se identifiquen e avalíen os resultados producidos para o avance na igualdade real.

Terase en conta para a valoración xeral dos proxectos a inclusión do principio de transversalidade de xénero coa finalidade de fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

A inclusión do principio de transversalidade poderá realizarse en cada unha das fases do proxecto. Poderá incluírse a través de: utilización dunha linguaxe non sexista así como no material editado e/ou empregado para a realización da actividade, incluíndo algunha actividade específica de igualdade (formativa, de sensibilización, etc.) dentro do programa solicitado, a través da definición de obxectivos xerais ou específicos en relación coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a través da formulación de indicadores avaliativos en relación co fomento da igualdade de xénero, mediante a obtención de datos desagregados por sexo, etc.

A descrición da inclusión do principio de transversalidade de xénero no programa solicitado realizarase a través do impreso correspondente.

Terase en conta a aplicación do principio de transversalidade de xénero nos programas/proxectos presentados dentro do criterio de valoración de interese da actividade.

2015/11417

Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Inserción laboral
Empleo y contratación
Empleo
Formación
Infancia
Inclusión social
Familia
Deporte
Deporte
Acción social
Cultura
Vivienda
Drogodependencia
Tercera edad
Realización de obras
Transporte adaptado
Unidad de respiro familiar
Minorías étnicas
Inmigración
Empresa
Atención social
Centros de día
Actividad cultural
Dependencia
Emergencia social
Industrialización
Gallego