BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ PARA O ANO 2018 - Boletín Oficial de Pontevedra de 08-06-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Bases
  • Plazo: Ver Detalles , 08/06/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social
  • Documento en formato PDF

Tipo de expediente: Subvencións de concorrencia competitiva

Núm. Expediente: 8011-320

Asunto: Subvencións para o fomento do asociacionismo e da Participación Cidadá 2018

A Concellaría de Parques, Xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Distritos convoca anualmente un programa de subvencións cuxos destinatarios son Asociacións de Veciños e Sociedades Culturais que operen no movemento veciñal.

O obxecto destas subvencións é, colaborar no financiamento das entidades beneficiarias, para facilitar o cumprimento dos seus fins e o desenvolvemento das súas actividades.

A contía total destinada a estas axudas para o vixente exercicio presupostario é de 298.000,00 euros. Considéranse gastos subvencionables, os realizados dende o 1 de novembro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018, é que se encadren en algún dos seguintes programas:

' Programa I: Gastos de mantemento

' Programa II: Gastos en investimento. Equipamento.

' Programa III: Gastos en investimento. Obras e adquisición de Inmobles

A concesión destas subvencións efectuarase baixo os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

As bases que seguen teñen por obxecto regular a concesión destas subvencións e iniciar o procedemento para o outorgamento de ditas axudas.

BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO

E DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ PARA O ANO 2018

PRIMEIRA.-OBXECTO, FINALIDADE E BENEFICIARIAS DAS SUBVENCIÓNS

a) Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellería de Parques, Xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Distritos do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás asociacións veciñais e sociedades culturais, sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, constituídas legalmente como tales, para o desenvolvemento de actividades e programas de interese xeral. Están dirixidas a fomentar o asociacionismo e a participación cidadá, co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía.

b) A efectos da presente convocatoria, considéranse programas necesarios para o normal funcionamento da entidade, para o cumprimento dos seus fins e o desenvolvemento das súas actividades sociais, os cales se pretenden fomentar, os seguintes:

- Programa I: 'Gastos de mantemento'

- Programa II: 'Gastos en investimento: equipamento'

- Programa III: 'Gastos en investimento: obras e adquisición de inmobles'

c) A finalidade ou obxectivo que se pretende acadar coa convocatoria é o fomento do asociacionismo e da participación cidadá, en particular:

' Contribuír á existencia e funcionamento ordinario das asociacións veciñais e sociedades culturais, para a representación e defensa de intereses xerais e sectoriais.

' Potenciar a xeración e continuidade de grupos e programas de actuación estables, sen prexuízo da diversidade de actividades programadas.

' Fomentar proxectos de actividades, servizos, o emprego de novas tecnoloxías, os programas formativos nas propias sedes das asociación.

' Apoiar ás entidades asociativas no desenvolvemento dos seus proxectos para o fomento de participación cidadá, nos que se poden incluír actuacións nos campos da cultura, o benestar social, o ocio, o voluntariado e a integración veciñal, en xeral, de contido sociocomunitario.

' Potenciar a dinamización social e as relación da cidadanía a través de actividades de ocio en tempo libre e de promoción da cultura tradicional.

' Potenciar publicacións periódicas de difusión e información das actividades propias e edición de estudos e investigacións na área de participación cidadá e o asociacionismo.

' Captar e promover a formación do voluntariado, dinamizando o tecido asociativo.

' Promover a cohesión social da cidade e da cidadanía, a través de espazos e foros abertos de debate, intercambio de ideas e experiencias para a comunicación social.

' Programas de sensibilización e ampliación dos recursos propios a través de captación de novos asociados, doazóns e colaboracións.

d) Poderán concorrer a esta convocatoria pública as entidades que operen no movemento veciñal e figuren inscritas nos epígrafes 10.1 ou 10.5 do Rexistro Municipal de Asociacións (Asociacións de Veciños e Sociedades Culturais), que cumprindo os requisitos e finalidade da mesma, fomenten o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo, e cuxas actividades complementen competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades xerais ou específicos que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta o Concello de Vigo.

SEGUNDA.-REQUISITOS DOS SOLICITANTES

Poderán solicitar subvencións e obter a condición de beneficiarios as entidades, sen ánimo de lucro, inscritas nos epígrafes 10.1 e 10.5 do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que operen no movemento veciñal e traballen no ámbito sociocomunitario, da participación cidadá e das relacións cidadáns, agás as excepcións reflectidas na base primeira, e que reúnan os seguintes requisitos:

1. Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.

2. Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases.

3. Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesaria para acadalos.

4. Que teñan debidamente xustificadas en tempo e forma axudas outorgadas nesta área do Concello de Vigo nos termos establecidos na Base 6.2.1 desta convocatoria.

5. Que se atopen ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (estatal, autonómica e local) e coa Seguridade Social, o que se acreditará polo procedemento establecido no artigo 28.3 da Lei 39/2015. do 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

6. Non incorrer as persoas físicas ou entidades ou as persoas que ostentan a representación legal das mesmas, nalgún dos supostos de prohibición o circunstancias previstas no art. 13 da LXS que impiden acadar a condición de beneficiario/a.

7. Acompañar á solicitude a documentación preceptiva detallada na base novena desta convocatoria.

8. Que non exista no orzamento municipal vixente consignación orzamentaria nominativa ao seu favor para a concesión dunha subvención ou axuda directa, é dicir, para a formalización dun convenio de colaboración, coa mesma finalidade que en algún dos supostos do apartado anterior ('Gastos de mantemento, equipamento e obras ou adquisición de inmobles').

TERCEIRA.-GASTOS SUBVENCIONABLES

En xeral, son gastos subvencionables os que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido por estas bases reguladoras.

A efectos desta subvención, sempre e cando se acredite a realización das actividades que motivan a súa concesión, considéranse gastos subvencionables, os realizados dende o 1 de novembro de 2017 ata a data de finalización do prazo de xustificación (30 de setembro de 2018), que se revelen como obxectivamente necesarios para que as asociacións poidan cumprir os fins que lle son propios ou derivados especificamente do desenvolvemento das actividades programadas que se pretenden fomentar, e que teñan acomodo nalgún dos dous programas obxecto de convocatoria:

1.-Programa I: 'Gastos de mantemento': gastos correntes de funcionamento e mantemento das sedes e das súas instalación sociais, entendendo por tales, os que permitan o normal funcionamento das entidades veciñais beneficiarias, no que se refire, entre outros, a subministro de servizos (auga, electricidade, gas, teléfono...), arrendamento do local social, mantemento de equipos informáticos, papelería, xestoría ou asesoramento xurídico ou financeiro para trámites da propia asociación, seguros, impostos, pequenas avarías nas sedes sociais (arranxo ou reposición de pechaduras, lámpadas, enchufes, billas...), mantemento de equipos informáticos, limpeza ou similares. Admitiranse, ademais, como gastos indirectos, os de xestión e administración do local social (persoal), ata un máximo dun 10% adicional do importe do proxecto de gastos directos.

2.-Programa II :'Gastos en investimento: equipamento': equipamento das sedes sociais mediante a adquisición de bens mobles inventariables (considerase material inventariable, aquel que non é susceptible dun rápido deterioro polo seu uso, formando parte do inventario da entidade), admitíndose, unicamente os destinados á nova adquisición, ou substitución de equipos, equipamento de luz, son e maquinaria escénica, equipos informáticos, mobiliario de oficina e similares, sempre que respondan á natureza da actividade subvencionada. Estes gastos son finalistas e a subvención atenderá soamente ao aprobado pola Xunta de Goberno Local, non admitíndose cambios na compra deste material que non fosen expresamente autorizados.

Deberá acreditarse mediante certificación do/a secretario/a da entidade que equipamento adquirido se incorporou ao inventario da entidade, con indicación expresa do fin concreto para o que se destinarán o/s ben/s subvencionado/s e o período durante o cal quedarán afectados a dito fin, que será, como mínimo, de dous anos.

3.-Programa III: 'Gastos en investimento: obras e adquisición de inmobles': adquisición, obras de nova construción, reforma, rehabilitación ou conservación de bens inmobles e instalacións sociocomunitarios, destinados a mellorar a seguridade, accesibilidade, salubridade, supresión de barreiras arquitectónicas e similares, situados no termo municipal de Vigo, ocupados, tanto en réxime de propiedade privada, de cesión (pública ou privada) ou en réxime de alugueiro, executadas ou pendentes de executar pola entidade beneficiaria, tanto con fondos propios como coa colaboración doutras entidades públicas e privadas. Poderán incluírse, como gastos indirectos, ata un máximo dun 20% do orzamento achegado, os desembolsados no proxecto, estudos previos, obtención de licenzas e permisos, impostos, gastos notariais e rexistrais, e similares, sempre que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e sexan indispensables para a adecuada execución ou preparación da mesmo. En ningún caso, se aboará a subvención en concepto de obras, se a beneficiaria non conta coa preceptiva licenza municipal ou, no seu caso, comunicación previa, de seren esixibles conforme a normativa urbanística.

No caso de adquisición, nova construción, rehabilitación e mellora integral de bens inmobles inventariables, inscribibles no Rexistro da Propiedade, deberá facerse constar na escritura, obrigatoriamente, o destino do/s bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención, o importe da subvención concedida e o período durante o cal a beneficiaria debe destinar o/s ben/s a dito fin, que, como mínimo, será de cinco anos.

Cando o importe dos gastos exceda de 50.000 ¬ para a execución da obra, ou de 18.000 ¬, no caso de subministro de bens de equipo ou prestación de servizos, a beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, salvo que non exista no mercado entidades suficientes que o subministren ou que o gasto tivera lugar antes da solicitude da subvención. A elección da oferta, que deberá xustificarse expresamente cando non recaia na proposta económica mais económica, realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía.

En ningún caso serán subvencionables:

- Os intereses debedores das contas bancarias

- Intereses, recargos e sancións administrativas e penais

- Os gastos de procedementos xudiciais

Pola súa parte, os tributos son gastos subvencionables cando o beneficiario da subvención os aboa efectivamente, non considerándose como tales os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.

En ningún caso, o custe dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

CUARTA.-CONTÍA TOTAL E CRÉDITO ORZAMENTARIO

a) A contía total destinada a estas subvencións para o vixente exercicio orzamentario é de 298.000,00 ¬ (douscentos oitenta dous mi euros), distribuídos do seguinte xeito:

1.-Programa I: 148.000,00 ¬ (cento corenta e oito mil euros), que se fará efectiva con cargo á aplicación orzamentaria 9240 4890000, denominada 'Subvencións a entidades cidadás' do vixente exercicio orzamentario. A subvención por este concepto non poderá superar, en ningún caso, o límite de 5.000 ¬.

2.-Programas II e III: 150.000 ¬ (cento cincuenta mil euros), que se fará efectiva con cargo á aplicación orzamentaria 9240.7800010, chamada 'Transferencias de Capital a Asociacións' do vixente exercicio orzamentario. A subvención por este concepto non poderá superar, en ningún caso, os 5.000 ¬ en equipamento e no programa de obras o 80% do custe total do proxecto ou, en todo caso, os 15.000 ¬.

QUINTA.-COMPATIBILIDADE DA SUBVENCIÓNS

Estas subvencións serán compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou organismos internacionais.

As entidades beneficiarias deberán comunicar ao Concello de Vigo a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa presentación da xustificación da subvención outorgada.

En calquera caso, o importe total da subvención ou subvencións recibidas non poderá superar o da actividade subvencionada, en cuxo caso, procederase na forma prevista no artigo 34 do RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS).

Non serán compatibles con ningunha outra subvención que, para os mesmos Programas subvencionables na presente convocatoria (fomento das actividades vía mantemento, investimento en equipamento e/ou investimento en obras) tivese outorgado a Concellería de Parques, Xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Distritos, nin as solicitadas para a mesma finalidade noutro servizo municipal no vixente exercicio orzamentario.

De existir no orzamento municipal vixente consignación orzamentaria nominativa ao favor dunha entidade para a concesión dunha subvención ou axuda directa, é dicir, para a formalización dun convenio, para axudar ao financiamento de gastos comprendidos en calquera dos Programas subvencionados segundo estas bases, a entidade solicitante non poderá concorrer na presente convocatoria nos referidos Programas.

SEXTA.-DESESTIMACIÓN DAS SOLICITUDES

Unha vez estudados os proxectos presentados polas asociacións, desestimaranse as seguintes solicitudes:

1.-Cando as actividades que se pretenden fomentar, segundo memoria achegada:

' Non se axusten aos fins e obxectivos perseguidos nesta convocatoria.

' Supoñan a edición de documentos internos ou externos de signo exclusivamente propagandístico.

' Aquelas de carácter político e doutrinal de signo partidario e/ou confesional.

' Actividades de signo docente previstas nos programas de ensino.

' Aquelas que, en consideración ao proxecto e programación, non reúnan as condicións mínimas de interese xeral, non acadando unha puntuación mínima de 5 puntos na valoración específica da memoria de actividades, indicando unha mala definición do mesmo ou que a materia non se axusta aos obxectivos e finalidades da convocatoria.

' Cando o proxecto de actividades achegado, non se axuste, no seu contido, ao disposto na Base novena ('Solicitude e Documentación').

2.-Con carácter xeral:

' A non xustificación ou xustificación fóra de prazo, sen achegar renuncia, das subvencións obtidas durante o ano inmediatamente anterior ao desta convocatoria.

' En xeral, as solicitudes daquelas entidades que non cumpren os requisitos establecidos nas Bases desta convocatoria e na lexislación vixente aplicables para acadar a condición de beneficiarios.

' Aqueles que non respondan á natureza do programa subvencionado

' Aqueles gastos de carácter suntuario, que non son imprescindibles para o bo desenvolvemento do proxecto e/ou que non están relacionados directamente co obxecto subvencionable.

' Os destinados a equipamentos que procuren algún tipo de lucro para os seus xestores, promotores, etc.

3.-No Programa III:

' Aqueles proxectos sobre locais arrendados, cando o contrato de alugamento sexa inferior a 5 anos, e ou, non conte coa autorización expresa do propietario ou propietaria do local para levar a cabo devanditas obras.

' Aqueles proxectos de obras realizadas en locais de titularidade municipal sen a previa autorización ou conformidade da Concellería de Participación Cidadá.

' Aqueles proxectos de obras, pendentes de executar, en locais cedidos por outros entes públicos ou privados, e non se acredite a súa autorización expresa para realizar ditas obras.

' Aqueles gastos en man de obra directa derivada do voluntariado.

SÉTIMA.-OBRIGAS QUE ASUMEN AS ENTIDADES SUBVENCIONADAS

Os beneficiarios das subvencións conforme a presente normativa, están obrigados a:

1. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e condicións, así como, a realización das actividades que fundamentan a concesión das axuda na forma, prazos e termos establecidos na memoria.

2. Acreditar que se realizaron os gastos subvencionados a que se refiren os Programas I, II e III, asumindo as obrigas (impostos, permisos, seguros, ...) e demais responsabilidades legalmente esixibles en cada caso.

3. Comunicar calquera eventualidade ou modificación na programación ou execución dos proxectos presentados que supoña menor execución de unidades de obra, servizo ou equipamento, comunicarase no prazo máximo de 7 días a partir do momento en que se produzan ou coñeza, en todo caso, antes de resolución do procedemento, solicitando neste mesmo intre, a modificación á baixa na concesión da presente subvención, así como a obtención doutras axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración pública, ente público ou entidade privada.

4. Para os efectos de difusión pública, no lugar onde se realicen as actividades, as obras ou no equipamento adquirido, deberá figurar de forma visible, cartel informativo, segundo o Anexo II (modelos de cartelería) aprobado nesta convocatoria e que estarán a disposición no Servizo de Participación Cidadá para todas aquelas entidades que o soliciten, no que constará o cofinanciamento do Concello de Vigo. Así mesmo, no taboleiro de anuncios e na páxina web da entidade solicitante, ata a finalización do ano 2018, publicitarase que o Concello de Vigo colaborou no financiamento das gastos de mantemento e/ou investimento (equipamento e/ou obras) da asociación, para o fomento das actividades sociocomunitarias e, en xeral, do asociacionismo e da participación cidadá.

5. Someterse ás actuacións de comprobación, seguimento, control financeiro e inspección que o Concello de Vigo considere necesario levar a cabo, para o que facilitará toda a información e documentación complementaria que se lle requira

6. Responder legalmente da falta de veracidade dos datos expostos e do incumprimento das presentes bases.

7. Contar coa preceptiva licenza municipal de obras ou, no seu caso, cando a actuación no estivera sometida a réxime de autorización, a oportuna comunicación previa, de seren esixibles conforme á normativa urbanística.

8. Cumprir as condicións que se establecen nestas Bases para a concesión da subvención.

9. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, por canto poderán ser obxecto de actuación de comprobación e control.

10. Comunicar, con motivo da xustificación da subvención, a obtención doutras subvencións para os mesmos gastos subvencionados nos Programas desta convocatoria, ou para a mesma finalidade procedentes de calquera das administracións públicas ou entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, así como, outros ingresos ou recursos que financien a mesma.

11. Estar ao corrente fronte ás súas obrigas tributarias (estatal, autonómica e local) e coa Seguridade Social.

12. Responder da veracidade da información e autenticidade da documentación achegadas.

13. Cumprir coas demais obrigas establecidas no art. 14 da LXS.

OITAVA.-PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

En cumprimento da obriga imposta polo artigo 14.2.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro de Procedemento Administración Común das Administración Públicas (LPAC), establécese o emprego, de xeito exclusivo, de medios electrónicos (tramitación en liña) para presentar e tramitar a solicitude desta subvención a través da sede electrónica do Concello de Vigo, mediante o Rexistro Xeral (tramitación por internet). Para dita tramitación requírese a identificación da entidade solicitante e a sinatura electrónica do seu representante legal, por calquera das modalidades admitidas polo Concello de Vigo, que se poden consultar no enlace https://sede.vigo.org/expedientes/usuarios/login.jsp?lang=ga.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación complementaria correspondente, será de 15 días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, que será comunicado desde a Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) que opera como sistema nacional de publicidade de subvencións nos termos do art. 30 da LPAC.

As solicitudes de subvención presentaranse, debidamente cumprimentadas, nos modelos oficiais aprobados con estas bases, que estarán dispoñibles na páxina web (www.vigo.org).

No caso de que se achegue a solicitude presencialmente, requirirase a súa subsanación mediante a súa presentación electrónica. A este efectos, considerarase como data de presentación, a data da solicitude tramitada por internet.

Todas as solicitudes, así como as posibles subsanacións telemáticas contempladas no parágrafo anterior, deberanse achegar antes de que remate o prazo outorgado para a súa presentación, sen que caiba ter por presentadas aquelas achegadas con carácter extemporáneo.

NOVENA.-SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Os/as solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se a documentación complementaria se achegase presencialmente, será requirida para emendala a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación, aquela na que foi tramitada por internet.

Os/as solicitantes deberán presentar necesariamente os seguintes anexos e documentación complementaria:

ANEXO I. SOLICITUDE

1. Datos da entidade solicitante

2. Datos do/ representante legal: no suposto de que dita representación non corresponda co/a presidente/a da entidade solicitante, deberá presentarse unha certificación do/a secretario/a no que figure o acordo de nomeamento de dito/a representante.

3. Domicilio a efectos de notificación: identificación dun dispositivo electrónico (teléfono móbil ou similar), e unha dirección de correo electrónico que servirán para o envío dos avisos de posta a disposición das notificacións enviadas á entidade solicitante. Estes avisos terán unicamente carácter informativo, en ningún caso, efecto de notificación practicada.

As notificación electrónicas realizaranse a través da sede electrónica do Concello de Vigo. Remitiranse aos interesados/as os avisos de posta a disposición das notificacións á conta de correo e /ou teléfono móbil que conste nesta solicitude.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Se non se procedese a súa lectura no prazo de 10 días naturais, considerarase rexeitadas de forma automática, sen que se poida acceder ao seu contido.

Programas para os que solicita a subvención:

4. Detalle dos gastos do Programa I. Gastos xerais de mantemento

5. Detalle dos gastos do Programa II: Gastos en equipamento inventariables

6. Detalle dos gastos do Programa III: Obras

7. Datos sobre a titularidade do local social

Con respecto ao programa de obras, deberá presentarse ademais:

' No suposto de locais arrendados, deberase presentar a copia do contrato de alugamento (cunha duración como mínimo de 5 anos) e a autorización da persoa propietaria do local para levar a cabo devanditas obras.

' No suposto de locais cedidos polo Concello de Vigo, a entidade peticionaria deberá marcar a cela correspondente de petición de autorización da Concellaría de Participación Cidadá, como tramite previo para solicitar a preceptiva licenza municipal ou oportuna comunicación previa para acometer as obras de reforma ou melloras no local social de titularidade municipal.

' No suposto de locais cedidos por outros entes públicos ou privados, as entidades peticionarias deberan presentar, igualmente, a autorización expresa de ditos entes para realizar as obras obxecto de subvención.

' Reportaxe fotográfica sobre os estado actual do/s espazo/s obxecto das obras:

' Antes das obras Despois das obras (no suposto de estar xa executadas)

' Orzamento da obra redactado pola empresa executora das obras, no que deberá reflectirse o importe da actuación por conceptos, desagregando, en todo caso, traballos, materiais e man de obra e, que deberá axustarse ao orzamento presentado na Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no expediente de comunicación previa ou licenza urbanística.

' No momento da xustificación das subvencións recibidas, haberá que indicar o número de expediente ou copia da correspondente licenza outorgada pola Xerencia Municipal de Urbanismo, e no caso das comunicacións previas, o servizo de Participación Cidadá, solicitará un informe de conformidade emitido por dita Xerencia

' O inspector municipal poderá xirar visita para comprobar, deixar constancia e informar sobre o estado das obras obxecto de subvención antes da resolución do expediente de outorgamento.

8. Resumo final do/s programa/ para os que se solicita a subvención: este apartado cumprimentarase de maneira automática cos datos dos apartados 4, 5 e 6.

9. Datos da conta bancarias

10. Datos relativos ao Rexistro Municipal de Asociacións

11. Datos relativos a xestión económica e financeira da entidade no ano 2017 (criterio de valoración)

12. Declaración responsable (veracidade e autenticidade da información e documentación, cumprimento de condicións e obrigas, obrigas art. 14 Lei Xeral de Subvencións, estar ao corrente coas obrigas tributarias, no incorrer nas prohibicións do art. 13 LXS, percepción ou non doutras subvencións para a mesma finalidade)

13. Nivel de cooperación (criterio de valoración)

14. Datos relativos á inscrición da entidade na páxina web: http://asociacions.vigo.org/

15. Sistemas de información, comunicación e publicidade do financiamento municipal (conforme aos modelos do anexo II de carteleria)

16. Autorización expresa para consultar as certificacións de non ter débedas tributarias e coa Seguridade Social. No suposto de NON autorizar, deberá presentarse os certificados actualizados que acrediten estar ao corrente no cumprimento con esa obriga. En todo caso, o servizo de Participación Cidadá comprobará de oficio que a entidade solicitante está ao corrente coas obrigas tributarias no Concello de Vigo.

17. Proxecto de actividades do ano 2018, incluídas as xa realizadas e as pendentes de realizar e, que serven de fundamento para a concesión da subvención:

- Descrición da actividade

- Duración media da actividade

- Categoría (formación, deporte, lecer, saídas culturais, artesanía, exposicións, ...)

- Colectivo ao que se dirixe

- Número de participantes (se xa se coñecen) e sector ou colectivo de poboación destinatario

- Financiamento

- Medios empregados (materiais e humanos)

- Lingua empregada no desenvolvemento da actividade

18. Sinatura dixital do representante

2.-O departamento convocante pode requirir, canta outra documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos para participar na convocatoria considere necesaria, así como, complementar a información facilitada pola entidade, para unha mellor avaliación das solicitudes achegadas.

3.-Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos nesta convocatoria, o órgano competente requirirá á interesada para que emende a falta no prazo máximo e improrrogable de 10 días, co apercibimento de que se non o fai teráselle desistido da súa petición previa resolución, sen prexuízo, no seu caso, da declaración de caducidade e o arquivo das actuacións polo transcurso de tres meses sen retomar a tramitación en caso de paralización do procedemento por causa imputable ao interesado, conforme aos artigos 68 e 95, respectivamente, da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC).

4.-En calquera momento anterior á resolución do procedemento de subvencións, a interesada poderá desistir da/s súa/s solicitude/s, individualmente consideradas por Programas, desestimación que será aceptada de plano pola administración concedente, declarando concluso/s o/s procedemento/s correspondente/s, de conformidade cos artigos 93 e 94 da Lei 39/2015 do PAC.

DÉCIMA.-CRITERIOS DE VALORACIÓN DOS PROXECTOS

A concesión das subvencións atenderá a criterios obxectivos e tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo sempre como límite a dispoñibilidade orzamentaria da Área de Participación Cidadá destinadas para tal fin no presente exercicio. Neste sentido, levarase a cabo a comparación das solicitudes presentadas a fin de establecer unha prelación entre as mesmas, de acordo cos criterios de valoración que se indican, adxudicándolle as axudas proporcionalmente á puntuación obtida, co límite fixado na presente convocatoria e dentro do crédito dispoñible.

Como criterios xerais de valoración para o outorgamento das subvencións dos distintos programas, terase en conta:

a) Traxectoria e antigüidade da entidade.-Ata 10 puntos.

Valorarase tendo en consideración as datas de constitución e a inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións:

Segundo o ano de inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións: Ata 5 puntos

Ano 87 a 93 5

Ano 94 a 99 4

Ano 2000 a 2005 3

Ano 2006 a 2012 2

Ano 2013 a 2017 1

En adiante 0

Segundo o ano de constitución da entidade: Ata 5 puntos

Antigüidade: mais de 50 anos 5

26 a 50 anos 4

11 a 25 anos 3

5 a 10 anos 2

1 a 4 anos 1

0 anos 0

b) Representatividade e área de influencia.-Ata 5 puntos

Valorarase tendo en consideración o número de socios numerarios da asociación.

Socios Ata 500 socios 1

De 501 a 1000 socios 2

De 1001 a 1500 socios 3

De 1501 a 2000 socios 4

Mais de 2000 socios 5

c) Capacidade económica, suficiente e axeitada da entidade para xestionar as propostas presentadas.-Ata 10 puntos:

Segundo o presuposto de gastos do ano anterior (2017): Ata 5 puntos

Presuposto: Ata 10.000 ¬ 5

De 10.001 a 50.000 ¬ 4

Do 50.001 a 70.000 ¬ 3

Do 70.001 a 100.00 ¬ 2

Mais de 100.000 ¬ 1

Segundo a porcentaxe económica que achega a entidade para facer fronte ao custe do proxecto para o que solicita a subvención: Ata 5 puntos

Solvencia: Do 56% ata o 100% 1

Do 41% ata o 55% 2

Do 26% ata o 40% 3

Do 16% ata o 25% 4

Ata o 15% 5

d) Calidade e viabilidade técnica e económica do proxecto de actividades.-Ata 25 puntos.

Valoraranse o proxecto de actividades, atendendo ás mesmas de maneira individual e tendo en conta:

A) Que sexan capaces de xerar grupos ou programas estables fronte a accións puntuais.

Duración media dos programas ou grupos estables (máximo 8 puntos)

Ata 3 meses: 2 puntos

Ata 6 meses: 4 puntos

Ata 9 meses: 6 puntos

Ata 12 meses: 8 puntos

B) Maior número de actividades desenvolvidas, a diversidade de contidos, a súa duración.

Número de actividades formativas (máximo 8 puntos)

1-10 actividades: 2 puntos

11-20 actividades: 4 puntos

21-30 actividades: 6 puntos

Máis de 31 actividades: 8 puntos

C) Que os programas inclúan contidos e métodos socioculturais e/ou socioeducativos.

Número de actividades formativas (máximo 5 puntos):

1-3 programas: 2 puntos

4-7 programas: 3 puntos

8-11 programas: 4 puntos

12 ou mais programas: 5 puntos

D) Avaliarase positivamente o emprego da lingua galega na realización das actividades que fundamentan a concesión da subvención (máximo 2 puntos):

Si: 2 puntos

Non: 0 puntos

Parcial: 1 puntos

E) Colaboración, coordinación e concertación dos proxectos con outras entidades asociativas e aposta pola promoción de alianzas e do traballo en rede (máximo 2 anos):

0 entidades: 0 puntos

1-3 entidades ou colaboración puntual: 1 puntos

4 ou mais entidades ou colaboración estable: 2 puntos

No caso de que a proxecto de actividades non obteña a puntuación mínima de 5 puntos por este concepto, entenderase desestimada a solicitude.

f) Calidade e viabilidade técnica e económica das propostas.-Ata 30 por Programa.

Distribuirase un total de 25 puntos por tramos en base ao custe do proxectos achegados para cada un dos Programas (gastos en mantemento, gastos en equipamento e gasto en obras):

De 1 ¬ a 1.000 ¬: 1 punto De 4.001 a 4.500 ¬: 11 puntos

De 1.001 a 1.250 ¬: 2 puntos De 4.501 a 5.000 ¬: 12 puntos

De 1.251 a 1.500 ¬: 3 puntos De 5.001 a 5.500 ¬: 13 puntos

De 1.501 a 1.750 ¬: 4 puntos De 5.501 a 6.000 ¬: 14 puntos

De 1.751 a 2.000 ¬: 5 puntos De 6.001 a 6.500 ¬: 15 puntos

De 2.001 a 2.250 ¬: 6 puntos De 6.501 a 7.000 ¬: 16 puntos

De 2.251 a 2.500 ¬: 7 puntos De 7.001 a 8.000 ¬: 17 puntos

De 2.501 a 3.000 ¬: 8 puntos De 8.001 a 9.000 ¬: 18 puntos

De 3.001 a 3.500 ¬: 9 puntos [...]

De 3.501 a 4.000 ¬:10 puntos De 15.001 en adiante : 25 puntos

Mellora da accesibilidade cara a integración de colectivos con discapacidade, a través da eliminación de barreiras arquitectónicas, tecnolóxicas ou de integración : Ata 5 puntos

Porcentaxe do custe do proxecto adicado a esta finalidade: 100 %. . . . . . 5 puntos

Igual ou superior ao 75% 4 puntos

Igual ou superior ao 50 % 3 puntos

Igual ou superior ao 25 % 2 puntos

Menos do 25 % 1 punto

g) Colaboración das entidade coa acción da Administración Local. Ata 20 puntos

' Valorarase o número de rexistros tramitados (Xestión de Expedientes Municipal) relacionados con peticións de carácter sociomunitario (solicitudes, queixas, suxestións...). Máximo 10 puntos:

Ata 3 rexistros: 4 puntos

De 4 a 6 rexistros: 8 puntos

Mais de 7 rexistros: 10 puntos

' Grado de contacto, implicación e colaboración da entidade solicitante coa Concellería de Parques, Xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Distritos, puntuarase o número de comunicacións de actos, actividades e actuacións programadas, informacións, actualizacións de datos... dos que teña coñecemento o servizo de Participación Cidadá. Máximo 5 puntos.

Participación noutros programas municipais: valorase con 2 puntos cada un dos programas municipais nos que se participe, ata un máximo de 5 puntos.

h) Xustificación das subvencións.-Ata 10 puntos

Coa avaliación deste criterio, o que se pretende é valorar o esforzo realizado pola entidade para unha correcta execución e xustificación das subvencións concedidas.

' Restarase un punto por cada unha das emendas ou documentos requiridos para subsanar a xustificación presentada no 2017

' A aquelas entidades as que se lles aplicou a redución proporcional por xustificación incompleta, restaráselle 2 puntos mais cando a porcentaxe xustificada supere o 50% e, 3 puntos cando a porcentaxe xustificada sexa inferior ao 50 %.

' Aquelas entidades que non xustificaron ou presentaron renuncia expresa obterán unha puntuación de 0 puntos.

i) Utilización da ferramenta en liña 'Asociacións en Rede' (asociacions.vigo.org). Ata 5 puntos

Terase en conta a súa antigüidade como usuario da páxina e o número de publicacións realizadas:

' Antigüidade na páxina asociacions.vigo.org. Ata 2 puntos

1 ano ou mais (anterior á data da convocatoria): 2 puntos

Inferior a 1 ano: 1 punto

' Publicación de novas no último ano (*). Ata 2 puntos:

De 1 a 4 publicacións: 1 punto

5 publicacións ou mais: 2 puntos

' Outras publicacións no último ano (fotos, muro...): 1 punto

(*) Non se computan as publicacións de ofertas de emprego por tratarse dun trámite de obrigado cumprimento esixido polas bases da convocatoria de subvencións para o fomento do emprego.

DÉCIMO PRIMEIRA.-PROCEDEMENTO: INSTRUCIÓN, RESOLUCIÓN,

NOTIFICACIÓN E/OU PUBLICACIÓN, RECURSOS E RENUNCIA

1.-A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ao persoal técnico de Participación Cidadá, que poderá realizar de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobacións dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

2.-A avaliación das solicitudes de subvención para cada un dos Programas, conforme aos criterios sinalados na Base Décima, realizarase pola Comisión de Valoración, órgano colexiado constituído ao efecto e que terá a seguinte composición:

' 1 Presidente: O concelleiro delegado da Concellaría de Parques, Xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Distritos.

' 2 Vogais: Un/ha técnico/a e un membro da escala administrativa do servizo de Participación Cidadá

' 1 Secretario/a: Actuará como secretario/a un dos vogais membro da Comisión, con voz e voto.

O concelleiro delegado da Área, resolverá o nomeamento dos titulares e suplentes da referida Comisión.

A Comisión poderá requirir a presenza ou solicitar o asesoramento de expertos sobre materias concretas se o considera conveniente.

Nunha fase de preavaliación verificarase o cumprimento das condicións impostas para acadar a condición de entidades beneficiaras das subvencións.

3.-As solicitudes avaliaranse conforme á documentación achegada, no seu caso, ós informe emitidos, ás limitacións orzamentarias existentes e ós criterios de avaliación establecidos na Base Décima.

4.-Se a Comisión de Valoración considera que algún dos datos ou documentos achegados polos solicitantes, presenta dúbidas ou erros susceptibles de emendar, requirirá á interesada para que, no prazo de 10 días, facilite a documentación ou información solicitada. De non atender ao requirimento, a Comisión proporá a denegación da subvención.

As notificacións electrónicas realizaranse a través da sede electrónica do Concello de Vigo. Remitiranse aos/as interesados/as os avisos de posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos terán unicamente carácter informativo, en ningún caso, efecto de notificación practicada.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Se non se procedese a súa lectura no prazo de 10 días naturais, considerarase rexeitadas de forma automática, sen que se poida acceder ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5.-Unha vez avaliadas as solicitudes achegadas, o órgano colexiado remitirá a acta na que se concrete o resultado da avaliación, á vista do cal, o instrutor do procedemento formulará proposta de resolución provisional, na que se concretarán as solicitudes estimadas e as desestimadas con expresión da súa causa, facendo constar que, da información que obra no seu poder, despréndese que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para acceder ás subvencións. Da devandita proposta darase audiencia aos interesados a fin de que no prazo de 10 días hábiles poidan achegar as alegacións que estimen pertinentes.

Esta proposta de resolución provisional non crea dereito ningún a favor da beneficiaria ata que non se teña procedido á resolución definitiva aprobada pola Xunta de Goberno Local.

6.-A Comisión de Valoración examinará as alegacións achegadas, e remitirá a acta coa valoración correspondente ao instrutor; que formulará proposta de resolución definitiva á Xunta de Goberno Local, como órgano competente para resolver o procedemento, na que incluirá unha relación na que se indicarán todos/as as solicitudes que participan na convocatoria co CIF, nome da entidade, puntuación obtida, estimación ou desestimación da súa solicitude, e o importe da subvención que se lle outorga; farase constar, así mesmo, que da información que obra en poder do órgano instrutor, despréndese que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para acceder ás subvencións.

O prazo de resolución e notificación será de 4 meses contados a partir da publicación desta convocatoria.

En calquera momento anterior á resolución do procedemento de subvencións, a entidade interesada poderá desistir da/s súa/s solicitude/s, desistimento que será aceptado de plano pola administración concedente, declarando concluso/s o/s procedemento/s correspondente/s, de conformidade cos artigos 84 e seguintes da LPAC.

7.-A resolución do procedemento poderá notificarse electrónicamente ás entidades beneficiarias a través da sede electrónica. Remitiranse ás entidades interesadas os avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

As notificación por medios electrónicos entendéranse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Se non se procedese a súa lectura no prazo de 10 días naturais, considerarase rexeitadas de forma automática, sen que se poda acceder ó seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnico, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Dende o día seguinte a recepción das notificacións de resolución, as beneficiarias dispoñen dun prazo de 10 días naturais para a aceptación ou renuncia da subvención concedida, que debe comunicarse por escrito no Servizo de Participación Cidadá, transcorrido o cal, sen manifestación expresa ao respecto, entenderase tacitamente aceptada.

8.-O vencemento do prazo máximo sen terse notificada a resolución, lexitima aos interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de subvención, sen prexuízo do disposto no art. 24.3.b) la Lei 39/2015 ao respecto.

9.-Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado se transcorre outro mes sen contestar; neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses. Así mesma, contra a presente resolución tamén poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos, os prazos contáranse a partir do día seguinte ao da notificación, publicación ou de desestimación do recurso de reposición.

10.-A beneficiaria poderá renunciar, expresamente, á subvención concedida, total ou individualmente por Programas, renuncia que será aceptada de plano polo administración concedente, declarando concluso o/s procedemento/s correspondente/s, de conformidade co artigo 94 da Lei 39/2015, do LPAC. A renuncia realizarase no Anexo VII, aprobado con estas bases. A non presentación da/s correspondente/s renuncia/s cando proceda, determinará a imposibilidade de concorrer á convocatoria de subvencións da Concellería de Participación Cidadá no vindeiro exercicio orzamentario.

11.-Todas as subvencións concedidas, individualmente consideradas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e programa específico subvencionado, serán publicadas na Base de Datos Nacional de Subvencións.

DÉCIMO SEGUNDA.-SUBCONTRATACIÓN

A entidade beneficiaria poderá subcontratar con terceiros a execución do servizo que constitúe o obxecto da subvención, entendéndose que subcontrata, cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto da subvención. Porén, non se considera como tal a contratación daqueles gastos en que debe incorrer a beneficiaria para realizar por si mesma a actividade subvencionada.

DÉCIMO TERCEIRA.-PRAZO E FORMA DE XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN OUTORGADA

As beneficiarias das subvencións quedan obrigadas a xustificar documentalmente o cumprimento das condicións impostas e da aplicación dos fondos recibidos. O prazo máximo para a xustificación das mesmas finaliza o 30 de setembro de 2018. Noutro caso, perderase o dereito a percibir a axuda. Os lugares de presentación da conta xustificativa serán os mesmos previstos para a presentación das solicitudes.

A conta xustificativa que se rende ante o órgano concedinte da subvención, constitúe un acto obrigatorio do beneficiario e consiste na xustificación do gasto realizado, baixo responsabilidade do declarante, mediante os xustificantes directos do mesmo. Tratarase de facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente, con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, que permitan acreditar o cumprimento do obxecto da subvención pública.

A xustificación dos gastos deberá facerse con facturas electrónicas e/ou copias dixitalizadas compulsadas das facturas orixinais pola parte subvencionada e con copias simples de facturas polo resto do orzamento. Se poderá substituír a presentación das copias simples de facturas polo gasto do proxecto non subvencionado pola presentación dun balance que abarque a totalidade do gasto ou por unha certificación na que se acredite que o programa que foi obxecto da subvención foi executado na súa totalidade a cal esta incluída no apartado 6 dos Anexos III, IV e V respectivamente.

- os elementos que deberán incluírse nunha factura serán os sinalados pola normativa en cada caso aplicable (art. 6 RD 1619/2012), considerándose imprescindible que recolla o nome ou razón social da empresa que factura e o seu NIF, data de emisión, importe e detalle de cada un dos obxectos ou conceptos facturados, Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) de forma diferenciada, base impoñible, tipo do IVE aplicable e importe total. Si se trata de facturas que conteñan retención de impostos (IRPF) deberá igualmente acreditarse o ingreso da retención.

- en ningún caso, se admitirán simples recibos e/ou tiques de caixa, notas de entrega, albarás, resgardos bancarios...

- se ben a sinatura e selo da entidade emisora da factura non son circunstancias especificadas na normativa de facturación como condición obrigatoria, dado o seu carácter de elementos probatorios da orixinalidade e procedencia da factura, será aconsellable que as facturas veñan asinadas e seladas polo provedor.

- no caso das facturas electrónicas, a autenticidade da orixe e a integridade do seu contido, debe estar garantida por algunha das modalidades de identificación admitidas legalmente (sinatura electrónica, código de verificación...).

- de conformidade co carácter finalista das subvención, non se admitirán facturas que correspondan a conceptos non presupostados na memoria.

- as facturas deben emitirse a nome da entidade perceptora da subvención.

- cando unha entidade ou empresa emisora dunha factura estea exenta de IVE, deberá achegar acreditación fidedigna da exención expedida polo órgano ou administración competente.

- as facturas ou minutas por prestación de servizos profesionais deberán conter os mesmos elementos que os especificados para as facturas, e tratándose de persoas físicas deberá constar nas mesmas a pertinente retención do IRPF, así como a acreditación de que se practicou e liquidou ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria dita retención

- non se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, caso no que, tratándose de facturas, computaranse o gastos acreditados deducido o IVE

Deberá presentarse electrónicamente unha solicitude de abono de subvención debidamente cumprimentada para cada un dos Programas subvencionados, segundo os Anexos III (mantemento), IV (equipamento) e V (obras), cada unha das cales, será rexistrada e asinada electronicamente cun número de documento de entrada distinto, e presentarase como documento adxunto con cada unha das solicitudes de abono, o Anexo VI: 'Memoria de actividades 2018' ou documento equivalente conforme se detalla no apartado 4 desta base.

A conta xustificativa das subvencións outorgadas conterán a seguinte documentación e información:

1. Anexo III. 'Solicitude de aboamento do Programa I. Gastos de Mantemento'

1. Datos da entidade beneficiaria da subvención

2. Datos do/ representante legal: no suposto de que dita representación non corresponda co/a presidente/a da entidade solicitante, deberá presentarse unha certificación do/a secretario/a no que figure o acordo de nomeamento de dito/a representante.

3. Domicilio a efectos de notificación: identificación dun dispositivo electrónico (teléfono móbil ou similar), e unha dirección de correo electrónico que servirán para o envío dos avisos de posta a disposición das notificacións enviadas á entidade solicitante. Estes avisos terán unicamente carácter informativo, en ningún caso, efecto de notificación practicada.

4. Detalle dos gastos xerais de mantemento, por un importe igual ou superior ao custe do proxecto subvencionado

5. Documentación complementaria:

- Para considerar debidamente acreditados os custes salariais correspondentes a gastos de persoal, deberán acompañarse:

' copia das correspondentes nóminas

' o Modelo 111 de autoliquidación de retencións e ingresos a conta do IRPF do trimestre correspondente, coas respectivas acreditacións bancarias de pago.

' Tc2 (relación nominal de traballadores) e Tc1 (xustificantes de pago de los recibos de liquidación de cotizacións á Seguridade Social).

- Cando se xustifiquen gastos de alugueiro, Modelo 115 de autoliquidación de retencións e ingresos a conta sobre determinadas rendas procedentes do arrendamento

- Cando se inclúan, como documentación orixinal, os recibos dos gastos de seguros, achegarase fotocopia do correspondente contrato vixente durante o período subvencionado (póliza).

- Acreditar, mediante a presentación das fotografías correspondentes, a difusión pública da colaboración municipal no financiamento dos gastos, mediante a inserción, en lugar preferente, do logotipo oficial do Concello de Vigo, segundo Anexo II ('Publicidade corporativa-cartelería') desta convocatoria. Así mesmo, no taboleiro de anuncios e na páxina web da entidade solicitante, ata a finalización do ano 2018, publicitarase que o Concello de Vigo colaborou no financiamento das gastos de mantemento da asociación, para o fomento das actividades sociocomunitarias e, en xeral, do asociacionismo e da participación cidadá.

- Para o caso de que a entidade beneficiaria declare (apartado 7) ter recibido outras subvencións para os mesmos gastos subvencionados nos Programas desta convocatoria, ou para a mesma finalidade procedentes de calquera das administracións públicas ou entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, deberá achegar fotocopia compulsada da resolución de concesión das mesmas.

6. Certificación do custe total do programa subvencionado polo que se acredita que dito programa foi executado na súa totalidade, indicando a contía do seu custe total. Dita certificación pode ser subtituida pola presentación das copias simples de facturas ou por un balance coa totalidade do gasto.

7. Declaración responsable (veracidade dos datos e cumprimento das bases, aplicación dos gastos á actuación subvencionada, abono dos gastos, retención do IRPF, non dedución do IVE, non percepción doutras axudas, estar ao corrente das obrigas tributarias (estatal, autonómica e local) e fronte á Seguridade Social, non incursión nas prohibicións do art. 13 da LXS e non aplicación da documentación económica xustificativa achegada á xustificación doutras subvencións).

8. Relación clasificada dos gastos subvencionados no programa I de Mantemento, na que se relacionarán, de forma numerada e correlativa, os gastos efectuados, con identificación do emisor/traballador, concepto dos gastos, CIF/NIF do emisor/traballador, nº documento xustificativo, data do documento, Base factura/nómina, no seu caso, IVE/IRPF, e importe total que se imputa á subvención, riscando cun 'x' diante do documento cuxo 'orixinal' se achega (facturas electrónicas e/ou copias dixitalizadas compulsadas das facturas orixinais), e reflectindo a suma total dos gastos xustificados e a suma total dos documentos 'orixinais' presentados.

9. Sinatura dixital do/a representante da entidade

2. Anexo IV. 'Solicitude de aboamento do Programa II. Equipamento'

1. Datos da entidade beneficiaria da subvención

2. Datos do/ representante legal

3. Domicilio a efectos de notificación

4. Detalle dos gastos xerais de equipamento, por un importe igual ou superior ao custe do proxecto subvencionado

5. Documentación complementaria:

- Certificación do/a secretario/a da entidade conforme o equipamento adquirido e subvencionado se incorporou ao seu inventario da entidade, con indicación expresa dos bens adquiridos e subvencionados e do fin concreto para o que se destinarán o/s ben/s subvencionado/s, e o período durante o cal quedarán afectados a dito fin, que será, como mínimo de 2 anos.

- Reportaxe fotográfica do equipamento subvencionado coa correspondente etiqueta identificativa do cofinanciamento municipal conforme o Anexo II. 'Publicidade corporativa-carteleria', así como, as fotografías que acrediten a exposición da cartelería nas instalación da entidade e, de ser o caso, na súa páxina web.

- De ser o caso, os tres orzamentos que, en aplicación do art. 31.3 da LXS debe ter solicitado a beneficiaria, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 18.000 ¬ no subministro de bens de equipamento ou prestación de servizos. Non serán esixibles cando os gastos se tiveran realizado con anterioridade á solicitude desta subvención.

- Para o caso de que a entidade beneficiaria declare (apartado 7) ter recibido outras subvencións para os mesmos gastos subvencionados nos Programas desta convocatoria, ou para a mesma finalidade procedentes de calquera das administracións públicas ou entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, deberá achegar fotocopia compulsada da resolución de concesión das mesmas.

6. Certificación do custe total do programa subvencionado polo que se acredita que dito programa foi executado na súa totalidade, indicando a contía do seu custe total. Dita certificación pode ser subtituida pola presentación das copias simples de facturas ou por un balance coa totalidade do gasto.

7. Declaración responsable.

8. Relación clasificada dos gastos subvencionados no programa II de Equipamento.

9. Sinatura dixital do/a representante da entidade

3. Anexo V. 'Solicitude de aboamento do Programa III. Obras'

1. Datos da entidade beneficiaria da subvención

2. Datos do/ representante legal

3. Domicilio a efectos de notificación

4. Detalle dos gastos xerais das obras, por un importe igual ou superior ao custe do proxecto subvencionado

5. Documentación complementaria:

- Reportaxe fotográfica sobre o estado final do/s espazo/s obxecto das obras, así como, as fotografías que acrediten a exposición da cartelería nas instalación da entidade e, de ser o caso, na súa páxina web, conforme ao Anexo II. 'Publicidade corporativa-carteleria'.

- Indicar o número de expediente ou copia da correspondente comunicación previa presentada na Xerencia Municipal de Urbanismo, coa finalidade de que o servizo de Participación Cidadá solicite un informe de conformidade emitido por dita Xerencia.

- No suposto de obras suxeitas a licenza urbanística, presentárase o número de expediente ou copia da licenza outorgada pola Xerencia Municipal de Urbanismo.

- No suposto de nova construción, rehabilitación e mellora integral de bens inventariables e inscribibles nun rexistro público, a inscrición no Rexistro da Propiedade. Na mesma deberá figurar, necesariamente, o destino do/s ben/s ao fin concreto para o que se concedeu a subvención, o importe da subvención concedida e o período durante o cal a beneficiaria debe destinar o/s ben/s a dito fin que, como mínimo, será de cinco anos.

- Cando o obxecto subvencionado sexa a adquisición dun ben inmoble, deberá achegarse escritura de compravenda, na que deberán figurar os extremos indicados no apartado anterior.

- De ser o caso, os tres orzamentos que, en aplicación do art. 31.3 da LXS debe ter solicitado a beneficiaria, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 50.000 ¬ na execución de obras. Non serán esixibles cando os gastos en obras se tiveran realizado con anterioridade á solicitude desta subvención.

- Para o caso de que a entidade beneficiaria declare (apartado 7) ter recibido outras subvencións para os mesmos gastos subvencionados nos Programas desta convocatoria, ou para a mesma finalidade procedentes de calquera das administracións públicas ou entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, deberá achegar fotocopia compulsada da resolución de concesión das mesmas.

6. Certificación do custe total do programa subvencionado polo que se acredita que dito programa foi executado na súa totalidade, indicando a contía do seu custe total. Dita certificación pode ser subtituida pola presentación das copias simples de facturas ou por un balance coa totalidade do gasto.

7. Declaración responsable.

8. Relación clasificada dos gastos subvencionados no programa III de Obras.

9. Sinatura dixital do/a representante da entidade

4. Anexo VI) 'Memoria de actividades 2018', conforme ao proxecto achegado coa solicitude, que fundamentaron a concesión da/s subvención/s outorgadas, e na que deberá figurar, como mínimo, a seguinte información:

1. Breve referencia sobre en que medida a subvención, por cada un dos programas subvencionado, contribuíu ao desenvolvemento das actividades da entidade beneficiaria

2. Descrición das actuacións ou actividades realizadas, conforme ao proxecto achegado

' Denominación da actividade

' Datas e lugar de celebración

' Número de participantes ou colectivo destinatarios

' Recursos empregados (materiais e humanos)

' Nos cursos de formación (novas tecnoloxías, idiomas, educación...), detallarase, brevemente, o programa do curso xunto coa identificación do monitor

' Material publicitario empregado para a súa difusión (carteis, anuncios en prensa...)

' Calquera outra documentación complementaria

Este Anexo VI) poderá substituírse por unha memoria de actividades en formato libre, sempre e cando, se inclúan os datos solicitados e se faga mención a cada unha das actividades detalladas no Anexo I) presentado no momento da solicitude ('Proxecto de Actividades').

DÉCIMO CUARTA.-COMPROBACIÓN DAS SUBVENCIÓNS

No caso de ser incompleta ou defectuosa a documentación achegada, concederase a entidade beneficiaria un prazo improrrogable de 10 días hábiles para a súa emenda ou entrega, transcorridos os cales, sen atender ao requirimento, teranse por desistidos da súa petición previa resolución ditada nos termos previstos no art. 21 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, sen prexuízo, no seu caso, da declaración de caducidade e o arquivo das actuacións polo transcurso de tres meses sen retomar a tramitación en caso de paralización do procedemento por causa imputable ao interesado, conforme aos artigos 68 e 95, respectivamente, da referida Lei.

De conformidade cos documentos xustificativos achegados, o persoal técnico do Servizo de Participación Cidadá será o encargado do seguimento e estudio da execución da subvención, así como informar sobre a adecuada xustificación da subvención, mediante a emisión dun informe que se incorporará ao expediente, no que se poña de manifesto expresamente o cumprimento total do obxecto da subvención ou aquelas circunstancias que imposibiliten a aprobación da xustificación, dando lugar a súa desestimación, desistimento ou caducidade da solicitude de aboamento, así como, a renuncia á subvención.

Xustificaranse os gastos polo concepto e importe solicitados: os gastos subvencionados teñen carácter finalista, non se admite compensación ou substitución por outros conceptos ou importes diferentes aos consignados na solicitude de subvención. Como excepción, por tratarse de gastos estimados, difíciles ou imposibles de concretar no momento da solicitude, admítese unha variación de ata un máximo do 15% no importe do proxecto de referencia no Programa I ('Gastos de Mantemento').

DÉCIMO QUINTA.-OBRIGA DE INFORMACIÓN

As entidades beneficiarias deberán facilitar toda a información e documentación que, que en relación aos expediente de subvencións, lle sexa requirida pola Concellaría de Participación Cidadá, así como, pola Intervención Municipal, Tribunal de Contas e Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións. Así mesmo, o servizo xestor poderá facer as indagacións pertinentes para o esclarecemento das dúbidas xurdidas en relación a calquera documento xustificativo achegado.

DÉCIMO SEXTA.-ABOAMENTO

O aboamento das subvencións efectuarase mediante transferencia bancaria, unha vez sexan debidamente xustificada.

Non poderá realizarse o pago da subvención en tanto a beneficiaria non estea ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ser debedora por resolución de procedencia de reintegro. Tales circunstancias deberán acreditarse novamente de non ser posible a súa comprobación telemática ou cando os certificados que consten no expediente carezan de vixencia.

Así mesmo, lémbrase que as entidades beneficiarias están obrigadas a comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien os programas subvencionados.

DÉCIMO SÉTIMA.-PERDIDA DO DEREITO AO COBRO: REVOGACIÓN, MINORACIÓN, NULIDADE E REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS. RÉXIME DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

a) Dará lugar á perda do dereito ao cobro da subvención e, porén, á súa revogación, o incumprimento por parte da entidade beneficiaria da subvención, de calquera das obrigas previstas nestas bases-convocatoria e, en particular de:

' A obriga de xustificación no prazo legalmente establecido

' A non achega da memoria de actividades ou cando a mesma non se axusta aos termos da Base Décimo Terceira

' As obrigas, requisitos, condicións e demais circunstancias, establecidas nestas Bases, con motivo da concesión das subvencións

' Finalidade para a que se concederon que determinou o seu outorgamento

' Adopción de medidas de difusión do financiamento pública recibida nos termos previstos nestas Bases

' Concorrencia de calquera outra das causas previstas no art. 37 da LXS.

' Tamén suporá perda do dereito ao cobro a ocultación ou falsidade de datos e/ou documentos ou obtención de subvencións falseando as condicións requiridas para iso.

Procederá a revogación parcial, por Programas, cando os incumprimentos a que se refire o apartado anterior se produzan unicamente respecto dun dos Programas para os que obtivo subvención.

O acordo da Xunta de Goberno Local que determine a revogación total ou parcial da subvención, adoptarase previa instrución do expediente, cuxo inicio se notificará á entidade co conseguinte trámite de audiencia e prazo para formular alegacións, e no que deberá constar informe e proposta razoada do servizo de Participación Cidadá.

No caso de que, por concorrencia de subvencións, a contía das axudas superen o custe do proxectos subvencionados, procederá a redución ou minoración da subvención no exceso, no seu caso, reintegro das cantidades percibidas indebidamente.

b) Cando o incumprimento da actividade subvencionada se traduza nunha diminución significativa das actuacións subvencionadas, traducible a termos económicos, en función do proxecto presentado e o seu presuposto, que non implique verdadeiro incumprimento do obxectivo ou condicións da subvención, procederá a aplicación da regra de proporcionalidade a efectos de perda do dereito ao cobro e conseguinte redución proporcional da contía da subvención.

c) Para a determinación das causas de nulidade e anulabilidade do acordo de concesión das axudas e de reintegro das mesmas, estarase ao disposto nos artigos 36 e ss. da Lei Xeral de Subvencións. En todo caso, cando concorran causas de reintegro, a entidade reintegrará as cantidades percibidas e a esixencia dos xuros de demora dende o aboamento da subvención ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro.

d) En canto ás infraccións e sancións en que poidan incorrer os beneficiarios destas axudas, e o procedemento para a súa imposición, estarase ao disposto no Título IV da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o seu Regulamento nos seus preceptos básicos, ou, no seu caso, o título IV da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvención de Galicia, e o Título IV da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas no que se regula a potestade sancionadora e a responsabilidade patrimonial.

DÉCIMO OITAVA.-TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Os datos das entidades solicitantes e os dos seus representantes serán incorporados aos ficheiros municipais. A finalidade da súa recollida é a instrución do procedemento para a concesión das subvencións obxecto das presentes bases reguladoras, a práctica das publicacións, comunicacións e notificacións de obrigado cumprimento, o seguimento e comprobación da actividade subvencionada e demais actuacións previstas na normativa reguladora das subvencións, en orden á conclusión do proceso de subvencións, polo que a súa achega é obrigatoria.

Os referidos datos serán tratados e protexidos de acordo co previsto na Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, sendo responsable do seu tratamento o Servizo de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

A beneficiaria poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o Servizo de de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

DÉCIMO NOVENA.-NORMATIVA DE APLICACIÓN

Esta convocatoria réxese polas súas Bases, pola Lei 9/2007 do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia; a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e o Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, nos seus preceptos básicos; a lexislación básica do Estado en materia de réxime local; os preceptos non básicos da Lei 38/2003 e do Real Decreto 887/2006; as Bases de Execución do Orzamento do Concello de Vigo para o ano 2018, as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.

VIXÉSIMA.-PUBLICIDADE

As presentes bases reguladoras e a convocatoria, cuxo contido responde ao disposto no art. 20 da Lei de Subvencións de Galicia, publicarase conforme ao establecido no artigo 20.8 apartados a) e b) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en aplicación dos principios recollidos na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno, publicarase, unha vez aprobadas, a convocatoria e bases reguladoras da convocatoria de 'Subvención para o fomento do asociacionismo e da participación cidadá' en:

' A convocatoria, na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), no portal de transparencia e na páxina web no Concello de Vigo (www.vigo.org), conforme ao art. 14.1 da LSG, a publicación que determinará o inicio do prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes, será a do extracto enviado pola BDNS e que se realice no Boletín Oficial da Provincia.

' As bases reguladoras, no BOP, no portal de transparencia e na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org).

As subvencións concedidas se remitirán á BDNS para a súa publicación con indicación segundo cada caso, da convocatoria, o programa e crédito presupostario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade da subvención con expresión dos distintos programas ou proxecto subvencionados.

O xefe do servizo de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local, Franciso J. Gutiérrez Orúe

Conforme, O concelleiro de Parques, Xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Distritos, Ángel Rivas González.-Conforme, O concelleiro delegado de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros Pereira

Fomento de la participación ciudadana
Participación ciudadana
Comercio
Fomento del asociacionismo
Voluntariado
Empleo y contratación
Equipamiento informático
Empleo
Bienestar social
Ocio y tiempo libre
Actividades de ocio y tiempo libre
Asociacionismo vecinal
Cultura
Formación
Alquiler de vivienda
Lectura
Empresa
Obras de rehabilitación
Deporte
Actividad artesanal
Promoción deportiva
Deporte
Artesanía
Fomento del empleo
Gallego
Exposiciones
Prensa
Educación
Estudios
Idiomas