Bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero da Deputación Provincial da Coruña 2016 - Boletín Oficial de A Coruña de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

SERVIZO DE ACCION SOCIAL, CULTURA E DEPORTES

SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

Bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016.

Na sesión celebrada o día 20 de novembro de 2015, a Xunta de Goberno acordou aprobar as bases reguladoras de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016, que se transcriben de seguido.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE POLÍTICAS DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO ANO 2016

BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA (complementarias das Bases Reguladoras Xerais)

Datos da convocatoria

Denominación:

Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero durante o ano 2016

Referencia:

Mantemento: FOIO0A

Aplicación orzamentaria:

Mantemento: 0611/231.22/481

Importe total do crédito consignado:

Segundo orzamento 2016 e modificativo

Importe do orzamento de gastos da actividade:

Máximo 100.000 €, mínimo 750€

Importe da subvención que se ha conceder:

De 600 € a 40.000 €

Porcentaxe subvencionable do orzamento de gastos financiables:

Do 20% ao 80%

Base 2. Réxime xurídico

Réxime xurídico específico da convocatoria

- Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia

- Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento

- Decreto 148/2014, do 6 de novembro, polo que se modifica o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia

- Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes

- Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia

- Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero

Base 3. Obxecto

Servizos, programas e actividades subvencionables

Serán obxecto desta convocatoria os seguintes programas ou accións, poderase solicitar un só código e un só tipo de programa dos enmarcados en cada código.

Poderán ser gastos subvencionables aqueles de carácter xeral da entidade (gastos de persoal e gastos correntes) que se adscriban directamente á realización da actividade ata un 13% dos custos directos da actividade, salvo naqueles casos que se acredite que os ditos gastos se derivan unicamente da execución da actividade, en cuxo caso terán a consideración de gastos directos. (Documentación da entidade que se ha cubrir na plataforma).

PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES

Códigos:

EI-1 EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programa formativo ou de sensibilización sobre a creación, consolidación e participación de mulleres nas organizacións e asociacións, así como sobre a importancia de que en igualdade de condicións as mulleres ocupen postos directivos e de responsabilidade, para unha participación máis activa da vida pública.

- Programas e accións de dinamización das mulleres do medio rural para que participen da vida pública e dispoñan de espazos de encontro onde se traballe con perspectiva de xénero.

EI-2 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programa e servizos de actividades de fomento da igualdade de xénero especialmente dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade social como poden ser as que pertencen a minorías, emigrantes, inmigrantes, con diversidade funcional, que exercen a prostitución, reclusas e ex-reclusas, mulleres vítimas violencia de xénero' etc.

- Programa de actividades de comprensión da maternidade como función social que incidan na necesidade de evitar os efectos negativos sobre os dereitos das mulleres en igualdade de oportunidades.

EI-3 FOMENTO DO EMPREGO EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programas formativos de mellora da empregabilidade das mulleres que inclúan itinerarios personalizados e/ou desenvolvan accións de acompañamento e/ou axuda á busca de emprego. Requisitos:

* dirixidos a mulleres con especiais dificultades de inserción laboral ou en situacións marcadas pola desvantaxe social.

* duración mínima 30h.

- Programas de fomento do cooperativismo ou autoemprego, dirixido principalmente a mulleres do medio rural, en actividades vinculadas ás potencialidades da contorna, e a procura dun medio rural sustentable.

EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programas e/ou servizos de conciliación.

Requisitos:

* Dirixido a nenas e nenos de ata 12 anos.

* Ofrecerase fóra do horario escolar, en horario laboral e durante ou abarcando todos os períodos de vacacións.

* Contará con persoal especializado para a realización de actividades e atencións.

* Engadirá expresa e obrigatoriamente no seu contido/programa:

- O obxectivo de traballar conscientemente a transversalidade da igualdade de xénero.

- Actividades específicas do fomento da igualdade de xénero, preferentemente dedicadas á necesidade de que homes e mulleres actúen corresponsablemente nas funcións e tarefas domésticas e dos coidados familiares.

PROGRAMAS LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Códigos:

EV-1 PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da violencia de xénero en calquera das súas manifestacións, no ámbito comunitario.

EV-2 TRATAMENTO INTEGRAL DAS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e coas súas fillas e fillos e persoas dependentes delas.

OBSERVACIÓNS COMÚNS

Os programas de sensibilización ou de actividades poden constar de campañas de sensibilización, charlas, xornadas, seminarios, congresos, publicidade, etc. Estes programas terán contidos de calidade e serán coherentes cos obxectivos das bases da convocatoria.

Tendo en conta a inclusión da transversalidade de xénero, poderase solicitar como parte de calquera dos programa recollidos na convocatoria, sempre que se estime necesario a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, segundo a natureza da actividade, un servizo específico de conciliación. Valorará a adecuación de dito servizo o persoal técnico da Sección de Servizos Sociais.

Non serán subvencionables cursos sobre novas tecnoloxías e internet, actividades culturais e deportivas nin as actividades relacionadas co coidado, autocoidado ou promoción da saúde, por ter outros ámbitos de axudas e non ser conceptos que interese fomentar mediante esta convocatoria.

No caso de que a entidade presente un proxecto igual ao desenvolto no ano anterior, terá que motivalo xustificando que é continuidade daquel ou ampliación, e que existe demanda na poboación á que vai dirixido.

No caso de solicitar para o programa EV-2 achegarase unha declaración do compromiso da entidade de información e coordinación co concello. Na memoria xustificativa a entidade deberá xustificar a realización de dita coordinación co concello correspondente.

A Sección de Servizos Sociais poderá remitir as peticións ao programa correspondente dentro da mesma convocatoria cando se estime que a solicitude está mal presentada.

No caso de que se estime que a petición encaixa noutra convocatoria da Sección de Servizos Sociais (FOAXE, FOIE, FOCVAA) poderá realizar o devandito cambio, despois do consentimento da entidade interesada.

Base 4. Exclusións

Exclusións específicas da convocatoria

- As entidades que solicitasen xa, ou teñan previsto solicitar, axudas da Deputación para actividades que se han realizar no presente exercicio, terán que optar por unha das convocatorias das diferentes áreas xestionadas no Servizo de Servizos Provinciais (Cultura, Deporte, Servizos Sociais), xa que soamente poderán achegar solicitudes por unha delas.

- Exclúense dos gastos subvencionables obxecto das solicitudes os referidos a actividades culturais, deportivas e de lecer e tempo libre que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria.

- Tampouco serán subvencionables os gastos financeiros nin as comisións bancarias.

- Así mesmo, exclúense as axudas de custe como gasto subvencionable. Non obstante, subvencionaranse as indemnizacións ao persoal propio ou voluntario derivadas de gastos de desprazamento e manutención propios do programa, debidamente xustificados.

Base 5. Entidades solicitantes

Requisitos das entidades solicitantes e condicións específicas da convocatoria

Ademais dos requisitos expresados no punto 5 e 6 das bases reguladoras, as entidades de iniciativa social poderán optar ao financiamento para os servizos, programas e actividades que se relacionan nesta convocatoria, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

- Carecer de fins de lucro (Poderán participar na convocatoria as cooperativas sen ánimo de lucro)

- Estar rexistradas, como entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia (Decreto 254/11, do 23 de decembro, DOG do 20 de xaneiro de 2012) estando inscritas na área de igualdade do devandito rexistro.

Aquelas entidades que non estean rexistradas, deberán solicitar o rexistro previamente á presentación da solicitude da subvención. No momento de presentar a xustificación deberán presentar a acreditación do rexistro efectivo.

- No caso dos programas, Centros de atención á infancia e a menores en situación de conflito ou desamparo e os servizos complementarios regulados polo Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, Ludotecas, Puntos de encontro familiar, Centros de atención a persoas maiores, con discapacidade e dependencia, Centros residencias para mulleres vítimas de malos tratos, Centros de inclusión e emerxencia social e programa de axuda no fogar tal e como contempla na disposición transitoria primeira do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia; deberán contar coa correspondente autorización da Xunta de Galicia ou tela solicitada con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes. No caso de subcontratación do programa ou servizo, a entidade que implemente o programa ou servizo deberá contar así mesmo coa dita autorización.

- Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as federacións de nais e pais de alumnos/as dos centros educativos sostidos 'con fondos públicos' que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro correspondente da Xunta. Deberán achegar a acreditación correspondente.

No caso de non estar inscritas no rexistro correspondente no momento da solicitude da subvención deberase acreditar telo solicitado con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e achegarase a acreditación da inscrición no momento da xustificación para o pago da subvención

As peticións que teñan por obxecto xornadas e congresos relacionados coas materias e actividades previstas nesta convocatoria poderán ser solicitadas por comités organizadores, sempre que as persoas cumpran os requisitos sinalados no que lles atinxa.

Base 7. Prazo e presentación de solicitudes

7.1. Prazo e presentación de solicitudes específicas da convocatoria

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:

00:00 horas do día seguinte ao de publicación no BOP.

Fin do prazo de presentación de solicitudes:

14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2016.

7.2. Documentación

Ademais da documentación relacionada na base 7.2. das bases reguladoras, as entidades solicitantes teñen que achegar, de xeito telemático:

Documentación da entidade:

- Declaración da inscrición ou da solicitude da entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia inscritas na Área de Igualdade.

- No caso das ANPAS e Federacións de ANPAS, declaración da inscrición ou da solicitude no rexistro correspondente da Xunta de Galicia.

- No caso dos programas especificados na base 5, declaración da autorización do centro, servizo e/ou programa obxecto da solicitude.

- Proxecto descritivo xeral da actividade que se ha cubrir segundo o modelo achegado pola Deputación.

- Declaración, se é o caso, de non contar con medios materiais ou humanos, o que motiva a necesidade da contratación superando o 50% do importe do gasto.

- Orzamento estimado dos gastos derivados da realización da actividade, detallado por conceptos.

- Declaración doutros ingresos solicitados para a mesma actividade.

- Declaración de que a entidade ten aprobadas as liquidacións ou contas do exercicio vencido correspondente ao 2014, e a data da sesión da asemblea na que se aprobaron.

- No caso de solicitar axuda para o código EV-2 (Tratamento integral das persoas en situación de violencia de xénero) declaración do compromiso da entidade de información e coordinación co concello.

- No caso de que se solicite a autorización para concertar a execución total ou parcial das actividades con persoas xurídicas vinculadas, deberán indicar a epígrafe na que está inscrita no IAE e achegar a documentación de constitución da entidade para comprobar o seu obxecto social.

Certificacións:

- Certificación da relación das persoas que desempeñan os cargos dos órganos da entidade.

Compromisos:

- Compromiso de emprego dunha linguaxe con perspectiva de xénero, se é o caso.

Poderase requirir a entidade para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. Este requirimento farase mediante o correo electrónico indicado.

Base 8. Resolución

8.1. Valoración das solicitudes

A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias:

Coeficiente de financiamento (entendido como o cociente entre o importe da subvención solicitada e o importe do orzamento estimado de gastos) derivado da solicitude

Ata 30 puntos

A adecuación das actividades ou investimentos que se van realizar ao interese provincial

Ata 30 puntos

Proxecto técnico, no que se terán en conta, os antecendentes e detección de necesidades, os obxectivos xerais e específicos, o ámbito supramunicipal, a temporalización, a metodoloxía, a coordinación, plan de difusión, plan de avaliación, os recursos humanos e materiais, fontes de financiamento, a calidade técnica e o número de persoas usuarias.

Ata 35 puntos

O emprego da lingua galega na realización das actividades ou actuacións para as que se solicita a axuda

Ata 5 puntos

Terase en conta a aplicación do principio de transversalidade de xénero nos programas/proxectos presentados dentro do criterio de valoración de interese da actividade.

Base 9. Xustificación e pagamentos

9.3. Documentación xustificativa

Para o cobramento da subvención as entidades deberán presentar unha conta xustificativa simplificada que comprenda a seguinte documentación:

- Memoria xustificativa que se cubrirá segundo o modelo fornecido pola Deputación, que deberá asinar a persoa representante da entidade, identificando o persoal técnico responsable do programa co seu cargo, nome e apelidos.

- Respecto da certificación da relación clasificada de gastos recollida no apartado 9.3.2. das bases reguladoras, fanse as seguintes observacións:

- No caso excepcional de axudas de emerxencia ou indemnizacións a persoas físicas nas que proceda aplicar especial protección da súa identidade, segundo a normativa vixente de protección de datos de carácter persoal, só se indicará o NIF da persoa perceptora como dato identificativo.

Cando na relación clasificada de gastos apareza o pagamento de axudas de emerxencia en especie, deberá engadirse ao concepto do gasto o NIF da persoa perceptora.

Se na relación clasificada de gastos apareceran xustificantes derivados de gastos de desprazamento ou manutención nos que o acredor non sexa a persoa que executou o dito gasto, deberá engadirse ao concepto de gasto o nome, apelidos e NIF desa persoa.

- No caso de solicitar axuda para o código EV-2 (Tratamento integral das persoas en situación de violencia de xénero) xustificarase o compromiso da entidade de información e coordinación co concello correspondente mediante unha certificación expedida por dito concello.

-Todas as entidades deberán acreditar o rexistro efectivo correspondente no momento de presentar a xustificación, no caso de non telo presentado con anterioridade.

Base 10.Transversalidade de xénero

A transversalidade de xénero supón a aplicación do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, de tal modo que se garanta o acceso das persoas en igualdade de condicións, se planifiquen as actuacións tendo en conta as desigualdades existentes e se identifiquen e avalíen os resultados producidos para o avance na igualdade real.

Terase en conta para a valoración xeral dos proxectos a inclusión do principio de transversalidade de xénero coa finalidade de fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

A inclusión do principio de transversalidade poderá realizarse en cada unha das fases do proxecto. Poderá incluírse a través de: utilización dunha linguaxe non sexista así como no material editado e/ou empregado para a realización da actividade, incluíndo algunha actividade específica de igualdade (formativa, de sensibilización, etc.) dentro do programa solicitado, a través da definición de obxectivos xerais ou específicos en relación coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a través da formulación de indicadores avaliativos en relación co fomento da igualdade de xénero, mediante a obtención de datos desagregados por sexo, etc.

A descrición da inclusión do principio de transversalidade de xénero no programa solicitado realizarase a través do impreso correspondente.

Terase en conta a aplicación do principio de transversalidade de xénero nos programas/proxectos presentados dentro do criterio de valoración de interese da actividade.

2015/11420

Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Deporte
Deporte
Cultura
Fomento del empleo
Empleo y contratación
Acción social
Empleo
Actividad cultural
Dependencia
Familia
Congresos
Infancia
Promoción de la igualdad
Inserción laboral
Inmigración
Emigración
Empleo autónomo
Escuelas
Víctimas de violencia de género
Ampas
Promoción deportiva
Tercera edad
Emergencia social
Alumnado
Educación
Gallego