Bases reguladoras específicas das axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos-fillas para o curso 2017-2018 - Boletín Oficial de A Coruña de 05-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 05/06/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

Bases reguladoras específicas das axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos-fillas para o curso 2017-2018

1.º.- Beneficiarios.

Poderán ser beneficiari@s destas axudas o pai/nai, ou titor legal do alumnado empadroado no termo municipal das Pontes que vaian cursar calquera dos seguintes estudios: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior.

Os beneficiario deberán reunir os seguintes requisitos:

- Estar empadroado/a no Concello das Pontes e convivir cos menores para os que se solicita axuda.

- Que os ingresos da unidade familiar ( base impoñible xeral máis base impoñible do aforro) non superen os 19.500 euros e sempre que a parte do aforro da base impoñible non sexa superior á 300 € .

- Ter presentado solicitude de reserva para continuar no centro escolar ou solicitude de admisión para un posto escolar nun centro sostido con fondos públicos, no caso de non ser escolaridade obrigatoria.

- Terase en conta a situación familiar, previo informe dos Servizos Sociais do Concello, no caso de producirse algunha variación económica, social ou familiar durante o presente ano

- Estar ao corrente coas obrigas fiscais da Axencia Tributaria, Seguridade Social, e o Concello das Pontes.

2.º.- Obxecto da convocatoria.

O obxecto da presente Convocatoria Municipal é a concesión de axudas ás familias para atender os gastos de adquisición de libros e material escolar

3.º.- Importe e contía das axudas.

O orzamento para as axudas ascende a 25.000,00 € que está financiado con cargo á partida 2017.320.48100.

A contía individual de cada axuda será variable segundo o curso no que estea matriculada cada alumno-a:

CURSO ESCOLAR

CONTÍA

Educación infantil 0-3 anos

30 €

Educación infantil 3-6 anos

100 €

Educación primaria e secundaria

100 €

Ciclos formativos

140 €

Bacharelato

140 €

4.º.- Lugar e prazo de presentación da solicitudes.

As solicitudes poderán presentarse no rexistro do concello ou a través da sede electrónica do concello http://sede.aspontes.com/es/index.html., e deberá estar asinada polo pai, nai ou titor/a do alumno, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales deberá ser asinada polo proxenitor que teña a custodia do menor.

Á cada solicitude acompañarase a seguinte documentación:

- Fotocopia do D.N.I. do solicitante.

- Fotocopia do libro de familia, ou documento análogo que o substitúa.

- Certificado de convivencia do padrón municipal (a realizará o departamento de servizos sociais).

- No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co alumno/a. Non obstante, se é o caso, terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluíranse dentro do cómputo da renda familiar.

- No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

- Certificado de solicitude de praza ou fotocopia da matrícula do centro onde o alumnado realice os seus estudios, no caso dos estudos non obrigatorios.

- Fotocopia da declaración da renda do ano 2015 (de todos os membros da unidade familiar). No caso de non estar obrigado pola Axencia Tributaria a presentala, deberá presentar o certificado negativo de imputacións.

- Fotocopia do certificado/s da/s pensión/s actualizadas, no seu caso.

- Certificado do INEM, no caso de percibir prestación ou subsidio de desemprego.

- Autorización para a cesión ao Concello das Pontes de García Rodríguez de información relativa as obrigas tributarias e da Seguridade Social co Estado para a sinatura ou abono de cantidades derivadas de Convenios ou Subvencións.

Se durante o presente ano prodúcese unha variación substancial na súa situación económica, social ou familiar deberá entregar a fotocopia das nóminas de xaneiro a xuño, ou certificado do INEM de ese período, ou calquera outro documento que xustifique a situación actual.

A falsidade ou ocultación de datos determinará, sen prexuízo de que o Concello exercite as accións oportunas contra os responsables, a exclusión deles de futuras convocatorias de bolsas municipais.

O prazo para poder presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais que contarán desde o día seguinte á data de publicación desta convocatoria no Boletín da Provincia ( BOP) da Coruña.

O alumnado que realice a matrícula en setembro para cursar BAC e Ciclos Formativos, terá de prazo dende o 11 ata o 16 de setembro de 2017 para presentar a documentación, e entregar o xustificante de matricula.

5.º.- Procedemento de concesión.

O réxime aplicable á subvención é o de concorrencia competitiva. A concesión da subvención realizarase mediante resolución do concelleiro delegado de Réxime Interno e Recursos Humanos, a proposta da comisión avaliadora que requirirá informe do departamento de Servizos Sociais (órgano instrutor do expediente), no que figure que da información e documentación que obra no seu poder, derívase que os beneficiarios reúnen todos e cada un dos requisitos necesarios para ser beneficiarios das axudas. A comisión de avaliación realizara a valoración das solicitudes, propoñendo a concesión de axudas a aqueles beneficiarios que reúnan os requisitos, sen exceder, en ningún caso, o importe da dotación orzamentaria fixada nestas bases. A comisión avaliadora redactará un acta na que recolla o nome, DNI e importe da axuda de cada beneficiario/a.

A comisión avaliadora estará composta polos seguintes membros:

Presidente: A concelleira de Benestar Social.

Secretario: Persoal do departamento de Servizos Sociais.

Vogais: dous concelleiros/as nomeados polo alcalde, e dous traballadores municipais da área de Servizos Sociais.

6.º.- Prazo de resolución e notificación.

O concelleiro delegado ditará resolución provisional, debidamente motivada, que se publicará no taboleiro de edictos do Concello e concederase un prazo de dez días para presentar alegacións. Examinadas as alegacións aducidas, no seu caso, polos interesados, ditarase resolución definitiva que deberá conter a relación de solicitantes que resulten beneficiarios, o importe concedido e a desestimación do resto das solicitudes. Contra a desestimación expresa ou presunta das solicitudes poderán formularse os recursos que procedan.

7.º.- Forma e pagamento das axudas.

Tras a resolución de concesión da axuda económica, as contías serán aboadas mediante a entrega dun vale. Deste xeito, a persoa beneficiaria acudirá ás Oficinas de Servizos Sociais do Concello para retirar o vale da axuda concedida.

Unha vez que a persoa beneficiaria este en posesión do vale, poderá adquirir os libros e material escolar nos establecementos do concello, a súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. Unha vez entregado o material escolar a persoa solicitante entregará o vale asinado ó establecemento que quedará en posesión do mesmo, ata o 30 de setembro de 2017.

Os establecementos deberán presentar as facturas acompañadas dos vales correspondentes no rexistro xeral do concello de As Pontes, debendo este, vir asinado polo beneficiario e polo propio establecemento. As facturas deberán cumprir cos requisitos establecidos no Real Decreto 1619/2012 polo que se aproba o Regulamento de facturación.

O prazo para presentar facturas rematará ó día 30 de outubro de 2017.

8.º.- Compatibilidade da subvención.

A concesión destas axudas será compatible con calquera outro tipo de axuda ou subvención que se poida recibir coa mesma finalidade doutras entidades públicas ou privadas, sempre que as axudas concorrentes non superen o custo do material escolar subvencionado.

9.º.- Disposición final.

Para todo aquilo non regulado nestas bases estarase ó disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e Bases de Execución do orzamento para o exercicio 2017

As Pontes de García Rodríguez, 25 de maio de 2017.

O concelleiro delegado de Réxime Interno e Recursos Humanos

José Alén Álvarez

ANEXO I

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS FAMILIAS PARA LIBROS DE TEXTO

(CURSO 2017-2018)

DATOS DO/A SOLICITANTE (pai , nai ou titor/a)

APELIDOS

NOME

DNI/TARX. RESID. /PASP.

ENDEREZO

RÚA/AVDA./ LG., ETC.

NÚMERO

PISO

LETRA

PARROQUIA

CÓDIGO POSTAL

TELÉFONO

FILLO/A PARA OS QUE SE SOLICITA A AXUDA

NOME E APELIDOS

IDADE

CURSO 2017/2018

OUTROS/AS MEMBROS/AS DA UNIDADE FAMILIAR

NOME E APELIDOS

PARENTESCO COS MENORES

DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA

- Solicitude normalizada (anexo I)

- Fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a

- Fotocopia do libro de familia

- Sentenza de divorcio ou de separación, de acreditar ser familia monoparental copia da sentenza de garda/custodia.

- Autorización para que o Concello de As Pontes poida recadar os datos tributarios e da seguridade social (anexo II)

- Xustificante de Ingresos: Fotocopia da Declaración da Renda do último exercicio de todos os membros da unidade familiar, ou certificado de imputacións do/a solicitante e dos restantes membros da unidade familiar maiores de 18 anos, acompañada dos xustificantes dos respectivos ingresos

- Fotocopia da matrícula no caso de escolaridade non obrigatoria (Infantil, BAC, Ciclos Formativos...).

- Declaración responsable (anexo III)

As Pontes, _______ de ____________________ de 2017.

(sinatura)

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANEXO II

AUTORIZACIÓN DA PERSOA BENEFICARIA PARA QUE O CONCELLO DE AS PONTES POIDA RECADAR DATOS TRIBUTARIOS Á AXENCIA TRIBUTARIA RELATIVOS AO NIVEL DE RENDA (IRPF) E SEGURIDADE SOCIAL

D./Dna. ................................................................................................................................, co DNI/NIE núm. ......................................, co motivo da solicitude de axudas para a adquisición de material escolar, de acordo coa convocatoria de subvencións para o curso escolar 2017-2018

Autorizo ao Concello das Pontes de García Rodríguez a solicita-la cesión da información por medios informáticos ou telemáticas, sobre a circunstancia de estar ou non ó corrente das dúas obrigacións tributarias co Estado e da Seguridade Social e os datos tributarios do ano 2015 aos efectos da sinatura ou abono de cantidades derivadas de convenios e subvencións, de acordo co establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas e a Lei do imposto de sociedades e outras normas tributarias e da Seguridade Social e demais disposicións de aplicación, sempre que o órgano de concesión o estima oportuno.

Esta autorización ten unha validez ata o 31/12/2018.

Datos doutros membros da familia cuxos ingresos son computables de acordo coas bases da convocatoria

Parentesco

Nome e apelidos

NIF/NIE

Sinatura

As pontes, .......... de ............................... de 2017.

Sinatura

Datos doutros membros da familia cuxos ingresos son computables de acordo coas bases da convocatoria

Parentesco

Nome e apelidos

NIF/NIE

Sinatura

As Pontes, ............. de ...................... de 2017.

Sinatura

ANEXO III

DECLARACIÓN RESPONSABLE

D./Dna. ..............................................................................................................................., co DNI núm. .....................................................,

DECLARO baixo a miña responsabilidade,

- Que estou ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración tributaria e coa Administración autonómica, e fronte á Seguridade Social, (artigos 13.e), 14.b) e e) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións) nos termos previstos nos artigos 22 a 24 do Regulamento de desenvolvemento da citada lei.

- Que non estou incurso/a nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia .

- Así mesmo, declaro non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de Cerceda no exercicio anterior ou ter desistido de forma motivada e por escrito.

As Pontes, ........ de .......................... de 2017.

Sinatura

2017/4665

Familia
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Escuelas
Educación
Escuelas Infantiles
Alumnado
Material escolar
Estudios
Escolarización
Sector del libro
Bienestar social
Libros de texto
Familia monoparental
Infancia