BASES REGULADORAS DOS PREMIOS DO XIII CONCURSO DE CARTAS 'DILLO A QUEN MALTRATA 2016' - Boletín Oficial de Pontevedra de 16-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 16/09/2016 hasta ----
  • Documento en formato PDF

BASES REGULADORAS DOS PREMIOS DO XIII CONCURSO DE CARTAS 'DILLO A QUEN MALTRATA 2016' DO CONCELLO DE LALÍN

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Lalín organiza o XIII Concurso de cartas 'Dillo a quen maltrata 2016' conforme ás seguintes bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 5 de setembro de 2016.

As presentes bases teñen por obxecto a concesión de premios do XIII Concurso de cartas 'Dillo a quen maltrata', organizado polo Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade, para promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural..., así coma os efectos e consecuencias da mesma.

1. Poderán participar todas as persoas que así o desexen. Cada participante poderá enviar un máximo de tres cartas.

2. As cartas deberán ser remitidas xunto coa ficha de inscrición ao Rexistro Xeral do Concello de Lalín (Praza de Galicia, 1-36500 Lalín-Pontevedra) dentro dun sobre pechado, no que figurará XIII Concurso de cartas 'Dillo a quen maltrata', tamén poderán enviarse por correo electrónico a igualdade@lalin.gal, nun arquivo a carta e noutro a ficha de inscrición, indicando no asunto XIII Concurso de cartas 'Dillo a quen maltrata'.

3. A temática á que deben axustarse os traballos é a violencia de xénero.

4. Os traballos presentaranse en galego ou castelán e terán unha extensión máxima de dous folios, escritos por unha soa cara a dobre espazo, preferiblemente en letra Arial, tamaño 12 e formato DIN A4.

5. Todos os traballos que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados en anteriores concursos.

6. Os criterios de valoración para elixir ás persoas premiadas serán os seguintes: contido e tratamento do tema (ata 4 puntos), orixinalidade (ata 3 puntos), expresión e presentación en xeral (ata 3 puntos).

7. Estas bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e con posterioridade remitirase a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) que será a que lle de traslado do seu extracto ao BOPPO. O prazo para a presentación das cartas empezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e rematará o venres 4 de novembro. As bases estarán a disposición das persoas interesadas na Oficina de Igualdade e na web www.lalin.gal

8. A organización do concurso procederá á preselección de vinte cartas. Os orixinais quedarán en poder da Oficina de Igualdade, que se reserva o dereito para a súa publicación, exposición, doazón,& ou calquera outro tratamento posterior, sempre sen ánimo de lucro.

9. Das vinte cartas preseleccionadas, un xurado decidirá cales son as tres finalistas, e concederá un diploma acreditativo e os seguintes premios:

- 1º premio: Tablet Android 10' 8GB

- 2º premio: Tablet Android 7' 4GB

- 3º premio: E- Book táctil 7'

10. Os premios daranse a coñecer en acto público ao que deberán asistir, se é posible, as persoas gañadoras, que serán avisadas con antelación. Os premios poderán ser declarados desertos e o fallo do xurado será inapelable.

11. As cartas gañadoras poderán divulgarse a través dos medios de comunicación locais.

12. As persoas participantes serán as únicas responsables do contido das súas cartas en canto a esixencias legais de dereitos de autoría ou plaxios, segundo as leis vixentes. Cada participante, polo mero feito de participar, acepta estas bases. Calquera outra circunstancia non prevista nas mesmas, será resolta polo xurado, e as súas decisións serán inapelables.

13. A resolución de concesión dos premios esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

FICHA DE INSCRICIÓN

Nome:

Apelidos:

DNI:

Idade:

Enderezo:

Poboación:

C.P.:

Telf.:

Correo electrónico:.

Centro de traballo ou estudios:

Pola presente declaro a autoría das obras presentadas ao concurso e a posesión dos seus dereitos de autoría. Autorizo á Oficina de Igualdade do Concello de Lalín para a súa libre exposición, reprodución e publicación en actividades sen ánimo de lucro. Coa miña participación acepto as bases do concurso.

Firma: Data:

Desexo que a autoría da miña carta quede no anonimato empregando o pseudónimo

OFICINA DE IGUALDADE

Praza de Galicia, 1

36500 Lalín (Pontevedra)

986 78 70 60

igualdade@lalin.gal

Lalín, a 8 de setembro de 2016.-A Concelleira Delegada de Igualdade, Celia Alonso Caramé.

Exposiciones
Medios de comunicación
Estudios