Bases que rexerán o XII Concurso de Marca-Páxinas e o XVIII Certame Literario 'Bergondo nun Conto' - Boletín Oficial de A Coruña de 27-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 27/03/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social, Particulares
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

Por esta Alcaldía emitiuse a resolución de Alcaldía núm. 238/2017, de data 20 de marzo, que transcrita literalmente di:

APROBACIÓN DAS BASES QUE REXERÁN O XII CONCURSO DE MARCA-PÁXINAS E O XVIII CERTAME LITERARIO BERGONDO NUN CONTO

Visto o informe- proposta da concelleira delegada de Cultura, Ensino e Deporte do Concello de Bergondo (A Coruña), Patricia Vázquez Figueroa, con data 13 de marzo de 2017, onde constan as bases do XII Concurso de marca-páxinas e do XVIII Certame Literario Bergondo nun conto , correspondentes á XVIII Semana das Letras Galegas, e segundo o establecido no artigo 21.1 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, RESOLVO:

Primeiro: convocar o XII Concurso de marca-páxinas e o XVIII Certame Literario Bergondo nun conto . Neste concurso entregarase un agasallo por participante e un premio por modalidade. Se unha mesma persoa participa no certame e no concurso só se lle entregará un avasallo.

Segundo: aprobar as bases que rexerán este concurso e certame, propostas pola concelleira delegada de Cultura, Ensino e Deporte do Concello de Bergondo, Patricia Vázquez Figueroa, con data 13 de marzo, que se transcriben a continuación:

XII CONCURSO DE MARCA-PÁXINAS

1. Hai tres categorías:

a. Educación Infantil.

b. Educación Primaria (1º, 2º e 3º)

c. Educación Primaria (4º, 5º e 6º)

d. Educación Secundaria e maiores de 16 anos.

2. Deberá gardar relación co Día das Letras Galegas ou co autor homenaxeado: Carlos Casares.

3. O marca-páxinas pode presentarse en diferentes formatos.

a. Altura: mín. 10 cm./ máx. 20 cm.

b. Anchura: mín. 4,5 cm./máx. 8 cm.

c. Marxe mínimo en todo o marca-páxinas de 0,5 cm.

4. Pódense realizar a man ou ordenador, preferiblemente en cartolina.

XVIII CERTAME LITERARIO BERGONDO NUN CONTO

1. Hai catro categorías:

a. Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria.

b. 2º e 3º ciclo de Primaria.

c. Secundaria.

d. Maiores de 17 anos.

2. Versará sobre a seguinte temática: calquera das estacións do ano en Bergondo.

3. Os traballos presentaranse en formato DIN A4, formato narrativo ou poesía, a man ou mecanografados.

BASES COMÚNS DO CONCURSOS

1. Presentaranse con todos os datos: categoría, nome, enderezo e teléfono.

2. Poderá participar calquera persoa maior de 3 anos empadroada no concello de Bergondo ou que curse os seus estudos no C.R.A de Bergondo ou no C.P.I Cruz de Sar.

3. Os traballos deben estar escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.

4. Unha mesma persoa pode presentarse a máis dun concurso.

5. A entrega realizarase na Casa de Cultura, sendo a data límite de entrega o martes 25 de abril de 2017.

6. Todos os traballos exporanse no edificio cultural A Senra durante o mes de maio, coincidindo coa festividade das Letras Galegas.

7. Despois da entrega de premios todos os contos encadernaranse e estarán na aula de lectura da Senra a disposición de todos/as os/as usuarios/as.

8. O fallo: a deliberación do xurado será en segredo, e delas estenderase a acta correspondente. O xurado emitirá os fallos o venres 28 de abril.

9. Haberá un premio por cada categoría. O xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados.

10. De entre os/as gañadores/as dos concursos de cada categoría (concurso de marca-páxinas e certame literario) realizarase un sorteo de 3 entradas para os seguintes partidos do Real Club Deportivo da Coruña:

a. 7 de maio Deportivo- Espanyol.

b. 21 de maio: Deportivo- Las Palmas.

11. Todos/as os/as participantes recibirán un agasallo.

12. A organización resérvase o dereito a publicar os traballos premiados. Neste senso os/as autores/as renuncian a calquera tipo de remuneración económica.

13. O xurado está facultado para tomar a decisión que considere oportuna ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nestas bases, a participación conleva a aceptación de todas elas.

Bergondo, 21 de marzo de 2017

A alcaldesa

Alejandra Pérez Máquez

2017/2364

Literatura
Cultura
Deporte
Educación
Deporte
Promoción deportiva
Escuelas Infantiles
Gallego
Cultura e idiomas
Lectura
Clubes y entidades deportivas