BASES DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS, SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓN FEDERADA DE ÁMBITO INFERIOR A NACIONAL NO DEPORTE BASE E REXIONAL PREFERENTE (MODALIDADE FÚTBOL) PARA O ANO 2017 - Boletín Oficial de Pontevedra de 27-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Bases
  • Plazo: Ver Detalles , 27/03/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social
  • Documento en formato PDF

A Xunta de Goberno desta Deputación, na súa sesión ordinaria de 17 de marzo de 2017, acordou, entre outros asuntos, aprobar as seguintes Bases:

BASES DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS FEDERADAS DE ÁMBITO INFERIOR A NACIONAL NO DEPORTE BASE E EN REXIONAL PREFERENTENA MODALIDADE DE FÚTBOL, PARA O ANO 2017

Entre as competencias atribuídas pola lexislación de réxime local ás deputacións atópase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social do territorio provincial. O deporte constitúe unha actividade que incrementa a cohesión social, motivo polo cal se considera que o impulso provincial á oferta deportiva e o fomento do tecido asociativo deportivo potencian a práctica do deporte e tamén o desenvolvemento local.

Primeira. Obxecto

Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas destinadas a clubs deportivos sen ánimo de lucro, para apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial e autonómico convocadas por organismos oficiais ou por federacións deportivas galegas nas modalidades con implantación na provincia de Pontevedra.

A través destas Bases réxense as subvencións para o apoio a clubs deportivos federados do deporte base e de rexional preferente (na modalidade de fútbol) na temporada 2016-2017 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, da temporada 2017.

Neste ámbito de actuación preténdese colaborar cos axentes sociais comprometidos co obxectivo de fomentar a cohesión do territorio e a igualdade de oportunidades en materia de deportes, con independencia das condicións persoais de cada cidadá ou cidadán e do lugar da provincia onde resida.

Segunda. Dotación e imputación orzamentaria

A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria, convocándose con cargo á aplicación 17/340.3410.489.23 do Orzamento da Deputación para o ano 2017 por un importe total de seiscentos mil (600.000,00) euros, sendo cincocentos mil (500.000,00) euros para o deporte base e cen mil (100.000,00) euros para rexional preferente (na modalidade de fútbol).Terceira. Beneficiarios

Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que cumpran cos seguintes requisitos:

' Carecer de fins de lucro

' Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación

' A modalidade practicada polos clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra

' Estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte

' Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei

Non poderán beneficiarse destas subvencións os clubs deportivos que teñan pendentes de xustificar subvencións concedidas no ano 2016 para o mesmo programa.

Cuarta. Solicitudes e documentación

Cada club só poderá presentar unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta. Esta realizarase nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral do organismo provincial, no da oficina periférica de Vigo, no Servizo de Deportes ou na páxina www.depo.es. Xunto con cada solicitude presentarase a seguinte documentación, mediante os orixinais ou fotocopias cotexadas:

4.1. Fotocopia actualizada do CIF do club deportivo (coa sinatura dixital)

4.2. Fotocopia do DNI da persoa representante legal

4.3. Certificación orixinal da conta bancaria a nome do club

4.4. Orzamento estimativo de gastos asinado e referido á modalidade deportiva correspondente á temporada 2016-2017 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, á temporada 2017

4.5. Modelo de declaración responsable debidamente cuberta (modelo 100.024)

4.6. Certificación da federación galega ou española correspondente, na que se especifique:

4.6.1. A participación do equipo en competición na temporada 2016-2017

4.6.2. O número de equipos participantes por categoría do equipo, nivel da competición e sexo

4.6.3. Número de licenzas que participan en competición na temporada 2016-2017 por categoría e sexo

Excepcionalmente, aqueles clubs de modalidades deportivas que se desenvolvan durante o ano natural deberán presentar o certificado da federación correspondente ao ano 2017.

A documentación que se entregue fotocopiada deberá estar debidamente cotexada.

Os clubs deberán autorizar o organismo provincial a solicitar as certificacións de estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega e coa Seguridade Social.

Quinta. Lugar e prazo de presentación

Estas bases reguladoras serán publicadas no BOPPO e con posterioridade remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto, sen prexuízo da súa inserción en www.depo.es e no taboleiro de anuncios.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, a contar a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

Entregaranse no Rexistro xeral do organismo provincial:

- Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a venres)

- Oficina periférica de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres)

- A través de calquera das formas previstas no artigo. 16.4 da Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

A presentación da solicitude implicará que se autoriza a Deputación ao tratamento automatizado de todos os datos contidos nela.

As solicitudes presentadas fóra do prazo anteriormente establecido non serán admitidas nesta convocatoria.

Se a solicitude non reúne os datos esixidos na convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da LPACAP, requiriráselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 68 da citada lei, que nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicándoselle que, no caso de non o facer, terase por desistida a súa solicitude, polo que se arquivará sen máis trámites.

Sexta. Procedemento de concesión e criterios de valoración

A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das subvencións os seguintes criterios:

Criterios de valoración específicos

Puntuación máxima

Ponderación

Ámbito de competición do club: local, provincial, autonómico

0-25

25 %

Número de licenzas federativas

0-25

25 %

Número de equipos participantes por categoría na actual temporada

0-25

25 %

Clubs que compitan con licenzas masculinas e femininas

0-10

10 %

Clubs que compitan con licenzas de deporte adaptado

0-10

10 %

Nivel de competición do equipo ou equipos séniors

0-5

5 %

A concesión destas subvencións é compatible con outras que se reciban para o mesmo fin, tendo en conta que o conxunto de todas elas en ningún caso poderá superar o 100% do orzamento que presente o club.

Sétima. Instrucción do procedemento

A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ao xefe do servizo de Deportes, quen realizará de oficio todas as actuacións que estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales fará un informe-proposta no que figure a valoración das solicitudes segundo os criterios sinalados na base 6ª, explicando o sistema seguido, de conformidade co previsto no artigo 19 da ordenanza xeral de subvencións da Deputción de Pontevedra e no artigo 24 da LXS.

Posteriormente realizarase un estudo do informe-proposta do xefe de servizo pola Comisión de Valoración das solicitudes de subvención, órgano colexiado composto por:

' Presidencia: a deputada delegada da área de Deportes

' Vogalía: dous membros do persoal técnico do servizo de Deportes

' e un membro do persoal técnico do servizo de Intervención

' Secretaria: un membro do funcionariado do servizo de Deportes, que actuará sen voto

A Comisión de valoración poderá:

' Acadar cantos informes estime necesarios para resolver

' Emitir un informe a respecto das solicitudes de subvención

A concesión das subvencións levarase a cabo a través do procedemento de concorrencia competitiva establecido no artigo 21.1 da Lei 38/2006, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente.

A resolución do procedemento notificaráselles aos interesados conforme o previsto no art. 40 da LPACAP.

Logo de transcorridos seis meses a partir do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación da solicitude sen notificar a resolución, os interesados estarán lexitimados para entender como desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención.

Oitava. Xustificación e pagamento

Unha vez notificadas as subvencións concedidas, os clubs beneficiarios deberán xustificalas da seguinte maneira:

- Se a modalidade deportiva corresponde á temporada 2016/2017, xustificarase dentro dos 3 meses seguintes dende que remate a temporada, e en todo caso, antes do 31 de decembro de 2017

- Se a modalidade deportiva corresponde á temporada 2017 (ano natural), xustificarase ata o 30 de marzo de 2018

A xustificación deberá conter a seguinte documentación:

a) Conta xustificativa na que se relacionarán os conceptos de gastos por importe igual ou superior á subvención concedida pola Deputación, máis as axudas solicitadas e recibidas doutras administracións públicas, tal como se establece no art. 24.1.B.f. , da Ordenanza xeral de subvencións.

b) Toma de razón na contabilidade do club deportivo (modelo 340.005)

c) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, na que se indiquen as actividades realizadas e os resultados obtidos, así como acreditar debidamente o financiamento da Deputación

d) Aos clubs que se lle outorguen subvencións por importe superior a 1.500,00 ¬ deberán acreditar a difusión do financiamento a través de calquera medio probatorio (prensa, valos, pancartas, vestimenta deportiva, páxina web...)

e) Facturas orixinais ou copias cotexadas destas polo importe da subvención concedida

Para pagar a subvención terase en conta o seguinte:

- No caso de que se xustifiquen gastos polo 100 % do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención

- No caso de que se xustifiquen gastos inferiores ao 100 %, aboarase a parte proporcional da subvención

O pagamento efectuarase mediante unha transferencia bancaria á conta sinalada polo club.

No caso de clubs que non conten cunha contabilidade, os gastos que non se paguen mediante unha entidade financeira non se considerarán subvencionables.

Para cobrar a subvención, os clubs deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación.

Novena. Obrigas dos beneficiarios

Os beneficiarios de subvencións concedidas con cargo ao Orzamento provincial teñen as seguintes obrigas:

a. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións

b. Xustificar o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención. O prazo para a realización da actividade subvencionada será, para a temporada 2016/2017, ata o final desta, e no caso da temporada 2017, ata o 31 de decembro de 2017

c. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outras de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos competentes, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores

d. Dispoñer dos libros contables, os rexistros dilixenciados e os demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como de cantos estados contables e rexistros específicos esixan as bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control

e. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dada aos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control

Os logotipos oficiais que se deben inserir están dispoñibles na web www.depo.es (área de descargas/imaxe corporativa).

Décima. Incumprimento

Unha vez vencido o prazo de xustificación sinalado nestas Bases ou, de ser o caso, o establecido na prórroga, sen que o club beneficiario presentase a documentación xustificativa, o servizo de Deportes requiriralle que a presente no prazo improrrogable de quince días.

O feito de non presentar a documentación neste prazo suporá a perda da subvención e as demais responsabilidades previstas na LXS.

Décimo primeira. Devolución e reintegro

As subvencións concedidas deberán ser devoltas ou reintegradas, entre outras, polos seguintes motivos:

- Obtelas falseando as condicións requiridas

- Non aplicalas aos fins para as que foron concedidas

- Incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas Bases

Décimo segunda. Órgano de aprobación

De acordo co establecido na base 16.2 das Bases de execución do Orzamento para o ano 2017 e cumprindo o establecido no artigo 18 da LXS, o órgano competente para a aprobación destas Bases é a Xunta de Goberno.

Décimo terceira. Normativa aplicable

As subvencións que outorgue a Deputación réxense pola seguinte normativa:

- LXS, nos artigos de carácter básico e na súa normativa tamén básica de desenvolvemento

- Lei de subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento

- Artigos non básicos da LXS e normativa básica de desenvolvemento

- Lexislación de réxime local, estatal e autonómica

- Ordenanza xeral de subvencións da Deputación

- Bases de execución do orzamento

- Actos administrativos ditados polos distintos órganos da Deputación

Décimo cuarta. Recursos

Contra estas Bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, no prazo dun mes, un recurso de reposición perante o órgano que as ditou, que se entenderá como desestimado se transcorre este período sen recibir contestación. Neste caso poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, como se prevé no artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Contra esta resolución tamén se poderá interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo indicado.

En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entenda como desestimado.

Deporte
Deporte
Clubes y entidades deportivas
Promoción deportiva
Deporte adaptado
Prensa