BASES REGULADORAS DO PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO AO ESTUDIO PARA O CURSO 2017/2018 CON DESTINO A FAMILIAS EN SITUACIÓN DE DIFICULTADE SOCIO-ECONÓMICA - Boletín Oficial de Pontevedra de 13-10-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 13/10/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

A Xunta de Goberno Local do Concello de Forcarei, celebrada o dia 13 de xullo de 2017, aproboú a seguintes bases:

BASES REGULADORAS DO PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO AO ESTUDIO PARA O CURSO 2017/2018 CON DESTINO A FAMILIAS EN SITUACIÓN DE DIFICULTADE SOCIO-ECONÓMICA

CONVOCATORIA 2017

As axudas ó estudio contémplanse como unha prestación social no marco das Axudas de Emerxencia Social polo seu carácter extraordinario e finalista. As presentes Bases reguladoras para a concesión de Axudas municipais ao estudio para o curso económico 2017/2018 con destino a familias en situación de dificultade socioeconómica, ten a seguinte base normativa:

- Artigo 39 da Constitución Española, que establece a obriga dos poderes públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia.

- A Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local que no seu artigo 80.2.K establece as competencias dos municipios na prestación de servizos sociais e de promoción e inserción social.

- A Lei 13/2008 de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, no seu artigo 60 atribúe aos concellos, entre outras competencias, a creación e xestión dos servizos sociais comunitarios básicos. No artigo 21 da mesma lei, recoñécense as prestacións económicas de emerxencia social e necesidade social como esenciais, dentro do sistema galego de servizos sociais, co obxectivo de paliar situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social.

- A Lei 3/1997 de 9 de xuño de protección xurídica, económica e social da familia, que no artigo 5 atribúe os concellos competencias en materia de protección as familias, infancia e adolescencia no referente a actuación directas no ámbito familiar, achegando recursos e prestacións ás familias que presenten carencias.

PRIMEIRA: OBXECTO DA CONVOCATORIA

O obxecto da convocatoria é regular o procedemento para a concesión de subvencións ás familias con dificultades socioeconómicas para o apoio ao estudio no curso escolar 2017/2018.

Estas axudas son compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de organismos públicos ou privados, sempre e cando a suma de tódalas axudas non excedan do cen por cento do custe total, comprometéndose o/a solicitante a comunicalo e reintegralo ao Concello nos casos en que proceda.

Estas axudas outorgaranse de acordo aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

SEGUNDA. DOTACIÓN ORZAMENTARIA

O orzamento inicial ascende a 7.000 euros, con cargo á partida orzamentaria 231/480.

TERCEIRA. TIPOLOXÍA E CONTÍA DAS AXUDAS

Serán obxecto destas Bases as Axudas para libros e material escolar (incluído o vestiario requirido polo centro para as clases de educación física) necesario para o alumnado da etapa de educación infantil, primaria e secundaria dos centros públicos do Concello de Forcarei.

As contías das axudas a conceder poderán constituír o cen por cento do custe total. O importe máximo para o curso 2017/2018 das Axudas para adquisición de libros e material escolar será dun máximo de 100 euros por alumno/a.

As axudas a abonar estarán en función do gasto realizado e xustificado, dando lugar, se é o caso, a unha minoración da contía inicialmente concedida.

CUARTA: BENEFICIARIOS:

Poderán ser beneficiarios destas axudas as familias empadroadas no Concello de Forcarei que teñan menores ao seu cargo, matriculados para o curso escolar 2017/2018 nalgún centro de ensino público de Forcarei, en Educación Infantil, Primaria e Secundaria para axudas de material escolar.

En cada unidade familiar só un dos seus membros terá a condición de persoas beneficiaria das axudas, e poderanse conceder tantas axudas como número de menores teñan matriculados en educación infantil, primaria e secundaria.

No suposto de que a demanda supere a capacidade orzamentaria, a priorización na concesión das axudas virá dada pola avaliación e baremación da solicitude de acordo cos criterios establecidos na base OITAVA da convocatoria, ata esgotar os orzamentos destinados a tales fins.

QUINTA: REQUISITOS XERAIS DAS PERSOAS SOLICITANTES

1. Todos os membros da unidade de convivencia deberán de figurar empadroados e residir de modo efectivo no Concello de Forcarei na data de publicación no B.O.P. de Pontevedra do anuncio desta convocatoria.

2. Convivir, na unidade familiar, as/os alumnos para os que se solicita a axuda.

3. Estar matriculado/a en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria para o curso escolar 2017/2018, nos centros de ensino do Concello de Forcarei.

4. Ter presentada a solicitude e documentación no prazo establecido.

5. Non superar os ingresos económicos fixados na base oitava.

DETERMINACIÓN DA UNIDADE FAMILIAR:

Considéranse unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor, e os fillos solteiros do solicitante, menores de vinte e seis anos que convivan no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria. A separación transitoria motivada por razóns de estudio, traballo, tratamento médico ou outras causas similares, non rompe a convivencia a estes efectos. Cando algún dos membros da unidade familiar teña a condición de discapacitado con grao igual ou superior o 75% ou estea valorado como dependente en calquera dos graos establecidos segundo a Lei 39/2006 de 14 de novembro de Promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia, computarase como un membro da unidade familiar. No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerara membro computable aquel que non viva no domicilio, agás no suposto de custodia compartida.

Nos supostos de situacións de acollemento familiar, será de aplicación a familia de acollida os mesmos criterios.

SEXTA: FORMALIZACIÓN DE SOLICITUDES E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN:

As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral de entrada co Concello de Forcarei ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo modelo Anexo I, acompañadas da documentación acreditativa de cumprimento de requisitos e circunstancias que permitan avaliar a situación socio-familiar.

As solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

1. Fotocopia do D.N.I. do/a solicitante, pasaporte ou NIE vixente.

2. Fotocopia do Libro de familia completo ou documento oficial acreditativo dos membros da unidade familiar coa súa data de nacemento.

3. Certificado de empadroamento familiar

4. Xustificante da matricula ou de reserva de praza en calquera os centros de ensino público de Forcarei.

5. Fotocopia da certificación do grado de discapacidade e/ou dependencia dos membros da unidade familiar recoñecidos como tales, no seu caso.

6. Certificación da conta bancaria no que conste o código de conta do cliente, que deberá coincidir co/a solicitante da axuda.

7. Declaración de estar ao corrente das obrigas fiscais.

8. Declaración doutras axudas percibidas ou solicitadas coa mesma finalidade, de calquera organismo público ou privado.

9. A correspondente factura orixinal, que deberá ser emitida cos requisitos establecidos no R.d. 1496/2003, a nome do/a solicitante da axuda. As facturas presentaranse xunto coa solicitude. Se a solicitude fose desestimada procederase á devolución da factura o/á interesado/á.

10. Fotocopias das nóminas dos seis primeiros meses do ano 2017 de todos aqueles membros da unidade familiar que perciban rendas do traballo. No caso de ser pensionista ou desempregado, achegárase o certificado do organismo correspondente. Asímesmo os autónomos deberán presentar a segunda declaración trimestral do IRPF do ano 2017..

11. Declaración da renda do ano 2016, no caso de non habela feito presentarase certificación negativa emitida por Facenda.

Documentación a presentar pola Administración Local:

' Certificado expedido pola tesourería do Concello de non ter débedas coa entidade municipal os titores legais do alumnado.

' Certificado de Convivencia.

Cando se presenten fotocopias de documentos, deberanse presentar compulsados ou achegar o documento orixinal para a compulsa dos mesmos.

SÉTIMA: PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN

- As solicitudes e documentación pertinente presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou en calquera das modalidades contempladas no artigo 84.4 da Lei 30/1992, dentro do prazo sinalado. Non se admitiran solicitudes fora de prazo.

- As solicitudes presentadas remitiranse ao Departamento de Servizos Sociais onde se procedera a incorporación de datos no soporte informático correspondente e realizaranse as seguintes tarefas:

a) Comprobación dos requisitos esixibles e da documentación acreditativa e, si fose o caso, requirir a subsanación da solicitude ou documentación de acordo co establecido no artigo 71.1 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas, para que no prazo de 10 días hábiles emende a falta ou acompañe os documentos requiridos, con indicación de que se así non se fixera, terase por desistida da súa petición.

b) Estudo, valoración e baremación de cada unha das solicitudes presentadas que deberá quedar reflectido no informe social..

c) Informe Social, valoración e proposta técnica de resolución por parte da

Traballadora Social do Concello de Forcarei.

O informe de valoración das solicitudes presentadas así como a proposta técnica de resolución será remitido á Alcaldesa para a súa presentación á Xunta de Goberno Local.

OITAVA: CRITERIOS DE AVALIACIÓN E BAREMO

Os ingresos económicos que se computarán serán os referentes aos seis primeiros meses do ano 2017.

Para a concesión da axuda terase en conta o número de membros da unidade familiar de convivencia e os ingresos mensuais destes, tomando como referencia para as formadas por dúas persoas o Salario Mínimo Interprofesional estimado para o ano 2017 en 707,70 ¬/mes. Incrementárase o 30% do SMI por cada membro adicional da unidade familiar de convivencia a partir do terceiro.

Nº de membros da unidade familiar

Ingresos mensuais

2

707,70¬

3

920,01¬

4

1.132,32¬

5

1.344,63¬

6

1.556,94¬

7

1.769,25¬

8

1.981,56¬

*A efectos do cómputo de ingresos nos casos en que a persoa ou familia habiten nunha vivenda en réxime de aluguer, ou en propiedade que estean a pagar, a contía do aluguer ou da hipoteca descontaráse do total de ingresos familiares para obter os ingresos netos ata un máximo de 300 ¬.

Unha vez comprobado o cumprimento deste requisito, os criterios de valoración da solicitude son os seguintes:

1. Situación de dificultade socioeconómica da unidade familiar. A estes efectos terán esta consideración as familias incluídas no Programa de Apoio ás Familias no ámbito dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos; as familias con todos os membros en situación de desemprego; familias beneficiarias da RISGA e de Prestacións de Apoio familiar; familias de intervención social incluídas no Programa de Inserción Social e Laboral: familias nas que algún/s membro/s teña unha discapacidade con grao igual ou superior ao 65%, ou estea valorado como dependente en calquera dos graos establecidos segundo a Lei 39/2006, de 14 de decembro e demais circunstancias a considerar pola Traballadora Social do Concello : 5 puntos

2. Familias monoparentais: 3 puntos

3. Familias numerosas: 2 puntos.

NOVENA: PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PUBLICIDADE

As Bases da convocatoria serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, no Taboleiro de Anuncios do Concello de Forcarei, e no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica do Concello (forcarei.sedeelectronica.gal).

Darase publicidade ademais nos distintos colexios públicos e nas ANPAS dos mesmos.

Concédese o prazo de dez (10) días hábiles para a presentación de solicitudes que se iniciará ó día seguinte da publicación das Bases da Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Non se admitirán solicitudes fóra de prazo.

DECIMA: RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES E RÉXIME DE RECURSOS:

A Xunta de Goberno Local aprobará a resolución das axudas en base o informe técnico emitido pola Traballadora Social do Concello de Forcarei e á Proposta da Alcaldesa, sendo comunicada con posterioridade aos interesados mediante exposición

no taboleiro de anuncios do Concello. No caso de resolución favorable farase constar o importe da axuda concedida así como a forma de pagamento e as condicións nas que se outorga.

Contra a resolución adoptada na execución das presentes bases, poderáse interpor recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo de un mes dende a recepción da resolución.

Entenderáse desestimado o recurso se transcorrido un mes dende a súa presentación non se obtivese resposta, podendo nese caso interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses, tal e como prevé o artigo 8 da Lei 29/1998 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

DECIMO PRIMEIRA: XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS AXUDAS

A forma de pagamento das mesmas será a seguinte:

Para as axudas para adquisición de libros e material escolar (incluído o vestiario requirido polo centro para as clases de educación física) para alumnos matriculados na etapa de Ensino Infantil, Primaria e Secundaria dos centros públicos de Forcarei, abonarase o importe concedido previa presentación de factura por parte do/a beneficiaria. A factura, que deberá ser emitida cos requisitos establecidos no R.d. 1496/2003, no que figurará a nome do/a solicitante da axuda. As facturas presentaranse xunto coa solicitude.

Tendo en conta que estas axudas son de interese social, pola situación de dificultade económica das familias ás que están dirixidas, terán a consideración de carácter especial, polo que o importe da axuda poderá supoñer a totalidade do gasto, sempre que non supere a contía máxima fixada por alumno/a.

Estas axudas son compatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade outorgadas tanto polas administracións publicas ou calquera dos seus organismos, como por entes, sociedades ou calquera entidade privada, por ter carácter de axuda compensatoria, sempre e cando a suma de tódalas axudas concedidas non supere a totalidade do gasto.

O pago por parte do Concello desta axuda farase a través de transferencia bancaria.

DECIMO SEGUNDA: REINTEGRO E RÉXIME SANCIONADOR

A falsidade ou ocultación dos datos ou documentos achegados polos solicitantes suporá a devolución da axuda no caso de tela percibida e implicará o impedimento dunha nova solicitude por un período de dous anos.

En todo aquilo non previsto na presente proposta técnica, será de aplicación as normas básicas de Lei 38/2003 xeral de subvencións (artigos 36 e 37) e da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia (artigos 32 e 33) sobre causas de invalidez e réxime de reintegro das subvencións, réxime de infraccións e sancións en materia de subvención.

O que se fai público aos efectos de establecemento do prazo de presentación de solicitudes por parte das persoas interesadas, tal e como se recolle nas indicadas Bases.

Forcarei, 20 de setembro de 2017 -

A ALCALDESA,

Asdo.: Belén Cachafeiro Anta

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Actividades de servicios sociales
Estudios
Servicios Sociales
Familia
Escuelas Infantiles
Material escolar
Educación
Escuelas
Alumnado
Emergencia social
Infancia
Dependencia
Inclusión social
Sector del libro
Discapacidad
Alquiler de vivienda
Vivienda
Hipotecas
Inserción laboral
Ampas
Familia numerosa
Exposiciones