BASES QUE REXEN A CONVOCATORIA EN CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O ANO 2017 - Boletín Oficial de Pontevedra de 18-10-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Bases
  • Plazo: Ver Detalles , 18/10/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

O alcalde de Ponteareas na resolución de data 6 de outubro de 2017, acordou Prestar aprobación as BASES QUE REXEN A CONVOCATORIA EN CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO DO CONCELLO DE PONTEAREAS PARA O ANO 2017, como figuran redactadas a continuación e abrir a convocatoria así como Publicar as mesmas no Taboleiro de anuncios municipal, na páxina web do Concello e no Boletín Oficial da Provincia. O prazo de admisión de solicitudes será de 20 días naturais a contar dende o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do extracto remitido pola Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).

BASES QUE REXEN A CONVOCATORIA EN CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO DO CONCELLO DE PONTEAREAS PARA O ANO 2017.

O Excmo. Concello de Ponteareas adquire un importante compromiso cos clubs do Concello, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas, dándolle verdadeira importancia o traballo por parte dos clubs á formación de novos deportistas e ó deporte de base.

Para cumprimentar as solicitudes, poden solicitar axuda no departamento de Deportes do Concello de Ponteareas, estas axudas que se rexerán pola seguintes:

BASES

1) OBXECTO DA CONVOCATORIA E PERÍODO SUBVENCIONABLE

As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas ós clubs e asociacións deportivas do Concello de Ponteareas para a participación e promoción deportiva no ano 2017, en base ó disposto nos artigos 25.2.m) da Lei 7/85 Reguladora das bases de Réxime Local, así como nos artigos 23 e seguintes do Decreto de 17 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais. Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello de Ponteareas tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo.

O período que afecta á hora de valorar os criterios e de xustificar a subvención, vai dende a publicación do BOPPO da convocatoria desta subvención no 2016 ata a publicación desta convocatoria actual de 2017 no BOPPO.

2) DOTACIÓN ORZAMENTARIA

O importe total que se dispón para o outorgamento das subvención a conceder será de 40.000 Euros.

Esta subvención e compatible con calquera outra que se reciba das distintas administracións.

3) BENEFICIARIOS/AS

Poderán solicitar estas axudas tódalas asociacións e clubs deportivos do Concello de Ponteareas sen ánimo de lucro legalmente constituídos e que veñan desenvolvendo unha labor de promoción deportiva e de interese para a sociedade dentro do Concello da Ponteareas, os cales deberán cumprir en todo caso os seguintes requisitos:

3.1.1.-Tratarse de clubs federados en competición de carácter oficial sen ánimo de lucro, con domicilio social no Concello de Ponteareas e que leven a cabo a súa actividade dentro do mesmo.

3.1.2.-Estar debidamente federadas e inscritas no Rexistro oficial correspondente.

3.1.3.-Carecer de ánimo de lucro.

3.1.4.-Non ter ningún tipo de débeda pendente de xustificar co Concello de Ponteareas.

3.1.5. Estar ao corrente das obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda e coa Seguridade Social.

3.1.6. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

4) PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A convocatoria de subvencións e as presentes bases publicaranse no Boletin Oficial da Provincia ademais do taboleiro de anuncios do Concello, na prensa local e na páxina web do Concello de Ponteareas.

As solicitudes presentaranse, no Rexistro Xeral do Concello, no prazo de 20 días naturais a contar dende día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do extracto remitido pola Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Non se terán en conta as solicitudes fora de prazo.

5) DOCUMENTACIÓN

Cada club só poderá formular unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta. As solicitudes de subvención deberán presentarse no modelo de solicitude (Anexo I) que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello, e que irá acompañada dos seguintes documentos:

5.1.-Entidades:

5.1.1.-Modelo de solicitude (anexo I) debidamente cumprimentado e asinado polo/a representante do club, sendo obrigatorio cubrir todos os apartados (Obrigatorio)

5.1.2.-Copia cotexada do CIF (Obrigatorio)

5.1.3.-Certificación da Federación Galega ou nacional correspondente (Obrigatorio), na que se especifique:

5.1.3.1.-A participación dos equipos en competición na tempada 2016/2017.

5.1.3.2.-O número de equipos participantes por categoría do equipo, nivel da competición e sexo.

5.1.3.3.-O número de licenzas por categoría e sexo que participan en competición na tempada 2016/2017.

5.1.3.4.-A participación do equipo sénior en competición de ámbito nacional na tempada 2016/2017, con denominación da competición e grao de nivel nacional.

Se algún destes datos non aparece reflectido correctamente na Certificación da Federación correspondente, non lle será tido en conta nin se valorará no apartado de valoración de criterios.

5.1.4.-Copia cotexada títulos dos adestradores do clube (Optativo).

5.1.5.-Dossier no que cada entidade sinale os méritos que presenta a cada criterio (ver punto 6 nestas bases). Todos aqueles criterios aos que concorran deberán ter algún tipo de xustificante válido (Obrigatorio).

5,1,6.- Copia Cotexada do DNI do representante e documento acreditativo da sua representacion.

Excepcionalmente, aquelas entidades ou clubs de modalidades deportivas que se desenvolvan durante o ano natural deberán de presentar o certificado da federación, correspondente ó ano 2017.

5.2.-Documentos comúns a todas as solicitudes

5.2.1.-Ficha de terceiros cuberta -aqueles que non a tivesen cuberto en anos anteriores- (Obrigatorio).

5.2.2.-Declaración xurada de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e coa seguridade social impostas pola lexislación vixente, de acordo co modelo que figura no anexo (Anexo II-Obrigatorio)

5.2.3.-Declaración de axudas e/ou subvencións de calquera entidade pública ou privada solicitadas para a mesma finalidade indicando a contía das mesmas e declaración xurada conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003 (Anexo II-Obrigatorio).

6) CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS

As subvencións reguladas nas presentes Bases concederanse en réxime de concorrencia competitiva, polo que as solicitudes que cumpran os requisitos serán avaliadas consonte aos criterios que de seguido se sinalan:

Criterios:

a. Nivel de competición regular do equipo representativo do club:

- Nivel nacional: 50 puntos

- Nivel autonómico: 25 puntos.

- Nivel provincial: 10 puntos.

- Nivel comarcal: 5 puntos.

- Probas puntuais non regulares a nivel internacional ou a nivel dos anteriores: Ata 20 puntos.

b. Número de licenzas federativas segundo certificado federativo da federación correspondente:

- Cada licenza nacional: 2 puntos.

- Cada licenza federativa autonómica: 1 puntos.

- As licenzas federativas teñen que estar dadas de alta na federación correspondente, presentando un certificado da federación que así o demostre.

c. Nivel de formación dos técnicos encargados da formación dos equipos das distintas categorías

- Por cada licenciado ou diplomado en Act. Física ou deportiva, ou curso de adestrador da modalidade (III): 6 puntos.

- Por cada técnico deportivo (grao superior) ou curso de adestrador da modalidade (II): 4 puntos.

- Por cada técnico deportivo (grao medio) ou curso de adestrador da modalidade (I): 3 puntos.

- Monitor deportivo ou adestrador nivel básico: 2 puntos.

- Este apartado terá unha puntuación máxima de 30 puntos.

d. Participación en campionatos da modalidade a nivel nacional ou internacional segundo certificado federativo.

- Participación en ata 2 campionatos: 20 puntos

- Participación entre 3 e 5 campionatos: 40 puntos.

- Participación en máis de 6 campionatos: 60 puntos.

e. Número de licenzas federativas segundo certificado federativo de menores de 18 anos, participantes en competicións de categorías base.

- Ata 20 licenzas: 10 puntos.

- Entre 21 e 40 licenzas: 18 puntos.

- Entre 41 e 60 licenzas: 25 puntos.

- Máis de 60 licenzas: 35 puntos.

f. Presenza social. Organización de actividades (dentro do territorio municipal). Ata 25 puntos (Valorarase unicamente a actividade de maior rango).

- Actividade de ámbito internacional: 25 puntos.

- Actividade de ámbito estatal: 20 puntos.

- Actividade de ámbito autonómico: 15 puntos.

- Actividade de ámbito provincial, comarcal ou local: 10 puntos.

g. Presenza social. Número de actividades (dentro do termo municipal) organizadas.

- 4 ou máis actividades: 20 puntos

- 3 Actividades: 16 puntos.

- 2 Actividades: 12 puntos.

- 1 Actividade: 8 puntos

h. Presenza social. Participación en actividades. Ata 20 puntos.

- Actividade de ámbito internacional: 20 puntos.

- Actividade de ámbito estatal: 16 puntos.

- Actividade de ámbito autonómico: 12 puntos.

- Actividade de ámbito provincial, comarcal ou local: 8 puntos.

i. Gastos derivados do coidado e mantemento de instalacións. Deberá xustificarse con algún tipo de factura.

- Auga, luz e conservación da instalación 50 puntos.

- Conservación da instalación (marcaxe, coidado da herba...) 25 puntos.

j. Promoción do deporte feminino. Por entidade ou sección feminina: 10 puntos.

- Naquelas entidades onde non existan equipos propiamente ditos, considerarase entidade ou sección cada 10 mulleres na entidade.

7) ENTIDADES DE NOVA CREACIÓN NO CONCELLO DE PONTEAREAS

Aquelas entidades de nova creación entendéndose por este período o tempo abranguido entre a resolución das subvencións anteriores ata a publicación no BOP destas bases recibirán como mínimo 250 euros, sen implicar que, polos criterios antes expostos no punto anterior, poidan ter dereito a unha contía maior. En ningún caso ambas cantidades son acumulables.

8) IMPORTES DAS SUBVENCIÓNS

Adxudicaranse en primeiro lugar as as dotacións económicas que corresponden a entidades de nova creación, segundo se establece no punto 7. O importe adxudicado se restara a la contía total da subvención (40.000,00 ¬), sendo distribuída a diferencia ao resto de entidades solicitantes de forma proporcional aos puntos obtidos segundo o reflectido no punto 6.

As entidades so poderán acollerse a un dos puntos 7 ou 6. Ningún clube ou asociación deportiva poderá obter unha subvención por valor de máis de 5000 euros.

9) ÓRGANO COMPETENTE E PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

As solicitudes presentaranse a través do Rexistro de Entrada do Concello de Ponteareas, nos prazos indicados no punto 4º das presentes Bases.

A concesión das bolsas realizarase polo sistema de concorrencia competitiva.

O órgano encargado da instrución do procedemento será o encargado do Departamento de Deportes do Concello de Ponteareas que acordará todas as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe pronunciarse a resolución.

Todas as notificacións derivadas das actuacións de instrución se realizaran a través do taboleiro de anuncios do Concello de Ponteareas, na páxina web e a través de notificación persoal.

Mediante proposta de resolución do concelleiro delegado de deportes ou persoa en quen delegue, tras informe do instrutor, publicarase na localización web e no taboleiro de anuncios do Concello a relación provisional das solicitudes presentadas, admitidas e excluídas, con expresión da causa de exclusión e necesidade de subsanación no prazo de dez días hábiles dende o seguinte á publicación. En caso de non emendar a causa de exclusión terase por desistida a solicitude.

Unha vez transcorridos os prazos de emenda publicarase nos mesmos medios a relación definitiva de admitidos e de excluídos.

O órgano instrutor, como órgano instrutor, elaborará un informe previo sobre as solicitudes admitidas que se lle trasladarán á Comisión de Avaliación.

A Comisión de Avaliación estará integrada polos seguintes membros:

' Presidente: O Concelleiro de Deportes ou persoa en que delegue.

' Secretaria: A secretaria xeral do Concello ou persoa en quen delegue.

' Vocais: O interventor xeral do Concello ou persoa en quen delegue, o encargado do departamento de Deportes, e un traballador municipal designado pola concellería de deportes.

Á hora da Valoración, poderá estar presente calquera membro do goberno así como outros técnicos que a Comisión de Valoración estime oportuno, todos eles con voz pero sen voto.

Á vista do informe do instrutor do expediente, da proposta de resolución formulada pola Comisión de Avaliación, o Concelleiro Delegado de Deportes elevará unha proposta de concesión ao Alcalde previo informe da Intervención municipal. O Alcalde será o órgano competente para a adopción do acordo de concesión de subvencións. Este acordo esgotará a vía administrativa.

10) PUBLICIDADE DAS SUBVENCIÓNS

A resolución das subvencións notificaranse individualmente e publicaranse no Taboleiro de Anuncios do Concello e na web municipal, indicando a puntuación obtida por cada solicitude, o importe subvencionado e/ou os motivos da denegación.

11) OBRIGAS DOS/AS BENEFICIARIOS/AS

Os clubs e deportistas subvencionados ao abeiro destas bases quedarán obrigados a colaborar co Concello naquelas actividades deportivas que organice cando lle sexa requirido e farán constar na súa publicidade o patrocinio do Concello de Ponteareas.

Os clubs e deportistas subvencionados ao abeiro destas bases farán constar na súa publicidade o patrocinio do Concello de Ponteareas.

12) XUSTIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS

Para o abono de ata o 100% do importe das subvencións económicas concedidas, será imprescindible acreditar polos perceptores/as a aplicación efectiva dos fondos percibidos con destino á finalidade que motivou a concesión mediante a presentación da seguinte documentación debidamente cumprimentada:

a) Facturas relacionadas coa actividade subvencionada e por un importe superior á cantidade concedida. So se admitirán facturas orixinais ou fotocopias cotexadas emitidas con posterioridade a realización dos gastos (adquisición de subministros, prestación de servizos, ...) e nas que ademais de reunir todos os requisitos legais, deberán figurar en detalle todos os conceptos incluídos na mesma, e a constancia expresa de 'Cobrada, asinada e indicando o nome, apelidos e o DNI', pola persoa representante da empresa, que recibe o pagamento ou mediante xustificante da transferencia bancaria.

b) Indicación expresa de que se realizou o fin para o que a subvención foi concedida e declaración doutras axudas e/ou subvencións concedidas con expresión, no seu caso de que o conxunto das axudas percibidas non superaron o gasto realizado (Anexo III.1).

c) Memoria cuantificada das actividades realizadas e ingresos obtidos, onde os gastos deben de coincidir cos ingresos.(Anexo III.2).

d) As actividades subvencionadas terán que realizarse na tempada obxecto da presente convocatoria.

e) As subvencións xustificaranse antes do 30 de novembro do 2017. No caso de non xustificarse no prazo anteriormente mencionado, procederase á revogación da mesma.

Non serán gastos subvencionables:

' Os xuros debedores de contas bancarias.

' Os xuros, recargos e sancións administrativas.

' Os gastos de procedementos xudiciais.

' Os gastos que traian causa de dieta dos membros dos clubs ou deportistas, agás nos casos que se xustifique e se constate a asistencia a unha actividade deportiva ou campionato na que se participe.

O pagamento realizarase unha vez que os e as beneficiarias xustifiquen os gastos ocasionados na execución das actividades subvencionadas, sempre dentro do prazo sinalado no punto e).

Importe xustificativo: Terase en conta como importe xustificativo a Base Impoñible do importe das facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente que se presenten como xustificación, excepto que se acredite debidamente mediante o certificado da axencia Tributaria que a entidade está exenta do IVE.

Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen presentarse esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá ao beneficiario para que no prazo improrrogable de quince días sexa presentada aos efectos previstos nas bases reguladoras da convocatoria. A falla de presentación da xustificación no prazo establecido anteriormente levará consigo a esixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na lei Xeral de Subvencións. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste apartado non eximirá ao beneficiario das sancións que, conforme á Lei Xeral de Subvencións, correspondan.

13) CONTROL DA APLICACIÓN DO GASTO

A Delegación de Deportes do Concello poderá solicitar en calquera momento as explicacións e documentos que considere necesarios para o oportuno seguimento das actividades subvencionadas.

14) RÉXIME SANCIONADOR

Sen prexuízo do disposto na normativa xeral e nas Bases de Execución do Orzamento Municipal en materia de subvencións, os perceptores destas subvencións veranse na obriga de devolver as cantidades percibidas para o suposto de que incumpran algunha das condicións das bases recollidas na presente normativa.

15) RÉXIME XURÍDICO

Nos aspectos non especificados nestas bases, as presentes axudas regularanse polo disposto na normativa xeral reguladora de subvencións, en especial, a Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

O que se fai público aos efectos da apertura do prazo de presentación de solicitudes de subvencións polas persoas ou entidades que correspondan, tal e como se recolle nas indicadas Bases.

O que se fai público os efectos oportunos.

ANEXO I

MODELO DE SOLICITUDE

1. DATOS DE IDENTIFICACIÓN

ENTIDADE SOLICITANTE:

DOMICILIO SOCIAL:

LOCALIDADE:

CÓDIGO POSTAL:

REPRESENTANTE DA ENTIDADE:

TELÉFONO:

CORREO ELECTRÓNICO:

2. DATOS DEPORTIVOS

DISCIPLINA DEPORTIVA:

EQUIPO DE REFERENCIA:

CATEGORÍA DO EQUIPO DE REFERENCIA:

Nº DE LICENZAS FEDERATIVAS:

CAMPIONATOS OU ACTIVIDADES LEVADAS A CABO NA TEMPADA 2016/2017 NO CONCELLO DE PONTEAREAS:

1. …………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………................………….

2 . …………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..............………….

3 . …………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..............………………………………….

4 . …………………………………………………………………………………………………….……………………………………………………………………..............…………………………………

5 . …………………………………………………………………………………………………….………………………………………………………………………………………………………..............

NIVEL DE FORMACIÓN DOS TÉCNICOS DA BASE:

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………....……………………………………

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

FEDERACIÓN DEPORTIVA A QUE PERTENCE:

TELÉFONO:

CORREO ELECTRÓNICO:

INSTALACIÓNS DE USO HABITUAL (ENDEREZO COMPLETO):

CANTIDADE SOLICITADA:

Declaro que:

' A Entidade que represento reúne todos e cada un dos requisitos da convocatoria.

' Os datos que constan nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

' Acepto expresamente as Bases da convocatoria de subvención.

'

LUGAR E DATA:

En …………................................................………… a ..… de ……………...................………. de 2017

ANEXO II (Solicitude)

SOLICITANTE:

BAIXO RESPONSABILIDADE DECLARO

Que o Club: ............................................................................................................................................................................

' NON solicitou NIN recibiu ningunha outra axuda ou subvención pública ou privada para

a mesma finalidade.

' Ten Solicitado e/ou Concedidas outras axudas e subvencións públicas ou privadas para

a mesma finalidade:

Relación de axudas solicitadas

euros

euros

euros

Relación de axudas concedidas

euros

euros

euros

Que non está incurso en ningún suposto de prohibición ou incompatibilidade para a percepción de axudas públicas enumeradas no artigo 13 da Lei 38/2003 de 17 de Novembro, Xeral de Subvencións.

Que se está ao día no pagamento das obrigas tributarias e coa seguridade social impostas pola lexislación vixente

E para que así conste perante o Concello de Ponteareas, ós efectos da subvención a conceder por esta institución, subscribo a presente, en ………….….............…….. a …....… de …………….........….……. de 2017.

Asdo:

..........................................................................................

ANEXO III.1 (Xustificación-Declaración)

SOLICITANTE:

BAIXO RESPONSABILIDADE DECLARO

Que o Club: ............................................................................................................................................................................

' NON solicitou NIN recibiu ningunha outra axuda ou subvención pública ou privada para

a mesma finalidade.

' Ten Solicitado e/ou Concedidas outras axudas e subvencións públicas ou privadas para

a mesma finalidade:

Relación de axudas solicitadas

euros

euros

euros

Relación de axudas concedidas

euros

euros

euros

α) Baixo responsabilidade declaro que a subvención destinouse para a realización dos fins para os que foi concedida.

E para que así conste perante o Concello de Ponteareas, ós efectos da subvención a conceder por esta institución, subscribo a presente, en ………….….............…….. a …....… de …………….........….……. de 2017.

Asdo:

..........................................................................................

ANEXO III.2 (Memoria e relación de gastos e ingresos)

SOLICITANTE:

BAIXO RESPONSABILIDADE DECLARO

Obxetivo acadado con esta subvención:

...............................................................................................................................................................................

...............................................................................................................................................................................

...............................................................................................................................................................................

RELACIÓN DE GASTOS E INGRESOS

A) GASTOS

CONCEPTOS

FACTURAS

IMPORTE

(número, data)

TOTAL … … …

B) INGRESOS

CONCEPTOS

IMPORTE

TOTAL … … …

E para que así conste perante o Concello de Ponteareas, ós efectos da subvención a conceder por esta institución, subscribo a presente, en ………….….............…….. a …....… de …………….........….……. de 2017.

Asdo:

..........................................................................................

O Alcalde

Xosé Represas Giráldez

Deporte
Deporte
Promoción deportiva
Deportistas y técnicos
Clubes y entidades deportivas
Formación
Ocio y tiempo libre
Actividades de ocio y tiempo libre
Prensa
Actividades deportivas
Empresa
Federaciones deportivas