Bases que rexerán o VIII Concurso de Tapas Vila de As Pontes, Saborea As Pontes 2016 - Boletín Oficial de A Coruña de 19-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 19/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social, Empresas y autónomos
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

Bases que rexerán o 'VIII Concurso de Tapas Vila de As Pontes, Saborea As Pontes 2016'

A concelleira-delegada da Área de Atención, Participación Cidadá e Desenvolvemento Local, ditou a resolución nº 1108/2016, do 09 de setembro de 2016, que é do teor literal seguinte:

'DECRETO

ANTECEDENTES:

Da conta do expediente que se tramita para a aprobación das bases que rexerán o 'VIII Concurso de Tapas Vila de As Pontes' , 'Saborea As Pontes 2016'.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS:

Considerando as facultades conferidas pola Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; o R.D.L. 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das dispisicións legais vixentes en materia de réxime local; o R.D. 2568/86, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

POLO PRESENTE DECRETO RESOLVO:

1º.- Aprobar as bases que rexerán o 'VIII Concurso de Tapas Vila de As Pontes', 'Saborea As Pontes 2016', que de seguido se reflicte:

Bases do VIII Concurso de Tapas Vila de As Pontes

1.- Datas: Do 14 ao 23 de outubro de 2016. O concurso dará comezo o día 14 a partir do horario establecido de tarde.

2.- Participantes: Poderán participar todos os establecementos hostaleiros como bares, cafeterías, restaurantes, mesóns etc. do ámbito municipal de As Pontes.

3.- Inscrición: A inscrición será totalmente gratuita por parte dos establecementos hostaleiros que desexen participar.

- O prazo de inscrición estará aberto dende o día 12 de setembro ata o día 16 ambos os dous incluídos.

- A inscrición farase cubrindo axeitadamente a folla de incrición e presentándoa no IPPEC, (antigas dependencias da Policía Local no propio edificio do Concello), antes das 13:00 h do día 16 de setembro.

- O día 20 de setembro todos os inscritos deberán achegar a tapa ao segundo andar do mercado municipal de abastos de 4:00 h a 7:00 h. para facer unha exposición común e sacar as fotos correspondentes para a publicidade no manual e na aplicación.

- Todas as inscricións fóra de prazo, ou que non achegen a tapa o día 20 quedarán fóra do concurso.

4.- Cada establecemento poderá presentarse só cunha tapa. A tapa custará ao cliente o prezo de 1,50 €.

5.- Os establecementos participantes no concurso obríganse a manter a súa participación durante todos os días da promoción e no horario establecido, ofrecendo a tapa elexida para o concurso.

6.- PREMIOS AOS HOSTALEIROS: Todas as tapas presentadas optarán aos seguintes premios:

Premio da Comisión Oficial de Valoración:

Premio: ' MELLOR TAPA PONTESA 2016'

Premio do Xurado Popular:

Premio: 'TAPA PONTESA MÁIS VALORADA POLO PÚBLICO 2016'

7.- Sistema de votación constará de dous xurados:

a) Xurado da Comisión de Valoración Oficial, composto por 4 persoas da organización que será o encargado de ditaminar 'A mellor tapa Pontesa 2016'

b) Xurado popular: Composto polo público en xeral, que desexe dar a súa valoración, para o que deberá cubrir axeitadamente o voto, unha vez selado por 8 establecementos participantes.

c) A Comisión de Valoración Oficial, visitará os establecementos participantes en calquera intre, sendo o seu fallo inapelable. Os membros deste xurado irán debidamente acreditados. Os custos da tapa e da consumición dos membros do xurado correran a cargo de cada un dos establecementos participantes.

8.- O xurado popular: poderá ser xurado popular o público en xeral, debendo cubrir antes correctamente dos cupóns destinados á votación, que deberán ir selados por 8 establecementos participantes.

a) Todos os cupóns mal cubertos ou inintelixibles quedarán anulados tanto o voto emitido como a participación no sorteo do premio aos clientes.

b) Os votos deberán ser depositados nas urnas colocadas para tal efecto nos establecementos participantes antes das 24 horas do día 23 de outubro de 2016.

c) Ao cubrir o cupón de voto-sorteo, cada participante outorga o seu consentimento á utilización dos seus datos polos establecementos participantes así como polas entidades organizadoras sendo o Concello de As Pontes a través do IPPEC e Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes, en calquera promoción relativa á hostalaría pontesa, así como calquera outra promoción ou publicación. De acordo coa Lei orgánica 15/1999, os participantes poderán solicitar a eliminación dos seus datos dirixíndose ao Instituto Pontés de Promoción Económica ( IPPEC).

9.- O horario de degustación será:

a) Semana: de 19:30 h a 23.00 h

b) Sábados e Domingos: de 12.00 h a 15.00 h // de 19:30 h a 23.00 h

10.- O venres día 13 de outubro de 08:00h a 14:00 h, cada establecemento recollerá o material necesario para o concurso, no IPPEC (antigas dependencias da Policia Local no propio Concello)

11.- O martes día 25 de outubro de 08:00 a 14:00 h procederase á entrega das urnas cos correspondentes votos por parte dos establecementos participantes no IPPEC (antigas dependencias da Policia Local no propio Concello)

Calquera urna manipulada, desprencitada ou presentada fora de prazo, quedará anulada do concurso, con todos os votos que conteña.

12.- O acto de clausura e ditame dos xurados, así como a entrega de premios terá lugar o xoves día 27 de outubro, ás 18.00 horas no primeiro andar do Mercado Municipal e Praza de Abastos do Concello de As Pontes, ao que deberán asistir todos os establecementos participantes.

13.- Os establecementos participantes quedan obrigados a acatar as bases do concurso. A organización resolverá calquera incidencia que poida xurdir durante o concurso, e terá plena potestade para a interpretación das presentes bases.

14.- PREMIOS AOS CLIENTES:

a) Sortearase entre todos os clientes participantes co seu voto nas urnas para tal efecto e debidamente cuberto, 9 premios de 200 € respectivamente, 6 premios terán que ser gastados nos establecementos hostaleiros que participen no concurso e os outros tres en calquera establecemento do comercio e da hostalaría pontesa antes do 31 de decembro do 2016.

b) O sorteo celebrarase o mércores día 26 de outubro en presenza das cámaras da RTV EUME ás 12 da mañá e perante a Secretaria do Concello que dará fe do mesmo.

c) O sorteo consistirá na extracción de 9 papeletas que serán as premiadas, a continuación procederase á extracción de outras 9 papeletas por rigoroso orde que serán os suplentes para o caso de non aparecer os anteriores.

15.- As presentes bases serán publicadas no tablón de anuncios do IPPEC e do Concello de As Pontes así coma no da Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes.

2º.- Publicar as bases no taboleiro de anuncios do IPPEC e do Concello de As Pontes de García Rodríguez'

As Pontes de García Rodríguez, 13 de setembro de 2016

A concelleira-delegada da Área de Atención, Participación Cidadá e Desenvolvemento Local

M. Montserrat García Chavarría

2016/7559

Policía nacional y local
Fomento de la participación ciudadana
Participación ciudadana
Mercados municipales
Restaurantes
Exposiciones
Comercio
Asociacionismo empresarial
Desarrollo económico