Bases reguladoras do Programa de cooperación BenOurense Infancia para concesión de subvencións a puntos de atención á primeira infancia e servizos complementarios das entidades locais para o exercicio 2018 - Boletín Oficial de Ourense de 01-06-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Ourense
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 01/06/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas, Particulares
  • Documento en formato PDF

A Corporación provincial, na sesión realizada o 25 de maio de 2018, aprobou definitivamente as bases reguladoras do Programa de cooperación BenOurense Infancia para concesión de subvencións a puntos de atención á primeira infancia e servizos complementarios das entidades locais para o exercicio 2018.

Para cumprir co disposto no dito acordo, publícase a continuación o texto íntegro das ditas bases.

I.- Bases xerais. A) Obxecto da subvención: Constitúe o obxecto destas bases a regulación da convocatoria pública, por parte da Deputación Provincial de Ourense, para a tramitación e concesión de subvencións do Programa BenOurense Infancia en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ás corporacións locais para o mantemento dos Puntos de Atención a Primeira Infancia (PAI) , e/ou dos Servizos Complementarios .

O presente programa contempla dúas accións: 1º) Acción I: Punto de Atención á Infancia (PAI). Para os efectos das presente convocatoria enténdese como PAI aqueles establecementos de carácter diúrno e titularidade municipal, situados en concellos de menos de 5.000 habitantes e encadrados nos servizos sociais especializados dos concellos, que teñen por finalidade prestar apoio aos pais, titores e gardadores dos nenos e nenas entre 3 meses e 3 anos e que se encontran regulados polo Decreto 329/2005, do 28 de xullo.

Exceptúanse aqueles servizos xestionados polo Consorcio Galego de Benestar da Xunta de Galicia ou entidade que poida substituíla.

2º) Acción II: Servizos Complementarios Municipais. Para os efectos desta convocatoria, enténdese como servizo complementario, aqueles servizos de titularidade municipal, que por xestión directa ou indirecta e en xornada diúrna, desenvolven funcións de atención e coidado fóra da xornada ordinaria dos centros escolares para nenos e nenas entre 3 e 12 anos actuando como soporte e apoio as familias e contribuíndo á conciliación da vida laboral e familiar.

B) Beneficiarios. Poderán obter subvención os seguintes: 1. Acción I: os PAIs daqueles concellos de menos de 5.000 habitantes da provincia de Ourense non xestionados polo Consorcio Galego de Benestar da Xunta de Galicia ou entidade que a substitúa.

2. Acción II: as corporacións locais de menos de 20.000 habitantes, da provincia de Ourense, que conten cun centro que reúna as seguintes condicións:

- Que teñan en funcionamento un servizo complementario da súa titularidade, xestionada de forma directa ou indirecta, que organicen o coidado dos nenos e nenas no seo dun grupo coa finalidade de contribuír ao seu benestar e favorecer a conciliación laboral e familiar mediante a garda e custodia dos menores, funcione baixo un calendario coñecido e sistemático, con reserva de praza previa e un sistema regulado de cobertura destas prazas.

- Que estes centros presten servizos, cando menos, 5 días da semana durante nove meses ao ano, coa finalidade de adaptar o seu calendario de apertura ás necesidades de conciliación da vida laboral e familiar dos pais/mais ou representantes legais dos nenos, excepto aqueles días sinalados como festivos no calendario laboral.

Quedan expresamente excluídos de esta consideración servizos exclusivos de ludoteca, actividades de formación/capacitación complementarias á escolar e desenvolvidas no curso escolar (actividades extraescolares), actividades deportivas ou de ocio realizadas polo concello durante o curso escolar, e outras de natureza análoga ás anteriores.

C).- Procedemento de adhesión dos concellos. Ao abeiro do establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no artigo 14.2, a presentación de solicitudes tramitarase exclusivamente mediante o uso de medios electrónicos, sendo obrigatoria a presentación de solicitudes por vía telemática de conformidade co previsto nesta base.

Os concellos interesados en participar deberán comunicar a súa adhesión á Deputación Provincial, mediante resolución da alcaldía (ou órgano delegado, se é o caso), na que se manifeste expresamente a asunción das obrigas e compromisos previstos no Programa, para o que deberán utilizar obrigatoriamente os modelos facilitados pola Deputación e que deberán ser descargados na aplicación informática http://benourense.depourense.es/pai/index.php

O prazo de presentación da adhesión será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación. A comunicación da adhesión asinaraa dixitalmente o alcalde, presidente ou secretario da entidade local e presentarase no Rexistro da Deputación de Ourense. Non se admitirá ningunha solicitude de adhesión formulada en data posterior.

A Deputación Provincial poderá conceder un prazo de ata 10 días hábiles para a corrección de deficiencias nas solicitudes de adhesión.

A presentación da solicitude telemática en tempo e forma determinará a adhesión da entidade local, sen necesidade de máis trámites. En todo caso, mediante resolución da Presidencia denegarase a adhesión a aquelas entidades cuxa solicitude non se axuste ao establecido no presente Programa ou modelo de adhesión.

A adhesión das entidades locais beneficiarias constitúe un requisito de efectividade do Programa, polo que as entidades locais que non se adhiran no prazo sinalado no parágrafo anterior entenderase que renuncian a participar no programa, causando baixa nas previsións. Neste suposto, os remanente de cofinanciamento previsto para cada acción que non fora utilizado, incrementará o importe do cofinanciamento destinado a cada unha das accións obxecto de subvención, distribuíndose o remanente entre as entidades adheridas conforme aos criterios establecidos nas regras de distribución das base II e III respectivamente.

D) Réxime xurídico das subvencións de asistencia económica previstas no presente programa.

De conformidade co establecido na disposición adicional 8ª da Lei xeral de subvencións e no artigo 10 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Ourense, as subvencións de asistencia económica previstas no presente programa rexeranse polo establecido nas presentes bases, sendo as normas da Lei xeral de subvencións e da dita ordenanza de aplicación supletoria.

Non obstante o anterior, serán de aplicación as normas xerais das subvencións da Deputación en todo o relativo á xustificación, reintegro, perda do dereito á subvención e control financeiro, no que non contradiga expresamente o establecido nas presentes bases.

E) Tramitación das subvencións previstas neste Programa. Xustificación e pagamento. Reintegro e perda do dereito ao cobro.

As subvencións previstas no presente Programa entenderanse automaticamente concedidas ás entidades locais adheridas

conforme coa base B), procedéndose á súa xustificación e pagamento nos seguintes termos:

E.1) Pagamento anticipado do 80% sobre o máximo de subvención previsto para cada concello.

Antes do 30 de xuño de 2018, a Deputación Provincial procederá, de oficio, ao libramento do 80% do importe máximo de subvención previsto a cada concello. O importe restante librarase unha vez realizada a xustificación final por parte da entidade local.

E.2) Xustificación e pagamento final. Ata o 15 de decembro de 2018 (inclusive) as entidades locais beneficiarias poderán presentar unha certificación de xustificación do Programa Subvencionado e os gastos dela derivados da forma telemática e asinada dixitalmente segundo os formularios que lle indique a Área de Benestar da Deputación a través da plataforma informática http://benourense.depourense.es. O prazo de presentación da xustificación final terá carácter improrrogable, agás causa debidamente xustificada. En todo caso, a prórroga deberá solicitarse antes do día 15 de decembro de 2018 e poderase conceder sempre que se aprecie causa xustificada, como máximo ata o 15 de xaneiro de 2019. En ningún caso se concederá prórroga para o prazo vencido.

As entidades deberán xustificar a execución do(s) proxecto(s) subvencionado(s) durante o exercicio 2018, facendo uso dos formularios normalizados que se deberán obter, cubrir, validar e imprimir dende a plataforma:

http://benourense.depourense.es. Os formularios conteñen: ' Memoria da execución do proxecto subvencionado. ' Relación de documentos xustificativos dos gastos devindicados. No caso de presentarse facturas admitiranse as facturas completas ou simplificadas sempre que conste nelas o CIF do destinatario/a.

' Certificación expedida polo órgano competente da entidade beneficiaria da realización dos gastos correspondentes ao proxecto.

' Declaración responsable do conxunto de todas as subvencións e axudas percibidas para a mesma finalidade, sexan públicas ou privadas.

' Declaración das medidas de difusión da subvención concedida. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os xuros debedores de contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penais e os gastos de procedementos xudiciais. Polo exposto, a xustificación non poderá incluír os referidos gastos. Os gastos estarán referidos única e exclusivamente á anualidade 2018, obxecto da presente convocatoria.

A solicitude da Intervención da Deputación Provincial, poderán esixirse aqueles documentos ou xustificantes complementarios que, motivadamente, se consideren oportunos para unha fidedigna acreditación da realización do gasto. Igualmente, a Intervención da Deputación poderá realizar funcións de inspección e control financeiro das entidades beneficiarias, de conformidade co establecido na Lei 9/2007.

No caso daquelas entidades que imputen á subvención gastos de Seguridade Social do persoal contratado para desenvolver o proxecto admitirase ata o día 15 de xaneiro de 2019 a documentación probatoria do aboamento de cotas á Seguridade Social.

A Xunta de Goberno declarará a perda do dereito ás subvencións non xustificadas en prazo, total ou parcialmente, segundo proceda. E.3) Compatibilidade con outras axudas ou subvencións públicas.

Estas axudas serán incompatibles con calquera outra axuda ou subvención outorgada pola Deputación de Ourense para a mesma finalidade e igual exercicio orzamentario.

E.4) Obrigas de reintegro e perda do dereito a cobro. A Deputación Provincial poderá declarar a obriga de reintegro ou a perda do dereito ao cobro da subvención, segundo proceda, por calquera das causas previstas na lexislación xeral de subvencións e nas bases do presente programa. Non obstante o anterior, non será necesaria a tramitación do expediente de reintegro ou de perda do dereito a cobro nos supostos en que o importe dos gastos xustificados polas entidades locais beneficiarias sexan inferiores ás contías iniciais máximas das subvencións previstas no presente programa. Neste supostos, a cantidade que deberá aboarse reaxustarase automaticamente segundo proceda, compensándose co anticipo librado, de ser o caso.

F) Control financeiro das subvencións. Sen prexuízo das obrigas de xustificación impostas aos beneficiarios, as actuacións de prestación de servizos sociais comunitarios das entidades locais adheridas que constitúen o obxecto das subvencións previstas no presente Programa quedarán suxeitas ás actuacións de control financeiro que poida acordar a Intervención da Deputación, ao longo dos exercicios 2018 e 2019. O control financeiro incluirá actuación de supervisión e control das actividades subvencionadas, tanto no relativo a prestación dos servizos como á súa xestión e tramitación administrativa. Os controis serán realizados por persoal da Área de Benestar, baixo a dirección da Intervención provincial, conforme co establecido na Lei xeral de subvencións e, en función dos seus resultados, poderá dar lugar á apertura de expediente de reintegro no suposto en que ao seu través se detectase a concorrencia dalgunha das causas legais de reintegro previstas na lexislación vixente.

O sometemento a control financeiro das entidades adheridas ao programa poderá ter carácter xeral para todas elas ou ben limitarse a unha mostra aleatoria de cando menos tres entidades, que serán determinadas mediante sorteo realizado en acto público, cuxa celebración se anunciará coa debida antelación na sede electrónica da Deputación Provincial. O resultado do sorteo e o inicio das actuacións de control financeiro comunicarase ás entidades afectadas cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do inicio das actuacións inspectoras. En todo caso, a Intervención provincial daralle conta á Presidencia tanto da decisión de someter a control financeiro o programa como do contido das actuacións realizadas

G) Obrigas de información e publicidade das entidades locais adheridas.

Con independencia da obriga de sometemento ao control financeiro previsto na base xeral anterior, as entidades locais adheridas ao presente programa estarán obrigadas a:

1.- Facilitarlles aos servizos da Deputación Provincial toda a información relativa ao funcionamento dos servizos sociais municipais obxecto de subvención, que se lles demande. A negativa a facilitar esta información, ou a demora inxustificada no seu envío, dará lugar á exclusión da entidade local do presente Programa, coa conseguinte perda do dereito a cobro ou reintegro, segundo proceda, das subvencións percibidas ou concedidas ao seu abeiro, a cal será obxecto de declaración pola Presidencia da Deputación, tras a tramitación previa do oportuno expediente contraditorio con audiencia da entidade interesada.

2.- A identificar os servizos cofinanciados pola Deputación de Ourense. Transcorridos quince días dende esta publicación remitirase telematicamente á Deputación de Ourense fotografías nas que conste a identificación do servizo/persoal como cofinanciado pola Deputación e que responderá ás normas de información e publicidade que se farán chegar pola Deputación de Ourense para que sexan observadas polas entidades que se adhiran a estes programas. O incumprimento das obrigas de publicidade dará lugar ao reintegro ou perda do dereito ao cobro da subvención, con carácter parcial, e ata un importe do 20 % da subvención concedida, determinándose de conformidade co principio de proporcionalidade e en atención á gravidade do incumprimento comprobado. A declaración da obriga de reintegro ou da perda do dereito ao cobro da subvención realizarase por resolución da Presidencia da Deputación, tras a tramitación previa do oportuno expediente contraditorio con audiencia da entidade interesada.

II) Bases relativas á Acción 1: Puntos de Atención á Infancia (PAI).

II.1 Obxecto En virtude desta actuación a Deputación Provincial subvencionará o funcionamento do Puntos de Atención á Infancia (PAI) situados en concellos de menos de 5.000 habitantes e encadrados nos servizos sociais especializados dos concellos, que teñen por finalidade prestar atención de apoio aos pais, titores e gardadores dos nenos e nenas entre 3 meses e 3 anos e que se encontran regulados polo Decreto 329/2005, do 28 de xullo.

A través deste Programa a Deputación subvencionará gastos de persoal, gastos inherentes os servizos prestados dentro do PAI/ derivados (alimentación, equipamentos de comedor etcétera) e gastos de mantemento do centro.

Para as subvencións concedidas nesta acción resérvase crédito na aplicación 231.11/462.01 do orzamento xeral da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2018 por importe de 125.000 € (cento vinte e cinco mil euros).

II. 2 Contía da subvención. O importe da subvención relaciónase da forma seguinte: a) Contía de tramo fixo, equivalente ao 80% do orzamento total previsto para esta Acción I, dividirase entre o número de PAIs que cumpran as condicións indicadas nestas bases para poder acceder á subvención que percibirán un tramo económico fixo.

100.000 € / núm. de PAIs que cumpren requisitos para subvención = Contía económica por PAI- Tramo fixo.

b) Contía de tramo variable, equivalente ao 20% do orzamento total previsto para esta Acción I, dividirase entre o número de prazas totais, cubertas polo conxunto de PAIs que cumpran as condicións indicadas nestas bases para acceder á subvención, que percibirán a contía económica que resulte de multiplicar o resultado da división anterior polo número concreto de prazas cubertas en cada un dos PAIs, da forma seguinte:

25.000 € (20% de 125.000€ ) / núm. Total de prazas cubertas polos PAIs = Contía económica por praza.

Contía económica por praza X núm. de prazas cubertas do PAI = contía económica total que percibirá cada PAI

III. Bases relativa á Acción II. Servizos municipais complementarios.

III. 1 Obxecto. En virtude desta acción, a Deputación subvencionará os gastos inherentes ao funcionamento daqueles servizos de titularidade municipal que, en xornada diúrna, desenvolven funcións de apoio de atención e coidado fóra da xornada ordinaria dos centros escolares e complementaria desta para nenos e nenas entre 3 e 12 anos actuando como soporte e apoio as familias e contribuíndo á conciliación da vida laboral e familiar.

A través deste Programa a Deputación subvencionará gastos de persoal, gastos inherentes aos servizos prestados dentro do servizo complementario (alimentación, equipamentos de comedor, etc) e gastos de mantemento do centro, no caso de xestión indirecta do servizo ao importe da factura xerado ao concello pola empresa que desenvolve o servizo.

Para as subvencións concedidas nesta acción resérvase crédito na aplicación 231.11/462.01 do orzamento xeral da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2018 por importe de 125.000 € (cento vinte e cinco mil euros).

III.2. Contía da subvención. c) Contía de tramo fixo, equivalente ao 70% do orzamento total previsto para esta Acción II, dividirase entre o número de servizos complementarios que cumpran as condicións indicadas nestas bases para poder acceder á subvención que percibirán un tramo económico fixo.

87.500 € / núm. de servizos complementarios que cumpren requisitos para subvención = Contía económica por servizo complementario- Tramo fixo.

d) Contía de tramo variable, equivalente o 30% do orzamento total previsto para esta Acción II, dividirase entre o número de prazas totais, cubertas polo conxunto de servizos complementarios que cumpran as condicións indicadas nestas bases para acceder á subvención, que percibirán a contía económica que resulte de multiplicar o resultado da división anterior polo número concreto de prazas cubertas en cada un dos servizos complementarios, da forma seguinte:

37.500 € (30% de 125.000 € ) / núm. total de prazas cubertas polos servizos complementarios = Contía económica por praza.

Contía económica por praza X núm. de prazas cubertas do servizo complementario = contía económica total que percibirá cada servizo complementario

IV. Dispoñibilidades orzamentarias. As subvencións obxecto da presente convocatoria intégranse na liña de acción do Programa provincial de asistencia aos concellos e mancomunidades para a xestión de Puntos de Atención á Infancia, contemplada no apartado D.1 do Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación Provincial de Ourense e do INORDE para o exercicio 2015-2019, plan de acción V.

Para as subvencións concedidas nesta convocatoria resérvase crédito na aplicación 231.11/462.01 do orzamento xeral da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2018 por importe de 250.000 € (douscentos cincuenta mil euros).

Publícase isto e advírtese que contra a aprobación definitiva destas bases se poden interpoñer os seguintes recursos:

En caso de particulares, pódese interpoñer potestativamente un recurso de reposición ante o Pleno da Deputación, no prazo dun mes, como trámite previo ao contencioso-administrativo, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Provincial do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, sen que se poidan simultanear ambos os dous recursos. Os prazos indicados computaranse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

En caso de entidades locais, pódese interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante os Xulgados do Contencioso-Administrativo de Ourense. Ademais, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderá formularse requirimento de anulación ou revogación do acto, no prazo de 2 meses e con carácter previo ao exercicio de accións en vía contenciosa. Os prazos indicados computaranse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, tendo en conta que o prazo

para a interposición do recurso contencioso-administrativo, -no caso de que se formule o requirimento previo-, contarase desde o día seguinte a aquel no que se reciba a comunicación do acordo expreso sobre o dito requirimento ou se entenda presuntamente rexeitado.

Non obstante o anterior, poderá interpoñerse calquera outro recurso que se estime pertinente

Ourense, 28 de maio de 2018. O presidente.

La Corporación provincial, en la sesión realizada el 25 de mayo de 2018, aprobó definitivamente las bases reguladoras del Programa de cooperación BenOurense Infancia para concesión de subvenciones a puntos de atención a la primera infancia y servicios complementarios de las entidades locales para el ejercicio 2018.

Para cumplir con lo dispuesto en dicho acuerdo, se publica a continuación el texto íntegro de dichas bases:

I.- Bases generales A) Objeto de la subvención: Constituye el objeto de estas bases la regulación de la convocatoria pública, por parte de la Diputación Provincial de Ourense, para la tramitación y concesión de subvenciones del Programa BenOurense Infancia en régimen de concurrencia no competitiva, destinada a las corporaciones locales para el mantenimiento de los Puntos de Atención a la Primera Infancia (PAI) , y/o de los Servicios Complementarios .

El presente programa contempla dos acciones: 1º) Acción I: Punto de Atención a la Infancia (PAI). A los efectos de la presente convocatoria se entienden como PAI aquellos establecimientos de carácter diurno y de titularidad municipal, situados en los ayuntamientos de menos de 5.000 habitantes y encuadrados en los servicios sociales especializados de los ayuntamientos, que tienen por finalidad prestar apoyo a los padres, tutores y guardadores de los niños y niñas entre 3 meses y 3 años y que se encuentran regulados por el Decreto 329/2005, de 28 de julio.

Se exceptúan aquellos servicios gestionados por el Consorcio Gallego de Bienestar de la Xunta de Galicia o entidad que pueda sustituirla.

2º) Acción II: Servicios Complementarios Municipales. A los efectos de esta convocatoria, se entiende como servicio complementario aquellos servicios de titularidad municipal que, por gestión directa o indirecta y en jornada diurna desarrolla sus funciones de atención y cuidado fuera de la jornada ordinaria de los centros escolares para niños y niñas entre 3 y 12 años actuando como soporte y apoyo a las familias y contribuyendo a la conciliación de la vida laboral y familiar.

B) Beneficiarios. Podrán obtener subvención, los siguientes: 1. Acción I: los PAIs de aquellos ayuntamientos de menos de 5.000 habitantes de la provincia de Ourense no gestionados por el Consorcio Gallego de Bienestar de la Xunta de Galicia o entidad que la sustituye.

2. Acción II: las corporaciones locales de menos de 20.000 habitantes, de la provincia de Ourense, que cuenten con un centro que reúna las siguientes condiciones:

- Que tengan en funcionamiento un servicio complementario de su titularidad, gestionada de forma directa o indirecta, que organicen el cuidado de niños y niñas en el seno de un grupo con la finalidad de contribuir a su bienestar y favorecer la conciliación laboral y familiar mediante la guarda y custodia de los menores, funcione bajo un calendario conocido y sistemático, con reserva de plaza previa y un sistema regulado de cobertura de estas plazas.

- Que estos centros presten servicios, cuando menos, de 5 días a la semana durante nueve meses al año, con la finalidad de adaptar su calendario de apertura a las necesidades de conciliación de la vida laboral y familiar de los padres/madres o representantes legales de los niños/as, excepto aquellos días señalados como festivos en el calendario laboral.

Quedan expresamente excluidos de esta consideración servicios exclusivos de ludoteca, actividades de formación/capacitación complementarias a la escolar y desarrolladas en el curso escolar (actividades extraescolares), actividades deportivas o de ocio realizadas por el ayuntamiento durante el curso escolar, y otras de naturaleza análoga a las anteriores.

C).- Procedimiento de adhesión de los ayuntamientos. Al amparo de lo establecido en la Ley 39/2015, de 1 de octubre, de Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas, en el artículo 14.2, la presentación de solicitudes se tramitará exclusivamente mediante el uso de medios electrónicos, siendo obligatoria la presentación de solicitudes por vía telemática, de conformidad con lo previsto en esta base.

Los ayuntamientos interesados en participar deberán comunicar su adhesión a la Diputación de Ourense, mediante resolución de la alcaldía (u órgano delegado, en su caso), en la que manifieste expresamente que asume las obligaciones y compromisos previstos en el Programa, para lo que deberá utilizar obligatoriamente los modelos facilitados por la Diputación y que deberán ser descargados en la aplicación informática http://benourense.depourense.es/pai/index.php

El plazo de presentación de la adhesión será de 15 días hábiles contados a partir del día siguiente al de esta publicación. La comunicación de la adhesión se firmará digitalmente por el alcalde, presidente o secretario de la entidad local y se presentará en el Registro de la Diputación de Ourense. No se admitirá ninguna solicitud de adhesión formulada en fecha posterior.

La Diputación Provincial podrá conceder un plazo de hasta 10 días hábiles para la corrección de deficiencias en las solicitudes de adhesión.

La presentación de la solicitud telemática en tiempo y forma determinará la adhesión de la entidad local, sin necesidad de más trámites. En todo caso, mediante resolución de la Presidencia se denegará la adhesión a aquellas entidades cuya solicitud no se ajuste a lo establecido en el presente programa o en el modelo de adhesión.

La adhesión de las entidades locales beneficiarias constituye un requisito de efectividad del Programa, por lo que las entidades locales que no se adhieran en el plazo señalado en el párrafo anterior se entenderá que renuncian a participar en el programa, causando baja en las previsiones. En este supuesto, el remanente de la cofinanciación previsto para cada acción que no fuera utilizado, incrementará el importe de cofinanciación destinada a cada una de las acciones objeto de la subvención, distribuyéndose el remanente entre las entidades adheridas conforme a los criterios establecidos en las reglas de distribución de las bases II y III respectivamente.

D) Régimen jurídico de las subvenciones de asistencia económica prevista en el presente Programa.

De conformidad con lo establecido en la disposición adicional 8ª de la Ley General de Subvenciones y en el artículo 10 de la Ordenanza General de Subvenciones de la Diputación de Ourense, las subvenciones de asistencia económica previstas en

el presente programa se regirá por lo establecido en las presentes bases, siendo las normas de la Ley General de Subvenciones y dicha ordenanza de aplicación supletoria.

No obstante lo anterior, serán de aplicación las normas generales de las subvenciones de la Diputación en todo lo relativo a la justificación, reintegro, pérdida del derecho a la subvención y control financiero, en lo que no contradiga expresamente a lo establecido en las presentes bases.

E) Tramitación de las subvenciones previstas en este Programa. Justificación y pago. Reintegro y pérdida del derecho al cobro.

Las subvenciones previstas en el presente Programa se entenderán automáticamente concedidas a las entidades locales adheridas conforme con la base B), procediéndose a su justificación y pago en los siguientes términos:

E.1) Pago anticipado del 80% sobre el máximo de subvención previsto para cada ayuntamiento.

Antes del 30 de junio de 2018, la Diputación procederá, de oficio, al libramiento del 80% del importe máximo de subvención previsto para cada ayuntamiento. El importe restante se librará una vez realizada la justificación final por parte de la entidad local.

E.2) Justificación y pago final. Hasta el 15 de diciembre de 2018, (inclusive) las entidades locales beneficiarias podrán presentar una certificación de justificación del Programa subvencionado y los gastos de ella derivados de forma telemática y firmado digitalmente según los formularios que les indiquen desde el Área de Bienestar a través de la plataforma informática:

http://benourense.depourense.es. El plazo de presentación de la justificación final tendrá carácter improrrogable, salvo causa justificada. En todo caso, la prórroga deberá solicitarse antes del día 15 de diciembre de 2018, y se podrá conceder siempre que se aprecie causa justificada, como máximo hasta el 15 de enero de 2019. En ningún caso se podrá conceder prórroga para un plazo vencido.

Las entidades deberán justificar la ejecución del (de los) proyecto (s) subvencionado (s) durante el ejercicio 2018, haciendo uso de los formularios normalizados que se deberán obtener, cubrir, validar e imprimir desde la plataforma http://benourense.depourense.es. Los formularios contienen:

' Memoria de ejecución del proyecto subvencionado. ' Relación de documentos justificativos de los gastos devengados. En el caso de presentarse facturas se admitirán las facturas completas o simplificadas siempre que conste en ellas el CIF del destinatario.

' Certificación expedida por el órgano competente de la entidad beneficiaria de la realización de los gastos correspondientes al proyecto.

' Declaración responsable del conjunto de todas las subvenciones y ayudas percibidas para la misma finalidad, sean públicas o privadas.

' Declaración de las medidas de difusión de la subvención concedida.

En ningún caso se considerarán gastos subvencionables los intereses deudores de las cuentas bancarias, los intereses, recargas, y sanciones administrativas y penales y los gastos de procedimientos judiciales. Los gastos estarán referidos única y exclusivamente a la anualidad 2018, objeto de la presente convocatoria.

A solicitud de la Intervención de la Diputación Provincial, podrán exigirse aquellos documentos o justificantes complementarios que, motivadamente, se consideren oportunos para una fidedigna acreditación de la realización del gasto. Igualmente, la Intervención de la Diputación podrá realizar funciones de inspección y control financiero de las entidades beneficiarias, de conformidad con lo establecido en la Ley 9/2007.

En el caso de aquellas entidades que imputen la subvención a gastos de Seguridad Social del personal contratado para el desarrollo del proyecto se admitirá hasta el día 15 de enero de 2019, la documentación probatoria del abono de las cuotas a la Seguridad Social.

La Junta de Gobierno declarará la pérdida del derecho a las subvenciones no justificadas en plazo, total o parcialmente, según proceda.

E.3) Compatibilidad con otras ayudas o subvenciones públicas. Estas ayudas serán incompatibles con cualquier otra ayuda o subvención otorgada por la Diputación de Ourense para la misma finalidad e igual ejercicio presupuestario.

E.4) Obligaciones de reintegro y pérdida del derecho al cobro. La Diputación Provincial podrá declarar la obligación de reintegrar o la pérdida del derecho al cobro de la subvención, según proceda, por cualquiera de las causas previstas en la legislación general de subvenciones y en las bases del presente programa. No obstante lo anterior, no será necesaria la tramitación del expediente de reintegro o de pérdida del derecho al cobro en los supuestos en que el importe de los gastos justificados por las entidades locales beneficiarias que sean inferiores a las cuantías iniciales máximas de las subvenciones previstas en el presente programa. En todos los supuestos, la cantidad que deba abonarse se reajustará automáticamente según proceda, compensándose con el anticipo librado, en su caso.

F) Control financiero de las subvenciones. Sin perjuicio de las obligaciones de justificación impuestas a los beneficiarios, las actuaciones de prestación de servicios sociales comunitarios de las entidades locales adheridas que constituyen el objeto de las subvenciones previstas en el presente Programa quedarán sujetas a las actuaciones de control financiero que pueda acordar la Intervención de la Diputación, a lo largo de los ejercicios 2018 y 2019. El control financiero incluirá actuaciones de supervisión y control de las actividades subvencionadas, tanto en lo relativo a la prestación de los servicios como a su gestión y tramitación administrativa. Los controles serán realizados por personal del Área de Bienestar, bajo de la dirección de la Intervención provincial, conforme con lo establecido en la Ley General de Subvenciones y, en función de sus resultados, podrá dar lugar a la apertura de expediente de reintegro en el supuesto en que se detectase la concurrencia de alguna de las causas legales de reintegro previstas en la legislación vigentes.

El sometimiento al control financiero de las entidades adheridas en el programa podrá tener carácter general para todas ellas o bien limitarse a una muestra aleatoria de, al menos, tres entidades, que serán determinadas mediante sorteo realizado en acto público cuya celebración se anunciará con la debida antelación en la sede electrónica de la Diputación Provincial. El resultado del sorteo y el inicio de las actuaciones de control financiero se comunicará a las entidades afectadas con una antelación mínima de quince días naturales respecto de la fecha de inicio de las actuaciones e inspectoras. En todo caso, la Intervención provincial dará cuenta a la Presidencia tanto de la decisión de someter a control financiero el programa como del contenido de las actuaciones realizadas.

G) Obligaciones de información y publicidad de las entidades locales adheridas.

Con independencia de la obligación de sometimiento al control financiero previsto en la base general anterior, las entidades locales adheridas al presente programa estarán obligadas a:

1.- Facilitar a los servicios de la Diputación Provincial toda la información relativa al funcionamiento de los servicios sociales municipales objeto de subvención que se les demande. La negativa a facilitar esta información, o su demora injustificada en su envío, dará lugar a la exclusión de la entidad local del presente Programa, con la consiguiente pérdida de derecho al cobro o reintegro, según proceda, de las subvenciones percibidas o concedidas a su amparo, lo cual será objeto de declaración por la Presidencia de la Diputación, tas la tramitación previa del oportuno expediente contradictorio con audiencia de la entidad solicitada.

2.- A identificar los servicios cofinanciados por la Diputación de Ourense. Transcurridos quince días desde esta publicación se remitirá telemáticamente a la Diputación de Ourense fotografías en la que conste la identificación del servicio/persona como financiado por la Diputación y que responderá a las normas de información y publicidad que se hará llegar por la Diputación de Ourense para que sean observadas por las entidades que se adhieran a estos programas. El incumplimiento de las obligaciones de publicidad dará lugar al reintegro o pérdida del derecho al cobro de la subvención, con carácter parcial, hasta un importe del 20% de la subvención concedida, determinándose de conformidad con el principio de proporcionalidad y en atención a la gravedad del incumplimiento comprobado. La declaración de la obligación de reintegro o pérdida del derecho al cobro de la subvención se realizará por resolución de la Presidencia de la Diputación, tras la tramitación previa del oportuno expediente contradictorio con audiencia de la entidad solicitada.

II) Bases relativas a la Acción 1: Puntos de Atención a la Infancia (PAI).

II.1 Objeto En virtud de esta actuación la Diputación Provincial subvencionará el funcionamiento de los Puntos de Atención a la Infancia (PAI) situados en ayuntamientos de menos de 5.000 habitantes y encuadrados en los servicios sociales especializados de los ayuntamientos que tienen por finalidad prestar atención de apoyo a los padres, tutores, y guardadores de niños y niñas entre 3 meses y 3 años, regulados por el Decreto 329/2005, de 28 de julio.

A través de este Programa la Diputación subvencionará gastos de personal, gastos inherentes a los servicios prestados dentro del PAI/derivados (alimentación, equipamiento de comedor, etcétera) y gastos de mantenimiento del centro.

Para las subvenciones concedidas en esta acción se reserva crédito en la aplicación 231.11/462.01 del presupuesto general de la Diputación Provincial de Ourense para el ejercicio 2018, por importe de 125.000 € (ciento veinticinco mil euros).

II. 2 Cuantía de la subvención. El importe de la subvención se repartirá de la forma siguiente: a) Cuantía del tramo fijo, equivalente al 80% del presupuesto total previsto para esta Acción I, se dividirá entre el número de PAIs que cumplan las condiciones indicadas en estas bases para poder acceder a la subvención, que percibirán un tramo económico fijo.

100.000 € / n.º de PAIs que cumplen requisitos para subvención = Cuantía económica por PAI- tramo fijo.

b) Cuantía de tramo variable, equivalente al 20% del presupuesto total previsto para esta Acción I, se dividirá entre el número de plazas totales, cubierta por el conjunto de PAIs que cumplan las condiciones indicadas en estas bases para acceder a la subvención, que percibirán la cuantía económica que resulta de multiplicar el resultado de la división anterior por el número concreto de plazas cubiertas en cada uno de los PAIs, de la forma siguiente:

25.000 € (20% de 125.000 € ) / n.º Total de plazas cubiertas por los PAIs = Cuantía económica por plaza.

Cuantía económica por plaza X n.º de plazas cubiertas del PAI = cuantía económica total que percibirá cada PAI.

III. Bases relativa a la Acción II. Servicios municipales complementarios.

III. 1 Objeto. En virtud de esta acción, la Diputación subvencionará los gastos inherentes al funcionamiento de aquellos servicios de titularidad municipal que, en jornada diurna, desarrollan funciones de apoyo de atención y cuidado fuera de la jornada ordinaria de los centros escolares y complementaria de esta para niños y niñas entre 3 y 12 años actuando como soporte y apoyo a las familias y contribuyendo a la conciliación de la vida laboral y familiar.

A través de este Programa la Diputación subvencionará gastos de personal, gastos inherentes a los servicios prestados dentro del servicio complementario (alimentación, equipamientos de comedor, etc), y gastos de mantenimiento del centro, en el caso de gestión indirecta del servicio el importe de la factura generada al ayuntamiento por la empresa que presta el servicio.

Para las subvenciones concedidas en esta acción se reserva crédito en la aplicación 231.11/462.01 del presupuesto general de la Diputación de Ourense para el ejercicio 2018, por importe de 125 .000 € (ciento veinticinco mil euros).

III.2. Cuantía de la subvención. c) Cuantía del tramo fijo, equivalente al 70% del presupuesto total previsto para la Acción II, se dividirá entre el número de servicios complementarios que cumplan las condiciones indicadas en estas bases para poder acceder a la subvención que percibirán un tramo económico fijo.

87.500 € / n.º de servicios complementarios que cumplen requisitos para subvención = Cuantía económica por servicio complementario- tramo fijo.

d) Cuantía de tramo variable, equivalente al 30% del presupuesto total previsto para esta Acción II, se dividirá entre el número de plazas totales, cubiertas por el conjunto de servicios complementarios que cumplan las condiciones indicadas en estas bases para acceder a la subvención, que percibirán la cuantía económica que resulte de multiplicar el resultado de la división anterior por el número concreto de plazas cubiertas en cada uno de los servicios complementarios, de la forma siguiente:

37.500 € (30% de 125.000 € ) / n.º total de plazas cubiertas por los servicios complementarios = Cuantía económica por plaza.

Cuantía económica por plaza X n.º de plazas cubiertas del servicio complementario = cuantía económica total que percibirá cada servicio complementario

IV. Disponibilidad presupuestaria. Las subvenciones objeto de la presente convocatoria se integran en la línea de acción del Programa Provincial de Asistencia a los Ayuntamientos y Mancomunidades para la Gestión de Puntos de Atención a la Infancia, contemplada en el apartado D.1 del Plan Estratégico de Subvenciones de la Diputación Provincial de Ourense y del INORDE para el ejercicio 20152019, plan de acción V.

Para las subvenciones concedidas en esta convocatoria se reserva crédito en la aplicación 231.11/462.01 del presupuesto general de la Diputación Provincial de Ourense para el ejercicio 2018, por importe de 250.000 € (doscientos cincuenta mil euros).

Se publica esto y se advierte que contra la aprobación definitiva de estas bases se pueden interponer los siguientes recursos:

En caso de particulares, se puede interponer potestativamente el recurso de reposición ante el Pleno de la Diputación, en el plazo de un mes, como trámite previo al contencioso-administrativo, o bien directamente el recurso contencioso-administrativo ante el Juzgado Provincial de lo ContenciosoAdministrativo, en el plazo de dos meses, sin que se puedan simultanear ambos recursos. Los plazos indicados se computarán a partir del día siguiente al de la publicación de este anuncio.

En caso de entidades locales, se puede interponer un recurso contencioso-administrativo en el plazo de dos meses ante los Juzgados de lo Contencioso-Administrativo de Ourense. Además, al amparo de lo dispuesto en el artículo 44 de la Ley Reguladora de la Jurisdicción Contencioso-Administrativa, podrá formularse requerimiento de anulación o revocación del acto, en el plazo de 2 meses y con carácter previo al ejercicio de acciones en vía contenciosa. Los plazos indicados se computarán a partir del día siguiente al de la publicación de este anuncio, toda vez que el plazo para la interposición del recurso contencioso-administrativo, -en caso de que se formule el requerimiento previo-, se contará desde el día siguiente a aquel en el que se reciba la comunicación del acuerdo expreso sobre dicho requerimiento o se entienda presuntamente rechazado.

Ourense, 28 de mayo de 2018. El presidente.

R. 1.729

Infancia
Escuelas
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Proyectos de cooperación
Actividades extraescolares
Ocio y tiempo libre
Formación
Actividades deportivas
Actividades de ocio y tiempo libre
Conciliación vida laboral-familiar
Gallego
Empresa
Seguridad Social