BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE MEAÑO, PARA O EXERCICIO 2018 - Boletín Oficial de Pontevedra de 07-06-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Bases
  • Plazo: Ver Detalles , 07/06/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social, Particulares
  • Documento en formato PDF

SUBVENCIÓNS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE MEAÑO, PARA O EXERCICIO 2018.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de data 7 de maio de 2018, acordou aprobar as BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE MEAÑO, PARA O EXERCICIO 2018, mediante o presente anuncio procedese a súa convocatoria:

'BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS

DO CONCELLO DE MEAÑO, PARA O EXERCICIO 2018

Segundo establece o artigo 232 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, na medida no que o permitan os recursos presupostarios, o Concello poderá subvencionar economicamente ás asociacións para a defensa dos seus intereses xerais ou sectoriais dos veciños, tanto polo que se refiere aos seus gastos xerias como ás actividades que realicen.

A este respecto, tendo en conta o sinalado neste artigo e ao abeiro da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, da Lei 9/2007, do 13 de xuño de Subvencións de Galicia, regulamentos de desenvolvemento, Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, da Lei 7/1985, do 2 de abril Reguladora das Bases do Réxime Local, o Concello de Meaño procede a establecer un marco xurídico propio que contribúa ao fomento e á financiación da realización de actividades de utilidade pública, interese social ou que contribúan á promoción dunha finalidade pública que organicen as persoas xurídicas sen fin de lucro con sede no termo municipal ou que non tendo sede no termo municipal afecten dun modo directo a colectivos deste Concello.

PRIMEIRA.-OBXECTO

A finalidade desta convocatoria é apoiar ás asociacións, entidades, clubs deportivos na realización de actividades culturais, deportivas, educativas, sociais e de ocupación do tempo libre e ás asociacións veciñais, de comerciantes e de bodegas artesanas na realización de actividades e investimentos, tanto obras como adquisicións, considerados de interese público, que se impulsen no exercicio 2018.

SEGUNDA.-FINANCIAMENTO

A concesión destas axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018 a nivel de vinculación xurídica polo que o crédito previsto no nivel de vinculación xurídica poderá destinarse a calquera das áreas de gasto, convocándose, con cargo ao presuposto do Concello para o ano 2018 e segundo se regula nas Bases de execución, as subvencións que de seguido se detallan:

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

GASTOS CORRENTES:

Acción social: Transferencias finalistas a entidades que colaboren na atención a persoas on minusvalias ou en situación ou risco de exclusión social.

Considerandose subvencionables os gastos correntes que respondan a naturaleza da actividade subvencionada.

Actividades complementarias da educación: Vai dirixido ao financiamento de gastos correntes derivados de actos e actividades complementarios da educación e en xeral os gastos que respondan de xeito indubidable a naturaleza da actividade subvencionada.

Cultura: Vai dirixido ao financiamento de gastos correntes:

a) Actos folclóricos e musicais, seminarios, festivais, escolas folclóricas, excursións de contido cultural, cursos, organización de eventos de promoción cultural que desenvolvan as asociacións que teñan este carácter ou entre os seus obxectivos.

b) Actividades de promoción e a participación dos distintos colectivos poboacionais en tódolos ámbitos da vida social e cultural.

c) Considerandose tamén subvencionables os gastos de seguros, transportes, entradas, premios, agasallos, aluguer de equipos e material e publicidade, monitores, ponentes e grupos ou artistas participantes, e en xeral os gastos que respondan de xeito indubidable a naturaleza da actividade subvencionada.

d) A adquisición de vestiario, instrumental e material didáctico.

Ocio e tempo libre: vai dirixido ao financiamento de gastos correntes de actividades de fomento da actividade física, deportiva, lúdicas e de lecer, incluídas excursión e viaxes que desenvolvan as asociacións; considerandose subvencionables gastos de seguros, transportes, entradas, premios, agasallos, aluguer de equipos e material e publicidade, monitores, ponentes e grupos ou artistas participantes, e en xeral os gastos que respondan de xeito indubidable a naturaleza da actividade subencionda.

Festas populares: vai dirixido ao financiamnto de gastos correntes de festas populares que desenvolvan as asociacións.

Deporte: vai dirixido ao financiamento de gastos correntes:

a) Campionatos e eventos deportivos nos que participen ou desenvolvan os clubs ou asociacións que teñan este carácter ou entre os seus obxectivos, considerándose subvencionables os gastos de seguros, arbitraxes, transportes, premios, vestiario, equipamento corrente, aluguer de equipos e material e publicidade, gastos de funcionamento da entidade e en xeral os gastos que respondan de xeito indubitable a naturaleza da actividade subvencionda.

b) Fomento da actividade física e deportiva.

b) Gastos mantemento, funcionamento e mellora, sen carácter de inversión, das instalacións deportivas.

Actividades sectoriais: vai dirixido ao financiamento da organización de feiras e eventos de promoción de sectores económicos específicos deste termo municipal.

Quedan excluídos da presente convocatoria, e polo tanto non serán obxeto de subvención:

- As actividades subvencionadas, no mesmo exercicio, a través de subvencións nominativas previstas nas Bases de execución.

GASTOS DE INVERSIÓN:

Benestar comunitario: Comprende tódolos gastos relativos a actuacións e servizos cuxa finalidade é a mellora da calidade de vida en xeral e na presente convocatoria dirixido, especialmente, ao financiamento de gastos de investimento nos cemiterios veciñais ou parroquiais.

Recursos hidráulicos: dirixido ao financiamento de gastos de investimento destinadas a captación, acumulación e canalizacións de recursos hidráulicas para distribución a vivendas ou fincas rústicas cando beneficien a capacidade productiva da zona.

Camiños veciñais: dirixido ao financiamento de gastos de investimento relacionados coa mellora de camiños veciñais de acceso en núcleos ou a fincas rústicas cando beneficien a capacidade productiva da zona.

Non obstante dentro do crédito previsto no nivel de vinculación xurídica poderá destinarse a calquera das áreas de gasto 4.

Poderán ser obxecto da subvención:

- Investimentos (obras e adquisicións de bens duradeiros) que estén relacionados coas competencias establecidas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85 de 2 de abril, de Réxime Local ou cos fíns propios das Asociacións. Os investimentos subvencionados manteráse como mínimo 5 anos.

TERCEIRA.-BENEFICIARIOS E REQUISITOS

Poderán solicitar estas axudas as asociacións e entidades que reúnan os seguintes requisitos:

1.-Carecer de fins de lucro.

2.-Ter o seu domicilio social no termo municipal de Meaño e inscritas como tal no Rexistro Municipal de Asociacións ou non tendo o domicilio no termo municipal afecten dun modo directo a colectivos ou intereses deste Concello.

3.-Desenvolvelas súas actuacións no ámbito territorial do municipio ou que afecten a colectivos deste Concello ou versen sobre temas de interese do Concello.

4.-Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a precepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para precibir subvencións recollidas na Lei.

5.-Estar ó corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega, coa Seguridade Social e co Concello de Meaño.

6.-Contar con seguro de responsabilidade civil.

CUARTA.-SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN

As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Concello de Meaño ou na páxina web do Concello de www.concellodemeano.com. Ademais, achegarase a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa da actividade concreta que se pretende realizar, con especificación do lugar, data prevista, obxetivos e número de beneficiarios, asinada polo Presidente/a (ANEXO I).

b) Orzamento da actividade ou investimento concreto e determinado. (ANEXO I)

A entidade terá que solicitar, cando menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 40.000,00 ¬ para a realización do obras, ou superior a 15.000,00 ¬ para equipamento ou actividades.

c) Certificación do/a Secretario/a da Asociación co visto bo do Presidente/a da composición da Xunta Directiva e data de elección (Anexo III).

d) Fotocopia cotexada do DNI do Presidente e fotocopia cotexada do C.I.F. da Asociación.

e) Declaración responsable na que conste se a asociación ou entidade obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien a actividade e compromiso de comunicar ao Concello as que se obteñan nun futuro (Anexo II).

f) Declaración responsable de estar ó corrente das obrigas tributarias coa (Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega, coa Seguridade Social e co Concello de Meaño. (AnexoII).

g) Declaración responsable de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. (Anexo II).

h) Declaración responsable de que a asociación, entidade carece de fins de lucro. (Anexo II).

i) Declaración responsable de que a asociación conta con seguro de responsabilidade civil. (Anexo II).

As asociacións e entidades poderán solicitar subvención para dúas actividades correntes e unha de investimento, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude.

Se a solicitude remitida, acompañada da documentación, non reunise os requisitos da convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015,do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites.

QUINTA.-PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN

1.-Prazo. Estas bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) e remitirase a convocatoria á Base Nacional de Subvencións (BDNS), que será quen lle dea traslado ao BOPP do extracto desta, sen prexuízo da súa inserción na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello.

O prazo para a presentación de solicitude será dun mes, contado a partir do día seguinte ao publicación do extracto da convocatoria no BOPP.

A presentación da solicitude implicará que se autoriza ao Concello para o tratamento automatizado de todos os documentos contidos nela.

As solicitudes presentadas fóra do prazo anteriormente establecido non serán admitidas nesta convocatoria.

2.-Lugar de presentación. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Meaño, de luns a sábado ou nos lugares establecidos no art. 16 da Lei 39/2015,do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

No caso de presentar a solicitude nunha oficina de Correos farase en sobre aberto para que sexa datada e selada polo funcionariado correspondente.

SEXTA.-COMPATIBILIDADE DAS SUBVENCIÓNS. CONTÍA MÁXIMA

As subvencións a que se refire esta convocatoria son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas ou ingresos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións e entes públicos ou privados ou persoas físicas, pero en ningún caso o conxunto das axudas e achegas recibidas poderá superar o 100% do custo da actividade ou proxecto subvencionado.

A contía da subvención por cada proxecto poderá acadar ata o 100% do custo da actividade ou da inversión para a que se conceden.

SÉTIMA.-CRITERIOS DE CONCESION

A asignación de axudas ou subvencións, farase en función dos seguintes criterios:

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

OITAVA.-INSTRUCIÓN E RESOLUCIÓN. MODIFICACIÓN

A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle a un empregado/a municipal, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se formule a proposta de concesión. Tralo informe de fiscalización de intervención, as solicitudes xunto coa proposta de concesión serán sometidas á Comisión Especial de Contas, que valorará e proporá o importe das subvencións a conceder á Xunta de Goberno Local, que resolverá a concesión.

Unha vez trancorridos seis meses a partir do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación da soliciutde sen notificarse a resolución, os interesados estarán lexitimados para entender como desetimada por silencio administrativo a solicitude de subvención.

A concesión destas subvencións é compatible con outras que se reciban para o mesmo fin, tendo en conta que o conxunto de todas elas en ningún caso poderá superar o 100% do orzamento que presente a asociación ou entidade.

NOVENA.-MODIFICACIÓNS DE SUBVENCIÓNS

As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non a rexeitan expresamente no prazo de dez días hábiles contados desde a súa notificación.

Unha vez recaída a resolución de concesión, poderase solicitar o cambio ou modificación do seu contido se concorren circunstancias excepcionais, axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria.

As circunstancias excepcionais serán as seguintes:

- Non dispor de crédito suficiente, para levar a cabo o investimento.

- Ter recibido axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados, que cubran o importe do investimento.

- Ter prioridade na realización doutra actividade ou investimento que teña que acometer a asociación, e non conte con crédito de financiamento para levalo a cabo.

- Algún impedimento administrativo ou doutro tipo que impida a súa realización.

Só se permitirá un único cambio de aplicación ou modificación da subvención concedida, a solicitude deberá estar motivada e formularse con anterioridade ao momento en que remate o prazo de execución do proxecto ou acitivdade subvencionada.

DÉCIMA.-OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS

A parte das que figuran na cláusula terceira, os beneficiarios de subvencións concedidas con cargo ao Orzamento municipal teñen as seguintes obrigas:

a.-Xustificar o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade ou investimento e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión de subvención.

b.-Conservar os documentos xustificativos da aplicación dada aos fondos recibidos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

c.-Dar adecuada publicidade da axuda concedida para a actividade, actuación ou investimento obxeto de subvención (cartelería, publicidad, recortes de prensa, valados, pancartas, etc). Os clubs deportivos, no suposto de destinar estas axudas a vestimenta, quedan obrigados a insertar nas mesmas o escudo do Concello.

O escudo do Concello estará a disposición das asociacións.

d.-Os gastos que figuren na conta xustificativa serán aboados polos beneficiarios con anterioridade a presentación da xustificación da subvención.

e.-Os beneficiarios das subvencións deberán utilizar, con carácter xeral, formas de pago a terceiros que poidan acreditarse mediante documento expedido por unha entidade financeira no que quede identificado o beneficiario, o importe e a data de pago (Transferencias bancarias talóns nominativos, etc.) e só excepcionamente poderán utilizar o pago metálico cando non sexa posible outra forma alternativa e o importe non supere os 200,00 ¬. En calquera caso será obrigatorio o pago mediante transferencia bancaria cando o importe do gasto sexa igual ou superior aos 1.500,00 ¬.

f.-A mantelos investimentos subvencionadas por un período mínimo de cinco anos.

DÉCIMA PRIMEIRA.-XUSTIFICACION E ABOAMENTO DAS SUBVENCIONS

As actividades correntes e investimentos subvencionados deberán realizarse durante o exercicio 2018.

1.-O prazo de presentación da xustificación rematará o 30 de novembro de 2018. A 31 de decembro de 2018 anularanse automaticamente tódalas subvencións pendentes de xustificar.

Se non puidesen xustificalas no prazo establecido, poderase solicitar, antes de que remate dito prazo, unha ampliación do prazo establecido para a xustificación que non excederá do 18 de decembro de 2018.

2.-Para pagar a subvención terase en conta o seguinte:

' No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.

' No caso de que se xustifique gasto inferior ao 100%, aboarase a parte proporcional da subvención.

O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor.

3.-Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente no Concello de Meaño, os seguintes documentos, en orixinal ou fotocopia compulsada:

a.-Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: o provedor, o CIF, o importe, nº de factura, data de emisión e data de pago. (Anexo IV).

Non se aboará máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida.

b.-Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo orixinais, ou fotocopias compulsadas, conformadas polo/a Presidente/a da asociación, con indicación do DNI. Admitíndose só aquelas relativas aos gastos realizados e subvencionables que repondan a naturaleza da actividade subvencionada. A xustificación con facturas será, como mínimo, polo importe da subvención concedida.

De tratarse de gastos de monitores presentaran liquidacións debidamente asinadas polos beneficiarios na que se reflexen os datos persoais, concepto e o importe da prestación, o importe de retención correspondente ao IRPF (15%) e o importe liquido a percibir polo/a interesado/a xunto co xustificante do ingreso efectuado a Axencia Tributaria do importe retido. Si o gasto se produce no último trimestre do ano o xustificante do ingreso efectuado á Axencia Tributaria do importe retido poderá presentarse ata o día 10 de febreiro de 2019.

As facturas que teñan data posterior á da finalización do prazo de xustificación non serán admitidas.

c.-Memoria explicativa da actuación realizada, participantes ou beneficiarios e resultados obtidos, asinada polo/a Presidente/a da actividades desenvolta ou investimento executado.

d.-Declaración responsable de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas ou detalle do financiamento obtido para a finalidade subvencionada e declaración responsable de que os ingresos obtidos non superan o custo da mesma. (Anexo IV)

e.-Certificacións acreditativas de estar ó corrente das súas obrigas tributarias (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e de non ter débedas, de ningún tipo, co Concello de Meaño.

f.-Acreditación da difusión dada a subvención concedida coa declaración da Asociación, entidade ou club de darlle difusión á actividade, actuación ou investimento subvencionado, facendo constar a colaboración do Concello de Meaño (Anexo IV).

g.-Certificación bancaria na que conste a conta bancaria da asociación.

h.-Acreditación de ter realizado o pago, nos termos sinalados na cláusula décima.e).

i.-Acreditación de contar co seguro de responsabilidade civil e ao corrente do seu pago.

En relación cos investimentos será necesario tamén o informe da técnica municipal, ó obxecto de comprobar a realidade do investimento.

O aboamento da subvención practicarase directamente á asociación na conta bancaria indicada por esta.

DÉCIMA SEGUNDA.-DEVOLUCIÓN E REINTEGRO

As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos:

a. Por obtelas falseando as condicións requeridas.

b. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida.

c. Incumprimento das obrigas de adopta-las medidas de difusión

d. Resistencia, escusa ou obstrucción ou negativa ás actuacións de comprobación e control.

e. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases.

As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na lexislación vixente. Asímesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

DÉCIMO TERCEIRA.-APROBACIÓN DAS BASES

De acordo co establecido na Base XII de execución do orzamento para o 2018, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións e demais lexislación aplicable, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno Local.

DECIMO CUARTA.-DEREITO SUPLETORIO

Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral do Concello de Meaño 2017, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demáis lexislación aplicable.

DECIMO QUINTA.-RECLAMACIÓNS

Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (ao abeiro dos artigos 114, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei.

Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveniente.

ANEXOS.-Tódos os anexos referidos nestas bases para a solicitude e a xustificación destas subvencións serán facilitados no Rexistro xeral do Concello de meaño ou ben a través da páxina web de concello de Meaño www.concellodemeano.com.'

En Meaño, a alcaldesa M.ª Lourdes Ucha Varela

Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe

Deporte
Educación
Cultura
Alquiler de vivienda
Transporte y vehículos
Transporte
Cultura e idiomas
Eventos
Fiestas Populares
Clubes y entidades deportivas
Actividad cultural
Inclusión social
Acción social
Ocio y tiempo libre
Promoción cultural
Material escolar
Actividades de ocio y tiempo libre
Deporte
Promoción deportiva
Eventos deportivos
Vivienda
Prensa